Ourense non foi tardía á hora de ver creadas as asociacións de obreiros pois en 1885 fúndase o Centro y Sociedades Obreras cuxa sé estaba na actual praza de Euronciños. Nesta organización confluían ideoloxías diversas pero cun mínimo común denominador que era a defensa e protección dos grupos obreiros e alí estaban socialistas, anarquistas, agraristas e tamén librepensadores e republicanos. Pero foi a raíz dunha intensa protesta en xullo de 1895 por parte dos construtores do Instituto Provincial e posteriormente os obreiros da casa comercial Hijos de Simeón, cuxo punto de interese era reivindicar unha xornada laboral máis reducida, o que deu paso a unha organización máis plausible do socialismo ourensán coa creación da Sociedade de Obreiros de Ourense que aglutinaba numerosos oficios como canteiros, carpinteiros, albaneis, zapateiros, xastres e tipógrafos, metalúrxicos, ferroviarios, panadeiros e oficios varios. Uns meses, en outubro, xorde a Agrupación Socialista de Ourense cuxo centro de reunión será a Casa do Pobo. Recollía así El Socialista a noticia:
Dentro de pocos días quedará constituída la Agrupación socialista. Los correligionarios de esta localidad nos hacen saber el sentimiento que les ha causado la muerte de Engels, y su protesta por los atropellos de las autoridades y por las calumnas de los periódicos republicanos" (1)
Así pois, tal como nos indica Quintas Ferreño, o número de sociedades obreiras en Ourense era de 35, había 20 na capital e 15 no resto da provincia, principalmente de Carballiño, Bande, Celanova, Cambeo aglutinando varios sectores (traballadores, canteiros, oficios varios, albaneis, curtidores, panadeiros, obreiros do mental...) e 25 agrupacións agrarias, unha capital e outras repartidas pola provincia dos Velle, Cerreda, Caldas, Cudeiro, Coles, Santa Mariña do Monte, Vilar de Canedo, A Gudiña, Castrelo do Vaol, Verín, Laza...Coa creación da Agrupación Socialista producese unha comunión dos diferentes sectores industriais da cidade e provincia aos que se suma o agrario.
A nosa cidade e provincia vivirá momentos de intensas e interesantes protestas de diferentes sectores o que dá mostras de que os obreiros comezaban a sentirse arroupados para reivindicar melloras laborais pero precisábase un maior compromiso grupal e non tan gremial, de aí que a agrupación socialista tamén organizase actividades lúdicas como excursións como xeito de hermanar aos integrantes, como por exemplo a do 14 de setembro de 1913 que realizaron a Monforte (2). Non obstante, tal como indica Quintas, o número de asociados foi baixa ao comezo pois estaba entre 20 e 32 inscritos pero desde 1918 vai apreciarse un notable aumento e unha consolidación do movemento obreiro socialista.
Un pulo importante para esta agrupación socialista foron as visitas que fixo Pablo Iglesias a Ourense, a terra natal do seu pai, en setembro de 1896, en 1899, 1907 e 1914. Sen dúbida, quixo ir reforzando o obrerismo en Ourense. Este chegou a manter unha moi boa relación con Manuel Suárez Castro, o grande dirixente ourensán con grande capacidade de congregación, que puña ao día ao líder socialista nacional sobre a marcha do socialismo en Ourense.
Fronte ao agromar do mundo obreiro ourensán vai vir paralelo o movemento social católico en Ourense promovido pola xerarquía diocesana. A Igrexa non quería deixar escapar a súa influencia social e aferrouse ao obrerismo de tinte católico facendo ver que a relixión era o medio liberador da situación dos traballadores. Comeza a actuar a raíz da folga xeral acontecida no 1900 organizada polo Centro de Sociedades Obreiras. A intención era atraerse aos patróns e poñer freo á expansión da Sociedade de Obreiros de Ourense que estaban levando a cabo numerosas folgas e incorporando un gran número de obreiros de diferentes sectores laborais.
