Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Artista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artista. Mostrar todas las entradas

01 octubre 2023

TERESA QUIROGA BOUZO

Trátase de Teté Quiroga, irmá xemelga de Ana María Quiroga. Seu pai era José Quiroga Fragosa que era tenente coronel de infantería. Estamos ante unha muller polifacética pois era pintora, amante e practicante da danza e xogadora de baloncesto, actividades e aficións que, segundo ela complementábanse. Casou co industrial Manuel Ojea González en xuño de 1964.

Era unha especialista en danzas do folclore galego e dirixiu a agrupación "Bazar". A agrupación levou o terceiro premio no Concurso Nacional que se celebrou durante doce días no Teatro María Guerrero de Madrid. Outra das súas aficións sería o baloncesto do que lle apaixoaba a técnica.

No aspecto artístico, preparouse na Escola de Artes e Oficios para entrar na Escola de Bellas Artes de San Fernando, aínda que abandonou o proxecto ao casar. Destacou de primeiras na pintura e comezou a levar premios de cartelería de Nadal xunto co presitixioso Conde Corbal. 

Dicían dela que non era unha pintora cerebral, senón que era intuitiva, cunha visión  manierista da pintura chea do seu propio lirismo. Pintora nada amanerada e moi natural e inqueda.

(Fonte: "María Teresa Quiroga", La Región, 24 de decembro de 1960, p. 1)

Pintaba ao óleo cunha técnica impresionista cunha pincelada rotunda, ás veces aplicada con espátula, con cores vibrantes e ben equilibrados. Traballou temáticas variadas como maternidades, paisaxes naturais e urbanos, escenas de Ribadavia (a xudería) e de Ourense; escenas nocturnas nas que captaba a noite e as luces intensas.

Realizou diversas exposicións que tiñan grande repercusión social. 

(Fonte: La Región, 5 de setembro de 1972, p. 6)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid. El pueblo gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El Pueblo Gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El pueblo gallego, 4 de marzo de 1975, p. 16; Guadalupe Espinar: "María Teresa Quiroga. Polifacética y Baloncestista", La Región, 12 de xuño de 1961, p. 4; Alvarez Alonso, "María Teresa Quiroga una pintora que triunfa en Carballiño", La Región, 10 de setembro de 1972, p. 5.)

20 agosto 2023

REGINA GONZÁLEZ RAMÍREZ

Previamente quero expresar o meu agradecemento a María del Mar Paradela, filla de Regina, pois púxose en contacto comigo despois de ver esta entrada publicada e achegoume moita máis información sobre súa nai. Deste xeito constatamos que o blog é un labor de todas e todos e cando é a propia familia a que me proporciona a información, síntome enormemente gratificada. 

Regina González naceu en Ourense o 2 de xaneiro de 1938 e destacou no mundo das artes. De moi nova quixo facer Bellas Artes pero a súa familia non llo permitiu por considerala unha carreira moi bohemia e porque os pais non querían quedar sós despois de que o seu outro fillo marchara estudar Intendente Mercantil a Madrid.  Entón o rumbo que tomou Regina foi estudar piano e despois Perito Mercantil. Non realizou estudos de Maxisterio, que era o habitual nesta época, pois o seu pai desaconselloullo xa que, dicía, ía estar traballando nunha aldea remota. Aprobou o exame para Xestora Administrativa na última convocatoria na cal aínda non era preciso ter a Carreira de Dereito ou Económicas. 

