Josefa estaba afiliada á U.X.T e converteuse en Presidenta do Consello Local de Narón, cargo que deixou cando comezou a guerra. En agosto de 1936 foi sancionada e suspendida de emprego e solo por dous anos e con traslado fóra das provincias galegas por cinco. Así mesmo quedaba inhabilitada para o exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza.
En 1938 foi destinada a escola de Doniños (Serantes) pero declaránona incursa por abandono da escola. Marchou a Francia e residiu na Villa Vilconti Canet Pays.
O 7 de xullo de 1939 embarcou en Burdeos no buque "Ipanema", o barco da liberdade para refuxiados con tripulación de Indochina, rumbo a Veracruz, México. Marchou cos seus fillos Eladio de 23 anos, Amelia de 18 anos, Antonio de 11, María con 9 anos e Alfonso con 8 anos. Josefa abandonou o a súa terra escapando da persecución, tiña 42 anos.
(Elaboración propia a partir de diferentes fontes:Fundación Pablo Iglesias. "Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor "Ipanema", p. 45; PARES, Movimientos Migratorios. Boletín oficial de la Provincia de la Coruña, 24 de agosto de 1936, p. 3; “De Orense”. (1912, 24 xaneiro). Gaceta de Galicia, p. 2; “De Instrucción Pública. Universidad de Santiago”. (1914, 24 xaneiro).El correo de Galicia, p. 2; “Noticias”. (1937, 13 xullo). El Compostelano, p. 2, “De Instrucción Pública”. (1938, 15 outubro). El Correo gallego, p. 1; “Magisterio Nacional”. (1936, 26 agosto). El Ideal gallego, p. 3;”Depuración”. (1943, 11 xaneiro). El Noticiero gallego, p. 2; “Instrucción Pública”. (1914, 8 de setembro). La Región, p. 3; FOTO. Portal de Archivos Españoles.)