Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Primeiras mestras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primeiras mestras. Mostrar todas las entradas

18 junio 2024

GASPARA FELISA PEDREIRA DEIBE

(ENTRADA PUBLICADA EN 2022 PERO FOI RENOVADA CON NOVA INFORMACIÓN FACILITADA POLA FAMILIA) Gaspara Felisa era unha das irmás do culto, intelectual e escritor, Felipe Pedreira Deibe.  Naceu o 6 de xaneiro de 1906 en Cuenca, onde residía a familia xa que seu pai, Leopoldo Pedreira Taibo, estaba exercendo de profesor nesa provincia pero despois a familia regresou a Galicia e asentáronse en A Coruña. Gaspara, sendo mestra veu exercer na nosa provincia onde sería, lamentablemente, depurada na ditadura. Era filla, como digo, de Leopoldo Pedrerira Taibo, catedrático do Instituto Xeral e Técnico de A Coruña, e de Luciana Deibe. Os seus irmáns eran Manuel, Sara, Felipe e Juan Eugenio. 

O pai de Gaspara, Leopoldo Pedreira, natural de A Coruña, era Licenciado e Doutor de Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid e exerceu de profesor en varias provincias de España ata que en 1907 veu para a Coruña. Era un home entregado ás letras e á cultura. Colaborou en varios xornais galegos e foi membro da Real Academia Galega. Quedou orfo sendo moi neno e súa nai María Taibo Area (falecida en xuño de 1909) sacouno adiante dando el mostras de grande responsabilidade para os estudos. Nos lugares onde exerceu, La Laguna, Canarias; Baeza, Cuenca, A Coruña...deixou un legado cultural moi recoñecido.

Destacamos dos irmás de Gaspara a Felipe que era profesor de Xeografía na Normal de Ourense, Manuel era profesor auxiliar de Xeografía nun Instituto de Madrid e en 1925 presentouse ás cátedras de Xeografía no Instituto de Pontevedra. En canto a Sara e Eugenio tamén fixeron a carreira de maxisterio.

Felipe Pedreira, ademais de profesor na Normal de Ourense, foi concelleiro no Concello durante a Ditadura de Primo de Rivera. En 1932 solicitou traslado a Lugo pero regresaría a Ourense en 1949 para volver a exercer na Normal de Ourense. Estaba casado con Araceli Anochea Roldán.

Gaspara Felisa criouse nun ambiente familiar moi culto e todos os irmáns realizaron estudos superiores. Ela acadou o título de maxisterio en 1928 na Normal de Santiago e foi de interina á escola de Capela ata que veu destinada á escola de Veigamuíños, no Barco de Valdeorras. Casou en 1934 na igrexa de Vilamartín de Valdeorras co empregado da Casa López Hermanos e logo director do Banco de A Coruña e tamén no da Estrada, Víctor Fernández Álvarez.

(Felipe Pedreira Deibe. Fonte: Fotografía cedida por Leopoldo Pedreira, sobriño de Felipe. Desde aquí quero enviarlle o meu agradecemento pola súa xenerosidade.)

No proceso de depuración de mestres e mestras, Gaspara Felisa, estando na escola de Vegamuíños, foi sancionada o 24 de abril de 1940 coa separación definitiva do servizo e baixa no escalafón. Ela era afín  á Institución Libre de Esinanza e o que ela verdadeiramente reivindicou sempre foi a igualdade na educación e a mellora da educación das nenas dos pobos co aumento do número de escolas. Foi ese o motivo de que a sancionaran. Era unha muller de ideas moi avanzadas e ela máis a súa irmá Sara tiñan un grupo de amigas, entre as que se atopaba a primeira muller notaria, que se reunían para debatir sobre temas diversos de elevado rango intelectual.

Xa antes de que a sancionaran ela estaba quedando sen vista por unha enfermidade que lle deu. Logo de que a botaran da escola tivo que facer fronte a sacar aos seus fillos adiante e para iso contou cunha grande axuda por parte da súa irmá Sara, que tamén era mestra.

En 1956 estaba destinada na escola de Xanza, en Valga. 

(Escola de Xanza, Valga. Fotografía cedida por Leopoldo Pedreira.)
(As fotografías da entrada foron facilitadas por Leopoldo, fillo de Gaspara. Con Gaspara Felisa están seus fillos, un deles é Leopoldo. Desde aquí quero agracerlle encarecidamente a súa xenerosidade. Tamén á miña grande compañeira e amiga Adelaida, que foi a intermediaria.)
(Elaboración propia a partir de diversas fontes).  Vid: El Compostelano,1928 novembro 5; 1928 outubro 24; 1922 setembro 12; 1928 decembro 24; La Región, 8 de maio de 1940, p. 4; Instrucción Pública, y Bellas Artes, Primer escalafón de Maestras de escuelas nacionales existentes en el 31 de diciembre de 1933; Madrid, 1934, p. 23; Magisterio; Wikipedia Leopoldo Pedreira e Felipe Pedreira.; El eco de Galicia, 17 de xuño de 1909, p. 3. Galicia, 28 de febreiro de 1934, p. 6; GONZÁLEZ CATOYRA, Biografías Coruñesas, A Coruña. 

18 noviembre 2022

RAMONA SEIJO PÉREZ

Naceu en 1886. Acadou o título de mestra superior na Normal de Ourense. Comezou a traballar en 1903 como interina en Quins, Melón e uns anos máis tarde ocupa a praza de Cea, a de Xunqueira de Espadañedo e de aquí cesará en 1911 para ir á Canda, Piñor. En 1928 ocuparía a escola de Cudeiro onde acabou residindo.

Casou con José Rodríguez Pavón e tiveron cinco fillos, Rolindes, Aníbal, Raida, Álvaro e Modesto, este último era da sociedade da Mercería El Encanto e faleceu prontamente en 1945 con 31 anos.

Ramona Seijo foi unha das moitas mestras sancionadas durante a ditadura, de feito o castigo foi duro pois, segundo rubricou José Núñez Martín o 24 de abril de 1940, foi separada definitivamente do servizo e baixa do escalafón. Estaba exercendo en Santiago da Rabeda. 

En 1941, estando sancionada emitiu unha instancia á Dirección de  Primeira Ensinanza para solicitar a xubilación que lle correspondía por ter máis de vinte anos de servizos e foille concedida. 

Ramona faleceu aos 87 anos, en 1973.

(Elaboración propia a partir de numerosas fontes)
Vid: Boletín oficial de la provincia de La Coruña: Número 149, 4 de xullo de 1910, p.3; El Correo de Galicia ,3 de Outubro de 1905; El Correo de Galicia, 13 de marzo de 1911;El pueblo gallego, 15 de xullo de 1943; La Región, 7 de abril de 1941.

23 octubre 2022

FELISA GONZÁLEZ FERRO

Naceu en 1874 e era a nai de Benigno Álvarez, un dos fundadores do Partido Comunista en Ourense xunto con Antonio Carnicero, Luís Soto, Jesusa Prado da que tamén teño unha entrada neste blog. 

