(Entrada suxeita a publicación nun libro). Ramona naceu Sarreaus, comarca de Xinzo da Limia, e era mestra interina en Ourense. Por formar parte de A.T.E.O. foi suspendida de emprego e soldo por un período de tres meses. Estaba destinada na escola do pobo de Sabadelle, no Pereiro de Aguiar pero antes estivera na escola de As Mercedes, Cualedro.[1]. Comezou os estudos de maxisterio en 1913 e preparouse no Internado do Maxisterio Católico no Mosteiro de Pedra. As Normais tiñan en moi boa consideración dito internado dirixido pola escritora Señorita Pilar Muntadas, unha muller de rango social distinguido pero que se caracterizou polo seu interese en formar ás futuras mestras seguindo a senda do Pai Majón. A preparación conducíase nos parámetros do conservadurismo ético e moral. Non obstante, Ramona, ao aparecer inscrita na A.T.E.O. dicía dela que procuraba promover unha ensinanza moderna pero foi sancionada con tres meses de suspensión de emprego e soldo. O castigo, aínda que foi leve se temos en conta que outras das súas compañeiras foron desterradas e sancionadas por períodos de anos, tivo que supoñer para ela un desacougo xa que a Comisión Depuradora foi implacable cos afiliados á Asociación e ademais o trámite do seu expediente durou de 1936 a 1942. Pero a todo isto hai que engadir a dura situación familiar que estaba a padecer Ramona.
El expedientado ha sido Alcalde del Frente Popular de Ginzo de Limia, y esto solo le atribuye la condición de extremista destacado pues sólo siéndolo, se podía haber desempeñado tal cargo. Han sido embargados bienes por valor de cinco mil cuatrocientas pesetas; el expedientado tiene esposa y ocho hijos, que no puede decirse precisamente que vivan a sus espensas, pues la esposa es Maestra Nacional (…) Para esta Comisión Provincial el haber sido Alcalde del Frente Popular en una cabeza de partido, supone algo más que complacencia por la situación de aquel gobierno; supone complicidad y como aquellas complacencias y más aún estas complicidades son la causa, o por mejor decir, fueron la causa de los daños que la Nación ha sufrido…[3]
Ramona seguía a traballar pois era a que traía o sustento á casa, de tal xeito que continuou cubrindo interinidades. Esta condición de interina facía que estivese a expensas de cubrir vacantes o que supuña moita mobilidade por diversas escolas e localidades. En 1951 estaba na escola de Parada Ribeira en Xinzo da Limia pero tamén foi á de Vimieiro en Castro Caldelas. Logo voltou á escola de párvulos de Cualedro e a continuación foi á de Guillamil en Rairiz de Veiga. Após, en 1960, foi cubrir por tres meses a escola de Curra, en A Veiga para despois ir por un mes á de Pixeiros en Blancos.
Pode dicirse que Ramona foi un piar para a familia e é de supor que con grandes apuros. O traballo para ela era gratificante pero supuña un grande esforzo pois tocaba estar en diferentes pobos, con cambios de prazas constante e un soldo inferior. Unha mostra do sufrimento levado por moitas ourensás, por moitas mestras.
Faleceu en Ganade, Xinzo de Limia, o 5 de agosto de 1968.
[1] La Región,
19 de agosto de 1913, p. 2; El pueblo
gallego, 9 de xuño de 1932, p. 10; La
Región, 5 de agosto de 1936 , p. 4; La
Zarpa, 4 agosto 1936, p. 5; La Región,
4 de febreiro de 1937, p. 4; El pueblo
gallego, 25 de outubro de 1951, p. 2; El
pueblo gallego 30 de xaneiro de 1957,
p. 11; El pueblo gallego : 13 de
xaneiro de 1960, p. 11; El pueblo gallego,
19 de xaneiro de 1960, p. 7; AXEITOS, X.L, GRANDÍO SEOANE, Emilio, VILLARES, Ramón,
A patria enteira : homenaxe a Xosé
Ramón Barreiro Fernández, Santiago de Compostela; A Coruña:Consello da Cultura Galega :Universidade de Santiago de Compostela: Real Academia Galega, 2008, p. 293; DOS, C.
(2019, Xuño 2). político galego.
Wikipedia.org; Wikimedia Foundation, Inc. https://gl.wikipedia.org/wiki/Higinio_Rodr%C3%ADguez_M%C3%A1rmol
(Consultado o día 17 de maio de 2024.)