Cabe preguntarnos: Cal das tres era a que podía intuírse ou supoñerse no Ourense da época? Talvez, das tres posturas, na nosa provincia a que máis cabida podería ter era a segunda, isto é, a de considerar ás mulleres como compañeiras ás que había que inculcar os ideais para que elas, á súa vez, fosen trasmisoras dos seus principios nos círculos sociais e familiares onde se desenvolvían. Unha idea que non era novidosa pois tamén o Grupo Feminino Galeguista considerábase coa misión de facer ver que a muller era unha canle para facer valer o galeguismo entre o sector feminino. E, por suposto, a Igrexa e todas as asociacións e agrupamentos católicos tamén contemplaban que a muller era a transmisora dos seus dogmas e axiomas. Pero, polo de agora, o rol das mulleres ourensás no socialismo non están moi claras. Ben é certo que o mundo feminino da provincia estaba moi determinado polo preceptuado polo tradicionalismo e o mundo eclesiástico. As ourensáns parecían ir por detrás das súas homólogas das provincias galegas nas que a actividade industrial favoreceu que o Partido socialista contara coas súas representantes que facían asembleas e tiñan unha intensa actividade. Unha demostración evidente do activismo que comezaban a desenvolver as galegas.
Madrid e País Vasco foron os territorios nos que primeiro viron xurdir o socialismo feminino, en concreto a Agrupación Feminina Socialista de Bilbao xorde en 1904 e a de Madrid en 1906. Logo irán aparecendo en Barcelona, Eibar, Erandio, Capdepera, Mieres, Sevilla, Reus, Elxe, Valencia, Yecla, Puertollano, Castellón, Navas de San Juan, Camuñas, Puebla de Cazalla, Puebla de Alocer, Helechal, El Bonillo, Cazorla, Urrea de Gaén e Viscaia. Estas agrupacións foron xurdindo desde 1910, logo durante a República e incluso a Guerra CivilGalicia tamén contará con algún exemplo. En efecto, xa a finais do século XIX aparecen asociacións de mulleres traballadoras no sector conserveiro en Vigo que velan polas súas condicións laborais e, xa xunguido ao movemento socialista, aparecen en A Coruña e O Ferrol os Grupos Femininos Socialistas cunha interesante actividade, en especial, o de Ferrol cuxo principio fundamental era facer triunfar os ideais de redención da sociedade. O Grupo Feminino Socialista de O Ferrol desenvolveu unha intensa actividade. Ademais das súas asembleas tamén organizaba conferencias de temática social, algunhas delas, incluso foron prohibidas polas autoridades, tamén facían actos culturais e promoveron a creación de bibliotecas para difundir a cultura. Tomaron iniciativa á hora defender a infancia e levaban a cabo campañas de protección aos nenos e nenas.
Por suposto, encabezando as agrupacións van estar mulleres tan interesantes e notables como Virginia González Polo, oriúnda de Valladolid pero que se desprazou a Bilbao coa familia e alí foi onde comezou a achegarse ao socialismo. Estas líderes preocupáronse de incitar e animar a todas as mulleres a sumarse ao Socialismo e percorrían a xeografía española con ese propósito. Virginia veu varias veces á nosa cidade. Unha delas foi en 1908, trece anos despois de que se fundara o Centro de Sociedades obreiras de Ourense. O local onde interveu estaba ateigado de xente e estaba presidido por Ramón Pousa. Primeiro pronuciou unhas palabras o Señor Cernadas que aludiu a que Virginia González e Belén Sárraga eran modelos a imitar polas obreiras e que "Es preciso que los obreros eduquen a sus mujeres para poder dar la batalla" (3) . Parece claro e evidente que o socialismo ourensán quería botar man das mulleres para que sumaran ao socialismo.
A continuación falou a convidada e aludíu á crise obreira e dixo que a causa dela era que España non podía competir cos outros países máis produtivos e que se pretendía abaratar o artigo explotando ao obreiro. Logo seguíu a falar sobre a importancia de achegar ás mulleres ao socialismo e dixo que os socialistas ourensás debían traballar para a emancipación da muller, debían educala coa tenrura e agarimo para apartala do fanatismo relixioso e facer que entre a formar parte do movemento socialista.
