Teresa, en 1939 matriculouse por oficial na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela e acada a titulación en 1943 colexiándose ese mesmo ano e rexentando a farmacia de Laza xunto co seu home, Felisindo Vega Castro. Logo trasládanse a Vigo abrindo a farmacia na rúa General Aranda no número 56.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
10 abril 2022
TERESA GARCÍA SOLA
Naceu en Riós o 12 de decembro de 1919. Seu pai, Angel García Fidalgo, era veterinario e a súa nai chamábase Josefa Sola Armas e era mestra nacional. Preparouse no internado Rivera para os exames de bacharelato no Instituto de Ourense.
Vid: Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Nº 11, 2003, pags. 139-156; Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2016, p., 228. (Foto extraída de Fleire Quintas); Galicia, 28 de setembro de 1935, p. 6; El Correo Gallego, 31 de xaneiro de 1943, p. 5; La Noche, 1 de novembro de 1955, p. 2; La Región, 10 de outubro de 1962, p. 7; La Región, 22 de decembro de 1968, p. 4.
Etiquetas:
Farmacéutica,
G,
Pioneiras,
Primeiras Universitarias