Etiquetas

23 marzo 2010

OBDULIA PRIETO NESPEREIRA

Obdulia Prieto naceu en Ourense e era irmá do artista Julio Prieto Nespereira. Sendo moi nena e con tan só oito meses de preparación examinouse no Conservatorio Nacional de todas as materias de solfexo e as dúas primeiras de piano, obtendo a máxima cualificación. Rematou a carreira de Profesora Elemental, Superior e Armonía. Foi a primeira alumna muller no Real Conservatorio sufragando a Deputación Provincial os gastos desta virtuosa pianista e compositora. A prensa da época, La Región, dicía textualmente:

"No es la primera vez que escribimos en estas columnas el nombre de Obdulia Prieto Nespereira seguidos de unos cuantos adjetivos justos y merecidos. Pero siempre fue la pianista que interpretando las portentosas creaciones de Listz, o las románticas y evocadoras páginas de Chopin, las romanzas de Mendelssohn, todo gracia, sentimiento, o las sonatas eternamente bellas de Beethoven, nos asombraba con su técnica sólida, su esquisita sensibilidad con su admirada y honda comprensión interpretativa..." (1).

Mesmo no xornal A Nosa Terra, ao falar da homenaxe que o Coro de Ruada lle fixo a Xulio Prieto o día de Galicia de 1935, alude a ela do seguinte xeito "Criados n-unha familia de rexa galeguidade, na súa obra, como nas composicións da súa irmán Obdulia, latexa sempre o motivo galego, tratado con dinidade e agarimo" ("Homenaxe a Xulio Prieto", A Nosa Terra, 3 de agosto de 1935, p. 1)

Vida gallega : ilustración regional: Año IX Volumen VI Número 96 - 1917 noviembre 25
"La niña orensana, Obdulia Prieto Nespereira, que en los últimos exámenes en el conservatorio Nacional de Música obtuvo la nota de sobresaliente en los cinco cursos de que se examinó"

                                 
(Fonte: O Tío Marcos d'a Portela: parrafeos c'o pobo gallego: Época Terceira Parrafeo Dazaseis, 7 de outubro de 1917.)

A continuación amoso o expediente académico que me enviaron desde o Real Conservatorio Superior de Música de Madrid no que se recollen as cualificacións de Obdulia Prieto que reflicte a súa pericia musical:
(Fonte: Debo agradecer ao Real Conservatorio Superior de Música de Madrid o haberme facilitado este documento do expediente académico de Obdulia Prieto)
(Fonte: Liberal de Madrid, 1-xuño-1929)

Obdulia soubo gañarse á xente, ao público, ás amizades pois nela non cabía arrogancia algunha. O propio Ben-Cho-Shey non aforrou palabras para dedicarlle á esta brillante música cando esta finou no nadal de 1969: "Miudiña de corpo somellaba que tiña somente a materia precisa pra soster e acobillar unha grande ánima, un espírito escolleito, un inxenio agudo e creador...Nacera na Porta da Aira, na rúa que hoxe leva o nome do seu irmau Xulio e aínda sendo máis nova criárase no Posío con todos nós...."

(Fonte: La Región, 18 de decembro de 1969)

(1) La Región, 27 de febrero, 1927. Foto, idem.
Nota: Elaboración da entrada de informacións sacadas da hemeroteca.