Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Acción Solidaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acción Solidaria. Mostrar todas las entradas

05 noviembre 2023

PILAR DURÁN PARADELA


Natural de Ourense foi a representante delegada da JOC (Xuventude Obreira Cristiá ) ourensá no I Railly Europeo da Xuventude Traballadora celebrado en Estrasburgo en agosto de 1964. Traballaba de empregada nuns almacéns de tecidos e acudiu ao evento no que chegou a concentrarse 32.000 un mozos e mozas obreiras, dos cales  570 eran españois con 120 delegados.

Dita concentración fora acordada no Primeiro Congreso Mundial da XOC que tivera lugar en 1961 en Río de Xaneiro.

O obxectivo desta xuntanza era que os mozos e mozas de Europa acordaran pautas de actuación no apostolado obreiro e a proclamación do Estatuto do xove traballador.

Segundo as súas palabras : "Aquí (referido a Ourense) somos 35 chicas e 25 o 30 chicos. Pero aunque por el número somos una minoría, por la actividad somos una mayoría, puesto que vivimos el problema obrero y vivimos entre obreros".(1) 

Preocupáballe os baixos salarios que percibían os traballadores e a falta de preparación para o emprego polo que reivindicaba a creación de escolas de Formación Profesional. En  1971 Pilar foi escollida enlace sindical

A JOC tivo a súa orixe en Bélxica en 1920 a cargo de Monseñor Cardinj e chegou a España nos anos trinta. O franquismo tolerouno, desenvolvéndose a partir de 1940 tras a suspensión durante a Guerra Civil. Foi foi un movemento dirixido á mocidade obreira e humilde e o obxectivo era educar, formar, concienciar e evanxelizar aos grupos sociais que se atopaban nunha situación de precariedade. Así mesmo procuraba a xustiza social e a defensa dos traballadores.

Esta agrupación naceu baixo o manto protector dunha Igrexa comprometida cos máis humildes, de tal xeito que se desmarcaba da elite eclesiástica que estaba máis ligada ao franquismo. Non cabe dúbida que este movemento das XOC tiña un forte interese polo obrerismo e a súa organización e foi plataforma para a formación de líderes obreiros.

(1)Alvarez Alonso, F. "Pilar Durán Paradela", La Región, 27 de agosto de 1964, p. 5. (Elaboración propia. Vid: Becas sindicales, El Pueblo Gallego, 16 de setembro de 1960, p. 11; 7 de decembro de 1962, p. 17; "El Rallye europeo 1964 es un congreso de trabajadores", La Región, 19 de xullo de 1964, p. 5. La Región, 20 de maio de 1971, p. 9. Foto: Reza, La Región. )

12 febrero 2023

ELISA CASTRO DE ÁLVAREZ

Naceu en Ourense. Estaba casada con Manuel Álvarez, presidente da Artística Galega en Cuba, natural de Barcala en Negreira. 

Desde as terras aló dos mares Elisa Castro sempre demostrou un grande amor por Galicia. Foi na Habana a Presidenta de honra da Sociedade Artística Galega, Socia benefactora da Unión Barcalesa e constante membro das Directivas da Beneficencia das Hijas de Galicia. 

A Sociedade Artística formouse en 1919 para cultivar a música e a arte teatral con preferencia galega. 

A asociación Hijas de Galicia tiña entre os seus cometidos atender os cuidados médicos das mulleres emigradas de Galicia na Habana. Dita agrupación benéfica era totalmente altruísta e as súas asociadas eran tratadas na Clínica do Dr. Casuso e asistidas pola comadroa, tamén galega, Manuela Rodríguez Castro. Elisa recoñecía estar moi orgullosa de ser a Vicedirectora das Hijas de Galicia polos beneficios que reportaba ás mulleres emigradas que en moitas ocasións eran obxecto de abusos, e dicía:

