Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Vítima da Inquisición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vítima da Inquisición. Mostrar todas las entradas

01 marzo 2024

GRACIA GARCÍA

É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.
Temos recollido no blog os casos de mulleres ourensás que foron xulgadas pola Inquisición no século XVII. Incorporamos o caso de Gracia García que aconteceu en 1602 e que está recollido no libro de Bernardo Barreiro:

Gracia García es mujer de Juan de Vaamonde y vecina de Tamaguelos...Fue testificada de que para hacer que su marido la quisiese bien, la vio tomar agua fría un testigo, de los cántaros, y echarla en una caldera y sin ponerla al fuego había comenzado a hervir mucho y salir de ella unos vapores como de una olla que estuviese cabe el fuego, y que esto fuera en la cocina de la dicha que testifica, en la cual no había entonces fuego alguno; y habiendo dicho que los ue estuviesen allí no quería viesen los demás que había de hacer, ni oyesen las palabras que había de decir, se apartó retirándose a otro aposento a solas, donde la testigo pudo observar por un agujero que la dicha Gracia García, echó un poco de pan hecho migajas en la dicha agua que estaba hirviendo y la volvió alrededor con un huso que sacó del pecho un poco de cebolla con la cual no la vio hacer cosa alguna, pero decía palabras que tampoco pudo comprender...Después de todo esto...dio unos polvos a la dicha testigo aconsejándola que, notando frialdad y desvío en sus marido, se los diese y echase en el caldo para que la quisiera bien...(1)

A Inquisicición, un tribunal férreo e inxusto, actuou implacable contra as mulleres e entre elas algunhas das nosas mulleres ourensas.
(1) Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973, p. 113-114.

24 septiembre 2023

EUFEMIA CID DE MARZÁS

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados. É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.

Situémonos no pobo de Ambía no ano 1636, alí vivía Eufemia Cid, viúva de Blas Cid, que foi denunciada por feiticeira e embusteira. Foi sometida a tormento ad-arbitrium na noite do 11 de outubro de 1636 e anos máis tarde, no 19 de setembro de 1654, foi condenada por reincidencia a saír ao auto de fe. O auto de fe significaba que aquelas persoas que eran condenadas a morte polo tribunal de Inquisición eran entregadas á autoridade secular que se encargaba da execución levando aos reos ao lugar onde ían ser queimados. Neste caso, Eufemia foi levada polas rúas "embetunada" e exposta á vergoña pública para logo ser desterrada do seu pobo e de Santiago por catro anos.

Vid: Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973, pp.197-198.

23 julio 2023

ANA MARTÍNEZ

Elisa Laguna da Universidade de California di que "Las mujeres a través de la historia han tenindo que vivir en mayor o menor grado bajo el estigma de haber nacido dentro del género femenino" (1). E María José Collantes de Terán de Hera completa "También en el ámbito inquisitorial, empapado, lógicamente de la mentalidad que le rodeaba, resulta evidente cómo el sexo es la causa de diversas peculiaridades que se detectan en distintas fases del proceso, y que se manifiestan muy particularmente en determiandos delitos, tales como el de hechicería y supersticiónes..."(2)

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen  (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados.

É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.

No libro de Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid  recolle o caso de Ana Martínez de Ribadavia.

Di o autor que Ana Martínez estaba casada con Antonio Solla que era carniceiro en Ribadavia e:

Creía en Dios y en su único poder y plena voluntad; pero cuando un hijo suyo enfermó de repente, separando su creencia de aquellos altos e inescrutables designios del Altísimo según los cuales no hay arena que se mueva en el desierto ni hoja en el árbol que separe sin su consentimiento, buscó en la tierra la causa de tanto daño y halló otros poderes maléficos que luchaban y triunfaban de Dios, arrebatándole sus más hermosas criaturas sólo con la envidia, con la mirada, con el AIRE...(3)

Bernardo argumenta que a tradición galega levaba a pensar que todas as nais adoitaban pensar que o mal do seu neno era debido ao "mal do ollo" ou "mal de aires" e, polo tanto, non escatimaban remedios para poder salvar ao seu fillo. Varios remedios había para combater o mal como, por exemplo, levar aos nenos a un cruce de camiños para sentarse no cruceiro agardando a que pasara un traseúnte a quen se lle dicía: "Mulleriña (ou homiño) que vai de fortuna desencabéstreme esta criatura". O viandante detíñase e cortaba as ligaduras que aprisionaban ao neno enfermo e naquel momento recuperaba a saúde. 

