En 1927 era alumna na academia privada que rexentaba en Ourense o Licenciado en Filosofía e Letras e Xefe da Biblioteca Provincial e Arquivo de Facenda, Don Juan Fernández Pérez. En dita academia prepararíase nas materias de bacharelato. Os exames no Instituto Provincial foron superados con cualifcacións moi elevadas, obtendo premio en Francés e Xeografía e Historia Universal. Aos 18 anos, no ano 1932, matriculouse por oficial na Facultade de Filosofía. Realizou catro cursos e en 1936 solicitou un certificado de traslado á Facultade de Valladolid. Posteriormente regresou a Ourense e exerceu no Colexio Padre Feijóo.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.