Felisa acadou o título superior de mestra e aprobou as oposicións de maxisterio en 1895. Obtivo a praza en propiedade o 22 de xaneiro de 1899  na escola completa mixta de Mourisco cun soldo de 650 pesetas ao ano e despois foi destinada a Santiago de Zorelle en Maceda. En 1935 solicitou unha permuta coa mestra María Teresa Cortón que estaba na escola da Teixeira.

Felisa casou con Demetrio Álvarez Vidal, reputado veterinario que en 1912 era o tenente alcade de Maceda e en 1913 pasou a ser alcalde. Foi un home aprezado na vila polas obras que levou a cabo e polo seu carácter afable. En outubro de 1919 tivo que ser operado en Santiago dun ganglo pero en novembro dese mesmo ano falaceu o que provocou unha grande conmoción en Maceda, tiña 63 anos.

O matrimonio tivo nove fillos, Benigno, Modesto, Nieves, Engracia, Antonino, Demetrio, María, José e Pedro. 

Benigno Álvarez, o maior dos fillos e tamén veterinario como o pai, comezou a simpatizar coas ideas socialistas e foi nomeado alcalde da vila o 14 de abril de 1931. Logo achegouse ao comunismo e, recentemente proclamada a República,  fundou o Partido Comunista de España en Ourense. Sería alcumado pola Garda Civil como a "fera comunista". Tras o alzamento militar comezaron a perseguilo e Benigno agochouse coa súa muller Enriqueta na Serra de San Mamede e a Señora Ulloa ofreceulle o castelo de Monterroso para que se acubillaran, pola contra, a Marquesa Atalaya Bermeja puxo prezo para a súa captura. 

Benigno tivo ocasión de fuxir do país pero regresou ao monte para seguir a loita e chegado o inverno caeu enfermo, probablemene de tuberculose, e faleceu en marzo de 1937 no refuxio de O Penedo. A Garda Civil paseou o seu corpo morto por pobos e vilas. 

Outro dos fillos do matrimonio, Demetrio, ao que  alcumaban "Meitro" foi fusilado no campo de Aragón (onde se atopa o Cuartel de San Francisco) o 31 de decembro de 1936, por rebelión militar.

Felisa xa enchida dunha fonda tristura faleceu en marzo de 1937 cando tiña 63 anos.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)

Vid: Boletín Oficial de la provincia de Orense: Año 1902 Número 195, 26 de agosto 1902; Boletín Oficial de la provincia de Orense: Año 1903, 17 de outubro de 1903; El Magisterio gallego : Revista de instrucción primaria: Num. 676, 5 de xaneiro de 1899; Boletín Oficial de la Provincia de Lugo: Número 78, 5 de abril de 1895; Boletín oficial de la provincia de La Coruña : Número 42, 23 de febreiro de1905; El pueblo gallego, 5 de marzo de 1937; La Región, 15 de novembro de 1919; La Región, 1 de xaneiro de 1937; http://vitimas.nomesevoces.net/en/ficha/10025/; https://gl.wikipedia.org/wiki/Benigno_%C3%81lvarez_Gonz%C3%A1lez

14 octubre 2022

CONSUELO SURRIBAS PÉREZ

Como saben aquelas persoas que consultan este blog, un dos principais intereses é destacar ás primeiras mestras ourensás que tiveron a iniciativa e o valor de exercer un traballo profesional nuns tempos nos que non era doado, por varios motivos, por unha banda, debido á mentalidade da época que, malia que non vía mal que se fose mestra, consideraba que o camiño preferible para unha muller era dedicarse á vida doméstica; por outra banda había que empregar grandes esforzos na carreira e máis engadir as dificultades posteriores para exercer en pobos remotos. Por isto e por moito máis, é loable destacar ás nosas primeiras mestras, ademais, Ourense ten a tradición de formar numerosos e bos docentes.

Aquí traemos un exemplo máis das primeiras que exerceron na provincia nos inicios do século XX.

Consuelo naceu en Ourense o 22 de agosto de 1892 e ao rematar os estudos primarios decidiu facer o ingreso no Maxisterio en 1910 cando tiña 18 anos. Seu pai era comerciante e a súa nai chamábase Blisa Pérez. Consuelo estudou os anos de grao elemental do maxisterio e sacou unhas cualificacións notables e despois preparou as oposicións na Academia dos irmáns Xesta onde estaba de profesor o seu propio irmán, Vicente Surribas.

(Fonte: Arquivo do Instituto Otero Pedrayo)

Foi opositar a León en 1913 e sacou a praza. Casou con Segundo Vázquez Nespereira que era Axudante da Estación Meteorolóxica da cidade.

(Fonte: La Región, 18 de decembro de 1913, p. 2)

Tras aprobar as oposicións mandárona en 1914 de interina á escola de nenas de Coles. De aí pasou, en 1916, á de Covelo e tras permanecer alí varios cursos foi destinada en 1923 para a escola mixta de Barcia. Pasados seis anos, en 1929, conseguíu a praza de párvulos de Ourense. 

Pero Consuelo faleceu o 7 de xaneiro de 1935 cando tiña 43 anos. Uns anos falecera en Ceuta o seu irmán Vicente Surribas. Outra irmá, Rosa Surribas, falecera en 1926 aos 25 anos e tamén era mestra e deu clases en Berán. Rosa naceu o 13 de outubro de 1894 e fixo o exame de ingreso no Instituto o 7 de xuño de 1911, cando tiña dezasete anos, e estivo matriculada ata 1914. De aí pasou á Normal e despois comezou a exercer de mestra.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)

Vid: Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930) tese de doutoramento publicada en CD polo Departamento de Normalización Ligüística da Universidade de Vigo; "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)", en Historia de la educación: Revista interuniversitaria Nº26, 2007, pp. 437–470; La Región, 13 de setembro de 1914, p. 2La Correspondencia Gallega, 9 de febreiro de 1916, p. 1; La Región, 23 de marzo de 1923, p. 1; La Región, 18 de decembro de 1929, p. 8;  La Región, 8 de maio de 1932, p. 8; El Magisterio español, 14 de xullo de 1934, p. 17.

02 septiembre 2022

VICTORIA JUNQUERA ENRÍQUEZ


N
aceu en Ourense o 21 de setembro de 1911 e era filla de Julio Junquera. Aos doce anos, o 18 de setembro de 1923, realizou o exame de ingreso para o Instituto Xeral e Técnico de Ourense. Matriculouse durante seis anos de forma oficial. Tras realizar o bacharelato elemental solicitou o 5 de agosto de 1925 unha certificación académica  para o Conservatorio de Música de Madrid e realizou o estudos de música por libre  preparándose co organista da catedral de Ourense, Antonio Jausarás, e acadaría  unhas moi boas cualificacións en piano. En 1926 comezou os estudos de bacharelato universitario, rematándoos en 1929 e nese mesmo ano solicitou unha certificación para a Normal de Ourense.