"Hijas de Galicia que es la encargada de aminorar las penalidades e injusticias a que se veían sometidas nuestras paisanas. Y como entre las muchas tareas que nos hemos impuesto, para defenderlas del apuperismo y las enfermedades anejas a éste, figura en lugar prominente las de la Sección Sanitaria, encargada de que la asistencia en la Clínica sea todo lo eficaz y efectiva (...) nos sentimos regocijadas, al poder manifestar nuestra gratitud y eterno reconocimiento, para todso aquellos seres, modelos de corrección y preclara inteligencia, que lograron el resonante éxito de conservarme par aplaudir su grandiosa obra, y restituirme al cariño de los míos, y a la labor que rindo en pro de mi amada institución: "Hijas de Galicia"...Rogamos a nuestros queridos conterráneos nos presten su valiosa ayuda, y suplicamos a nuestros compatriotas, siempre dispuestos a secundar toda obra buena, nos ayuden a dar digno remate a nuestra obra emancipadora de la mujer, así española como de otra nación cualquiera. Os lo agradecerán de consumo todas ellas, y vuestra paisana y servidora. ELISA CASTRO DE ÁLVAREZ" (Heraldo de Galicia, 29 de outubro de 1922, p. 3).

Elisa tamén fixo alarde de amor por Galicia cando escribíu unhas letras sobre Antonio Pedreira dicindo del que sempre tivo a ben encumbrar "a nuestra amada Galicia"  (Eco de Galicia, 25 de xullo de 1924).

(Fonte: Cultura gallega, 5 de abril d1936, p. 27.)

(Fonte: Cultura gallega, 20 de novembro de 1936, p. 18)

(Fonte: Eco de Galicia, 6 de maio de 1923, p. 1)

O matrimonio veu a Galicia nalgunha ocasión e estiveron en Negreira, no pobo de Manuel Álvarez, e en Ourense visitando as Burgas:


(Fonte: Eco de Galicia, 18 de maio de 1924 maio 18, p. 22)

Elisa traballou a esgalla pola protección das mulleres emigrantes galegas en Cuba. Procurou o seu benestar e prestou o seu asesoramento a través da asociación "Hijas de Galicia". Esta asociación creou o Hospital Concepción Arenal con recursos avanzados para a súa época e chegou a ter 56.000 afiliadas.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: Galicia, 21 de maio de 1921, p. 20; Vida gallega, 20 de xullo de 1935; Eco de Galicia, 25 de xullo de 1935, p. 1. Ver en Wikipedia a entrada Hijas de Galicia.)

01 enero 2023

ESPERANZA MARTÍN BORRAJO

(Entrada publicada no libro O rueiro que queremos feminino e plural.)
Esperanza Martín Borrajo naceu en Xunqueira de Ambía o 24 decembro de 1927. Foi unha pioneira do movemento veciñal en Ourense e unha muller que loitou polos máis desfavorecidos.

Saíu aos nove anos de Xunqueira e residiu en diferentes lugares. Vivíu os horrores da guerra, da que dixo sempre que quería esquecerse. Tamén estudou no Instituto Provincial, pois quería ser mestra, pero non rematou o bacharelato. Ao fin, chegados os anos sesenta do século pasado foi residir ao barrio de Covadonga e alí comezou a traballar coas mulleres e veciñas incentivando actividades para a súa formación e ocupación. Por tal motivo, en 1975 nomeárona Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Xesta de Covadonga, un cargo que, dado o seu carisma e traballo constante, aínda mantén na actualidade.

Todo o seu periplo veciñal comezou cando a ela lle concederon unha vivenda social e veu de Madrid a Ourense. De cando chegou ao barrio dixo: “Lloré mucho, porque yo venía de un ambiente de comodidades porque mi familia tenía posibilidades económicas”[1]. Sen dúbida impactoulle o abandono do lugar: “Recuerdo que cuando llegué no había local, había tres edificios construídos sobre tierras movedizas, dos se derrumbaron. Fueron comienzos duros”[2]. Comezan as primeiras dificultades e problemas cando o representante municipal quería cobrar aos veciños as bombillas públicas que non se instalaran. A situación causou bastante malestar entre os veciños, encabezados por Esperanza, que se encamiñaron ao Concello para falar co Alcalde Riestra París. Ese primeiro encontro deu lugar a que o propio alcalde manifestara que Esperanza debía ser a primeira Pedánea designada polo Concello; os veciños tomaron a palabra e non o dubidaron e, en efecto, Esperanza converteuse en pedánea.