Outra visita foi en maio de 1918 invitada pola Agrupación Socialista de Ourense e pronunciou uns mitins moi aplaudidos. Recolle así El Socialista a súa visita:
Invitada por la Agrupación Socialista dio una conferencia de propaganda socialista la compañera Virginia González...Fue muy aplaudida por la numerosa concurrencia. A la terminación del acto numeroso público la acompañó hasta el hotel, dando vivas al Comité de huelga y a todos los mártires del mes de agosto. También dió otra conferencia dedicada a los obreros sastres, que se encuentran en huelga; la numerosa concurrencia prodigó muchísimos aplausos a tan valiente luchadora. Los niños de la escuela laica la regalaron un hermoso ramo de flores, como demostración de cariño. Han sido de gran importancia todos los actos realizados, estando todos ellos muy concurridos, demostrando de esta forma que a pesar de las persecuciones nuestras ideas adquieren una gran preponderancia en el pueblo". ( 4)
Belén Sárraga de Ferrero, intelectual, periodista, escritora, anarquistas e ligada á masonería tamén acudiu á nosa cidade. Foi invitada en marzo 1906 pola agrupación Juventude Republicana para que dese un mitin e hospedouse no Hotel Roma. Era unha muller impetuosa que rompía os estereotipos impostos ao mundo feminino e serían exemplo para as mulleres de Ourense. O mitin foi na finca Las Lagunas, na estrada de Monforte, onde a recibiron con salva de bombas. Ao seu mítin acudiron, segundo indica a prensa "dos millares de personas, entre ellas gran número de artesanas y domésticas". Polo tanto, moitas mulleres ourensáns sentíronse atraídas e fascinadas por estas líderes que rompían os moldes e estereotipos femininos impostos.
O obreirismo ourensán tiña como centro de operacións a Casa do Pobo que foi inaugurada con grande ilusión en maio de 1929 facéndose eco do evento na prensa pois foi multitudinario. Por fin, os obreiros e as obreiras podían ter un lugar onde sentir esa loita e comuñón de traballadores. E será durante a República cando se fortaleza co crecemento das forzas socialistas.
Pero desde logo, as mulleres no eido socialista aínda eran inéditas, alo menos desde un punto de vista nominal. Cabe pensar que os socialistas orensáns contarían co apoio das familias e donas pois así se foron conformando no primeiro decenio de século a Agrupación feminina socialista de Bilbao, a da Rioxa, a de Sevilla, a Agrupación Feminina Socialista de Madrid, Menorca..., mais non pareceu haber un compromiso público das ourensás, tal como acontecía noutras provincias galegas nas que a agrupación de mulleres reivindicativas esra máis palpable. E esta realidade era así pois a participación das mulleres no eido profesional era baixa. Agora ben, habelas houbas pois cando foi da celebración do 1 de maio de 1896, o primeiro que celebraba a Agrupación Socialista pois había tan só uns meses que esta se creara, El Socialista recolle a noticia indicando que "El local social estuvo adornado todo el día con colgaduras rojas e iluminado por la noche a la veneciana. Al meeting organizado por las Sociedades Obreras han acudido más de 3000 personas: el bello sexo estaba representado por 400 compañeras..." (11). Tamén son recollidas nos xornais as noticias sobre as celebracións do Día do Traballo que as sociedades obreiras organizaban. Viñan a ser conmemoracións vindicativas moi festivas pois chegaba a haber ata sete bandas de música e "unha imponente manifestación de ciudadanos" que percorría desde o Xardín do Posío as rúas céntricas de Ourense ata finalizar no Goberno Civil onde achegaban as súas peticións. Noutras celebracións, como a de Canedo, dise que desfilaban os nenos da Escola Laica con banderíns mentres se escoitaba a Marsellesa e logo de rular polas rúas remataban facebdo unha festa-verbena na Alameda. Se isto era así, é de supor que nesas manifestacións tamén acudirían as mulleres. De feito, na festividade do traballo celebrada do 1 de maio de 1904 dicíase que "concurrieran muchas y lindas obreras" e nunha celebración en Carballiño levaban a bandeira republicana Milagritos Sánchez e Elvira de los Arcos que ían tocadas co gorro frixio. El Socialista tamén achegaba noticias da celebración do Día do Traballo en Ourense e publicou que no festexo de 1908, ademais do mitin, a manifestación e a xira pola mañá, fíxose outra pola noite. Especificou que na da mañá houbera tres bandas, dezaseis bandeiras e 5000 almas e que diferentes sociedades obreiras participaron nese día (12). Polo tanto, a muller ourensá viuse implicada co socialismo pero, tal como era habitual, eran desnombradas nos rexistros de afiliación.
