Naceu en Entrimo en 1908, seu pai era Antonio e súa nai Rosa. Amparo non tiña antecedentes e entrou no cárcere de Ourense o día 5 de novembro de 1940 por primeira vez. Foi entregada pola Garda Civil e posta á disposición do Xefe da Columna de Fuxidos, IV Columna.
O Tenente Coronel Xefe envía o 8 de novembro de 1940, un comunicado ao director da prisión provincial no que se dicía:
En contestación a su oficio nº 5440, de fecha 5 del actual en el que comunica haber tenido ingreso en esa prisión de su cargo la detenida Artemia Paz Paz, natural y vecina de Entrimo, que se encuentra en disposición de esta Columna, me complace en participar a V. que ratifica la prisión de la misma, debiendo continuar en dicha situación hasta tanto se sustancie la información que contra la misma se instruye. (1).
Pero a situación de Artemia cobrou un xiro brusco xa que en poucos días transmitiuse a orde de que Artemia fose trasladada á Prisión de Burgos, unha decisión que supuña un duro castigo para ela ao non poder contar co apoio familiar. Alí ingresaría o día 17 de novembro de 1940. O director da prisión burgalesa, Fernando Morrón, confirmou a chegada de Artemia á súa prisión: "quedo enterado que no deja pendiente en esa responsabilidad, que se halla vacunado reglamentariamente..." (2). Así mesmo, o Gobenrador Civil da provincia de Burgos remitíu unha carta ao director da prisión de Ourense solicitando informes sobre as causas que conduciron a que Artemia tiña que quedar baixo á súa disposición.
Queda por completar cales foron os cargos que lle imputaron a Artemia que a conduciron a sufrir o cárcere e o castigo do traslado a Burgos. Tamén queda por saber cantos anos estivo presa. Pero cos datos que temos podemos deducir que a situación foi moi dura para Artemia.
Elaboración propia a partir do Expediente. AHOU. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25099/003. Caixa 25099/003. (1) 25009/003(3). (2)25009/003(8).