Ángela foi encarcerada no Cárcere de Ourense o 30 de abril de 1949. Foi procesada polo delito de auxilio. Foi a segunda muller de
Juan Sorga Rodríguez, guerrilleiro antifranquista, co que tiña dous fillos, e era a nora de
Antonia Sorga que tamén sufríu o cárcere.
Naceu en Codosedo, Xinzo da Limia en 1905. Ela residía en Pazos e dedicábase aos labores da casa e á facenda do campo. Foi detida cando tiña 41 anos acusada de "supuesto delito de auxilio a bandoleros".
(Fonte: ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25140/013.Caixa 25140/013 (4)).
A pena pedida pola fiscalía era de cinco anos de prisión menor e accesorias mais o Consello militar acordou a pena de oito meses de prisión menor. Ángela permaneceu na prisión de Ourense desde abril de 1949 ata decembro de 1949, concretamente, o 29 dese mes e ano foi posta en liberdade.
Non obstante, pouco ía durar a súa liberdade pois o Xuíz envía o 18 de xaneiro de 1950 o seguinte comunicado ao Gobernador Civil de Ourense:
Excmo. Sr.: Tengo el honor de dirigirme a V.E. para manifestarle, que por el Juzgado Militar, sito en la zona de reclutamiento de esta Capital, ha sido puesta en libertad ÁNGELES SAMPEDRO PIÑEIRO, hija de Lorenzo y Dolores de 41 años de edad, natural y vecina de Pazos de Sarreaus, Ginzo, en esta provincia, y apareciendo con otra responsabilidad, ruégole tenga a bien dar la órdenes oportunas para que sea ingresada nuevamente en este establecimiento y a disposición del Juzgado Militar nº 2 de esta ciudad. (1).
Así que Ánxela foi, de novo, detida o 23 de xaneiro de 1950. Pero, concretemos os acontecementos. A causa contra Ánxela era a 138 do ano 1949 e nela indicábase que era a muller do coñecido "bandolero" Juan Sorga e que facilitou víveres e aloxamento na súa casa a"partida de malhechores capitaneada por su esposo durante os primeiros meses do devandito ano. Este feito calificouse por parte do Fiscal Xurídico Militar da Rexión como delito de auxilio a componentes de partidas armadas dedicadas á bandidaxe.
Este feito estaba penado no artigo sexto do Decreto Lei do 18 de abril de 1947, por conseguinte, impúxoselle unha condena de dous anos de prisión menor e accesorias. A defensa de Ánxela, argumentando certos atenuantes, solicitou a absolución e caso de non concedérlla, pediu a redución da pena a seis meses e un día de prisión. Pero a acusación manifestou que Ánxela non só acubillara ao seu home, senón que tamén agochou a compañeiros deste e como debían tamén sancionar con "exemplaridade" que:
La Autoridad Judicial en orden a la procedencia de imponer la pena en la extensión por ella señalada, en atención a la necesidad de sancionar con ejemplaridad hechos que como el enjuiciado perturban gravemente la convivencia social y el Orden público y deben ser cortados en su raíz por todos los medios legales, máxime en Regiones como la de Autos, donde se padecía por aquellas fechas un bandolerismo que tanto daño ocasiona a nuestra Patria...(2)
Vistos los artículos citados y demás de general aplicación, FALLAMOS, que debemos revocar y revocamos la sentencia dictada por el Consejo de Guerra que vio y falló la presente causa y que debemos condenar y condenamos por los fundamentos de hecho y derecho consignados en el Cuerpo de esta sentencia a la procesada ÁNGELA SAMPEDRO PIÑEIRO, a la pena de DOS AÑOS de prisión menor y accesorias de suspensión de todo cargo público, profesión, oficio y derecho que sufragio durante el tiempo de la condena para cuyo cumplimiento le será de abono toda la prisión preventiva sufrida, y sin que haya lugar a exigir responsabilidades civiles.(3)
Pero, tras este procedemento levouse a cabo o examen da condena de Ángela e acordouse a concesión do indulto por parte do Xuíz Militar en atención ao Decreto do 9 de decembro de 1949
(Fonte: ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25140/013.Caixa 25140/013 (02).
O cárcere de Ourense volve recibir a Ángela que en marzo dese mesmo ano envía do seu puño e letra unha carta ao Director da prisión solicitando que dera curso da súa boa conduta. A situación era verdadeiramente delicada pois a Ángela foille imposta unha condena de dous anos de prisión.
(Fonte: ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25140/013.Caixa 25140/013 (12).
O 27 de marzo de 1950 cúrsase á Capitanía Xeral da Oitava Rexión a instancia en solicitude de indulto con certificado de conduta e, por fin, o 10 de abril de 1950 senténciase o indulto e Ánxela foi posta en liberdade.
(Fonte: ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25140/013. Caixa 25140/013 (13))
(1)Expediente. 25140/013 (8). (2) Expediente. 25140/013 (15). (3) Expediente. 25140/013 (15).
Elaboración propia a partir do Expediente persoal da reclusa Ángela Sampedro Piñeiro.. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25140/013.Caixa 25140/013..