Etiquetas

01 marzo 2009

POEMA: DEFENSA D´AS MULLERES de Filomena Dato. 1887.



I

Decim' os que crendes en Dios y-as suas obras: 
¿Cal foi d' a creacion a espréndeda coroa? 
¿Cal foi a que Dios fixo a últema de todas? 
¿Foi o mar...? ¿As estrelas...? 
¿A luz d' a branc' aurora...? 
¿Foi a estáuta de barro 
qu' á sua imáxe propea 
un alma lle infundira 
intelixente y-hermosa...? 
¿Foron cicais os ánxeles que pobraron a groria...? 
Foi a muller que tivo a fertuna grandiosa
de xuntar as belezas
que teñen toda-las cousas.
Ela ten com´ os homes
fortaleza donosa,
dozura com´os ánxeles,
com´o as aves na gorxa
un raudal d´armonías
n´a súa fala melosa,
com´o mar garda pelras
e courales n-a boca;
brilan com´o diamante
suas vágoas cando chora,
tén com´a brisa sospiros,
colores comá rosa,
verten luz os seus ollos
como´estrelas radiosas,
seu amor é d´a vida
eterno sol de groria!

II

Homes qu´á muller culpades
d´os crimes que cometedes
e decís que dás desgracias
sempre son caus´as mulleres,
oíd´o que di Feixóo
n-aquel libro en qu´as desfende.
E verdade qu´hay algunhas
ruís, algunhas que teñen 
cicais perdid´a vergonza;
mais decide ¿porqu´a perden?
Non é razón pr´aldraxalas
qu´algun santo padre berre
cicais botándoll´a culpa
de qu´o mundo se perdese, 
porque falan dás preversas, 
mais non con todas s´entende,
pois si por elas pecades,
a culpa non lle botedes,
que nunc´o sol tivo culpa
de que quen o mira cegue.
Decides que´Eva pecou,
mais enganoun´a serpente,
creatura en quen falaba
un anxe qu´anque rebente
era un anxel, e tería
intelixencia esprendente;
mais Adan qu´era varon
tamen foi corios´e débre
e non tivo pra tentalo
nada o demo que faguere.
Qu´a Cava perdeu España
¡quen tal diga minte adrede!
foi un conde, foi un bispo,
foron homes todos eles!

III

Dixo o doutor Almarico
alá n-o sigro duodécimo
quén castigo dós pecados
nacen mulleres á centos;
pois si o home conservase
o seu estado prefeuto
d´inocencia, nacerían
homes tan soilo d´a feito.
¿D´onde sacou o doutor
ese crasísemo erro?...
¿E que quedamos ó fin?
¿A quen inganou o demo?
Pois Dios criounos n-o tempo
en qu´Adán ind´era puro
e nin soñara ofendelo.
Aristóteles falou
contr´as mulleres, y eu penso
si sería un gran catiña
que choraría o diñeiro
que gastou en lles queimar
com´a deidades incenso.

IV

Os que decís qu´a muller
non tén a cabeza feita
pra soster unha coroa,
e que non sirve pra reina,
é qu´esquecedes cicais
que toda a historia esta chea
de homes que o brilo teñen
de luminosas estrelas.
Semíramis e Artemisa,
Aspasia duas y- á nena
Phile, filla d´Anipatro,
con quen éste s´aconsella;
Livia, que domin´á Augusto
y o mundo co-el goberna;
Agripina, qu´o seu fillo
de Ronma o imperio lle dera;
a ilustrada Amalasunta, 
qu´entende toda-las lenguas;
a gran reina, anque cruel
Sabela d´ Inglaterra;
A Catelina de Médicis
y-a Católica Sabela,
que lle dou un mund´a España
aló -as prayas d´Améreca.
E ainda n-os nosos tempos
ollade como gobernan.