Regina vivía cos seus pais na rúa Capitán Eloy, número 12, hoxe Rúa Concordia, e nese mesmo edificio vivía de aluguer Basilio Álvarez (dime María del Mar que na prensa sempre puñan que Basilio vivía noutra casa pero que a súa nai afirmaba que eran veciños aínda que ela non o comentaba por se iso era impedimento para vender a casa). En época da República solicitouse permiso para poñer unha placa na fachada da casa na que se dicía: "Aquí vivió Basilio Álvarez". Dita placa foi retirada con nocturnidade e sen previo aviso cando venceu Franco e ese feito fixo que o pai de Regina se dera de baixa de Falanxe Española dicindo que "Fueron más elegantes los republicanos en ponerla que los falangistas al quitarla por la fuerza y con el susto del ruído recién acabada la guerra civil y la gente aún sobresaltada por la contienda"

(Regina tomando café. Fotomontaxe. Foto cedida pola súa filla María del Mar. )

Casou con Francisco Paradela Castro, escritor, avogado e Comisario de Policía e instaláronse en A Coruña sendo alí onde naceron os seus catro fillos. Súa filla, María del Mar, que "adora" Ourense, estudou Relacións Laborais e traballou en Bibliotecas e na Academia Galega de Xurisprudencia, di da súa nai: "Mi madre era muy alegre y cariñosa" .

Cando destinaron a Francisco a Bilbao como Comisario de Policía, Regina ofreceu que non consumiría café con leite durante un mes se non pasaba nada, promesa que cumpríu. 

A Regina púidolle a súa vocación e cultivou o debuxo, a pintura e a música, pero a súa afición predilecta era a pintura. Neste eido cultivou unha faceta moi interesante como é a heráldica, algo novidoso en Galicia pola década dos sesenta do século pasado, sen embargo, as exposicións sobre heráldica xa estaban resultando de grande interese por aquel entón en cidades como Madrid e Barcelona.

(Mostra da súa obra heráldica.)

Regina empregaba como fonte de información para as súas obras o Arquivo Nacional, a Biblioteca Provincial e o Dicionario Carraffa. Realizaba as obras empregando tinta china de diversas cores e mesturábaas con esmaltes  e púrpura branca ou dourada.

Outro mestre para Regina foi Cárcamo, o pintor militar afincado en Ourense. Aprendería técnica do óleo creando obras cun carácter velazqueño e incluso "cezanniano" como pode observarse nos seus bodegóns, sen afastarse da pintura próxima á tradición galega. Outra das facetas son os retratos cun fondo neutro onde os retratatados semellan saírse do cadro. Desde logo, son unha mostra da pericia dunha grande pintora  e de que traballou diversas temáticas. Velaquí unha mostra das súas obras que a súa filla, María del Mar, me enviou. 

Os bodegóns:



Cadro relixioso: A crucifixión. 

                                                         
  
Este anxo tan orixinal e que transmite tenrura e inocencia (Seguno me contou súa filla, Mar, foi pintado inspirado pola canción de Machín).


  
                                                  

Paisaxe de aldea galega de Combarro onde non pode faltar o cruceiro e a atmósfera do gris galego. A pincelada impresionista, máis solta, a captación da luz, o ceo grisáceo, a perspectiva e o encadre demostran a grande capacidade pictórica.


Os retratos son outra das temáticas traballadas por Regina. A continuación dous retratos, un do seu home, Francisco, e o outro un autorretrato. Parecen estar nunha ventá, próximos ao espectador. Amósanse francos, cunhas miradas intensas.


 
Lamentablemente, deulle unha parálese facial que lle deixou o ollo esquerdo impedido polo que tivo que deixar de pintar ao afectarlle o óleo ao ollo.

(Foto de Regina. Cedida pola súa filla María del Mar.)

Esta muller, pintora de vocación e cunha grande capacidade técnica, que nunca quixo vender os seus cadros senón que os regalaba,  faleceu o 4 de xullo de 2022, aos 84 anos.

(Elaboración propia a partir da información facilitada pola filla de Regina, María del Mar Paradela. Mar tamén é unha investigadora e escribiu un libro titulado " El Triunfo del Inmaculado Corazón de María" . Tamén me comentou que un tío avó da súa avoa materna, Don Manuel Olmos Álvarez, foi Capellán do Rei Alfonso XII e que un tío político da súa avoa, Domingo Anguita, foi Capitán da Garda Real. As fotos tamén foron cedidas pola filla. Por tal motivo, reitero o meu agradecemento pola súa inestimable colaboración.)