En 1977, foi nomeada Alcaldesa Pedánea dos barrios de Covadonga, Eirás, Montarín e Guizamonde. Nestes primeiros anos da democracia e cando aínda era difícil que os veciños e veciñas se organizasen polo ben dos seus barrios, Esperanza, co seu “bo facer” e porque consideraba que na base da democracia estaba a participación cidadá, comezou a exercer un labor intenso cuns obxectivos claros e principais como era mellorar as infraestruturas e servizos dos barrios e axudar aos veciños e veciñas que tiñan menos recursos.

O cargo compaxinábao coa súa vida familiar. Ela estaba casada e tiña dous fillos e debía coidar do seu home que estaba delicado de saúde. Finalmente enviuvou aos trinta e catro anos pero traballou arreo para sacar á familia adiante. Esperanza traballaba na casa facendo tarefas de encargo como bordadora e tecedora para tendas como a de Primor de Ourense. Mais ela estaba acostumada a loitar na vida e por iso soubo levar sobre os seus ombreiros o cargo que lle designou a veciñanza e comezou a traballar sen descanso polo que ela cría e consideraba xusto. Un labor duro, intenso e de vocación e totalmente altruísta.

Esperanza comezou a ser unha persoa de referencia para o barrio pois estaba presente alí onde era preciso e porque procuraba buscar solucións a todas as demandas que se propuñan. Cando desapareceu a figura de “pedáneos” as xentes consideraron que ela tiña que seguir á cabeza da veciñanza e, por tal motivo, nomeárona Presidenta da Asociación de Veciños de Covadonga e nesta misión continuou dignificando o barrio que, en tempos, era marxinal. Dicía ela: “Llegué a un barrio sin luz, sin agua corriente, si aceras”. “Me dio mucha pena no había agua corriente ni alcantarillado. Tampoco luz en la calle. Eran tantas las necesidades”[3]

A vida de Esperanza centrouse en proporcionar ao barrio de Covadonga a categoría que se merecía e convertelo no que é agora, un barrio bonito. Durante corenta e dous anos a nosa líder veciñal conseguiu numerosos servizos para que o barrio contase con parques, talleres para os veciños e veciñas, colexios e unhas boas rúas. Esperanza, como ela dicía: “Nunca fuí pedir nada para mí, siempre fue para Covadonga”[4] . O barrio sempre tivo unha connotación negativa, era o barrio onde se concentraban as casas sociais e foi un lugar onde se congregou xente procedente de diferentes lugares, étnicas e culturas o que deu lugar a unha falta de integración. Esperanza conseguiu minimizar os problemas e humanizar o barrio buscando sempre que a xente se sentise orgullosa del. No local da asociación organizaba charlas de médicos e avogados para os veciños, organizaba obradoiros de manualidades e clases para adultos para ensinarlles a ler e a escribir, algo do que sentía moi orgullosa xa que ela o vía como unha grande necesidade. Chegou a crear, incluso, un club de loita grecorromana que deu dous campións e recibiría varios premios[5].

Foron corenta e dous anos dedicada ao traballo veciñal e tivo que tratar con catorce alcaldes de diferente ideoloxía pero sempre foi respectada por todos. Pero como ela di, se volvera a nacer, volvería facer o que fixo: “El título que tengo de alcaldesa del barrio de Covadonga irá conmigo hasta la muerte”[6]

Esperanza non foi só a dirixente veciñal máis veterana da cidade, tamén foi unha veterana no altruísmo e no traballo para os demais procurando unha vida máis xusta. Está claro que a felicidade de Esperanza viña por ver feliz á xente. Ela dixo “ver el cariño de tanta gente es el mejor regalo”, sen dúbida para ela era o título máis honroso.