Os que mirás o valor
como riquísema prenda,
dempois d´as que xa nembrei
que cuás todas o tiveran,
lembraivos d´Aretafila,
que redimiu a sua terra
de dous tiranos crués,
y-o mostrarlle a diadema,
con indinación altiva
apartouna d´a sua testa.
De Dripetina, que foi
d´o seu pai a compañeira,
e cal Mitrídates, grande
foi en valor y en prudenza,
e por non vivir escrava,
quitous´a vida ela mesma.
D´ unha Clelia, que nadando
chegou á Roma liberta
d´as prisiós d´un rey de estruscos
d´o coraxudo Porsena;
d´Arria, muller de Cecina,
qu´o seu home Il´aconsella
que non consinta que segue
o verdugo a sua cabeza,
e pr´ alentalo c´o exempro,
a morte dase ela mesma,
e d´o seo retirando
o puñal que n-el metera,
díxolle: "Toma, non doi"
con mulleril enteireza.
D´Eponina, condanada
á morte que di: "Contenta
morro, por tal de non ver
n-o trono d´a miña terra
un emperador tirano,
que malamente goberna"
D´a francesa Xoana d´Arco,
a heróica virxe guerreira,
de Margarita, que foi
conqueridora de Suecia;
de Macrulla, qu ó mirar
o seu pai mort´o ó pé d´ela,
colle rodela y espada,
e defend´a fortaleza;
d´a nobre Branca de Rosi,
que tras valante defensa,
que´o lado d´o seu marido
dendes d´o muro fixera,
véndoo morto, por non ser 
n-os brazos d´un home opresa
tirouse dend´un balcón
con arrogante fiererza
y-arrecollida e curada,
por non sufrir tal afrenta
vaise matar sobre a cova
ond´o seu amor s´encerra;
de Bonna, paisana humilde,
probe pastora d´ovellas,
capitana valerosa
de cen brilantes empresas,
qu´o pé d´un muro morreu
ó penetrar p-la brecha.
D´a nosa María Pita,
groriosísima gallega,
de cuyos feitos non falo
pois non yay quen os esqueza,
d´unha María d´Estrada,
que fixo tantas proezas
aló n-o valle d´Otumba,
que Torquemada di d´ela:
"que puxo espanto n- os homes
que a miraban n- a pelea.
D´Ana de Baux, natural
d´unha aldeiña framenca,
que por gardar seu honor
púxose n-a vestimenta
d´os homes, pra pelexar
hastra cair prisionera,
e vendo que xa non pode
seguir sin ser descuberta,
vestíuse c´os burdos hábitos
de relixiosa profesa;
D´Agustina Zaragoza
n-a guerra d´a independenza,
que foi groria d´este sigro
n-a cibdade aragonesa;
e por últemo lembrai
os feitos de Xoan Hacheta
heroina á quen seguiu
un cento de compañeiras.
E recordande asmulleres+
que véndose sin defensa,
porque xa os homex fuxiran
alá de lonse n-as terras
dá s Cur-Solares, souperon
facer levantar a cerca
ós turcos, que s´asombaron
de ver tanta fortaleza.

V

¿E quen dixo que a muller
non sabe gardar secretos...?
Non quero buscar n-a historia
que ten millares d´exempros.
Mais ¿Quén d´os nados s´esquece
d´a martir d´os nosos tempos?
¿Quén s´esquece dá Pineda
que quixo morrer pirmeiro,
y- a coitela d´o verdugo
entregouse sin recelos,
e deixou sin nai ós fillos
por non dicir un secreto?
Nadia iñora con que afán
e perdon lle pormeteron
si os cómplices descubría
d´aquel liberal intento.
¡E morreu por non falar,
por non abrir o seu peito!

VI

Os que negan á muller
intelixencia e talento,
a millor contestación
cicais que fos o desprecio.
¿De onde sacan qu´as almas
teñen, com´os corpos, seuso?
Porqu´as probes d´as mulleres
nunca tiveron enseño
com´os homes, que eran tontas,
os homes tontos dixeron;
pois anqu´algúns que´eran sábeos
porbar quixesen o mesmo,
soilo lograron porbar,
que n-o humano entendemento
tod´é falibr´e que poden
os mais grandes teren erros.

Eu non me meto á estudiar
se ten humed´o cerebro,
nin cal é a forma millor
pra tel-as almas asento;
porqu´eu as causas non busco
que soilo busc´os efeutos.

Inda n-os sigros que foron
n-a noite escura d´os tempos
perdidos, cicais brilaron
con luminosos refrexos
como soles esprendentes
os femeniles talentos.
¿Quén foron as nove hirmás
que tiveron tantos tempros
e pra que ind´os poetas
erguen altares n-o peito?...,
Mulleres foron sin duda
de crarísimo talento
á quen divinizaría
a ademiración y-o tempo.
Y-est´e unha crara sinal
de qu´as mulleres tiveron
sempr´autitú pró saber
e demostraron inxenio.

Centos de mulleres sábeas
pódense poñer d´exempro
de que nunca Dios negou
á muller entendemento.