Ademais deste método, di o autor que había outros e fala das quebraduras e do enganido cuxo remedio xa viña dos tempos dos celtas e druídas. Pois ben, o mal do fillo de Ana Martínez era o do enganido e segundo se contou na causa:

Fue testificada de que ella y una hermana suya, por enseñanza de otras personas, habían pasado tres veces a un niño (para que sanase de la enfermedad que llaman del enganido), por la hendidura de un carballo, diciendo cada vez que lo pasaban, dándolo la una y recibiéndolo la otra:

-¿Tu que me das, enganido? 

-Yo te doy la fulanita...sano por la gracia de Dios y de la Virgen María.(4)

Feito o ritual deixábanse velas de cera prendida e a camisa do enfermo. Estes eran costumes ancestrais en Galicia. Pero así a todo, Ana Martínez foi procesada aínda que logo foi absolta sen cargos.

 (1)Elisa Laguna "La mujer ante la Inquisición", Ensaio no Seminario Subgraduado "Spanish 430" da Universidade de California; (2)María José Collantes de Terán de Hera "La mujer en el proceso inquisitorial: hechicería, bigamia y solicitación", Proyecto de Investigación "Literatura del crimen: doctrina jurídica y crónica social (siglos XVI-XX), DER2015-64627-P); (3) (4)Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973; pp. 225-228.

29 enero 2023

SOR BERNARDA DE NOVOA E SOR MARIANA DE MONTOTO

Seguimos cos procesos inquisitoriais ás mulleres ourensás. Neste caso foron vítimas dúas monxas do Convento de Santa Clara de Allariz, Sor Beranarda e Sor Marina, e o feito aconteceu en 1637. 
Cóntase que convivía no convento unha moza eduanda que era sobriña dunha monxa. Pero que, realmente, non tiña vocación para entrar na Orde relixiosa. A tal moza pensaba que ía vir buscala un mozo para casar con ela. Ningunha sabía de quen podía tratarse, entón, para sabelo, dixéronlle a Sor Bernarda que fixera a Oración de San Pedro. Dita oración consistía en poñer un barreño de auga no que unha monxa tiña que meter o pé espido dentro cunha cadea e tiña que dicir "Revela óculos meus". Mentres tanto outra monxa debía andar arredor dicindo "Abíncula Sancti Petri" e outra debía ter na man unha vela prendida. Pois Sor Bernarda foi a que meteu o pé no barreño e Sor Mariana andou darredor. Estiveron así toda unha noite ata que distinguiron unha cara branca na auga e bruído de tambores. 

Pasados uns meses veu de A Coruña un alférez e sacou á sobriña da monxa e casou con ela.
Berarda e Mariana comezaron a ansiar a vida de casadas máis que de relixiosas e solicitaron axuda das meigas. As dúas monxas foron apresadas e conducidas a Santiago. Non chegaron a entrar no cárcere senón que as retiveron no Convento de Santa Clara de Santiago. Pero para non deixar quedar mal ao Convento de Santa Clara de Allariz, fundado pola raíña, fixeron como que as castigaban pero logo remitíronas, de novo, a Allariz e como penitencia tiveron que gardar xaxún durante seis venres e ese mesmo día se lles dese unha disciplina.

Vid: Bernardo Barreiro, Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano, Madrid, Arealona, 1973, pp. 201-206.