Comezou a exercer de mestra polas escolas da provincia tras realizar os cusiños de maxisterio. Traballou na escola das Pías, en Maceda, na escola de Atanes en Cualedro...

O 10 de abril de 1934 casou con Miguel Sanz que era Axudante de Obras Públicas e que estaba destinado en Palencia pero Victoria non quixo deixar de dar clases polo que pediu traslado a Palencia e exerceu na escola de Celada de Roblecedo.

Victoria era unha virtuosa pianista e chegou a facer interpretacións públicas no Teatro Losada co gallo de diversas homenaxes que se organizaban. Tamén deixou escrito un libriño titulado "Apuntes Folklóricos" editado en 1930 que é un Manuscrito co Cuestionario xeral do Folklore e que está no fondo da Fundación Vicente Risco. 

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)

Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)", Revista Historia de la Educación, 26, 2007, pp. 437-470; La Región, 12 de abril de 1934La Región, 27 de xuño de 1937El pueblo gallego, 8 de decembro de 1939.

18 agosto 2022

MARÍA LOSADA ESTÉVEZ


Naceu en Petín, Valdeorras. Tiña o título de mestra elemental.Comezou exercendo como interina no ano 1904 e estivo na escola incompleta mixta de Petín e logo na de Quinta de Becerreá. En 1905 abrira unha escola privada mixta en Petín pero foille clausurada por non cumprir a normativa do RD de 1902 e de 1903 (4). 
Despois obtivo a súa praza en propiedade no pobo de Seadur, no Larouco, pobo onde se afincou.

Seadur (Larouco)

Comezou a ser alcumada "A Pasionaria", o que dicía dela ser de ideas de esquerda e en agosto de 1936 foi destituída da escola, separada definitivamente  do servizo e baixa no escalafón. Acusárona, xunto con outros docentes, de falta de neutralidade política no desempeño das súas funcións docentes cando: 

"debían de mantenerse en un plan de absoluta imparcialidad y menos inculcar a sus alumnos ideas marxistas llenas de odio y rencor, envenenando así las mentes infantiles; renuevo de la Patria que en vez de ser en un futuro ciudadanos honrados, virtuosos, abnegados, obedientes y disciplinados, amantes del orden público, aseguradores de la paz y fomentadores de todo los intereses morales y materiales depositarios y transmisores de las tradiciones sociales y políticas de nuestra querida España, lazos estos que dan origen al patriotismo verdadero y que hacen a un pueblo próspero y feliz, serían en cambio seres degradados en extremo, impíos, antipatriotas, profesionales del crimen, amantes del terror esbirros revolucionarios al servicio moscovita, enemigos acérrimos de la fuerza, vigor e independencia de nuestra Patria..." (1)

A mestra estaba no punto de mira das autoridades. O Comandante do Posto da Garda Civil de Petín enviou á Comandancia Militar do Barco un informe con data do 12 de agosto de 1936 no que dicía:

...La vecina de Petín, Dª María Losada Estévez, (a) La Pasionaria, Maestra Nacional del pueblo de Seadur, en el Ayuntamiento de Laroco, significada propagandista del Frente Popular ha prestado servicio de enlace con elementos marxistas que se encuentran huidos; entre ellos José Carballo Crespo, Alcalde de dicho Ayuntamiento de Petín, él cual vivía con ella como si se tratase de uno de su familia por ser ahijado de una hermana de dicha Pasionaria y que también vive con ellos...(2).

O Gobernador Civil de Ourense consideraba á Mestra "extremadamente peligrosa para el movimiento militar nacional". Dicía dela que era unha elocuente oradora e propagadora das ideas marxistas: "contrarias a la paz y al sosiego público..." (3). As acusacións contra María Losada ían acrecentándose dicindo que saudaba co puño en alto, que na escola non permitía que as nenas levasen insignias familiares e que recibía unha revista editada en Moscú (detalle que chegou a negar o propio carteiro da zona). Realmente tratábanse de argumentos reiterativos e similares a outros casos de sancións a outras mestras da provincia. As autoridades actuaban movidos pola inquina e iso levábaos a ir redobrando as acusacións para facelas máis gravosas.

O informe redactado polo presidente de Comisión Depuradora confirmou, deste xeito, a decisión da sanción:

Examinado el expediente que esta comisión instruye a la Maestra Nacional, Doña María Losada Estévez, de la escuela de Seadur del Ayuntamiento de Larouco, resulta:

Que fue destituida Gubernativamente en 18 de agosto del pasado año como consecuencia de sus actividades marxistas conocidas de las Autoridades. 

Que requeridos por esta Comisión los preceptivos informes se hace en ellos constar que pertenecía al Frente Popular, según el Alcalde de Larouco y la Guardia Civil, y era comunista, por lo que expresan el padre de familia informante y el Cura Párroco de Seadur, estando concordes los informantes en asegurar hizo propagandas disolventes o favorables al Frente Popular... Según el Alcalde, prohibía a sus alumnas llevar objetos piadosos motejándolas de ignorantes por llevarlos. Que la Guardia Civil la señala como elemento de enlace con huídos como consecuencia del movimiento nacional, dice era conocida por el sobre-nombre de La Pasionaria, sin duda por sus predicaciones análogas a las de la la propagandisa marxista que lleva ese mismo nombre de guerra, y añade estaba establecido en el piso bajo de su casa el Comité de la U.G.T. ondeando en su balcón la bandera socialista... esta Comisión acuerda por unanimidad proponer a V.E. sea separada definitivamente del servicio de Maestra Nacional de la Escuela de Seadur del Ayuntamiento de Laroco, Doña María Losada Estévez. 

V.E. no obstante resolverá lo que mejor proceda. 

Orense 26 de Julio de 1937 (11 Año Triunfal). El Presidente.

 En definitiva os cargos que lle imputaron foron (4):

1º.-Fixo propagandas disolventes e servía como axente de enlace con elementos fuxidos despois do Movemento Nacional.

2º.-Defendía o comunismo e nel inspiraba as súas ensinanzas na escola, prohibindo ás alumnas levar crucifixos e estampas e chamábaas ignorantes por tales aficións.

3º.-Tiña instalada na planta baixa do seu domicilio o comité da U.X.T. e no seu balcón ondeaba a bandeira socialista. Polas súas campañas públicas en favor do Comunismo chamábaselle "A Pasionaria".

4º.-Estivo suscrita en 1935 a unha revista de Moscú.

5º.-Asistía ás manifestacións públicas co puño levantado.