02 julio 2023

OBDULIA RODRÍGUEZ (ALERTA)


Era unha cantante canzonetista que adoitaba actuar no Café Moderno da capital en horario de tarde e de noite. O público acollía con gratitude a súa actuación e eran moi aplaudidas. 

Eran tempos nos que polo Café Moderno pasaban numerosas artistas de recoñecida fama e prestixio e Obdulia Rodríguez foi unha máis do elenco das canzonetistas da época.

(Fonte: La Zarpa, 3 de setembro de 1924, p. 2. Galiciana)

(Elaboración propia). Vid tamén: La Región, 31 de agosto de 1924, p. 5.

21 marzo 2023

RAQUEL RODRIGO LÓPEZ

Raquel Rodrigo naceu na Habana o 11 de marzo de 1915. Seus pais, Abdón Rodríguez e María López eran de Ourense. Rematou o Bacharelato e matriculouse en Mediciña pero o seu era a interpretación. P
olos anos trinta triunfaba cantando, dando recitais e como actriz. Tivo numerosas actuacións en España e América. O seu estilo era  moi depurado e de exquisita sensibilidade. Un dos lugares onde conseguiu moitos éxitos e actuou varias veces foi no Ateneo de Madrid.  Preparouse no Conservatorio en canto e logo foi acaparada pola casa Paramount. Tivo numersoso éxitos en París e coincidiu e traballou con grandes artistas como Imperio Argentina, Charito Leonis, Celia Escudero, Lola Benavente...Recoñeceuse sempre ourensá.

(Diario de la Marina : periódico oficial del apostadero de La Habana: Año CIEN Número 349 - 1932 Diciembre 15)

(Fonte: la Región, 16 de xaneiro de 1938, p. 2.)

(Fonte. Prensa Histórica Virtual. La Libertad: La Libertad, 18 de febreiro de 1932 febrero, p. 9)

A súa popularidade sempre foi a máis.  Así dicía dela Luís Villardefranco dela: 

"¡Tierras orensanas, benditas tierras tan pródigas en valores! ¡Noble solar de Curros, de Rey Soto, de Castro Gil, de tanto sembrado de espiritualidades raciales! ¡Tierras de Orense divinamente paganas que alimentan generosas ese mar de vides que las cubren, que son alegría y riqueza; que guardan en sus entrañas el fuego sagrado que sus burgas acusan! Queridas y añoradas tierras echad al vuelo las campanas vocingleras de nuestro espíritu, que de ese cielo tan azul, tan puro, tan garimoso que os cubre, cayó una estrella: ¡Raquel Rodrigo!. Se hizo luz en el conservatorio sonó por unas horas la visión encantadora de su belleza y los destellos de su arte definitivo a los celtas que el éxodo agrupa en Lar Gallego, y como época es esta que las estrellas solo pueden tenerlas el cielo o el cine, la captó la casa Paramount y París ns la lleva para prodigar su encanto y su arte universalmente en la pantalla (...) Del cielo orensano cayó una estrella, ésta añorando como todo celta la "meiga" tierra, quizás con el transcurso del tiempo impóngala como escenario de su acción. Hacerlo será difundir por el mundo la Galicia ignorada, el encanto de un rincón de aquél tan poco conocido; el de los paisajes evocadores y el de las mujeres que solo popularizan su belleza cuando a ella se suma e arte y la cultura "(1).


(Fonte: La Región, 10 de xuño de 1938, p. 4.)


(Fonte: Galicia en Madrid, Mayo de 1932, nº 17; páxina 14.)

(1) Luís Villadefrancos CALÉ, "Del cielo cayó una estrella. Raquel Rodrigo López", Galicia, 22 de xaneiro de 1932, p.1.