A resistencia feminina a visibilizarse na política, no senso de afiliación, podía entenderse xa que en Ourense o vórtice fundamental de aglutinación das mulleres ourensás era a Igrexa, que soubo adoutrinar ben á muller. Esta exercía un papel relevante como titora da moral feminina. En efecto, tiña baixo o seu contro a cuantiosas asociacións relixiosas cun grande número de adeptas que eran o bastión da relixiosidade. As súas afiliadas eran maiormente burguesas e damas de aboengo de inquebrantable relixiosidade que actuaban de escudo ante as novas ideas que perturbaran a vida "honrosa" das mulleres e que ían influír sobre as ourensás das clases máis humildes. Son agrupacións que comezan a súa cruzada urxentísima na República xa que, ao seu entender, impregnaba de laicismo á vida social, de aí que sen dubidalo o Comité Provincial Femenino así manifestaba:
Orensanas: a la Cruzada Santa de la Reconquista espiritual y material de España. Por la religión, por la justicia, por la libertad, por Galicia, por la patria”, en defensa dos valores tradicionais e en contra dos postulados republicanos. (6)
A pouca participación da muller no mundo laboral tampouco favorecía que esta se comprometese cos movementos obreiros.
Na provincia de Ourense, había unha baixísima porcentaxe de mulleres que realizaban nestes anos un traballo fóra do fogar e conforme avanzaban os decenios a taxa ía en descenso pasando dun 18% de mulleres activas en 1900 a un 10,7% en 1930. Dito decrecemento tamén foi experimentado nas taxas masculinas e isto foi debido a varios motivos como son: contenda bélica mundial, a crise da gripe de 1918 e a intensa emigración.Para saber que tipoloxía de traballos desempeñaban as mulleres activas do primeiro terzo de século remitimos ao cadro no que se consideraron as categorías sociais.
Poboación activa na provincia de Ourense (1900-1930)
1900
1910
1920
1930
Homes
31,59%
29,42%
27,44%
29,76%
Mulleres
18,52%
9,7%
5,99%
10,74%
(Fonte: elaboración propia a partir dos Censos)
Porcentaxe de mulleres activas por categorías sociais (1900 e 1930)
1900
1930
Capital
Provincia
Capital
Provincia
Agricultura
12%
43,21%
1%
22,67%
Industria
9%
1,44%
3%
2,3%
Transportes
1%
0,07%
0%
0,02%
Comercio
1%
0,15%
2%
0,34%
Administración
0%
0%
0%
0,01%
Hostalería
0%
0,04%
0%
Culto relixioso
1%
0,06%
1%
0,10%
Medicina
0%
0%
0%
0,02%
Docencia
1%
0,4%
1%
0,4%
Espectáculos
0%
0%
0%
Servizo Doméstico
12%
2,51%
10%
1,79%
Membros de familia
63%
52,30%
82%
72,31%
(Fonte: elaboración propia a partir dos censos.)
Podemos apreciar que en 1900 a distribución das mulleres por categorías sociolaborais respondía a unha cuestión mediatizada polo ambiente e mentalidade da época. En primeiro lugar a maior parte do sector feminino ourensá víase abocado ás actividades domésticas convencionais, as propias do seu sexo, en definitiva, a ser amas de casa aínda que, obviamente, unha parte destas mulleres así rexistradas ían compartir co home as tarefas agrícolas. | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 |
Homes | 31,59% | 29,42% | 27,44% | 29,76% |
Mulleres | 18,52% | 9,7% | 5,99% | 10,74% |
| 1900 | 1930 | ||
| Capital | Provincia | Capital | Provincia |
Agricultura | 12% | 43,21% | 1% | 22,67% |
Industria | 9% | 1,44% | 3% | 2,3% |
Transportes | 1% | 0,07% | 0% | 0,02% |
Comercio | 1% | 0,15% | 2% | 0,34% |
Administración | 0% | 0% | 0% | 0,01% |
Hostalería | 0% | 0,04% | 0% | |
Culto relixioso | 1% | 0,06% | 1% | 0,10% |
Medicina | 0% | 0% | 0% | 0,02% |
Docencia | 1% | 0,4% | 1% | 0,4% |
Espectáculos | 0% | 0% | 0% | |
Servizo Doméstico | 12% | 2,51% | 10% | 1,79% |
Membros de familia | 63% | 52,30% | 82% | 72,31% |
Visto o cal, en Ourense pouco podemos dicir no que atinxe ás mulleres sindicadas ou organizadas. Non se constata ningunha asociación propiamente obreira por parte das mulleres. Si cabe destacar a creación en 1907 do Gremio de Sirvientas y Costureras que funcionarían en defensa do seu sector pero non se lle recoñecen feitos concretos de reivindicacións.
