Dicíame miña nai que cando eu era pequeniña, con tres aniños, collía os libros do colexio dos meus irmáns para ir ao colexio. Cando vía que a porta da escola xa estaba pechada deixábame saír da casa. Entón, eu sentábame no chanzo que había na entrada e agardaba a que me deixaran entrar.
Seica pasaba alí un bo rato e, ao ver que non se abría a porta, voltaba para casa. Seica o facía todos os días. Entón unha viciña falou coa mestra e díxolle que me deixara entrar na escola e que me sentase nun recantiño da clase pois non a ía molestar. Así fixo...Eu non lembro á mestra pero si lembro a clase...bueno máis ben as mesas que para min eran moi grandes e ás veces metíame debaixo delas.
Estaba alí toda a mañá. Non lembro moi ben o que facía...seguro que algún garabato. Pero o que si facía era mirar os libros...
Sempre me apaixoaron os libros. Cando estou na casa, limpando e, sobre todo, tendendo a roupa, como teño a biblioteca ao meu carón, paro de tender e collo un libro que nese intre me chama a atención e séntome a lelo un pouquiño.
Canto me ilustran os libros! pero tamén a vida, a vida que estou pasando está sendo un bo percorrido de aprendizaxe. Non me queixo, é importante aprender de todo.
Pero agora os libros son fundamentais para min. O problema dos meus oubidos fan que a miña cabeza se sature de bruídos. Ao chegar a noite xa non pode máis e teño que refuxiarme, si ou si, no silencio. Entón retírome a un lugar da casa e non escoito nada, pero o rumrum da cabeza non para. O rurmrum dos oubidos non para. É como un motor constante e acelerado que non para e sempre está aí, incansable, cronificado. Éncheme a cabeza.
Nese intre, só permito que me falen os libros. Leo, leo e aprendo. De noite, volvo despertar e volvo ler, ler e sigo aprendendo.
Grazas escritores de libros que me acompañades no meu silencio necesario e obrigado e me aprendedes.
29 de maio de 2021.