Compartin algún ano de bacharelato con Mónica no Instituto Otero Pedrayo e considero que debo incluíla no blog pois posúe un grande e interesente currículo sendo tan nova como é. Naceu en Ourense e é doutora en Ciencias Políticas e Sociología na especialidade de Relacións Internacionais pola Universidade Complutense de Madrid.
Exerce como docente na Universidade de Vigo desde o ano 1995, actualmente en calidade de Profesora Contratada Doutora na área de Ciencia Política e da Administración no Campus Universitario de Ourense. É ademais profesora titora no Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) actividade que compaxina, na mesma institución, coa coordinación do Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) do Centro Asociado da UNED en Ourense.
Desde o ano 2005 é titular do módulo Jean Monnet The European Union and the Social Policy e membro docente do Centro de Excelencia Jean Monnet da Universidade de Vigo, ambos os dous aprobados e cofinanciados pola Comisión Europea. Compaxina as súas actividades docentes coa súa actividade investigadora ao redor da política social e a política social comunitaria, e máis recentemente a perspectiva de xénero.
Publicou, entre outros: La construcción de la Europa social en su periferia: El Fondo Social Europeo: su aplicación en Galicia, Cátedra Jean Monnet, Universidade de Santiago de Compostela, 2005; “El Fondo Social Europeo: escenarios y nuevos retos en el marco de la actual Unión Europea”, en Revista de Estudios Europeos, 43, 2006; “Políticas de igualdad: Galicia en la gobernanza europea”, en Revista de Pensamento do Eixo Atlántico, 8, 2005; “Una perspectiva social del Tratado que establece una Constitución para Europa”, en Revista de Estudios Políticos, 130, 2005; “Reflexiones sobre género y el proyecto de Estatuto de Autonomía de Galicia” en O Terceiro Estatuto Galego. Propostas desde a Ciencia Política, Tórculo Edicións, 2006; “El nuevo espacio social europeo: ciudadanía y bienestar en la gobernanza europea” en Multiconstitucionalismo e multigoberno. Estados e rexións na Unión Europea, Cátedra Jean Monnet, Universidade de Santiago de Compostela, 2005; “La ampliación comunitaria hacia los países del Este: incertidumbres y expectativas para los Fondos Estructurales” en Ampliación e Convención: Galicia na encrucillada europea, Tórculo Edicións, 2004; Fundamentos, evolución y configuración del Fondo Social Europeo: su aplicación en Galicia, Servicio de Publicaciones de la Universidad Complutense de Madrid, 2004; “La Política Social y de Empleo en la Unión Europea ” en España e Europa. Do Franquismo ao euro, Xerais, 2002.
Vid: webs.uvigo.es/mviso/