RECANTO DE REFLEXIÓNS

Meus oídos obríganme a refuxiarme no silencio, miña terapia, os libros

Dicíame miña nai que cando eu era pequeniña, con tres aniños, collía os libros  do colexio dos meus irmáns para ir ao colexio. Cando vía que a porta da escola xa estaba pechada deixábame saír da casa. Entón, eu sentábame no chanzo que había na entrada e agardaba a que me deixaran entrar.

Seica pasaba alí un bo rato e, ao ver que non se abría a porta, voltaba para casa. Seica o facía todos os días. Entón unha viciña falou coa mestra e díxolle que me deixara entrar na escola e que me sentase nun recantiño da clase pois non a ía molestar. Así fixo...Eu non lembro á mestra pero si lembro a clase...bueno máis ben as mesas que para min eran moi grandes e ás veces metíame debaixo delas.

Estaba alí toda a mañá. Non lembro moi ben o que facía...seguro que algún garabato. Pero o que si facía era mirar os libros...

Sempre me apaixoaron os libros. Cando estou na casa, limpando e, sobre todo, tendendo a roupa, como teño a biblioteca ao meu carón, paro de tender e collo un libro que nese intre me chama a atención e séntome a lelo un pouquiño.

Canto me ilustran os libros! pero tamén a vida, a vida que estou pasando está sendo un bo percorrido de aprendizaxe. Non me queixo, é importante aprender de todo.

Pero agora os libros son fundamentais para min. O problema dos meus oubidos fan que a miña cabeza se sature de bruídos. Ao chegar a noite xa non pode máis e teño que refuxiarme, si ou si, no silencio. Entón retírome a un lugar da casa e non escoito nada, pero o rumrum da cabeza non para. O rurmrum dos oubidos non para. É como un motor constante e acelerado que non para e sempre está aí, incansable, cronificado. Éncheme a cabeza. 

Nese intre, só permito que me falen os libros. Leo, leo e aprendo. De noite, volvo despertar e volvo ler, ler e sigo aprendendo.

Grazas escritores de libros que me acompañades no meu silencio necesario e obrigado e me aprendedes.

29 de maio de 2021.