11 diciembre 2022

LUCÍA DO MATO

Xa consta no blog unha das vítimas da Inquisición como foi Constanza do Pazo. Na entrada de Constanza do Pazo dicía que a superstición e maledicencia facía concebir ás mulleres feiticeiras e meigas. Pois ben, en Ourense non foi Constanza a única acusada de tal condición, senón que xunto a ela aparece Lucía Mato. 

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas ao esixírselles unha vida impoluta e moral. 

É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo en reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.

No libro de Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid recolle o caso acontecido en 1602 de Lucía Mato de Santa María de Vilanova de Ourense e di así literalmente:

Lucía do Mato era vecina de Santa María de Villanueva; y hallándose el inquisidor en la de Allariz, después de publicados los edictos, concurrieron varios delatores acusándola de hechichera. Dijo uno de ellos, y quedaron contestes los demás, de que habiéndola llamado a curar un enfermo, a quien, sin duda, causara la muerte, pidió un barreño, echó agua; y con gotas de cera bendita y ramos de oliva, la removía, pronunciando entre dientes oraciones incomprensibles. 

Hizo un agujero en el umbral de la puerta del aposento donde dormía el enfermo, y echando tres gotas de la misma cera bendita dentro del dicho agujero tapólo con las ramas de oliva; y con esto dijo, dando por terminada su curación, que allí dejaba encerradas las malas brujas y no hubiese miedo alguno que volviesen a hacer daño al pobre enfermo, el cual falleció, como casi todos los de las aldeas fallecen todavía, sin asistencia facultativa, y apresurados, cada vez más, por las imprudencias y malos consejos de estos curanderos...(1).

 A Inquisicición, un tribunal férreo e inxusto, actuou implacable contra as mulleres e entre elas algunhas das nosas mulleres ourensas.

(1) Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973, pp.109.

11 noviembre 2022

ISABEL BELLA

 Elisa Laguna da Universidade de California di que "Las mujeres a través de la historia han tenindo que vivir en mayor o menor gardo bajo el estigma de haber nacido dentro del género femenino" (1). E María José Collantes de Terán de Hera completa "También en el ámbito inquisitorial, empapado, lógicamente de la mentalidad que le rodeaba, resulta evidente cómo el sexo es la causa de diversas peculiaridades que se detectan en distintas fases del proceso, y que se manifiestan muy particularmente en determiandos delitos, tales como el de hechicería y supersticiónes..."(2) 

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados. 

É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas. 

No libro de Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid recolle o caso de Isabel Bella acontecido en 1602 e di así literalmente:

Joven soltera, del Villar de Donas. Se la acusó en la visita que hizo Gamarra al obispado de Orense, de que con unas tijeras había roto un pedacito de ara consagrada, de un altar de aquella iglesia parroquial, y cosiéndola dentro de un paño, a modo de reliquiario, al justillo, decía que "teniendo aquello en su poder aunque tuviese que ver con un hombre no se podía hacer preñada". El delator aseguró, quizá más por envidia que por caridad, que la joven estaba entonces amancebada...( 3)

Hai un artigo moi interesante que se publicou en La Región o 20 de agosto de 1915 titulado "Simbolismo de la Catedral de Orense" asinado por Benito F.Alonso. Nel alude a intercesión da Virxe a favor de Frai Gil de Santarén, coñecido polo nome de Doutor Fausto, xa que este pactara co demo para que lle outorgara moitos coñecementos. Pero logo arrepentiuse e solicitou da Virxe que o librara do pacto. En efecto, a Virxe así fixo. Isto deu lugar a que a arquitectura se interpretase simbólicamente recoñecendo á Virxe nas altas torres das catedrais e igrexas como así recolle Lamperez no seu libro La Arquitectura cristiana. Pois ben, esa interpretación simbólica dos templos, di o autor do artigo interpretouse de xeito supersticioso o que supuxo o perigo para a súa destrución. Unha superstición, di, que levou a moitas persoas á Inquisión, e entre elas cita a Constanza do Pazo. É unha clara crítica á ignorancia da época. Di así:

