Etiquetas

05 mayo 2024

TERESA DOMÍNGUEZ PRADA

Dicía unha noticia de prensa de 1934:

UNA CURANDERA
En el pueblo de Cordenobres (La Vega), fue detenida por la benemérita, Teresa Domínguez Prada, de 38 años, sacada por hallarse reclamada por ejercer la medicina ilegalmente y ser provocadora de otros hechos delictivos con dicha profesión relacionados.(1).

Tal vez sexa ese o motivo de que a alcumaran "A bruxa de Espiño". Moitas galegas rurais aprenderan sobre curacións tradicionais. As herbas, os emplastes, as infusións...eran coñecidas polas súas propiedades, por iso non é estrano que estas mulleres axudaran cos seus consellos naturais. 

Teresa debía ser unha muller bastante recoñecida na súa contorna e, seguro, de moito carácter. Sempre había nos pobos mulleres que eran moi respectadas. Pero a Teresa coñéceselle por outra vertente, a de militante na axuda aos fuxidos pola guerra e ser rebelde contra a ditadura. 

Nos pobos máis remotos da provincia de Ourense atoparon refuxio moitos escapados da guerra. Grazas ás mulleres moitos perseguidos e buscados puideron ir sobrevivindo. As mulleres déronlles acubillo e gardaron os segredos no fondo dos seus pensamentos, tal que así, non delataban. Deixábanse apresar, encarcerar, incluso torturar, pero non delataban. Por iso a súa contribución foi prioritaria.

Teresa sería desas mulleres que, arriscando a súa vida e a das súas tres fillas, Generosa, María e Marcelina, agocharon aos fuxidos e os protexeron.

Teresa naceu no ano 1896 en Casdenodres, A Veiga. Era filla de Victor Domínguez e de Aquilina Prada. Vivía en Espiño e dedicábase aos seus labores. Casou e tivo catro fillos. Cando comezou a guerra ela xa foi parte activa e foi contra os golpistas. Comezou a axudar aos guerrilleiros e foi exemplo para as súas fillas, Generosa, María e Marcelina, que non deixaron soa á súa nai e colaboraron elas tamén. Todas sabían do risco que corrían.

En efecto, Teresa foi detida en 1938, cando tiña 46 anos. Non só a ela, tamén levaron arrestadas ás súas fillas por colaboracionistas. Foron levadas á prisión de Bande e alí estarían as catro recluídas sen saber o que podería pasar. O día 8 de outubro foi levada ao cárcere de Ourense como tamén foron levadas as súas fillas. Entón as catro mantivéronse unidas. 

Cumpliendo órdenes de la Dirección General de prisiones, son entregadas, en esta fecha, a la emérita de esta villa, para ser conducidas a esa provincial de su digno cargo las reclusas Teresa Domínguez Prada y sus hijas Generosa y María Fernández Domínguez. La misma fuerza es portadora del oficio ordenante el ingreso en este Depósito, único documento a ella referente aquí existente. En el mismo acompaña también hija de la primera MARCELINA que saldrá mañana en otra expedición. Todas han observado buena conducta en este Depósito. El Alcalde Rector de la Prisión Provincial de Orense. 8 de octubre de 1940 (2).

Teresa estaba aqueixada dunha hernia inglinal polo que precisaba unha intervención cirúrxica. O 30 de abril de 1941 foi traladada ao Hospital Provincial de Ourense pola policía para ser operada. Despois de estar un mes ingresada regresou o 1 de xullo dese ano á prisión de Ourense.

En setembro de 1941, despois de tres anos detidas o Capitán Benjamín Ferndández do Consello Militar enviou un oficio o día 12 que dicía:

Ruebo a V. entrege en el día de mañana a las Fuerzas de la Policía Armada a las reclusas a su disposición que al respaldo se relacionan para comparecer ante Consejo de Guerra, las que ingresarán nuevamente una vez acabada la causa.

(Respaldo: Teresa, María, Generosa y Marcelina) (3).

Esta citación supuña unha esperanza para as catro mulleres. Podía implicar liberalas do cárcere e seren absolvidas. Regresaron ao cárcere pero non sabían o que podería pasar. A esperanza nunca se perdería. 

Pasou un mes e saíu a sentenza:

Juzgado Militar Permanente de Huídos Ourense.

Habiendo sido aprobada por la Autoridad Judicial de esta Región la sentencia dictada por el Consejo de Guerra de esta Plaza, en la causa nº 795 de 1938, en virtud de la cual se absuelve libremente a la procesada en dicha causa, anotada al margen, espero que V. que al recibo de la presente orden, se sirva ponerla en libertad, dándome cuenta de haberlo así efectuado. El Comandante Juez Instructor. Orense 14 de octubre de 1941. (4) 

Teresa foi posta en liberdade. Tamén as súas fillas víronse libres. As catro cumpriron a súa condea e regresarían á súa casa. Non obstante, a liberdade non sería plena pois había outro cárcere, o da ditadura a "Longa noite de pedra".  

(Elaboración propia a partir de diversas fontes.) (1)Galicia , 15 de febreiro de 1934, p. 5; (2) A.H.P.OU. C-24046/074 (03); (3)A.H.P.OU. C-24046/074 (09); (4) A.H.P.OU. C-24046/074 (10).