19 marzo 2023

ROSITA COIMBRA

Era natural de Trives e artista, concretamente, foi unha cupletista que adquiriu grande sona no Ourense de 1915 e adoitaba a actual en La Moderna situado en Paz Novoa, número 3. (Rafael Salgado no seu blog ten varias fotografías deste establecemento).

O seu espectáculo constaba de dúas partes. A primeira parte comezaba solemne, avanzando Rosita lentamente polo escenario, sen empregar ningún tipo de aspaventos. Adoitaba presentarse peiteada con dúas trenzas, vestindo un quimono vermello con grande escote " tentador en los senos erectos" (2) e unha saia azul que deixaba ver a perna ata o xeonllo. Despois cambiaba de vestimenta e puña unha malla axustada ao corpo marcando as liñas. 

Moi elocuente é o seguinte artigo que se publicou sobre ela:

Al levantar la cortina, avanza por la escena una chiquilla con pasos tímidos y armoniosos. Su andar leve y rítmico, no altera los nervios rudos de la muchedumbre que llena el café. La artista no trae el busto envuelto en el pintarrajeado pañolón, no entra en el estrépito farragoso de un pasodoble torero a dar dos vueltas en el talbado y a cantar una letra chulona y desgarbada. Rosita Coimbra se adelanta con lentitud (...). La mocita canta: es una balada norteña, nostálgica y sentimental. Su voz suspirante y velad, su voz musical y tremante, dice la canción con suavidades de ensueño, con unción religiosa. La voz de la mocita carece de brío y de extensión, no es rica en registros, pero la emoción de la canzonetista, una emoción que asoma en sus ojos, en sus ademanes, en su quietud, pone en el público atención, desasosiego y evocaciones (...). Rosita Coimbra parece cantar esa balada para sí sola, en abstracción de todo (2).

Aínda que a voz non fose tímbrica compensábase coa actitude no canto. Parece ser que máis que cantar suspiraba e movía os brazos e mans por riba do seu busto "dando sensación de palomas que queren pousarse nos peitos de Afrodita".

A segunda parte cambiaba o estilo. Rosita trocaba o seu vestuario por unhas mallas cinguidas ao corpo que era comparado á da deusa Afrodita ou á Venus nacendo da escuma do mar e achegándose á beira nunha cuncha. Dicíase tamén que as súas cadeiras eran comparadas cunha ánfora. Os seus peitos marcábanse a través dunha blusa de seda branca e botóns mourados, uns peitos que dicían semellar á da Maxa espida de Goya. Así vestida é cando canta un cuplé frívolo:

Rosita canta entonces un couplet frívolo, dice unos versos bagateleros e intencionados, al compás de una música fácil. Y su gesto es ingenuamente perverso, es candorosamente picaresco" (2)

Segundo contan as crónicas da prensa "Los cuplés de Rosita eran capaces de hacer salir los colores a un guardacantón" (2). Por tal motivo sufriu a censura dos seus espectáculos.

(Elaboración propia)

Vid: (1) Lustres Rives, Manuel, "Siluetas artistas", La Idea Moderna, 24 de novembro de 1914, p. 1; La Idea Moderna, 11 de decembro de 1914, p. 2; (2) "Rosita Coimbra", La Región, 22 de abril de 1915, p. 2. 

26 febrero 2023

FÁTIMA MALINGRE GRANDE

É sabido por todos da miña querenza pola Coral de Ruada, un dos patrimonios máis valiosos de Ourense. Tiven a fortuna de colaborar con eles nos Premios Prado Lameiro e estar ao carón do noso compañeiro entrañable Adolfo Salgado para presentar ditos eventos durante algúns anos. Como ourensá que son é un orgullo contar coa Coral de Ruada, das máis antigas de Galicia e cuxos sons e voces chegaron alén dos mares, tras o Atlántico. 