En decembro de 1939 remitiu unha instancia á Inspección en súplica de que lle abonasen o cincuenta por cento dos seus haberes mentres se resolvía o seu expediente. Isto é unha mostra da situación  precaria na que quedaba sumido o maxisterio sancionado. O 24 de abril de 1940 confírmase a sanción a María Losada e, polo tanto, quedaba apartada definitivamente da ensinanza e nunha misiva escrita polo cura párroco, Nabor Arias, ao director do Instituto certificábase que María Losada estaba no cárcere de O Barco acusada de comunista . No ano 1943 interpuxo un recurso ante a Dirección de Primeira Ensinanza para que lle revisaran o expediente pero foille denegado.

Outro caso máis de persecución ao maxisterio que non foron poucos na provincia de Ourense. Moitas acusacións foron amañadas e falsas pero estes tempos de ditatura, eran de medos, de vinganzas, de sospeitas...e as autoridades actuaron sen miramentos.

(1)"Nota oficiosa del Gobierno Civil de la provincia", Pueblo Gallego, 5 de setembro de 1936, p. 7; (2) AGA, 32-12784-00046-014; (3) AGA, 32-12784-00046-015 (4)AGA, 32-12784-00046-024. (4) Boletín Oficial de la provincia de La Coruña, 30 de xaneiro de 1905, p. 4.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes).
Consultar hemeroteca: Vid: “Han sido nombradas maestras”. (1904, 12 de abril). El Eco de Santiago, p. 2; “Provisión de escuelas”. (1907, 8 abril). El norte de Galicia, p. 2; “Universidad literaria de Santiago”. Boletín oficial de la provincia de La Coruña, 24 de xaneiro de 1908, p. 5; “Universidad literaria de Santiago” (1908, 7 febreiro). Boletín oficial de la provincia de La Coruña, p. 5; “Orense. Maestros destituídos”. (1936, 19 agosto). El Ideal gallego, p. 6; “Información del Magisterio” ( 1939, 22 decembro). La Región, p. 2; “Relación de maestros sancionados”. (1940, 8 de maio). La Región, p. 4; “Magisterio Nacional” . (1943, 30 maio). El Correo gallego,p. 4.

08 junio 2022

ANTONIA VIDAL PÉREZ

Antonia Vidal era mestra de Ourense e en marzo de 1905 solicitou abrir unha escola mixta privada na Rúa Luis Espada de Ourense. Nela impartía Relixión, Gramática, Aritmética, Urbanidade, Historia Sagrada, Xeografía, Ortografía, Lectura e Labores.

Estas escolas cumprimentaban ás públicas e eran de pago e, igual que as públicas, estaban supervisadas pola inspección. Para solicitalas había que enviar a documentación ao Reitor de Santiago que consistía nun documento que acreditase a boa conduta, o proxecto da escola conformado polo plano da escola e lugar de apertura, ensinanza, material e a declaración da titulación do solicitante.

Antonia realizou todos os trámites e indicou que  a escola comprendía unha entrada, corredor, seis pequenas aulas e o material era bastante limitado a dúas mesas, tinteiros e bancos. Unha vez presentada a documentación o Reitorado consinte a implantación da escola. 

(Arquivo do IOP. Expedientes de apertura de escolas).

Logo duns anos exercendo na rúa de Luis Espada, en 1909 trasladou a escola á rúa Reza coa esquina O Progreso. Alí permaneceu durante moitos anos formando a nenos e nenas de Ourense. En novembro de 1935 concedéuselle o premio de 250 pesetas no II Certame Rexional do Traballo pola súa dedicación pedagóxica e labor social. 

A escoliña na esquina Progreso podería tratarse da casa número 1 da rúa Reza:

(Foto da autora do blog)

Vid: Benso Calvo, Carmen, Cid Galante, Rosa M. "A ensinanza privada en Ourense a principios de século" en Sarmiento Anuario galego de historia da educación, 2004, 8: 43-76. ISSN: 1138-5863.Vid: El pueblo gallego, 2 de novembro de 1935; El Correo de Galicia, 26 de febreiro de 1909.

22 mayo 2022

CONSUELO FEIJÓO ARAUJO

Consuelo Feijóo Araújo foi unha mestra ourensá co título de mestra de grao superior acadado en 1897. Tivo a iniciativa de abrir en xaneiro de 1905 unha escola superior privada en Xinzo de Limia que lle puxo de nome "Colegio de la Virgen de Lourdes" na rúa da Paz da vila. 

Para instalar a escola o/a solicitante debía enviar unha solicitude ao director do Instituto Provincial no que figurase a súa partida de nacemento, un documento de boa conduta, a explicación do tipo de escola que quería crear, o plano do local, o material do que ía dispor e o regramento escolar, un informe médico e da alcaldía sobre as condicións do local, outro de boa conduta e partida de nacemento . Realizados todos os trámites o Reitorado  era quen outorgaba a licencia ou permiso de apertura e non en todos os cados se chegaba autorizar.

Estes establecementos privados supuñan un complemento á oferta pública que se vía moi mermada e acababan tendo o seu prestixio social. Non obstante, non se chega a saber a súa duración pois dependía moito da matrícula que tiñan.

Fonte: 'Boletín oficial de la provincia de Orense' ,Número 27,  6 de febreiro de 1905, p. 3. De Galiciana

A escola que Consuelo creou en Xinzo contaba cun bo salón de clases de 80 metros cadrados e varios cuartos anexos para recreo, despensa e dúas habitacións e un amplo balcón. Contaba con interesante material como colección de mapas murais, colección de láminas de Historia Sagrada; un taboleiro contador; dúas pizarras; colección de carteis; biblioteca; unha esfera celeste; un globo terráqueo; un cadro de pesas e medidas do sistema métrico decimal.

AIOP, Expedientes de creación de escolas

Con posterioridade, en 1910 solicitou exercer como interina e destinárona á escola mixta incompleta de Baronzás e en 1917 solicitou traslado para unha escola de Pontevedra e non sabemos se chegaron a darlle o que si constatamos é que en 1940 se lle confirmou a súa escola despois da valoración da Comisiónd e Depuración e no ano 43 exercía na escola de Mixós en Monterrei.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)

Vid: .Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX, en Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, Nº 8, 2004, págs. 43-7; Boletín oficial de la provincia de La Coruña, nº 198, 1 de setembro de 1905; La Región, 7 setembro, 1910; Boletín oficial de la provincia de La Coruña, 5 setembro de 1910; La Región, 16 de maio de1940; El Correo gallego, 30 de agosto de 1939; El pueblo gallego, 13 agosta 1943.



13 mayo 2022

MESTRAS ADHERIDAS Á "CASA DEL MAESTRO" (1935)

A Casa do Mestre era unha institución na que se prestaba axuda, asesoramento aos mestres e mestras e tamén formación para a mellora profesional e cultural destes. 