VII

O entendemento d´os homes
con coidado se cultiva,
e cuás que todos reciben
d´a instrución a luz diviña,
e cicais de cada mil
un tan soilo s´ilumina,
namentres que d´as mulleres
son muy poucas instruidas
y-as que reciben a luz
como craros soles brilan.
Froles d´os xardís d´as letras
de lozana galanía,
alcendidos caraveles,
branquísimas margaritas,
rosas de suave fraganza,
violetas escondidas,
qu´eusalastes o prefume
d´os dioses, a piesía,
quérovos poñer á todas
n-un ramiño axeitadiñas.
Quero recorrer os agros
dendes de Grecia á Galicia,
e lembrar sii ser poidera
dende Safo á Rosalía.
Mais non: renuncio á lembrarvos
bellas froles pelegrinas,
pois que todos vos conecen
e non sodes esquecidas.

Cando xa n-os tempos d´ onte
tales astros parecían
y-eso qu´o pazo d´as cencias
entraban pol-as rendixas,
porqu´as portas lles pechaban
os que lles tiñan cobiza,
e non tiv´altura a cencia
qu´as mulleres non rubiran
sin se parar n-o camiño,
chegando sempr´hastr´a cima.
¿Qué será cand´elas sepian
que xa ninguen as cretica,
por buscaren afanosas
a luz d´a sabiduría?

VIII

D´os disgraciados que ruben
ó patíbolo, de cen,
mais de noventa son homes,
mulleres nunca son dez.
A muller que saiu ruin
e de corazón cruel,
todos lle chaman un móstro
naide lle chama muller,
qu´a muller é compasiva
goza soilo en faguer ben
e drento d´o peito teñen
un panalciño de mel.
Elas son nais dende nenas:
dende que saben faguer
unha nécora d´un trapo,
un paxaro de papel,
enchen de dolces caricias
e de bicos aquel ser,
á que lle fixen un alma
e n- o seu peitiño tén
manantiales de ternura
par´o coidar e protexer.
A muller naceu pra nai
y-esta razón basta ben
pra comprender o perfeuta
que Diol-a quixo faguer.

Homiños que ides á guerra
porque vos obriga a ley,
ou a ambición vos rempuxa,
e vandes a merecer
grande renome n-a historia
y-o favor d´o voso rey,
e posición elevada,
e gran soldo, e gran poder,
e proque sondes valentes,
unha estáuta pertendés,
¿qué merecen esas monxas,
que vos siguen por do quer,
que curan vosas feridas,
 e, soilo por faguer ben,
sin paga, nin recompensa,
espoñéndos´á morrer,
pol-os campos de batalla
solícetas van e vén?

¿Qué mais?...Cando Dios ó mundo
quixo vir á padecer,
e veu á apurar o cález
cheo de vinagre e fel,
por ter un pouco de groria
quixo ter nái e nascer.
Porq´unha estrela o anunciaba,
veñen a doralo reis,
y-á voz d´os ánxles chegan
os pastores cabo d´él.
Dempois, cando n-o deserto
está predicand´a fé,
e c´o pan d´a súa palabra
almas e corpos mantén,
e fai milagres á centos,
corren as turbas, tras d´él,
van os homes ós millares,
y-ó entrar en Xerusalén
com´entra en grorioso trunfo
vitoréano en tropel.
Mais cando camiña preso
chea de espiñas a sen,
y-a cruz lle pesa n-as costas
hastra faguelo cayer,
teñen que buscar un home
y- obrigalo pol-a ley
 a que lle axude a levala,
cand´á tantos fixo ben.
Os descípolos fuxiron,
e botárons´á tremer,
cand´á algun lle perguntaron
si porfesaban a fé
de Xesús de Gallea,
chamado rei d´Israel.
Sofrind´aldraxes sangrentos
dás turbas, unha muller
ábrese pas´e non treme,
chega, arrodíllas´ós pés
d´o marter, e d´o seu rostro
lim´o sudor, que correr
vese con sangue mezcrado,
e d´o seu pano a dobrez
sac´a imaxe de Dios vivo
que se vener´en Xaen
Fixo centos de milagres
mais nin un soilo se ve
d´os mortos rezusitados,
d´os cegos qu´agora tén
luz n-os ollos, d´os tolleitos
qu´agora poden correr,
e cando volve a cabeza,
soilo ve chorar tras d´él
as mulleres que disprecian
aquela turba soez.
¡Soil´alcontra ollos amigos
n-esas fillas de Salem!

Xa está n-a cima d´o monte,
xa está próusim ´á morrer,
ama ó mundo e quer deixarlle
o que mais n-estima ten.
Deixall´un rico tesouro...
¡unha nai!....¡unha muller!

Vid: O Tío Marcos d'a Portela : parrafeos c'o pobo gallego, 10 de setembro de 1887, pp. 5-8. (Galiciana).