Pero se hai algo que caracteriza a esta Coral, que nos atinxe como fito histórico, é que foi a primeira en ter voces femininas. Deste feito deu boa conta Emilio Portabales, Vicepresidente da Coral e a persoa que máis investigou sobre a mesma, e actual vogal. Del teño recollido no blog un artigo que publicou na prensa local onde fala, precisamente, de que foi a Coral de Ruada a primeira que deu entrada ás voces de mulleres.

Pois ben, outro paso máis nesa igualdade de voces foi o de nomear á Primeira Presidenta de Coral recaendo tan relevante cargo en Fátima Malingre. Fátima leva sendo compoñente da Coral desde anos. É unha distinción que merece pois desde o seu porte e elegancia representa a pureza da esencia da Coral. 

Fátima naceu en Ourense en 1970 e polo seu apelido deseguida nos decatamos que estamos ante unha descendente máis da familia dos Malingre, familia que tanto contribuíu en Ourense traendo modernidade e innovacións.

Ela é xerente de seguros e traballa na empresa familiar. Ocupou durante uns anos a presidencia da Asocación de veciños a Follateira e foi aí onde comezou a súa afición a cantar en coro. Posteriormente fixo a proba de entrada na Coral de Ruada e desde entón non falla á cita da súa Coral.  Non en balde obstenta a Medalla  Marcial del Adalid pola súa constancia musical. Agora desde o seu novo cargo xa ten en mente ampliar a proxección da Coral, que xa non é pouca. Un dos seus obxectivos é volver traspasar os océanos e poder acudir á Galicia emigrada e poder cantar nos Centros Galegos.

Estamos no momento de felicitar á Coral que con 104 anos de existencia outorga a presidencia a unha muller e, por suposto, hai que felicitar á Fátima Malingre e tamén a María Belén Vázquez que será a Vicepresidenta e Elena González a Secretaria. Así pois, a directiva vai estar encabezada por tres mulleres.

A prensa galega recolleu a noticia pola súa relevancia.

06 noviembre 2022

ÁNGELES JORRETO

Naceu en Ourense e estudou e residiu aquí ata 1965. Comezou a pintar desde moi nena empregando xa diversas técnicas. O seu pai, moi aficionado á fotografía, tamén a introduce nese mundo de captación instantánea.

En 1965 fixa a súa residencia en Vigo pero, de espírito inqueda, non para de viaxar polas grandes cidades europeas para enriquecer a súa obra e pintura.

Comeza a traballar diversas modalidades como a serigrafía, gravado e de aí a pinturas de grande formato. Tamén é unha das fundadoras da ARGA (Artistas Plásticos Galegos) e organizou o I Encontro da Arte lembrando a Rosalía. Logo virían outros consecutivos.

En 2008 comeza expor nas grandes capitais europeas como París no Carrusel du Louvre e en Salzburgo Kunstmesse, en Utrecht Art Fair, en Innsbruck Art Innsbruck.

Ten no seu haber numerosas exposicións con cadros de temática abstracta, paisaxes e figuración humana. Tonalidades cálidas, pinceladas expresivas e notorias no seu trazado nas que desaparece o debuxo. Cadros de expresión e sensación. Especialmente emotivas son as pinturas nas que representa os rostros de mulleres con trazos sinxelos, intuitivos.



16 octubre 2022

ELVIRA DEL PINO MARTÍNEZ

Non é extraño que se diga que Ourense foi a Atenas de Galicia, non cabe dúbida polos ilustres intelectuais galegos como Otero, Risco, Curros.. e polas mulleres ourensás que, por suposto, se sumaron a esa categoría da culturalidade como profesoras, escritoras, artistas, etc. Elvira del Pino sería unha das que contribuíron a proporcionar esa ilustración.