Objetos inanimados, como atrás decimos, fueron muchas veces motivo, aún siendo sagrados, para profanación del culto y menosprecio de la religión, echando mando de cera bendita y diciendo rezos, oraciones y conjuros para llegar á la consecución de algún fin por medio de actos supersticiosos. Si no fuera minucioso, pudiéramos citar aquí los procesos llevados á la Inquisición de Santiago acusando á personas de la provincia de Orense, entre los cuales figura, Constanza do pazo, vecina de Lamela; Bartolomé Castro, de Verín; Pedro de Pazos, de Vilela, Juan Gómez, de Tameirón; Lucía Mato de Villanueva; Isabel Bella, de Villar de Donas; Gracia García, de Tamaguelos (Verín); Eufemia Cid, de Marzás (Ambía); el Licenciado Pedro Alonso, abogado de Monterrey; Ana Marínez, de Ribadavia, y Sor Bernarda de Novoa y Taboada y Sor Mariana de Montoto, monjas estas dos últimas del Convento de Clarisas de Allariz..." (4)

A Inquisicición, un tribunal férreo e inxusto, actuou implacable contra as mulleres e, entre elas, estaban algunhas das nosas mulleres ourensas.

(1)Elisa Laguna "La mujer ante la Inquisición", Ensaio no Seminario Subgraduado "Spanish 430" da Universidade de California; (2)María José Collantes de Terán de Hera "La mujer en el proceso inquisitorial: hechicería, bigamia y solicitación", Proyecto de Investigación "Literatura del crimen: doctrina jurídica y crónica social (siglos XVI-XX), DER2015-64627-P); (3) Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973, pp.111-112.; (4) Benito F. Alonso, "El simbolismo de la Catedral de Orense", La Región, 20 de agosto de 1915, p. 1.

(Nota: Vilar de Donas está situado en Palas de Rei, Lugo. Dise que Isabel Bella era natural dese lugar, pero foi procesada en Ourense pois, talvez, residise na provincia ourensá. En Ourense hai un Chao das Donas en Manzaneda)


12 octubre 2022

CONSTANZA DO PAZO

 Elisa Laguna da Universidade de California di que "Las mujeres a través de la historia han tenindo que vivir en mayor o menor grado bajo el estigma de haber nacido dentro del género femenino" (1). E María José Collantes de Terán de Hera completa "También en el ámbito inquisitorial, empapado, lógicamente de la mentalidad que le rodeaba, resulta evidente cómo el sexo es la causa de diversas peculiaridades que se detectan en distintas fases del proceso, y que se manifiestan muy particularmente en determiandos delitos, tales como el de hechicería y supersticiónes..."(2)

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen  (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados.

É ben certo que na época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.

No libro de Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid  recolle o caso de Constanza do Pazo e di así literalmente:

"Santa María de Lamela, Orense (1602).

En 2 de Marzo del año de 1602 el inquisidor D.Pedro de Gamarra salió á practicar visita en el obispado de Orense, acompañado del secretario Juan Alvarado Palacio, y del portero y alguacil Pedro Perez. Pedro de Gamarra sería, "quizas, aquel gordo bandullo de que nos habla aun el dicho tan popular en Galicia:

"Pedro Pérez é mais ó bandullo van os dous hasta ó cabo do mundo". 

Muy famosos fueron en demasía, inquisidor y portero, que regresaron de su expedición el día dos de Julio, habiendo empleado en ella cuatro meses justos.

Entre las delaciones contra brujas que recibieron en dicho obispado, figura, aunque brevemente, Constanza do Pazo. Era vecina dela feligresía de Santa María de Lamela.

Tres testigos deponen contra esta infeliz mujer soltera, jóven y quizá hermosa y víctima de intrigas de localidad, que era bruja, hechicera y que chupaba los niños.

