(Entrada suxeita a publicación nun libro). Naceu en Cartagena, Murcia, o 21 de xaneiro de 1902. Era filla dun tenente coronel chamado Antonio Vázquez Monreal e de Rosa Linares.
Estivo como mestra na sección preparatoria no Instituto Escola un centro fundado en 1918 en Madrid e pioneiro na aplicación de pedagoxías modernas e renovadoras e constituíu xunto coa ILE e a Xunta para Ampliación de Estudos unha iniciativa para a provocar un cambio na educación en España. Exerceu como mestra de párvulos na escola de Simancas desde 1928 a 1933.
Ingresou na Escola Superior de Maxisterio en 1925 na sección de Letras e en 1932 presentouse ás oposicións de Inspectora realizando os exercicios con sobrada capacidade e realizando o último exercicio práctico preceptivo das oposicións e de duración de tres horas na escola de nenos da rúa Villamagna, número seis.
Unha vez que as aprobou foi destinada no outubro dese mesmo ano á provincia de Ourense, concretamente toma posesión o 2 de xaneiro de 1932.
Encargaríase da zona sete que comprendía as escolas de Canedo e Pereiro de Aguiar e as do partido de Viana do Bolo. A maiores das súas responsabilidades como inspectora tamén era asidua nos cursiños de perfeccionamento do maxisterio e un dos seus temas preferidos de exposición era A personalidade do neno no que desenvolvía a teoría da importancia que este carácter ten á hora de levar a cabo a súa aprendizaxe.
En 1934 trasládase a Sevilla como inspectora, cesando do cargo en Ourense o 21 de febreiro de 1934.
[1].