Era profesora de piano e gozou de grande prestixio na cidade. As dotes para interpretar o piano eran de sobras coñecidas e, entre as pezas que interpretaba, tiña unha especial querenza por tocar música de tradición, música galega. En 1923, cando xa rematara os estudos no Conservatorio de Madrid, contraeu matrimonio co comandante de infantería Franciso Araújo que era o seu cuñado pero que quedara viúvo de Dolores del Pino.

Foi mestra de piano de moitas ourensás que sobreaíron nos exames de Conservatorio, como Pilar Cimadevila que en Santiago obtivo as maiores cualificacións nos seis cursos de estudo. Socorro Santolalla que rematou a carreira no Conservatorio de Madrid  en 1913 e obtivo o título de profesora; ou Carmiña Otero Freire que se examinou en 1921 no Consevatorio de Música e Declamación de Madrid.  Así mesmo se examinaron no Conservatorio de Madrid Amparo e Pilar García fillas do comerciante Simón García. Todas elas obtiveron grandes eloxios así como a súa profesora.

Dicíase dela que aplicaba uns métodos que resultaban ser moi novidosos e modernos que facilitaban a aprendizaxe do seu amplo alumnado que acababan obtendo moi bos resultados. Era moi querida por eles pola paciencia e vocación. 

Elvira Pino, viúva desde 1940, vivía na rúa das Tendas número 11 e cando xa era maior estaba impedida. O matrimonio non tivera fillos polo que Elvira vivíu a vellez ao cargo dunha coidadora. Falecería en torno a 1970.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes).

Vid: La Región, 16 de maio de 1913; 29 de xullo de 1913;  27 de setembro de 1916; 18 de xuño de 1919; 27 de xuño de 1920; 25 de xuño de 1921; 2 de agosto de 1921; 23 de agosto de 1921; 7 de setembro de 1922; 8 de outubro de 1933; Heraldo de Galicia, 27 de agosto de 1922; El Correo Gallego, 4 de novembro de 1923; El Correo de Galicia, 23 de decembro de 1923; El Pueblo Gallego, 17 de xaneiro de 1963.

18 mayo 2022

OLGA BRAÑAS


Olga Brañas naceu en Ourense, é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano, estudou harmonía e percusión e, ademais de instrumentisa é unha grande compositora.
Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira e fou membro de Brañas Folk durante máis dunha década Tamén foi unha das fundadoras de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá.
Colaborou cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… ‘Pitusa Semifusa’ é a súa primeira incursión na música infantil.

Pero ademais, Olga é unha muller comprometida co seu tempo e non lle son alleos os problemas de actualidade. Ela amosa nas colaboracións que realiza na prensa, concretamente no diario Nós, unha fonda preocupación polas mulleres, as inxustizas, a discriminación, as prepotencias...Son escritos que incitan a pensar polo controvertidos e provocadores que chegan a ser pero moi valiosos e necesarios.

Vid: Editorial Galaxia

Foto: La Voz de Galicia


03 abril 2022

LINA COFÁN

Naceu en Celanova e desde os 18 anos viaxou por Europa con estadías en Inglaterra, Francia e Alemaña afincándose en Berlín a finais dos anos oitenta para estudar teatro e performance. De regreso a España instálase en Madrid onde estuda Curso Superior na Escola de Cerámica de Madrid da Moncloa durante cinco anos e alí especialízase en cerámica e fotografía.

As súas pezas de cerámica expresan o seu interior e os seus sentimentos. Son froito das súas reflexións estéticas e sensacións que garda na memoria. A natureza está presente nas diferentes pezas modeladas e tamén a reinterpretación de poemas dos seus poetas preferidos.

O resultado é dunha estética delicada. Cerámica perfectamente rematada onde o barro se transforma en brillo e cor.

Ten realizados numerosas exposicións e compaxina a súa arte coa docencia.


Vid: Lina Cofán

28 noviembre 2021

LUÍSA GARCÍA

 

Naceu en Arxentina en 1906 e era filla de Don Luís García, natural de Ourense afincado en Bos Aires e de Dona Ción R. de García.