Faleceu en Ourense o 9 de agosto de 2022 aos 95 anos e voces de diferentes cores amosaron o seu pesar pola perda desta muller loitadora.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
[1] Antonio Nepereira, la Voz de Galicia, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2008/04/19/titulo-alcaldesa-barrio-covadonga-ira-conmigo-muerte/0003_6745733.htm consultado o 26 de marzo de 2020; [2] “La lideresa vecinal más veterana busca relevo”, https://www.laregion.es/articulo/ourense/lideresa-vecinal-mas-veterana-busca-relevo/20170715085020723681.html consultado o 26 de marzo 2020; [3] Idem; [4] M.J.Álvarez, “Esperanza Marín Borrajo. Fui la primera alcaldesa pedánea de España”, https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/03/08/esperanza-martin-borrajo-primera-alcaldesa/2064889.html consultado o 26 de marzo de 2020; [5] “La lideresa vecinal más veterana busca relevo” , La Región, https://www.laregion.es/articulo/ourense/lideresa-vecinal-mas-veterana-busca-relevo/20170715085020723681.html consultado o día 26 de marzo de 2020; [6] Antonio Nespereira, La Voz de Galicia, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2008/04/19/titulo-alcaldesa-barrio-covadonga-ira-conmigo-muerte/0003_6745733.htm consultado o 26 de marzo de 2020.

28 noviembre 2021

Mulleres solidarias


En xaneiro de 1930 houbo un suceso tráxico en Bouzas que causou a conmoción en todo Vigo e que se trasladou a toda Galicia. Unha corentena de mariñeiros se afogaron nun accidente. Dos seis barcos que saíron a faenar só volveron catro debido a un fortísimo temporal que causara moitos destrozos incluso no litoral. A última vez que foron vistos foi no Cabo Mondego en Portugal pero logo perdéuselles a vista e os rastreadores non os avistaron máis. Os medios de comunicación comezaron a criticar as condicións laborais dos traballadores do mar. O impacto que suscitou fixo que en marzo de 1930 se convocara unha grande manifestación en Vigo para recadar cartos e axudar ás viúvas e fillos dos afogados. Esta fotografía amosa a solidariedade das mulleres de Carballiño por esta causa.
___
Vid: La Voz de Galicia
Foto: Vida Gallega, 30 de abril de 1930, p. 20


 

01 septiembre 2019

AMELIA DORALICE BELISANDRA PIÑEIRO

Grazas á referencia de Pilar Fernández Conde achegamos a este blog a esta intereante muller. 

Amelia Doralice naceu en Ourense, na rúa Desengaño, no ano 1934 e foi a presidenta e fundadora de Atox y Abeiro para axudar aos toxicómanos. Foi de nena moi inqueda e estudou nas Josefinas Aos sete anos faleceu o seu pai e para ela foi unha grande perda pero Bely ten forza ante os problemas e é capaz de transmitir moito vitalismo.. Traballou na empresa familiar que fundou o seu avó no 1880, Mármores Piñeiro.

Unha muller activa, foi unha das primeiras socias do Pavillón dos Remedios e aínda vai en bicicleta, de espírito comprometido e moi independente que hai 20 anos funda Abeiro e recada fondos para desenvover programas de rehabilitación de toxicómanos e unha casa de acollida ao toxicómano. Ten unha ampla experiencia no tratamento de persoas con adición a sustancias estupefacientes. É moi duro traballar con persoas que caen no problema da droga pero só persoas como Bely poden ser quen de facer a recuperación máis doada.

Admirable o labor de Bely e digno de sentirnos orgullosas.

28 marzo 2019

MARÍA TERESA FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ

Grazas á referencia da miña ben querida amiga Marosa Salgado Madriñán coñecín esta marabillosa historia. Ademais, tiven ocasión de falar co seu fillo Luis Rivera e a historia de Marité foi asombrándome máis e máis.

Marité Fernández naceu en Ourense o 7 de outubro de 1933 e a súa vida e dedicación ten moito mérito e é moi encomiable.

Era filla de David Fernández, empresario de éxito, falecido a comezos dos anos sesenta, e de Celsa Domínguez.