A iniciativa de crear a Casa do Mestre en Ourense xorde en 1935 cando unha comisión de mestres visitou aos inspectores o 21 de febreiro para informarlles da vontade de que se creara esa asociación tal como se fixera noutras provincias galegas e a inspección acolleu de bo grao a proposta. A ela tamén se adheriu a Normal de Ourense que, por medio do seu director Vicente Risco, considerou: "No puede la Escuela Normal, como formadora de maestros, permanecer ajena a lo que tienda su dignificación y a la defensa de sus legítimos derechos profesionales. No ha de regatearles, pues, su ayuda para lograr que la Casa del Maestro cumpla los fines con que se funda" (1).

A idea principal que motivaba a este grupo de mestres a formar el Hogar del Maestro ou La Casa del Maestro era sumar a forza de todas as asociacións de mestres e constituír unha potente organización encargada de soster e defender os intereses do maxisterio:

Es verdad que existen diversas asociaciones profesionales, por ello se debe más al esfuerzo generoso de algunos compañeros que a la voluntad unánime de la clase. Y esto sucede, principalmente, por la forma peculiar de nuestro trabajo, que realizamos completamente aislados y, consecuencia lógica de ello, por nuestra falta de relación. Sintiendo, pues, esta necesidad de unirnos, y, por otra parte, considerando criminal contribuír a la atomización del Magisterio creando una asociación más, los maestros que suscriben se dirigen a todos los compañeros de la provincia con el propósito de crear entre todos el "Hogar del Maestro" que  tan buenos resultados está dando ya en los lugares donde funciona. El Hogar del Maestro podría ser el local social de todas las Asociaciones de la provincia, cuyos socios, por el mero hecho de adherirse en bloque a la Asociación a que pertenecen se considerarían como miembros del Hogar. Podría ser, además, el centro social de todos aquellos compañeros que, sin pertenecer a ninguna Asociación deseen formar parte de él....(2)

A pretensión era organizar o Fogar do Mestre como unha Sociedade cultural, administrativa e recreativa. Cultural porque contaría cunha Biblioteca, realizaría Cursiños de conferencias, charlas científicas e "todo lo que tienda a una mayor elevación y dignificación de la clase". Tamén faría un labor administrativo porque todos os docentes que non residisen na capital poderían acudir para resolver asuntos. E por último, sería recreativa pois sería un lugar de xuntanza e encontro de compañeiros. 

Os promotores da idea foron os mestres Abel Carvajales, Celso Baratta, Enrique Castro, Manuel Vidal e Cervantes Villamarín, algúns deles pertencentes  á A.T.E.O. Esta comisión animou a que se adheriran cantas máis institucións mellor, como a Normal, a Inspección, as Asociacións de mestres, os docentes de xeito individual...Apremiaban a que se constituíse prontamente para formar unha Directiva. Desde ese intre Cervantes Vilamarne foi o encargado de recoller as adhesións de mestres que tiñan que facerse, de momento, na rúa Dous de Maio número 4, aínda que a asociación pretendía contar cun edificio céntrico para animar á adhesión do maxisterio. Nun primeiro momento e provisionalmente, a Casa instalouse na Praza do Trigo número 2, primeiro piso.

O 3 de marzo de 1935 convocouse ao maxisterio a unha asemblea no terceiro piso do antigo Hospital para a constitución do Hogar do mestre ou Casa do mestre. Esta foi moi concorrida e sentaron as bases para a creación da institución da que sería presidente Celso Baratta e actuaría como secretario Cervantes Villamarne.

Unha vez acordada a súa creación pasouse á redacción do proxecto do regulamento no que se indicaba:

No Capítulo 1º  abordábase que a finalidade da Sociedade que eran establecer lazos de amizade e compañeirismo entre o Maxisterio; organizar unha biblioteca de cultura profesional y e xeral para o uso dos asociados; organizar museos e exposicións escolares e tamén viaxes e excursións para elevar e dignificar a clase; celebrar veladas culturais e organizar cursiños e conferencias; resolver aos compañeiros asuntos; poder concertar con hoteis e fondas uns prezos de aloxamento a prezos mínimos; establecer a Sección de Socorros Mutuos; ofrecer un centro de reunión agradables; ofrecer domicilio social ás asociacións de mestres; traballar na mellora da función docente. Tamén se dispuxo que a asociación non trataría asuntos políticos nin relixiosos.

No Capítulo 2º tocaba o tema dos socios, indicándose que podían ser todos os mestres e mestras de primeiro ensino nacionais e tamén se acollía aos estudantes da Normal. Cada novo socio debía vir avalado por dous asociados. Os integrantes pagarían unha cota de 1,5 pesetas ao mes.

No Capítulo 3º tratábase da Xunta xeral e indicábase que a Xunta xeral reuniríase en sesión ordinaria nos meses de xullo e xaneiro de cada ano. Celebraríanse  xuntas extraordinarias cando fose necesario. Na discusión de todo asunto concederíanse dúas quendas en pro e dúas en contra procedéndose despois á votación secreta. Na xunta de xaneiro presentábase a memoria de todas as actividades realizadas.

No Capíutlo 4º abordábanse as funcións e a constitución da Xunta Directiva que estaba composta polo Presidente, Vicepresidente, Secretario, Vicesecretario, Contador, Tesoureiro, Bibliotecario e cinco vogais. Todos eles reunínanse unha vez ao mes e miraban pola admisión de socios, velar polo cumprimento do regulamento, convocar e presidir as xuntas xerais e presentar a memoria anual.

No Capíutlo 5º, 6º e 7º falábase das funcións dos membros da directiva

O regulamento continuaba ata catorce capítulos nos que se falaba das cotas dos asociados,  de que as asociacións de mestres podían ter domicilio na Casa do Mestre para xuntas e reunións para o cal fixouse unha paga mensual. Un dos capítulos a destacar era o XIII no que se abordaba o Socorro Mutuo coa finalidade de auxiliar aos compañeiros por motivos de enfermidades, falecemento, suspensión de haberes, petición de anticipos, etc...

A partir de entón comezou a adhesión docentes, en total 229 mestres e 90 mestras, isto é, as mestras supuñan case un terzo dos afiliados pois eran o 28% do total. As mestras, moitas delas xa coñecidas por nós son:

