Rosa Pons naceu en Barcelona en 1902 e faleceu en Parada do Sil en 1988.
Realizou os seus estudos de maxisterio en Cataluña e desde 1925 trasladouse a Parada do Sil, onde contraeu matrimonio co secretario do concello, Camilo Yáñez, con quen tivo dous fillos, Rosa, en 1928, e Camilo, en 1930. Xunto co cura da localidade, José Manuel Soto, fundou o Teleclub Ouro do Sil, organizando actividades teatrais, xornadas de alfabetización e excursións educativas. Ademais, foi unha das primeiras profesoras que retomou as festas populares como os magostos e o Día da Árbore.
En 2009, recibiu unha homenaxe por parte do Concello, déuselle o seu nome a unha praza.
Rosa Pons, levou a cabo nas escoliñas rurais ourensás como a de Sacardebois en Parada do Sil, a mellor pedagoxía do momento estendida por toda Europa: a pedagoxía da Escola Nova. A súa formación na Escola Normal de Barcelona, pensada para un sistema educativo moderno, deulle unha bagaxe teórica e práctica para o exercicio da profesión. A súa foi unha experiencia renovadora que xerou entusiasmo nas nenas e na sociedade de arredor. Iso é o que fixo aínda máis meritorio o seu traballo.
Na escola de Parada do Sil vai aplicar métodos totalmente innovadores como boa coñecedora a fondo de Montessori e Decroly, Rosa integrou no seu ensino os xogos; aplicou os métodos de Decroly; realizaba saídas pola comarca para estudar o medio da contorna...
En 1932 e 1933 organizou as Misións Pedagóxicas, xunto co mestre Alfonso G. Rojo. Xuntan as dúas escolas, para tentar a graduación e a coeducación, como vantaxes pedagóxicas, inda rexeitadas en contextos rurais.
En xuño de 1933 decide trasladarse a Barcelona e primeiro traballar no Ramón Llull e logo no Isaac Albéniz onde se xubilou puido levar adiante as súas ideas metodolóxicas.
Consérvanse uns extraordinarios cadernos de aulas, escritos en catalán polo seu alumnado durante os anos 1934 e 1936. Nun contexto de represión e censura do franquismo, traballou aqueles aspectos que o réxime non acada a ver como perigosos como o teatro.
Unha vez xubilada e de novo en Parada de Sil, fai traballo comunitario. Xuntou a veciñanza no gozo e preservación das festas e tradicións populares a través do Teleclube. Este foi premiado polo Goberno, por este motivo Manuel Fraga Iribarne, entón ministro da Gobernación, visitou Parada de Sil.
A obra que se conserva desta insigne mestra son os Cuadernos de rotación, Escola de nenas de Parada de Sil 1926: Cuadernos de rotación, Escola de nenas de Parada de Sil 1927: Cuadernos de rotación, Escola de nenas de Parada de Sil 1934: Cuadernos de rotación, Grupo escolar Ramón Llull de Barcelona 1935: Cuadernos de rotación, Grupo escolar Ramón Llull de Barcelona 1936: Cuadernos de rotación, Grupo escolar Ramón Llull de Barcelona.
El Pueblo Gallego, 7 de outubro de 1927, p. 11.
El Pueblo Gallego, 14 de decembro de 1932, p. 11.
El Pueblo Gallego, 12 de febreiro de 1933, p. 13.
La Región, 27 de outubro de 1927, p.1.
Vid: Xosé Manuel Cid Fernández en www.culturagalega.org e ampliada a información con fontes da hemeroteca.