Foi, sempre, unha muller comprometida co seu tempo e de profundas convicións relixiosas que, impactada pola represión brutal acontecida en Ferrol no ano 1972, onde faleceron  dous traballadores, crea en Ourense unha plataforma para axudar ás viúvas. Pero, asemade, destaca por ser a fundadora do Comité Antisida en Ourense, creado en 1992.

O día 7 de marzo de 2019 saiu publicada na prensa local La Región unha carta ao Director moi emotiva e preciosa redactada por un dos fillos de Marité Fernández, Luís Rivera, e nela conta as fazañas e forza desta grande muller.

Seguindo o que conta a carta contamos que Marité foi unha das primeiras en sacar o carnet e conducir en coche. A súa vida foi dura, sufriu a persecución do seu padriño e despois a do seu pai, quedou orfa de nai sendo aínda moi nena e o seu pai falece cando ela tiña 25 anos. A esa idade casa e ten moitos fillos. Foi unha muller moi comprometida pois na Ditadura apoiaba as reunións clandestinas e nas primeiras eleccións do 77 foi de número tres polo Partido Popular Galego. Pero, sen dúbida, o máis doloroso para Teresa foi a morte de dous dos seus fillos polo VIH. A pesares diso, colleu forzas e fundou en Ourense un dos primeiros Comités Cidadáns Antisida de España.

Abriu a primeira casa de acollida en España, mentres seguia xestionando dous comercios en Ourense con trece traballadores en nómina.

Sempre loitou en favor dos máis débiles e incluso chegou a presentarse polo partido Por Un Mundo Más Justo.

Marité tamén se implicou, xunto co seu home, Julio, en numerosos actos culturais como As Mostras Arte e Sida aglutinando a importantes artistas ourensás como Buciños, Quesada, Acisclo Manzano, Oro 
Claro, Riomao, Iñaki Basallo...etc.

É unha vida sobrecolledora e encomiable. Moi merecente de estar no noso blog.

Foto: cedida polo seu fillo, Luís.
Imaxe: Carta ao Director de Luis Varela, publicada o 7 de marzo de 2019.



09 noviembre 2017

PEPA NOIA

Josefina García Pérez naceu no Barrio Norte de Bos Aires o 6 de xullo de 1921, mais sería coñecida como Pepa Noia ou Pepa de Noia logo de casada. Seus pais, Aurora Pérez e Agustín García, eran emigrantes que chegaran Leiro na comarca do Ribeiro, para construír en Bos Aires unha familia, na que nacerían dúas fillas e catro fillos.

Co tempo, en 1941, casaría con Juan Carlos Noia. Na familia do home era coñecida como “la gallega” aínda que Pepa nunca veu a Ourense confesaba, iso si, o moito que lle gustaría viaxar a Galiza e coñecer Ourense, da que tanto se falaba na casa.

En 1942 nace a súa primeira filla, á que lle pon de nome Alicia; logo viría Daniel e, xa en 1946, María Lourdes aumentaría unha familia que continuaría medrando co nacemento de Margarita, a pequena da casa, que despois estaría á beira da nai na busca da súa irmá desaparecida.

A súa vida muda drasticamente o 13 de outubro de 1976 cando a súa filla María Lourdes é secuestrada canda o seu compañeiro. O compromiso social e político converteuna nunha das vítimas do proceso de exterminio da ditadura de Videla, que fixo das desaparicións un modo de operar que buscaba tamén paralizar unha sociedade convulsionada.

As forzas represivas entraron o 13 de outubro na casa de M.ª Lourdes e Enrique, que apareceu completamente desvalixada. Ao neno deixárono cunha veciña da parella. Tempo despois, Enrique foi liberado mais de Lourdes non chegou outra noticia que a súa retención na ESMA (Escuela de Mecánica de la Armada), que naquela altura funcionaba como un centro clandestino de detención, tortura e exterminio. Máis nada. M.ª Lourdes era unha das 30 000 persoas desaparecidas no xenocidio arxentino e Pepa converteríase nun dos símbolos da loita das nais por coñecer o paradoiro dos seus fillos e fillas e tamén das crianzas, moitas delas roubadas.

