Fotografía: Vida Gallega, nº 77, 1916.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
06 marzo 2010
MARÍA CID LÓPEZ
María Cid López nace en Ourense o 22 de marzo de 1900 e era filla dun comerciante. No ano 1912 ingresou no Instituto Provincial tras realizar o eame de ingreso o día 7 de xuño de 1912. Estivo matriculada desde 1912 ata 1916 realizando todos os cursos pola opción por oficial. Sacou en todas as materias sobresaliente con premio e tan só sacou un notable en Xeometría e un aprobado en Ximnasia. En total conseguiu catorce Matrículas de Honra. Chegou a exercer de mestra e posteriormente chegou a ser Inspectora de educación (Información da Tese de Doutoramento inédita de Rosa María Cid Galante).
Etiquetas:
Bachillera de comezos de século XX,
C,
Pioneiras