Etiquetas

Hai unha grande discrepancia entre o que se lle perdoa aos homes e o que se lle esixe ás mulleres.

Nos tempos que estamos deberan constantar os avances da humanidade en todos os sentidos, pero non é así. As desigualdades, rivalidade, competitividade, clasismo....seguen a existir, aínda que as redes sociais parezan vincular máis as amizades.

É plausible que chegar a unha igualdade real de xénero é complicado xa que durante séculos e séculos prevalecía o poder desde a masculinidade. Hai moita confusión entre os homes e moitos deles din que co feminismo estanse arrebatando os seus dereitos e perda de liberdade. Pero e que é obvio, non se vai permitir que continúen exercendo ese dominio e terán que aprender outra actitudes. Pero o que non pretende o feminismo e intercambiar o poder dos homes polo das mulleres, o que pretende o feminismo é o recoñecemento da igualdade. Se iso supón que os homes, ou moitos homes, teñan que resetear a súa perspectiva, pois terán que facelo.

Pero malia todo, e todo o que está a custar dar pasos na igualdade, aínda hai unha grande discrepancia entre o que se lle perdoa a home e o que se lle esixe ás mulleres. En todos os ámbitos, incluso nas elevadas esferas da empresa, da universidade, dos postos de relevancia....mírase con receo que a muller poida cumprir ben o seu traballo e, en moitos casos, se lle esixe que as súas accións e comportamentos se "masculinicen". 

No desenvolvemento dos postos laborais, sobre todo en moitos deles onde aínda predominan os homes, o patrón de esixencia é moito maior nas mulleres. A un home se lle presupón capacidade, autoridade, forza física, forza mental...ás mulleres son máis cuestionadas.

Para moitas feministas é moi criticable o feminismo capitalista pois supón unha forma de dominación á inversa. Eu tamén o considero, penso que o feminismo debe ser máis transversal e ir a unha auténtica revolución social. Pero como todo, agora que estamos na trituradora capitalista da que vai ser moi difícil saír temos que ir lidando neste contexto. Segue o ideal de cambio social social...hai que intentalo, pero, de momento, hai que ir introducíndose no xogo establecido. Por suposto, sen perder a conciencia de loitar pola igualdade da muller. Agora ben, o cambio social non llo esixamos só as mulleres tamén hai que facer partícipe aos homes, polo menos aqueles que teñen vontade e tñen unha aceptación meridianamente clara de que os xéneros somos iguais. 

É preciso que aquelas mulleres que acadan cotas de poder non deixen de contribuír a que todas as mulleres, sexan da clase e raza que sexan, atopen tamén a igualdade. Se non é así, entón o que fan estas mulleres é reproducir un rol masculino perdendo a referencia do seu xénero, e isto, indefectiblemente, é fallar ao resto das súas conxéneres.

Rosa María Cid Galante.

17 de xuño de2025.