Eloisa Julia Iglesias
Antonia Ortiz Currais (inspectora)
Aurora Maceda (inspectora)
María Cid (inspectora)
Matilde Camacho (inspectora)
Clemantina G. Tabarés
Concepción Román
Sara Leirós
María de los Dolores Santa Eufemia
María del Carmen Luna
María de la Cruz Vázquez
Teresa Perez Quintela
Manuela F. Dominguez
Ramona Ochoa Carrasco
Flora Emma Gil
Bina Rodríguez
Digna Portabales
Dolores Álvarez
Mercedes Blanco
María Garrido
Esclavitud González Vázquez
Esperanza Rodicio Casar
Palmira A.Blanco
María Isabel Suárez Rodríguez
Olivia Olimpia Polanco
Ana María Diéguez Méndez
María del R. Díaz
Eutilia Doniz
María Esther Gómez Mosquera
María de los Angeles Iglesias
Rosa Fernández Pájaro
Felisa Barreiro Sánchez
Julia Vázquez Galán
María Rodríguez León
Consuelo Cid González
Eudosia Lorenzo
Julia Araújo Domínguez
Ana L. Prieto
Mercedes L. Rodríguez
María Concepción Fernández
Carmiña Lamas
María de Carmen Baselar Pérez
Adela Fernández Sánchez
Alicia Estévez Rodríguez
Aurea Azpilicueta Muñoz
Regina Falcón
Remedios Sánchez
Catalina F. Sánchez
Dolores Ramón Feijóo
Josefa Ferreiro Vidal
Sira González Cid
Dolores Justo
María Coellada Rodríguez
Eudosia Prieto Vidal
Adela Rodríguez Acevedo
Carolina Fernández
Benita Sierra Gómez
Inmelda Valdivieso
Sara Fidalgo González
Rosa Laureana González
Castora Nóvoa Rodríguez
Justa Fernández
Cecilia Richart
Emilia Lozano
Felisa Couto Domínguez
Perpeta Reibelo
Victoria Amor
Aurora Francisco Álvarez
María de las Candelas Iglesias
Ángeles Sanchez Silva
María Ávarez Veras
María Aurora Iglesias
Carmen Somoza Pato
Manuela Ferreiro Bouzas
Carmen Arcos
María de los Ángeles Álvarez Novoa
Juana A. Penín
Eladia Blanco
Modesta Pérez Pérez
Jesusa Fernández
Marina Anta García
Manuela Rodríguez
Consuelo Carid
Carmen A. Canitrot
Ana Meigide González
Matilde Meigide
Carmen de Castro
Maruja de Castro
María del Carmen Díaz
Consuelo Colmenero

A intención da Casa do Mestre era aglutinar as Asociacións de mestres que se crearan, non obstante, a Asociación de mestres do partido de Ourense acordou darse de baixa da institución por non estar conforme coa forma de actuar da mesma. Así mesmo, algúns comezaron a criticar a Casa do Mestre no momento en que se estaba a redactar o regulamento por considerar que parte dos mestres proviñan da case extinta A.T.E.O e querían empregar a institución con fins políticos.

"Fraguada esa Casa del Maestro por destacados elementos de la ya muerta Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, cuyo órgano en la Prensa fue la ya también desaparecida revista A.T.E.O y alentada por quienes al comienzo de la República, dejando a un lado sus creencias religiosas, se alistaron en el partido Socialista para alcanzar pingües enchufes, no es de extrañar que quedase convertida en su primera Asamblea del día 22 en una nueva sucursal de la Casa del Pueblo..." (3)

Non obstante, os da A.T.E.O non simpatizaron coa creación do Fogar do Mestre aínda que  algúns membros da asociación foran os que incitaran á súa organización (como xa indiquei anteriormente). O que si manifestou a A.T.E.O foi que se desmarcaba totalmente desta nova empresa pois ela seguiría cos seus propósitos.

O día 22 de abril de 1935 celebrouse unha asemblea ás dez da mañá nunha das aulas grandes da Anexa Graduada para facer, por fin, realidade a Casa do Mestre, como así sería. Pero a institución non empezou con bo pé xa que comezou a ter os seus detractores tal como se constatou por varios artigos de prensa que falaban de malas prácticas. Un artigo  asinado por X dicía, en referencia á asemblea celebrada o día 22, que se cometera frauda no escrutinio da elección da Xunta Directiva:

En ella se descubrió el gato encerrado...que en torno a esta cuestión flotaba en el ambientey que tenía integrados a los elementos profesionales y no profesionales de la enseñanza, entre ellos a nosotros.

Quedó demostrado por las discusiones habidas y las votaciones realizadas, que la etiqueta de la casa u Hogar del maestro, contiene como principal finalidad acabar con las asociaciones de maestros existentes, para absorber la acción de estas y después la nueva entidad poder servir de instrumento a la agrupación política en donde la idea haya sido incubada.

Y para final apoteósico de esta Asamblea la elección de Junta Directiva con una novedad en el procedimiento del escrutinio (...) después de haber empezado aquel se suspendió para ir a comer los escrutadores y mientras tanto, las papeletas...se las encerró en un cajón y cuando se les dio libertad, pasadas dos largas horas, cantaron nombres alocadamente..." (4)

O artigo remataba dicindo que, debido ao procedemento sospeitoso de manipulación, a Xunta Directiva que saíu nomeada non debería atreverse a exercer tal cargo. Desde logo, a nova entidade tivo os seus detractores e os ataques non pararon en días sucesivos manifestando que a Casa do Mestre enganara aos adheridos e asociados pois non era, como dicía, unha asociación neutra e que non abordaría temas políticos e relixiosos e por tal motivo, dicían, xa comezaban a producirse as baixas de gran número de inscritos. Contra estas arremetidas, os representantes da Casa do Mestre defendéronse dicindo que a elección da directiva fora limpa e legal.

Malia todo, a a Casa do Mestre inaugurouse e tería a súa sede na Rúa de Pontevedra, número 3, 1º piso ( este é o enderezo definitivo pero estou segura que o meu querido amigo Rafa Salgado sabe ubicala mellor). Xa desde os inicios comezou o irmanamento coa de Pontevedra e organizaron entre ambas as dúas unha xuntanza en Pontevedra coincidindo co día de Ourense. Logo, ata final de ano realizou diversas actividades centradas en charlas e conferencias. En xaneiro de 1936 cambiaron de directiva e sería nomeado presidente Celso Baratta e as actividades non cesaban. Organizaron unha exposición de libros escolares para que os docentes puideran incorporalos aos orzamentos de material; planificaron unha excursión para os escolares para que coñeceran a cidade que foi todo un éxito, chegando a inscribirse un total dous mil cincocentos nenos polo que a Casa tivo que organizar as visitas escalonadamente. 

Como se dixo, dentro dos obxectivos da Casa do Mestre estaba a de organizar conferencias e charlas para o profesorado, pois ben, en decembro de 1935 o artista Manuel Torres Martínez disertou sobre "O debuxo infantil"; o  21 xuño de 1936 Emilio Amor, profesor de pedagoxía da Normal, pronunciou unha conferencia titulada "El crecimiento del niño en la edad escolar". Tamén organizaron charlas sobre as Misións Pedagóxicas impartidas por Enrique Azcoaga e Pedro Rubio. 

A máis disto, preocupáronse de mercar libros para a biblioteca da Casa e entre os exemplares adquiridos estaban: Psicología pedagógica de Klemm; Pedagogía sistemática por Flitner; dous tomos de Orientación profesional  de Chleusebairquer; La Educación Cívica de  Kerschensteiner; Psicotecnia de Giese; Anormalidades mentales de Stern; La escuela nueva de L. Filho; La Educación de la mujer de Mirguet.

