O Sarxento de Infantería , Jaime Losada Méndez, Secreario da causa número 184-50 da que o Comandante Valero Cuevas Botella era o Xuíz Instrutor relatou os feitos que conduciron a Edusia a ser detida polo Consello de Guerra Ordinario por delito de auxilio a "bandoleros" entre os que estaban Manuel Vázquez Rodríguez. Este estaba casado e vivía en Riosende e foi procesado xa que participara nunha reunión de varios bandoleros capitaneados por Enrique Yáñez Álvarez, coñecido por "SAÚL" que era o seu cuñado e a quen axudou en outubro de 1949 a fuxir a Francia en compañía da súa amante. Manuel foi o encargado de sacar os billetes de ferrocarril e de acampañalos personalmente a Bilbao e, así mesmo, Enrique deixoulle unha escopeta e unha pistola que Manuel gardou na súa casa. O Saúl se coñece que regresou á comarca pois dise que no mes de maio de 1950 foi ferido e foi curado por Manuel.
Eudosia acolleu na súa casa ao seu fillo, Enrique, a quen alimentaba e lle ofrecía cartos e axudou a fuxir a Francia. Sería cómplice de Eudosia a súa filla Pura quen agochou lonxe da casa, debaixo duns penedos, unha pistola que aparecera debaixo do colchón. Outra muller que colaborou na protección dos fuxidos foi Remedios Álvarez, unha moza do pobo de Ricosende que tiña trinta e nove anos e que proporciou ao grupo de Enrique comida e sustento no monte. Dise que noutra ocasión a mesma Remedios "facilitó huevos al bandolero llamado Antolí, al que había visto e notra ocasión habiendo conversado en distintos momentos con los banoderos Saul y Girón"
Un grupo de mulleres que foron a salvagarda de moitos escapados e perseguidos pola xustiza militar do réxime. Todas foron detidas e condenadas. A Remedios Álvarez impuxéronlle unha pena de cárcere de catro anos de prisión menor por considerala o verdadeiro auxilio dos bandoleros, o verdadeiro sustento, e a Eudosia Álvarez e Pura Yañez Álvarez condenáronas a un ano de prisión. menor. Na súa defensa argumentaron que non tiñan coñecemento do bandoleirismo das persoas coas que trataban xa que todos eles actuaban manexados por Valentín González García que era criado de Eudosia e que era o verdadeiro auxiliador dos bandoleros polo que a defensa solicitaba a absolución.
Tras estes argumentos da defensa na que se procurou eludir que estas mulleres foran auxiliadoras procedeuse a confirmar a seguinte pena. A Eudosia condenóuselle a seis meses e un día de prisión menor coa suspensión de todo cargo público, profesión, oficio e dereitos de sufraxio durante o tempo da condea por delito de auxilio a componentes de partidas armadas dedicadas á bandidaxe. A Remedios Álvarez pasará a cumprir un ano e un día de prisión e Pura Yáñez, filla de Eudosia, quedou absolta.
Eudosia recobraou a liberdade o 16 de xuño de 1948.
Fonte: Expediente persoal da reclusa Eudosia Álvarez Seoane. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//23962/007. Caixa 23962/007