En Ourense non se levou a cabo unha organización de mulleres que reivindicaran para si os dereitos negados, en efecto, non parecía existir entón un sentimento de grupo e as poucas iniciativas que houbo foron de índole puntual e esporádico. Neste senso teriamos que falar de determinados conflitos que aconteceron na provincia ourensá nos que se viron inmersos certos sectores laborais desempeñados por mulleres e que non deixan de ser un pretexto para que se aglutinaran. Tal foi o caso do protagonizado polas leiteiras contra o Concello e tamén das amas de cría contra a Deputación. No caso das leiteiras o incidente máis salientable aconteceu no mes de novembro de 1918 cando estas expendedoras de leite non concorreron ao mercado en sinal del protesta contra as medidas acordadas polo Concello así que non había suficiente leite para abastecer ás numerosas persoas que, durante a crise da gripe, estaban sometidas a un réxime lácteo. A situación creada provocou algún altercado, pois segundo a prensa local:
Las pocas lecheras que ayer vinieron fueron hostilizadas y coaccionadas por las que no querían entrar en el pueblo, y alguna llegó a ser agredida”(8).
O malestar veu motivado porque a Corporación Municipal instaurara a regulamentación do servizo de inspeccións de leite constituíndo unha Sección especial no Laboratorio Municipal de Hixiene. Neste departamento as Leiteiras debían inscribirse nun libro de rexistro onde figurara o número de orde do expendedor, o nome e apelidos, o lugar de residencia e unha nota dos días en que eran recoñecidas as mostras de leite. A máis disto tiñan a obriga de presentar no laboratorio todos os utensilios que utilizaban para o reparto para proceder a marcalos cunha medalla onde figurara o número de orde correspondente ao expendedor. Estas medidas contribuían a garantir a confianza no leite que se distribuía, de tal forma que se algunha vez se recollía o leite en malas condicións quedaba figurado no control chegando a multarse á expendedora no caso de que volvera reincidir. O Axuntamento dispuxo ademais o pago dunha peseta pola marca da vasilla e isto foi o detonante da protesta das leiteiras ourensás en 1918 que pensaban que tiñan que aboar o pago cada mes e non era así. Unha comisión deste grupo de mulleres acudiu á Alcaldía porque non estaban dispostas a someterse ás esixencias á que as obrigaba o Concello e aconsellóuselles que parlamentaran coa autoridade municipal para que expuxeran as súas razóns. Aclarado e encarreirado o problema, de novo as leiteiras acudiron masivamente ao mercado inscribíndose algunhas no rexistro do Laboratorio entregando as vasillas para que foran marcadas, así que as leiteiras estaban dispostas a seguir as normas aínda que circulaban infundios de que a este colectivo se lle facía pagar uns tributos.
Pero outro problema co mesmo sector xurdiu anos máis tarde, no 1922, cando, de novo, dende o Concello indicóuselles que rebaixaran o prezo do leite a 30 céntimos. Esta suxestión creou certas tensións e as leiteiras dicían que estarían dispostas a vendelo a dito prezo sempre e cando tamén se reduciran os prezos doutros artigos de primeira necesidade (aceite, pan, carne, bacallau e artigos de vestir). Véxase como era recollida esta información pola prensa local, neste caso, La Zarpa que fidel á súa liña máis reivindicativa toma partido en favor das leiteiras:
“Los guardias municipais y los de seguridad, cumpliendo ordenes del Alcalde, trataban de obligar ayer a las lecheras a vender la leche a 30 céntimos, llegando a cometer con ellas algunos atrópellos.
Está visto que este Alcalde, cuando se dispone a hacer algo, es indefectiblemente una barrabasada. Para meterse con infelices mujeres y echárselas de autoridad no tiene empacho alguno
Esas pobres campesiñas están dispuestas a rebajar el precio de la leche, en caso de que a los comerciantes se les exija la rebaja de otros artículos de primera necesidad como el aceite, el pan, la carne, el bacalao y artículos de vestir. Y tienen razón que les sobra (9).
b)As amas de cría
Un grupo bastante numeroso de mujeres se dirigió al Puente Mayor, con el dedicido propósito de vaciar los depósitos de mercancías que allí hay, algunos de los cuales son muy importantes por la cantidad de existencias que almacenan….No se recataban los asaltantes en ocultar su botín, antes bien lo iban mostrando a todos. Durante una hora fue un desfile constante de sacos, cajas y latas de diferentes comestibles. (15)

Como as forzas de seguridade e da garda civil eran insuficientes para conter á multitude, saíron á rúa as tropas a petición do gobernador, pero o comandante militar tivo que advertir á autoridade civil que serían inmediatamente retiradas a non ser que se declarase o estado de guerra. As tres da tarde publicouse a lei marcial.