Desde moi noviña manifestou unhas dotes excelentes para a interpretación musical e a destreza co piano. Con catorce anos obtivo unhas cualificacións excelentes no Conservatorio Romanello e de aí pasou a ser profesora de piano.

Foi unha notable pianista e concertista que compaxinou coa docencia.

Vid: Nova Galicia, nº 955,  30 de decembro de 1920, p. 3.



22 agosto 2021

ANGELINES E DOLORES ALARCÓN


Angelines Alarcón foi unha destacada pianista ourensá de comezos de século XX que acompañou a vilonistas afamados e considerados como o Señor Urio formado no Conservatorio de París e o ruso Raphael Broenstein. Actuou en numerosos locales como o Liceo Ourensá, o Teatro Principal de Vigo, o Teatro Rosalía de Castro e diferentes lugares do territorio español.

Tivo unha grande sona pola exquisitez da súa técnica polo que era solicitada tamén por cantantes operísticos como o barítono Fernando Navarrete.

Angelines era irmá da tamén pianista e violinista Dolores Alarcón que ademais de ser profesora de música na Normal e de impartir clases privadas ás nenas da cidade obtendo por iso moitos eloxios, foi, nada máis e nada menos, que a profesora de música de Obdulia Prieto Nespereira, intérprete consagrada e recoñecidísima. Así falaban das dúas irmás a prensa da época como o seguinte que se reproduce da publicación Tío Marcos d´a Portela:


(Fonte: O Tío Marcos d'a Portela , 21 de marzo de 1918)

As irmás, Angelines e Dolores, eran asiduas en celebracións e eventos da cidade e tamén ofrecían a súa arte para causas benéficas como o ofrecido en 1922 no Teatro Principal da cidade en beneficio dos nenos famentos rusos no que tocaron pezas de Händel e Mendelssohn.

Os seus concertos e recitais de piano e violín eran éxito asegurado e acollidos con fervor. Toda a cidade da época tiña en grande consideración a estas dúas grandes artistas pola calidade das súas interpretacións e a súa profesionalidade. A prensa desfacíase en eloxios ao falar de Angelines e Dolores Alarcón. Dolores casou co músico violinista Señor Izquierdo e tería dúas fillas Angelita e Lolita que tamén se dedicarían á música. Lolita Izquierdo Alarcón casaría en 1928 con Don Manuel Cerdeiriña, ambos os dous eminentes concertistas.

(Información elaboración propia a partir de diversas fontes)
________
Vid: El Eco de Santiago, 1923 Agosto 09; El Orzán, 1931 enero 30; O Tío Marcos d'a Portela, 1919 abril 21; La Zarpa, 22 febreiro 1922; 3 outubro 1928.

23 mayo 2021

TETÉ TORRE REZA

Loli Sanfer facilitoume o nome doutra ourensá a destacar. Trátase de Teté Torre, magnífica soprano que desde moi nova formou parte da Agrupación Lírica de Orense, compañía que gozou de éxitos e recoñecemento en toda Galicia a mediados do século XX. Actuaban por toda a xeografía galega interpretando zarzuelas como "Katiuska", "La Canción del olvido","La viejecita". Nestas interpretacións destacaba a voz de Teté Torre polo seu canto excepcional. Na cidade ourensá a agrupación agasallaba ao público con zarzuelas como "Luísa Fernanda" de Moreno Torroba na que Teté Torre representaba o papel principal. O Mestre Vide foi outro dos compositores escollidos para ser interpetados pola Agrupación Lírica coa obra "Miñatos do vran" e, de novo, Teté Torre era a voz principal.

Podemos atopar na hemeroteca un gran número de referencias á voz de Teté Torre, á súa capacidade interpetativa, á capacidade tímbrica e a gracia que tiña, cualidades que fixeron que interpretase case sempre os papeis principais.