Todos los testigos son mujeres ignorantes, amigas suyas y casadas, á quienes habían muerto criaturas casi recién nacidas, anémicas o tísicas, ó sin posible desarrollo por el raquitismo, llegando á expresar una de ellas contra Constanza, extremos de celo por la enfermedad (indiferencia ó frialdad) de su marido.

Estas causas fueron numerosísimas durante el poder inquisitorial, quien aparentando creer con el vulgo en la influencia del diablo, en el mal de ojo, y en las mujeres chupadoras de tiernas criaturas, servía los ódios, llenaba las arcas del fisco contínuamente con preciosas alhajas, ropas vestidos y bienes de gran précio, deshaciéndose de las personas de una manera bien fácil, pues nadie pidió á la Inquisición cuenta alguna de sus reos durante los dos siglos y medio que existió en Galicia..." (3)

Pois, en efecto, como moi ben di Bernardo Barreiro, todas estas acusacións eran infundadas e servían para cobrar os tributos e encher as arcas. As persoas delatoras deixábanse levar pola envexa e a superstición. Unha superstición que as levaba a estar cegadas aos feitos atribuíndo os males que lles acaecían a terceiras persoas que viñan sendo normalmente mulleres. Si, as mulleres foron as que máis sufriron os padecementos inquisitoriais.

Hai un artigo moi interesante que se publicou en La Región o 20 de agosto de 1915 titulado "Simbolismo de la Catedral de Orense" asinado por Benito F.Alonso. Nel alude á intercesión da Virxe  a favor de Frai Gil de Santarén, coñecido polo nome de Doutor Fausto, xa que este pactara co demo o seguinte, que lle outorgara moitos coñecementos. Pero logo arrepentiuse e solicitou da Virxe que o librara do pacto. En efecto, a Virxe así fixo. Isto deu lugar a que a arquitectura se interpretase simbólicamente recoñecendo á Virxe nas altas torres das catedrais e igrexas como así recolle Lamperez no seu libro La Arquitectura cristiana. Pois ben, esa interpretación simbólica dos templos, di o autor do artigo, interpretouse de xeito supersticioso o que supuxo o perigo para a súa destrución. Unha superstición, di, que levou a moitas persoas á Inquisión, e entre elas cita a Constanza do Pazo. É unha clara crítica á ignorancia da época. Di así:

"Objetos inanimados, como atrás decimos, fueron muchas veces motivo, aún siendo sagrados, para profanación del culto y menosprecio de la religión, echando mando de cera bendita y diciendo rezos, oraciones y conjuros para llegar á la consecución de algún fin por medio de actos supersticiosos. Si no fuera minucioso, pudiéramos citar aquí los procesos llevados á la Inquisición de Santiago acusando á personas de la provincia de Orense, entre los cuales figura, Constanza do Pazo, vecina de Lamela; Bartolomé Castro, de Verín; Pedro de Pazos, de Vilela, Juan Gómez, de Tameirón; Lucía Mato de Villanueva; Isabel Bella, de Villar de Donas; Gracia García, de Tamaguelos (Verín); Eufemia Cid, de Marzás (Ambía); el Licenciado Pedro Alonso, abogado de Monterrey; Ana Marínez, de Ribadavia, y Sor Bernarda de Novoa y Taboada y Sor Mariana de Montoto, monjas estas dos últimas del Convento de Clarisas de Allariz..." (4)

A Inquisicición, un tribunal férreo e inxusto, actuou implacable contra as mulleres e entre elas algunhas das nosas mulleres ourensas.

(1)Elisa Laguna "La mujer ante la Inquisición", Ensaio no Seminario Subgraduado "Spanish 430" da Universidade de California; (2)María José Collantes de Terán de Hera "La mujer en el proceso inquisitorial: hechicería, bigamia y solicitación", Proyecto de Investigación "Literatura del crimen: doctrina jurídica y crónica social (siglos XVI-XX), DER2015-64627-P); (3) Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid; pp. 16-17; (4) Benito F. Alonso, "El simbolismo de la Catedral de Orense", La Región, 20 de agosto de 1915, p. 1.