Houbo varios feridos, entre eles varias mulleres: María Iglesias, de 23 anos, da Lonia, casada e modista tivo unha erosión contusa na testa con pronóstico reservado; Juana Iglesias de 18 anos, de Ourense, solteira e modista recibiu un tiro na cara con pronóstico reservado. Teresa Pérez, solteira, de 33 anos, de Lugo; ferida no pavillón da orella dereita; Carmen Pereira, de 44 anos. Ferida de tres centímetros na man esquerda.
As perdas foron cuantiosas pois esnaquizáronse moitos comercios. Ourense permaneceu paralizada durante varios días, sen xornais, sen transportes públicos e con todo o comercio pechado. Mentres, o que máis quebradizos de cabeza ocasionaba ás autoridades era o asunto da fariña. Tiñan noticias de que había almacenados na cidade máis dun millón de quilos, pero a taxa estipulada para a súa venda levaba aos almacenistas a reter a mercadoría. A Xunta de Subsistencias acordou finalmente incautar un corenta por cento das existencias e rebaixar dez céntimos o prezo de quilo de pan.
Volta a tranquilidade, cominouse aos comercios a que abrisen as súas portas e ás vendedoras do mercado a volver aos seus postos. Con todo, durante un tempo faltou por completo na cidade o leite, as hortalizas e os legumes, con gran descontento da poboación. A pesar da impotencia das autoridades para atopar unha solución, boa parte da cidadanía apoiou ao Concello e ao Goberno Civil. Pero o problema da escaseza e carestía dos produtos de primeira necesidade continuou enturbando a vida social e política da cidade das Burgas.
A las ocho de la noche organizóse ayer en la plaza Mayor una imponente manifestación de mujeres, la cual se dirigió al Gobierno civil para protestar contra la forma en que se hace el rparto de los huevos tasados. las manifestantes llevaban tres horas formando "cola" y al cabo de ellas se les dijo que se había agotado la mercancía. El gobernador recibió a la Comisión de mujeres y les prometió atenderlas. Después les recomendó que se disolvieran y se retiraran a sus casas. En la ciudad escasean los artículos de consumo. A causa de la falta de harinas algunas tahonas han subido a noventa céntimos el precio del pan.
Explosiones de petardos y daños a las fincas se han simulado para perseguir con saña a los campesinos asociados, al propio tiempo que se les obligaba a pagar recargos en los impuestos y se amenazaba con disolver sus sociedades. Como protesta contra estos hechos, los agrarios acordaron declararse en huelga, dejando de enviar sus productos al mercado, aunque sin abandonar el abastecimiento de los establecimientos de Beneficiencia.
Desta decisión enviouse un telegrama á UXT de Madrid no que dicían:
Agrarios acordaron no aprovisionar mercado capital a partir lunes. Acuerdo camaradas campo aválalo justificada indignación. Tras incaculables persecuciones, caciques están auxiliados civiles, emgargando comarca Villamarín por cobro extraordinario Consumo inicuo. Obreros ciudad están alerta para secundar paro. Saludos.
A Federación local de Traballadores acordou apoiar o movemento de protesta dos seus "hermanos trabajadores del campo" e tamén protestaron polos atropellos do caciquismo e non pararán de protestar ata que se resolva o problema.
Por suposto que o socialismo avogaba por difundir a educación, era un dos seus principais principios. O socialismo ourensán quixo facer fronte ao problema educativo da provincia e enviaron unha carta a Rodolfo Llopis solicitando que se crearan escolas nos concellos que estaban deficitarios omo eran o da Lonia, A Rabaza, Mariñamansa e Zaín:
Tras conseguir a petición Manuel Suárez, Secretario da Agrupación Socialista de Ourense, contestou agradecendo a resposta de Rodolfo Llopis:
Nos felicitamos y felicitamos a la población escolar, que con la creación de estos centros de cultura, conseguirán capacitarse h hacerse ciudadanos aptos para poder luchar con ventaja en su actuación por la vida y el engrandecimiento de la Patria.
Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense pode considerarse un dos fitos máis importantes de organización reivindicativa do maxisterio ourensán xurdida nos anos trinta cuns claros principios ideolóxicos e uns obxectivos de consecución e actuación. A A.T.E.O. tivo o seu nacemento o 31 de maio de 1931 e no seu momento foi unha organización do maxisterio revolucionaria en Ourense debido aos seus postulados e ideais republicanos de esquerda e pola concepción do maxisterio como “obreiros do ensino” , ideas que resultaron verdadeiramente innovadores e revolucionarios na nosa provincia. Nela aparecen afiliadas as seguintes mestras que, malogradamente, tamén se viron represaliadas como os seus compañeiros cando chegou a ditadura.Los pueblos y con ellos los ciudadanos, se engrandecen y se hacen útiles a la humanidad, cuanto mayor sea su grado de capacidad. Entendiéndolo así los hombres del régimen republicano, todos sus esfuerzos y preocupaciones son principalmente disminuir el número de analfabetos, porque saben que sólo así se podrá coneguir que nuestro país llegue a ser prospoero y los ciudadanos conscientes para reclamar sus derechos y cmplir sus deberes. A la República le interesa tener un pueblo culto, a la monarquía y con ella a los reaccionarios les convenía mantenerlo en la ignorancia...(5).
O
socialismo foi, sen dúbida, un dos principais reclamantes do activismo das
mulleres. O día 13 de setembro de 1931 levou a cabo unha grande xuntanza de
sociedades agrarias en Ganade. Estaban as de Porqueira, Calvos de Randín,
Baltar, Blancos, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Almoite e Sandiás. Milleiros
de persoas estaban presentes ante un palco cheo de bandeiras vermellas. No acto
interviñeron Antonio Vences, Amancio Domarco, José Feijóo Campos, Epitafio
Feijóo, Eladio Moure e Manuel Suárez, este último en nome da Federación
Provincial Agraria e a Agrupación Socialista de Ourense. Suárez fai alusión ao
cometido do que vai ser a Federación Provincial Agraria e explicou
detalladamente o que era o Socialismo en canto á súa relación coa relixión para
combatir as ideas que indicaban que o Socialismo era inimigo da relixión.
Argumentou que o Socialismo respecta a todas as crenzas menos cando estas
atacan aos agraristas ou queren dominar as vontades das mulleres para que estas
influísen nos seus homes. Deste xeito, Castro quere acusa á Igrexa de querer
baixo o seu poder ás mulleres. Así que, a insistencia a facer un chamamento ás
mulleres por parte do socialismo e as agrupacións agrarias foi moi notorio. Tal
que así, nun dos mitins da zona de Valdeorras Alfonso Quintana Pena
manifestou de xeito contundente que os Socialistas loitaron ferventemente pola
instauración da República e agora tiñan o deber de mantela. Estimulou a que os
obreiros e os agrarios se "orienten en sentido socialista" pois
grazas á U.X.T e ao Partido evitaban renacer tempos pasados pois os Socialistas
ían defender sempre á República. Apelou e animou ás mulleres para que asistisen
aos mítines socialistas para que se "vaian capacitando", pois o
Socialismo, dixo, sempre defendeu a emancipación da muller, tal como se fixera
por primeira vez en Berna.
Foi
persistente o afán dos socialistas de ver estendidos os seus ideais nunha maior
base social e o seu esforzo encamiñábase en facer mitins e actos por todos os
recantos da provincia. Nun acto celebrado en novembro de 1931 en Allariz e ao
que acudiron outras asociacións agrarias da contorna como a de Celanova,
Sandiás, Almoite, Taboadela e a Merca chegouse a congregar un grande
número se persoas, homes e mulleres. Alí toma a palabra Manuel Castro da Agrupación
Socialista de Ourense e comezou dicindo que viña coa intención de propagar
entre os agricultores e obreiros os ideais socialistas e a táctica de U.X.T.
Logo intervén Alfonso Quintana e agradeceu os bos resultados que obtiveron os
socialistas na comarca de Allariz e tamén argumentou sobre o labor levado a
cabo polo Socialismo no Parlamento en favor da xente agraria. Fai mención de
que o Partido e U.X.T fixeron máis polos pobres nos corenta anos de existencia
que a Igrexa en vinte séculos de dominio. Nun momento, sabendo que hai mulleres
escoitando dilles que deben participar e preocuparse máis polos "asuntos
públicos" pois son elas as que máis sofren as consecuencias dunha mala
administración. Finaliza o seus exordio facendo mención ás mulleres galegas
como "digna continuadora de las glorias de Concepción Arenal y Pardo
Bazán" (17) e anímaas para que
inflúan nos seus homes e fillos para que ingresen nas oganizacións proletarias
e agrarias.