Casou con Catlos Trapote e tiveron cinco fillos mais Teté non deixou de cantar. Coñecéronse os dous na Agrupación Liceo onde Carlos era o actor e Teté a soprano.



(Fonte: La Región, 16 de xuño de 1961, p. 3)

(Elaboración propia. Vid: La Noche, 27 de outubro de 1952; El Pueblo gallego, 24 de xaneiro de 1959).




01 febrero 2021

ESTHER GLORIA PRIETO ALCARAZ

Esther Gloria Prieto Alcaraz naceu en  1931 e era filla de Julio Prieto Nespereira. Como digna sucesora dos seus pais artistas tamén ela desenvolveu a súa faceta musical dedicándose e especializándose no piano e no canto. Esther era unha muller polifacética no artístico, tanto pintaba como facía escultura pero, tal como ela afirmou nunha das entrevistas que lle realizaron: "Hago escultura, pinto, me gusta la literatura pero la música sigue siendo mi favorita". 

Estudou no Colexio Madres Concepcionistas de Madrid e xa compuxo alí varias cancións. Estudou por libre no Conservatorio de Madrid onde sacou sobresaliente. Fixo estudos de canto baixo da dirección de Lola Rodríguez de Aragón e acadou o título de Profesora no mesmo Conservatorio coa cualificación de sobresaliente. Rematou os estudos de música en 1960. Acudía con frecuencia a Santiago para participar como becada nos Certames de "Música en Compostela" que duraban dous meses no Hostal dos Reis Católicos. Participou en 1965 no I Festival da Canción do Miño e obtivo o segundo premio pola canción. " La voz del río".

Estudou en Italia, Francia e Portugal. E continuou perfeccionándose en Barcelona onde estudou con Conchita Badía a que fora discípula predilecta de Granados. Tamén se formou en Pedagoxía do Canto. Como admiradora da terra das súas orixes, gustáballe percorrer a provincia para recoller cancións populares e versionalas en concerto. 

Os titulares da prensa "La Noche" describíana como "Promesa da música lixeira española" pois triunfou con enorme éxito no I Certame da Canción en Madrid e onde interpretou a canción "Sólo quiero olvidar", canción composta por ela como outra treintena de composicións feitas por ela.

Tamén musicaba poemas de insignes poetas como "Canción do berce" poema do libro "Estampas Gallegas" de José Fernández Méndez e versos de García Lorca e Pura Vázquez. Esther fixo o Ciclo de Cancións tristes que lle valeu o título honorífico no Premio Montes. A canción foi interpretada por Eshter en Barcelona obtendo un grande éxito. O poema de Jesús Manuel García musicado por Eshter dicía:

Vel-ahí  ven, vel-ahí vai,

pol-o ceo unha estreliña:

 pol-o río, vel-ahí ven

do toxo linda froliña.

Vel-ahí  ven, vel-ahí vai,

a durmir o pequeniño

despaciño, vel-ahí ven

o soño do meu neniño.

Vel-ahí  ven, vel-ahí vai,

a boneca de cartón

en camisa , vel-ahí vai,

a durmir no seu rincón.

A súa querenza pola terra fixo que, ademais de recoller cancións populares e tradicionais, participase no III Certame de Música Galega en Pontevedra: "Hay mucho de Galicia en mi casa, mi familia". En Pontevedra participou cun "Lieder" sobre poesía galega, exactamente "Cuatro Canciones Tristes" escritas en galego.

( Fonte:  La Noche, 9 de setembro de1960)
La Noche, 1967 novembro 1
( Fo
Esther tería a honra de presidir a Fundación Julio Prieto Nespereira ata o seu falecemento en Valencia o 2 de maio de 2012 cando tiña 81 anos.


(Elaboración propia. Vid:  La Noche, 9 de setembro de1960 ; La Noche,1962 xaneiro 3;  La Noche, 1962 xullo 12; La Región, 4 de xullo de 1965, p. 5).