Non se pode negar a boa intención da institución da que hoxe falamos poi tiña entre os propósitos divulgar a cultura entre o maxisterio e tamén crear un centro a xeito de Colexio para atender as súas demandas. Non sabemos ata cando estivo funcionando pero cremos que foi clausurada durante a Ditadura, pois tamén a Casa do Mestre de Pontevedra foi pechada en agosto de 1936.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes e suxeita a publicarse no libro da Historia das mestras) (Foto: Avenida de Pontevedra, 1926. Fotografía de La Región. Nesta rúa localizaríase a Casa do Mestre)

(1)"La escuela normal del magisterio primario de Orense y la casa del pueblo", La Región, 14 de marzo de 1935. (2) "Por el hogar del maestro", La Región, 23 de febreiro de 1935, p. 3; (3) "Lo que va a ser La Casa del Maestro", La Región, 3 de maio de 1935, p. 4; (4) "La Casa del Maestro", La Región, 24 de abril de 1935,p. 6. Vid: "Visita de una comisión", La Región, 22 de febreiro de 1935, p. 3; La Región, 3, 7, 12, 19, 21, 26, 28 de marzo de 1935, 10, 11, 18, 25 de abril de 1935; 1 de maio de 1935: 23 de febreiro de 1936; 16 de maio de 1936; 6, 20 de xuño de 1936; 2 de xullo de 1936.

11 mayo 2022

MESTRAS INTEGRANTES DA ASOCIACIÓN DE MESTRES CATÓLICOS


Durante o primeiro terzo do século XX fóronse creando diversas asociacións do maxisterio, cada unha cos seus obxectivos e procedementos de actuación. As mestras foron incorporándose paseniñamente a cada unha delas aínda que, como indicou Consuelo Flecha, as docentes non eran proclives a organizarse pois a súa felicidade radicaba en ter unha escola onde exercer.

Unha das asociacións gozaba de maior atractivo para as mestras foi a Asociaciónd e Mestres Católicos. Esa adhesión maioritario é unha mostra evidente dunha  mentalidade moi conservadora conformada ao longo dos séculos nas mulleres. Pero,sen dúbida, a Asociación Católica resultou ser a que máis mestras chegou a integrar , de feito, podemos dicir que esta asociación foi promovida polas mestras entre as que estaban María de las Candelas Iglesias Abella, María Cid López, Ascensión Seijo, Társila Seijo, Isabel Vázquez, Teresa Pereira, Antonia Fernández, Elvira Acevedo, Clotilde Tesouro, Marina Soto, María Teresa Amor, Josefa Acevedo, Elisa Fernández Pousa, Antolina Vila Puga, Remedios Sánchez Moura, Elvira Requejo, María Dolores Ríonegro, Julia Rey, Isabel Areán e María Nespereira Quevedo

Esta creouse en Ourense o 30 de xuño de 1935 cuxos principios concordaban coa sociedade ourensá conservadora e tradicionalista. Tiñan o seu local de reunión na rúa Juan de Austria, nº 3:

(...) no es una asociación más sino que la están exigiendo imperiosas necesidades ideológicas...Los maestros que creen necesaria una neutralidad política y religiosa se agrupan en torno a las Asociaciones de este tipo. Los que creen deben unir sus esfuerzos societarios a aquellos que propugnan ideologías materialistas con su secuela de lucha violenta de clases, ¿Tienen también las suyas? ¿por qué los maestros católicos no hemos de crear una, que sea como en los otros campos, lazo de unión estrecha que aumente los afectos, hermane las diferencias, propugne mejoras económicas y aspire al perfeccionamiento profesional de sus miembros...? Un grupo de educadores orensanos, tras amplio campo de impresiones, ha llegado a la absoluta coincidencia de constituír la Asociación de maestros católicos y se dirige a todos cuantos sientan los mismos fervorosos ideales[1]

Os principios nos que se sustentaba dita asociación eran: catolicidade, profesionalismo, convivencia, perfeccionamento e legalidade. Un sindicato que buscaba contrarrestar ás diversas agrupacións de docentes de carid ateo ou laico para reconducir o ensino e a profesión cara os valores cristiáns. 

(Elaboración propia a partir de diverss fontes)

[1] “Nueva asociación de maestros”, La Zarpa, 12 xullo de 1935, p. 4. 

08 mayo 2022

MESTRAS INTEGRANTES DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE MESTRES DE PRIMEIRA ENSINANZA EN 1899

(Directiva da Asociación de mestres do Partido de Ribadavia.Vida Gallega, 20 de xuño de 1917, p. 17 )

No mes de xaneiro de 1899 constituíuse na provincia de Ourense a Asociación de Mestres de primeiro ensino cuxos principios e obxectivos, recollidos no primeiro Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza, era a defensa dos intereses do maxisterio ourensán: “Por fin ha llegado la ocasión, que no dudamos en calificar de venturosa, en que el magisterio de la provincia de Orense tenga un periódico exclusivamente destinado a la defensa y fomento de sus intereses”[1]. Tamén demandaba unha lexislación en prol de mellorar a educación e a cultura da sociedade. Polo tanto, a asociación non procuraba en exclusividade a mellora social e profesional dos docentes, tamén solicitaba unha lexislación que servise para cambiar a situación educativa do momento e que situase á educación conforme aos tempos modernos. Non obstante, estas asociacións totalmente apolíticas non exercían unha presión contra as autoridades e eran, apenas, combativas.

Desde o comezo da súa creación a Asociación Provincial comezou a recibir inscricións de docentes desde toda a provincia ourensá e as mestras chegaron a ser un 33% do total de asociados. A continuación preséntase a relación das primeiras mestras asociadas por Partidos Xudiciais:

Partido de Ourense Pilar Pereira
Elisa Lamas
Veneranda Vieitez
Josefa Fernández López
Juana Alvarez López
Generosa Ferrari
Carolina Otero
Amalia Vázquez
Elisa Salgado
Josefa Montero Solle
Ramona Díaz
Josefa Isaura Silva
Francisca Yebra Conde
Partido de Allariz Purificación Pazo Prado
María c. González Piñeiro
María Josefa Álvarez
Juana Otero Guede
Amalia E. Oubiña
Ramona Gómez
Carmen Rodríguez
Ramona Paradela
Avelina Pérez
Matilde Quintas
María Álvarez
Carmen González
Partido de Bande Consuelo Sayago
Partido de Carballiño Encarnación Quintela
Francisca Cendón
Socorro Garza
Partido de Celanova Faustina Pereira
Emilia Alvarez Silva
Mercedes Zancada
Partido de Xinzo María Burcet Romero
Coral Fernández
Jovita Casanova
M.B. de Morgade
Partido de Ribadavia Jacoba Díaz
Enriqueta Novoa
María Dolores Díaz
Carmen Martínez
Amalia Ampudia
Partido de Trives Leonor Boscossi
Julia Agromayor
Carmen Lopez Fernández
Adelaida Rodríguez
Teresa Boente
Ludovina López
Avelina Moure
Partido do Barco Isabel Vázquez López
Sofía Antolín Cano
Josefa Navarro
Partido de Viana do Bolo Amable Estévez
Leonisa Salgado
Jovita Pavón Sánchez
Luísa Álvarez