Esta
apelación ás mulleres viña sendo habitual nos discursos de Alfonso Quintana o
que demostra que depositaba na muller un rol especialmente interesante
para o socialismo tanto como un intento de integrala como de outorgarlle a
misión de ser alentadora para que o seu home e fillos se sumasen á causa do
partido.
En
efecto, había un interese por sumar ás mulleres ao Partido e noutra ocasión, o
28 de decembro de 1931, dentro do plan da campaña de propaganda do socialismo,
a Luíntra forn Manuel Castro, Tomás Serantes e Eladio Moure ao acto organizado
pola Agrupación Socialista de Nogueira de Ramuín. Todos tomaron a palabra pero
Moure cando chegou o seu turno fixo un chamamento ás mulleres para que se
aproximaran ao Partido Socialismo que "con sus principios pacifistas
salven a sus hijos de los horrores de la guerra" (18).
Noutra ocasión o 21 de febreiro de 1932 celebrouse en Vilaza outro acto onde
Moure volveu insistir na necesidade de que as mulleres se afiliaran ao Partido
coas seguintes palabras "vuestro sitio está en el Partido Socialista,
que es el único Partido pacifista" (19).
Ao rematar o acto organizouse unha manifestación ata o local pero este estaba
tan abarrotado de xente. Homes e mulleres ocupaban todos os bancos e os
oradores volveron a pronunciar unhas palabras.
Desde
logo o éxito dos actos socialistas quedaba reflectido polos numerosos
asistentes composto tanto por homes como por un cuantioso número de mulleres
que, sen estar en primeira liña, ampliaban as bases do partido.
O 1 de
outubro de 1931 aprobouse o dereito ao voto da muller en España e o Partido
Socialista manifestou ser unha organización que sempre pretendeu a
igualdade de dereitos entre homes e coa obriga de "educar" á muller
se considerara co deber de manter a República e influír no avance social. Non
se trataba dun adoutrinamento, senón dun desexo de fornecer o novo compromiso
adquirido grazas á concesión do sufraxio. O propio Ramón Fuentes Canal
manifestou a necesidade de preparar á muller argumenatndo a súa deficiente
cultura política pois, probablemente, quixeran eludir o censo electoral.
Fuentes manifestou a súa preocupación pola elaboración da lista censal xa que
era sabido que noutras etapas este era, deliberadamente, mal configurado. Así
que argumentaba que:
Además en este Censo figurarán las mujeres a las que la República concedió, en igualdad de condiciones que al hombre, el voto, y muchas de ellas por deficiente cultura política harán todo lo posible por quedar excluidas del mismo y es preciso por todos los medios evitarlo. Haciendo que figuren se consigue que no se desentiendan de la lucha electoral. (20)
Como
se indicou, as mulleres ourensás militaron no socialismo desde a retagarda,
desde o anonimato, e case non se destacaron nomes propios que se postularan
como dirixentes. Pero si que hai que facer mención de Remeios Sánchez Martínez.
Remedios naceu en Parada de Amoeiro e era irmá de Cástor Sánchez, que era
canteiro e un destacado dirixente agrarista que marchou a Francia en 1919 para
escapar das represalias. Volveu en 1921 e fundou no seu pobo a UXT e a
Agrupación Socialista. Coa República ocuparía o cargo de alcalde e redactou
artigos nos xornais La Zarpa e La Lucha pero, tras o golpe de estado do 1936
foi detido, e fusilado.
A súa
irmá compartiría con el os ideais socialistas pois así quedou de manifesto nas
súas colaboracións no xornal La Lucha, Órgano de la Agrupación
Socialista y de la Federación Agraria de la Provincia. Destacouse por
avogar polos dereitos das mulleres que ela sempre defendeu, polas súas críticas
á Igrexa pois dita institución as mantén subxugadas e submisas; " completamente
sumida en la más nefanda esclavitud de la iglesia, fiándose en absoluto de todo
cuanto le dice el cura" e, por suposto, pola defensa dos
principios socialistas pois como dicía "El partido socialista es el
único libertador de nuestra clase". (21)
Remedios
arengaba ás mulleres para que espertaran do seu letargo. En efecto, eran tempos
novos nos que a muller vía cumprido o seu pleno dereito de cidadá.
En definitiva, o socialismo defendeu a igualdade de homes e mulleres por considerar que estas achegaban á sociedade na mesma contía que os homes e así mesmo facían un chamamento para que se integrasen no partido xa que eran consideradas un importante baluarte socialista.