Levaba varios días publicada esta entrada de Francisca Franco no blog das Nosas Mulleres Ourensás e púxose en contacto conmigo a súa bisneta, Araceli Gallego Blanco. Foi para min moi emocionante pois compartiu comigo unha información moi inédita sobre Francisca. Vou transcribir íntegra a información que me transmitiu cargada de emoción:
“Ola bo día, hoxe lin no teu blog a entrada de Francisca
Franco González, a miña bisavoa. Foi unha grata sorpresa atopar o relato
que forma parte da nosa historia biográfica familiar, nunha palestra máis
pública. Esta historia contouma a miña avoa Melania (a filla menor das dúas
fillas que tivo Francisca). Tempo despois de coñecer esta historia andiven na
procura de máis datos para poder completar e afianzar o relato que a miña avoa
Melania me foi narrando ao longo do tempo”
Araceli achegoume datos biográficos
sobre a súa visaboa e di:
Francisca Franco González, naceu no lugar das Ouxeas,
parroquia de Santiago de Vilamarín, Concello de Vilamarín, o 5 de febreiro de
1885. Era filla de Esperanza e Pedro e estaba casada con Manuel González Dacoba (moi
vinculado, tamén, ao Comité Republicano Agrario e íntimo amigo do seu irmán),
tiveron dúas fillas Esperanza e Melania. Vivía nas Ouxeas, xunto coa súa nai Esperanza e
o seu irmán Francisco Franco González (Presidente do Comité Republicano Agrario
de Vilamarín). Francisca entrou en prisión, con 36 anos, o 25 de agosto de
1921, e permaneceu ata o 15 de setembro de 1921. Un dato que agravou o drama,
foi que ela estaba embarazada da súa primeira filla, Esperanza (nacida en
febreiro de 1922). Faleceu o 21 de xaneiro de 1970 en Ourense. Araceli
di con emoción: “A miña avoa sempre describiu a súa nai como unha
muller de moita determinación e carácter”.
Desde aquí quero expresar o meu máis sentido
agradecemento a Araceli por contribuír ao enriquecemento deste blog.
A situación que se estaba a vivir no pobo de Vilamarín era moi tensa debido ao comportamento dun dos representantes do Gobernador Civil de Ourense polo cobro do reparto dos consumos, tal como recoller o seguinte artigo de La Zarpa do 25 de agosto de 1921:
Francisca Franco era irmá do Presidente da Sociedade Agraria de Vilamarin e ela tamén se implicou no movemento agrarista. Debido á súa militancia e tamén por ser denunciada polo cacique do pobo de Reádegos, con quen tiña un duro enfrontamento, foi detida e encarcerada no cárcer de Ourense en setembro de 1921. O colectivo agrario protestou e o propio Basilio Álvarez mediou para que fora posta en liberdade. En efecto, Basilio Álvarez solicitou á
Auditoría de A Coruña que a puxera en liberdade e tras presentar diversos informes librárona do cárcere. Así o recolle a prensa da época (la Zarpa, 14 de setembro de 1921).
(...)
Logo da súa posta en liberdade, Francisca regresou a
Ouxeas, acompañada polo propio Basilio Álvarez e foi recibida con honra e
apertada por todas as mulleres do pobo. O seu irmán estaba emocionado como toda
veciñanza e: “Los que creyeron que con
esta persecución sufriría el agrarismo de Villamarín un gran quebranto, se han
lucido”
O agrarismo galego foi un movemento de reivindicación do
campesiñado galego que xurdiu en 1906
cando se promulgou a lei de sindicatos agrícolas que permitía a asociación de
campesiños en cámaras agrarias ou comunidades para adquirir trebellos e poder
exportar os seus produtos. Finalmente, dito movemento tivo unhas repercusións
sociais de maior relevancia
Co paso dos anos este movemento tivo unha grande
actividade reivindicativa dirixa cara dous obxectivos claros: o problema dos
foros e o caciquismo. A Zarpa, a prensa local ourensá de liña editorial máis
progresista e cuxo fundador- director foi Basilio Álvarez, foi a que se
encargou de informar de xeito exhaustivo sobre as reclamacións do agrarismo.
En Ourense o movemento agrario tivo como principal
defensor a Basilio Álvarez. Home plenamente convencido para a defensa do labrego galego o que lle custou ser apartado
da súa parroquia como un acto punitivo por parte do bispado. Foi entón cando
abandonou a Igrexa e se adicou á abogacía. Dicíase del “Esto es, la potencia convertida en acción, o lo que es equivalente:
Basilio, el Apóstol del agrarismo, el fustigador de contubernios, otra vez con
su martillo de cíclope contra los tambaleantes muros de una viciosa
organización social que tolera la explotación del hombre por el hombre”
Polos anos vinte do século pasado organizábanse por toda
a xeografía galega mítines coa finalidade de concienciar aos labregos da
necesidade de facer unha oposición resistente contra a lei de rención dos
foros. Non satisfeitos co proxecto faise un chamamento ao agrarismo galego para
que se resistan ao pago das rendas e din que: “La solución al problema de redención de foros está –lo sabe el ministro
de Gracia y Justicia, lo sabe el Gobierno_ en el auxilio pecuniario del Estado
a los foreros. Aquí donde el Estado auxilia a empresas particulares y se
malbaratan millones y millones, bien se puede pedirle que por una vez abra sus
arcas para una obra tan beneficiosa y a la vez de justicia social”
Así mesmo, outro dos problemas era o caciquismo. O
movemento agrario animaba aos campesiños a que se animaran a participar das
reividicacións e que se convencesen dos abusos caciquís. En San Martin de
Gueral, A Peroxa, celebrouse un mitin o 16 de novembro do 1921: “convencieron a los que estaban engañados por
los elementos caciquiles”
Créase a Federación Provincial Agraria de Ourense que
celebrará o seu primeiro aniversario o día 1 de xaneiro de 1922 no Campo de
Deportes da Lonia ás dez da maña co ánimo de protestar contra a lei de
redención dos foros. A Federación viña realizando unha obra indiscutiblemente
útil: “ha conseguido agrupar a los
labriegos dispersos, organizándolos y llevando a sus espíritus el
convencimiento de que para ser dueños de su producción, han de serlo
previamente por medio de las organizaciones de esta institución redentora
(La Zarpa, 30 de decembro de 1921, p. 1)
O movemento agrarista tivo repercusión na provincia de
Ourense tal como se deduce polas numerosas noticias e editoriais que del se fan
na prensa da época. Dita repercusión trouxo como consecuencia unha fonda
preocupación por parte das autoridades que non dubidaron en perseguilo e intimidalo, empregando a coacción aos pobres campesiños:
“El agrarismo como necesidad apremiante
para toda Galicia, ya traspasa las fronteras de Pontevedra y Orense y se
extienda por las llanuras de Monforte, como una ola salvadora qu en su avance
arrastra todas las fotalezas caciquiles donde ondea, negra y trágica, la
bandera del oprobio”
Na
revista O Tío Marcos d´a Portela falábase de que o movemento fora diluíndose e
perdendo a súa esencia: “Xa non se fala,
cuase, d´o agrarismo gallego. Aquil movemento sin precedentes, que xurdiu pol-a
vontade d´un home forte como´a carballa dá Mirteira, foise esvaindo, esvaindo,
hastra non deixar d´il mais que un recordó…”