Progresivamente  fóronse incorporando na Asociación máis docentes e entre eles catorce mestras polo que eran en total de sesenta e nove afiliadas. As mestras que se incorporaron foron Manuela Rey; Josefa Montero Solle; María Dolores Cid Fernández; Francisca Adela Borrajo; Javiera Enríquez; Elena Serrano; Sara Fernández; Josefa Fernández; Preciosa Nogueira Alvarez; Jesusa Armesto; Josefa Franco López; Adelaida Elicia Martínez Senra; Julia Petra Martínez; Concepción Llopis e Genoveva López. Temos que dicir que a afiliación de mestras con ser importante non deixaba de ser unha porcentaxe baixa ao supoñer aproximadamente unha cuarta parte das docentes que estaban exercendo nese momento na provincia[2].

Cabe salientar que as mestras comezaron a formar parte das directivas das diversas asociacións que foron xurdindo nos partidos xudiciais da provincia adquirindo un maior rango de responsabilidade e compromiso. Podían formar parte das direccións tanto mestres como mestras. Na recén creada Asociación de Mestres provincial estaban como vogais Josefa Fernández López que era a mestra da escola de San Andrés de Camporredondo en Ribadavia e Amalia Vázquez que estaba na escola de Canedo, que tiñan o cargo de vogal [3]

Entre as primeiras asociacións comarcais que nomearon a mestras para formar parte das Xuntas de Goberno está a de Ribadavia que contaba con dúas mestras. 

A  de Xinzo que na inauguración da Asociación o 14 de xuño de 1906 nomeou como vocais da directiva a Dona Adelaida E. Martínez e Dona Rosa CuquejoNa renovación da directiva comezaba a ser habitual que figurasen mestras da localidade, por exemplo, en 1918 nomeouse como vicepresidenta a Encarnación Pousa Otero que o título superior de maxisterio e desde 1915 estaba exercendo na escola de Xinzo. Ela comezou a traballar de interina en 1894 e traballou na escola de Tameirón en A Gudiña. En 1912 presentouse ás oposicións restrinxidas que se convocaron e foi destinada á escola de Seoane de o Carballiño e logo trasladouse á vila limiá. Estaba casada con outro mestre e faleceu en 1933.O mesmo ano que Encarnación escolleuse de vogal a Asunción Conde Álvarez que tiña o título superior e comezou a traballar en 1908 e estaba destinada na escola de Blancos [4] .

No Partido de Ourense nomeouse tesoreira a Dona Antonia Fernández Quintela en 1934 da que se sabe que en 1909, recén aprobada a oposición, adxudícanlle a auxiliaría de Ourense e que en 1921 casa cun tenente do exército. Será unha mestra destacada no seu facer profesional recibindo o premio das mutualidades así como recoñecementos varios. Faleceu en Ourense no ano 19[5]

Na Asociación de Celanova figuraban xa en 1907 unhas cantas mestras, dun total de vinte e cinco asociados, que asinaron os acordos da xunta celebrada en Gomesende o 16 de xuño. Na reunión exerceron de vogais Encarnación Suárez  que era a mestra na escola de nenas de Gomesende e Josefa Franco, a mestra de Trasportela, e como asistentes estaban Serafina Nieves Veloso; Jesusa Armesto e María Isabel Quiroga. Na nova directiva escollida en 1935, nomeouse como vogal a Concepción del Caño que era a mestra da graduada de nenas[6]

E na de Valdeorras estaban Sofía Antolín, Julia Fernández e Consuelo Hervella que asinaban as convocatorias de reunión periódicas[7]. Consuelo Hervella Nieto era e secretaria da Asociación de Valdeorras, de espírito activo. Participou nas xornadas culturais organizadas pola Asociación de Carballiño o 28 de agosto de 1912 e aproveitou a ocasión para facer unha crítica sobre a situación da escola primaria e describiu a precaria situación económica do maxisterio:“Sumaos a nosotros, compañeros en la desgracia, ayudad a los educadores de vuestros hijos[8]

Na agrupación de Viana nomeouse en 1911 como vogal á mestra Elodia Frade da escola de O Bolo. [9]

Non obstante, eran poucas as mestras que ocupaban os cargos directivos, pero de ningún xeito eran relegadas. Probablemente preferían participar máis como asociadas que como cargo representativo, pero este non se lles negaba. O que é algo a salientar, dando mostras de que o asociacionismo do maxisterio estaba nun plano de igualdade de xénero.

(Elaboración propia a través de diversas fontes. Esta entrada forma parte dun artigo publicado)

[1] Arquivo BCS (Arquivo da Deputación Provincial de Ourense), Boletín de la Asociación de Primera Enseñanza, nº 1, 15 de xuño de 1899, Caixa nº 7.
[2] Estes datos foron calculados mediante o Boletín do Maxisterio no que figura o listado de mestras que exercían na provincia en 1906 contabilizándose 275. Se temos en conta que en 1899 habería aproximadamente ese número de mestras podemos calcular a porcentaxe das asociadas. Vid: “Junta Provincial de Instrucción Pública, Boletín del Magisterio, 5 de setembro , 15 de setembro, 25 de setembro de 1906, e 5 de outubro de 1906.
[3] ASOCIACIÓN DE MESTRES DA PROVINCIA DE OURENSE, Reglamento de la Asociación del Magisterio de la provincia de Orense, Imprenta La Editorial, Ourense, 1897, p. 12.
[4] “Asociación de maestros del Partido de Ginzo”, Boletín del Magisterio, 15 de agosto de 1906, p. 2. “Junta Provincial de Instrucción pública de Orense”, El Magisterio gallego, 674 (1898): 3; “Universidad Literaria de Santiago”, Boletín Oficial de la provincia de Lugo, 35 (1908):2; “Orense”, El Correo de Galicia, 29 de marzo de 1913, p. 2; “Conclusión del Concurso de Traslado”, El Noticiero gallego,1057 (1915): 2; “Universidad literaria de Santiago”, Boletín Oficial de la provincia de La Coruña”, 62 (1911): 3.[5] “Asociación de maestros del Partido de Orense”, La Zarpa, 3 de xaneiro de 1934, p.1.
[6] 
“Asociaciónd e maestros del partido de Celanova”, Boletín del maestro, 42 (1907): 3; “Asociación de maestros del partido de Celanova”, La Zarpa.,  23 novembro de 1935, p. 9.
[7] El Magisterio Español, nº 4200, (1913): 488.
[8] 
Consuelo Hervella Nieto, Boletín del Magisterio, 258 (1912): 2.
[9] “La del partido de Viana del Bollo”, Boletín del Magisterio, 218 (1911):3.