Desde o primeiro día de ausencia de Lourdes, Pepa Noia comezou unha busca que non remataría nunca. Na súa peregrinaxe, as nais íanse atopando, compartían as súas dores. Conversaron e decidiron que todos os xoves do ano farían a marcha. A idea era concentrarse na Praza de Maio mais foi a propia policía a que as obrigou a circular debido á prohibición de que se reunisen grupos en espazos públicos. As nais “circularon” baixo a orde da policía e, despois doutros percorridos, a marcha ficou establecida arredor da Pirámide de Maio. Pola súa banda, Pepa, desde aquela primeira rolda, afíxose a chegar sempre antes de tempo para falar coas persoas que se ían achegando.

Posteriormente, nunha xornada en que se dirixían a Luján en 1978, as nais incorporan o pano branco na cabeza ás súas mobilizacións para se identificaren e recoñeceren entre elas. A pesar de case catro décadas de loita, Pepa Noia non puido nunca saber o destino final de María Lourdes.

Pepa Noia recibiu nos seus últimos anos moitos recoñecementos, entre eles o de Cidadá Ilustre da Cidade de Bos Aires e arredor dela o investigador Enrique Arrosagaray escribiu o libro Josefina Pepa de Noia. Una Madre de primera hora, publicado en 2011. O día da súa morte, o 31 de agosto de 2015, festexábase na Arxentina a noticia da aparición da neta recuperada número 117. Até a fin dos seus días formou parte do movemento, mesmo despois da excisión, aliñada coas Nais de Praza de Maio Liña Fundadora.

Testemuña de Margarita Noia en Album de mulleres Cultura galega

30 enero 2011

OBDULIA DÍAZ a "AVOA OBDULIA"

Obdulia Díaz está presente estes días na prensa e a razón é ben meritoria pois esta ourensá tivo ao seu coidado, durante a postguerra, a uns douscentos nenos fillos de prostitutas. 

Naceu en 1907 e vivía na zona vella de Ourense, no denominado barrio chino entre a Rúa de Colón e a de Villar e a de Pelayo e a Barrera, concretamente na rúa de Cervantes, lindando coa de Pelayo. Era unha casa vella, moi vella cunhas escaleiras gastadas. Noutro piso da mesma casa vivía a súa filla.

Obdulia era viúva, e acollía aos nenos na súa casa traballando arreo para sacalos adiante. Eran nenos e nenas que non podían ser coidados polas súas nais, como ela dixo: "Cuido chicos de madres que no pueden atenderlos por sus ocupaciones...Yo siempre fui muy niñera y siempre me gustaron, a pesar de que tengo tres hijos y bastantes nietos..."

Chegou a ter baixo o seu coidado diario ata doce nenos a un tempo. Facíase cargo deles ao nacer e coidábaos ata que as súas nais viñan a recollelos. Chegou a ter mozos maiores que estaban estudando pois Obdulia, ademais de mantelos, tamén procuraban que estudaran, preocupábase da súa educación.

(Fonte: La Región, 19 de setembro de 1970, p. 5)

Realmente non cobraba por atendelos, mantíñase da achega mensual dalgunha das nais pero non ía sobrada e tiña que facer esforzos para alimentalos, mercarlle zapatos, vestilos... Basicamente era un labor altruísta e gratuíto.

Coa aportación que lle podían facer algunha das nais máis a colaboración doutras persoas como o doutor Gallego, o Padre Silva, a dona da librería Padre Feijóo, o da farmacia Bayón e María del Río que dirixía o Patronato do Enfermo Pobre  puido sacar adiante a estes nenos que a denominan "avoa Obdulia" aínda que moitos  chamábana "mamá".

Contou coa colaboración da súa filla Lola Nóvoa. Agora teñen unha merecida escultura de Manuel Penín na cidade que as lembra as dúas.


