Etiquetas

05 noviembre 2023

PILAR DURÁN PARADELA


Natural de Ourense foi a representante delegada da JOC (Xuventude Obreira Cristiá ) ourensá no I Railly Europeo da Xuventude Traballadora celebrado en Estrasburgo en agosto de 1964. Traballaba de empregada nuns almacéns de tecidos e acudiu ao evento no que chegou a concentrarse 32.000 un mozos e mozas obreiras, dos cales  570 eran españois con 120 delegados.

Dita concentración fora acordada no Primeiro Congreso Mundial da XOC que tivera lugar en 1961 en Río de Xaneiro.

O obxectivo desta xuntanza era que os mozos e mozas de Europa acordaran pautas de actuación no apostolado obreiro e a proclamación do Estatuto do xove traballador.

Segundo as súas palabras : "Aquí (referido a Ourense) somos 35 chicas e 25 o 30 chicos. Pero aunque por el número somos una minoría, por la actividad somos una mayoría, puesto que vivimos el problema obrero y vivimos entre obreros".(1) 

Preocupáballe os baixos salarios que percibían os traballadores e a falta de preparación para o emprego polo que reivindicaba a creación de escolas de Formación Profesional. En  1971 Pilar foi escollida enlace sindical

A JOC tivo a súa orixe en Bélxica en 1920 a cargo de Monseñor Cardinj e chegou a España nos anos trinta. O franquismo tolerouno, desenvolvéndose a partir de 1940 tras a suspensión durante a Guerra Civil. Foi foi un movemento dirixido á mocidade obreira e humilde e o obxectivo era educar, formar, concienciar e evanxelizar aos grupos sociais que se atopaban nunha situación de precariedade. Así mesmo procuraba a xustiza social e a defensa dos traballadores.

Esta agrupación naceu baixo o manto protector dunha Igrexa comprometida cos máis humildes, de tal xeito que se desmarcaba da elite eclesiástica que estaba máis ligada ao franquismo. Non cabe dúbida que este movemento das XOC tiña un forte interese polo obrerismo e a súa organización e foi plataforma para a formación de líderes obreiros.

(1)Alvarez Alonso, F. "Pilar Durán Paradela", La Región, 27 de agosto de 1964, p. 5. (Elaboración propia. Vid: Becas sindicales, El Pueblo Gallego, 16 de setembro de 1960, p. 11; 7 de decembro de 1962, p. 17; "El Rallye europeo 1964 es un congreso de trabajadores", La Región, 19 de xullo de 1964, p. 5. La Región, 20 de maio de 1971, p. 9. Foto: Reza, La Región. )