Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
19 febrero 2011
MARÍA PRADA GONZÁLEZ
María naceu en O Barco no ano 1982 e traballa en Bruselas como Diplomática convertíndose na muller máis nova que accede a dito cargo. Estudou tradución e interpretación en Vigo. Posteriormente preparou as oposicións tan duras de Diplomática sendo nomeada polo Rei Juan Carlos I. En Bruselas representa a España ante a Unión Europea. Na actualidade é Conselleira adxunta no Coasi (que se ocupa de Asia-Pacífico).
Dende O Barco, información facilitada por Gustavo Docampo.
Vid: La Voz de Galicia