A fotografía foi cedida polo meu xeneroso amigo Rafa Salgado que xestiona o blog marabilloso de http://www.ourensenotempo.blogspot.com/


Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: El País "Ourense descubre a una heroína", 29 de xaneiro, 2011. La Región "Una escultura recuerda la solidaridad de dos orensanas", 29 de xaneiro, 2011.Foto da entrada: Foto Reza, La Región, 19 de setembro de 1970, p. 5.


01 junio 2010

ROSARIO DUEÑAS

Naceu en Ourense en 1960 e obtivo importantes marcas en natación. Foi tamén monitora deste deporte e participou en numerosos campionatos.

A ourensá Rosario Dueñas ía para nadadora olímpica cun brilante palmarés. Días antes de acudir a unha competición a Barcelona sufríu nun accidente doméstico queimaduras de terceiro grao que a fixeron retirarse, de forma prematura, da vida deportiva. 

A piscina do Pavillón Municipal leva o nome de Rosario Dueñas na súa honra. Tras o accidente a súa vida cambio radicalmente e agora leva máis dunha década de traballo na loita contra a pobreza e a miseria. 

En 1991visitou por pracer Kenia e viviu moi de preto as desgrazas do Terceiro Mundo , a partir de entón, a súa vida deu un xiro radical. As comodidades das que gozaba deron paso ao comezo dun periplo solidario que a levou por Africa, Filipinase Calcula, traballando con Teresa de Calcuta. Hoxe segueao pé do canón axudando aoscolectivos desfavorecidos.

Actualmente vive en Madrid onde é voluntaria da Onegué Misión América e tamén é membro dunha parroquia onde fai visitas aos enfermos.

Unha campiona non só no deportivo tamén no aspecto vital, ético e humano.  

Vid: http://www.voluntariadogalego.org/upload/des/75-d-la_region180107.pdf Castro, X.R., "El deporte", Ourense en el siglo XX, La Voz de Galicia, p. 196; El Pueblo Gallego, 12 de xuño de 1977, p. 18; El Pueblo Gallego, 8 de agosto de 1978, p. 18;https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/05/26/rosario-duenas-nadadora-misionera-teresa-calcuta-afortunada-tenido-dos-vidas/00031622050034422577970.htm 

05 abril 2010

JULIA AGUIAR


Julia Aguiar, naceu en Villar de Barrio, Ourense, é irmá franciscana da Congregación Divina Pastora, desde o día 12 de xuño de 1965 día que fixo a súa incorporación en Pontevedra e moi pronto marchou a Venezuela, onde viviu a súa primeira experiencia de misión ata 1971. Despois de estar uns anos en España dedicados fundamentalmente á formación relixiosa e aos estudos de enfermaría, saíu para Benin o 12 de outubro de 1976. A primeira comunidade e hospital no país, estivo en Dogbó, onde permaneceu Julia até 1983 en que se pechou este e trasladáronse as irmás a Zagnanado, comunidade da que forma parte nestes momentos. Alí, como directora do Centro Sanitario e Nutricional atende, xunto coas demais irmás e persoal sanitario a toda clase de enfermos que acoden con moitas carencias e necesidades. Pero sobre todo operando aos afectados pola Úlcera de Buruli, unha enfermidade da pel provocada por un vacilo da familia da lepra, para a que non hai apenas tratamento farmacolóxico e que afecta especialmente a nenos e adolescentes. Ela, cos seus estudos de enfermaría, converteuse en cirurxiá experta, como ela mesma di: “sobre a marcha, vinme obrigada a iso, para aliviar o sufrimento dos máis pobres e enfermos” Tan experta que médicos de varios países acoden a ela para “aprender” e estudar sobre esta enfermidade. Agora, unha universidade europea, a de Nápoles, recoñece o seu traballo e a súa “sabedoría” non adquirida nos libros e as aulas da universidade, senón na vida e o contacto fraterno e sanador con tantos enfermos e concédelle o Títuto de Doutora Honoris Causa. http://www.domund.org/OMP/actualidad/ArchivoNoticias/2009/09septiembre/28092009.htm