O 28 de outubro de 1941 Rosaura foi posta á disposición do Xuíz Militar Permanente para enxuizamento de Fuxidos pois era acusada de "supuesta complicidad con huídos". Determinouse a prisión por tres meses e o 26 de xaneiro de 1942 foi posta en liberdade.
Mais Rosaura volveu ser detida e levada á prisión ourensá ao ano seguinte, concretamente o 28 de agosto de 1943. Cando levaba uns meses na prisión de Ourense caeu enferma pois padecía "oclusión intestinal", polo que foi conducida ao Hospital de xeito urxente por estar en perigo a súa vida xa que o cárcere carecía de servizo de enfermeiría. Así que, Rosaura ingresou no Hospital o 8 de outubro para ser intervida e o 12 de novembro déronlle a alta e reconducírona á prisión.
Deteñamonos agora nos feitos que determinaron o encarceramento de Rosaura en agosto de 1943. De entrada, vinculárona ao guerrilleiro antifranquisa José Rodríguez Páramo. A causa sobre ela dicía o seguinte:
En Orense a 23 de noviembre de mil novecientos cuarenta y tres...Rosaura Rodríguez Rodríguez aparece encartada en la presente causa como presunta autora de auxilio a la rebelión y cómplice del atraco a mano armada perpetrado en Torneiros, Ayuntamiento de Lovios en esta Provincia, el día 24 de agosto de 1943, siguiéndose con tal motivo las correspondientes actuaciones en averiguación de la participación que la mencionada hubiera podido tener en los hechos de referencia. (1).
En efecto, Rosaura estaba sendo investigada por colaboracionista coas guerrillas antifranquistas fronteirizas con Portugal, ademais, tiña antecedentes penais xa que fora detida no 1941 por complicidade cos fuxidos polo que se determinou o seu encarceramento.
Procedeuse a facer as pesquisas sobre os feitos e determinouse o seguinte:
En Orense a veintiocho de diciembre de mil novecientos cuarenta y tres. RESULTADO que a las veintidós horas del día 24 de agosto del corriente año, fue cometido un atraco a mano armada en el pueblo de Torneiros de Riocaldo, Ayuntamiento de Lovios, por siete individuos desconocidos y refugiados en la nación vecina, los cuales, una vez que efectuaron el hecho en la casa del aquella localidad José Yañez Rodriguez, y cuando ya intentaba darse a la fuga, les acometió un hijo de éste llamado José Yañez Magdalena, entablándose una lucha, de la que resultó muerto el José Yañez Magadalena y dos de los atracadores, siendo reconocido uno de ellos con el nombre de José Rodríguez Páramo "Páramo", conocido también por "Pepe diente de oro". y como heridos graves los atracados José Yañez Rodríguez (fallecido pocos días después), Manuel Gaiteiro Cabada, y menos grave Dosinda Gil Valdivia. RESULTADO Que de lo actuado se desprende que la encartada en la presente causa ROSAURA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ , mujer de malos antecedentes, hacía vida marital con el atracador José Rodríguez Páramo, o sea, "Pepe Diente de oro", el cual hacía frecuentes visitas a la vecina nación portuguesa, y a la que se supone haya prestado auxilio, protección y demás noticias a los autores del hecho de autos, la mencionada encartada...(2).
Considerando estes feitos Rosaura foi condenada á prisión incondicional no Cárcere de Ourense. Non obstante houbo unha petición de atenuar a sentencia e, en todo caso, axilizar o remite do auto de peligrosidade, xa que Rosaura levaba recluída máis de seis meses á disposición da dirección do cárcere sendo unha situación ilegal con arranxo ao decreto do 2 de setembro. Dita petición foi levada en Consulta á Autoridade Xudicial da rexión militar e o 28 de xuño de 1944 responde que podía concederse a prisión atenuada a Rosaura.
O día 19 de decembro de 1944, ás dez horas, Rosaura debía asistir á celebración do Consello de Guerra. Finalizado o mesmo acordouse a súa ABSOLUCIÓN, que se asinou o 15 de xaneiro de 1945, pois tan só parecía probado que Rosaura tivo, nalgún tempo, relación marital con José Rodríguez pero que non había probas da súa participación nos feitos delitivos.