Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Cárcere de Celanova. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cárcere de Celanova. Mostrar todas las entradas

06 abril 2025

CARMEN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

Era filla de Nicolás e de Clarisa e naceu no Meiral, O Barco de Valdeorras, en 1924. Vivía en Meiral e estaba solteira, dedicándose aos labores do campo e da casa e tiña unha pequena eiva, pois coxeaba da cadeira esquerda. O 22 de agosto de 1942, con 18 anos, foi detida pola Garda Civil e conducida ao Departamento do Barco de Valdeorras á disposición do Tentente Xefe do Sector desta Praza. 

(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1941 a 1942. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2241. Libro 2241.(331))

A causa da súa detención era que auxiliara aos fuxidos. Posteriormente, decídese a súa condución ao cárcere de Ourense e quedar á disposición do Xuíz Militar, número 31 de Ourense. O 31 de agosto o Xulgado Militar enviou un escrito indicando que a reclusa podía ter prisión atenuada. Non obstante, desde a alcaldía de o Barco manifestouse o seguinte:
Consecuentemente con su escrito...tengo el gusto de comunicar a V.S. que a juicio del Alcalde que suscrite EXISTE RAZÓN DE ALARMA SOCIAL QUE ACONSEJE LA NO CONVENIENCIA DE QUE EL RECLUSO DE ESE ESTABLECIMIENTO CARMEN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ AGUARDE EN SITUACIÓN DE PRISIÓN ATENUADA LA RESOLUCIÓN DEL PROCESO QUE LE INSTRUYE EL JUZGADO MILITAR Nº 3 DE ESA PLAZA, debido a la concordancia en que estaba y puede estar con los rojos huidos por los montes de esta demarcación. Dios guarde a V.S. muchos años. Barco de Valdeorras, 11 de septiembre de 1942. (1).

Finalmente, a decisión do xuíz estaba tomada e o 12 de setembro concedéuselle a liberdade provisional. E Carmen Rodríguez asinou unha declaración comprometéndose a residir en Meiral.

Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez.
ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048.
Caixa 25132/048.
Pero o 26 de xaneiro de 1944, Carmen volveu ser detida e permaneceu ata o 24 de maio que foi posta en liberdade provisional en virtude do mandamento do xulgado militar eventual número 3 de Ourense. Pero Carmen volve a ingresar en prisión en Celanova o día 13 de decembro de 1947 pero o 16 será posta en liberdade. Súa nai, Clarisa, tamén sufría a represión.
Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez.
ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048.
Caixa 25132/048(16)
(1)Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez.. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048.
Caixa 25132/048(12)
(Elaboración propia a partir de Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048. Caixa 25132/048; Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1941 a 1942. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2241. Libro 2241

02 marzo 2025

INTERESANTE PODCAST "A FERIDA ABERTA EN CELANOVA"

Merece a pena escoitar este podcast sobre as mulleres no cárcere en Celanova e as mulleres, en xeral, perseguidas durante a ditadura realizado pola periodista Nuria López. Clicar na imaxe para escoitalo.


09 febrero 2025

REMEDIOS FRÍAS CARBALLO

As mulleres, encubridoras durante a guera civil dos seus, recibiron castigos moi duros por parte do réxime. Sentirían o alento na caluga pois eran pezas clave e de chantaxe emocional para os fuxidos pois o obxectivo era dar co seu paradeiro. Tanto era duro o cárcere nas súas casas como o ía ser o cárcere físico onde as condicións e os malostratos serían contínuos.

Remedios foi encarcerada o 23 de febreiro de 1937 no cárcere de Celanova por ser a nai de Alfonso Gayoso Frías dirixente do PC e tamén porque se dicía que ela tamén facía propaganda comunista. Remedios naceu en 1882 e casou con Jesús Gayoso pero este faleceu en 1911. O matrimonio tiña dous fillos, Alfonso e Francisco. No inicio da guerra ela residía en a Valenzá e xunto co seu fillo Alfonso e rexentaba unha taberna.

Foi considerada cómplice do seu fillo Alfonso Gayoso acusado de ser comunista. Este, amáis de ser escritor,  home cultivado, erudito e amante de Galiza, era unha persoa moi comprometida socialmente e xunto con Benigno Álvarez organizou o sindicato da Federación de Traballadores da Terra da UXT e ademais foi fundador da federación campesiña so Partido Comunista Español.

Cando comezou a guerra alistouse no bando republicano pero, de seguida, comezou a súa pescuda e persecución pois as forzas do novo réxime xa o rexistraron como un activista comunista:

(Fonte: Extrato do Expediente de responsabilidades políticas de Secundino Fernández Gómez, Armando Fernández González, Miguel Formigo Vázquez, Ceferino Fuentes Pérez, Cástor Gómez Pérez, José Guede Franco, Ramón Iglesias Mar, Alfonso Gayoso Frías, Julio Navares Castro e José Villar Lafuente. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.1.2.//7204/01. Caixa 7204/01)

O alcalde de Barbadás, envíou o 7 de xullo de 1941 un informe ao Xuíz Instrutor de Responsabilidades Políticas, facendo referencia a que Alfonso era propagandista e que residía na casa da súa nai. Dicía así literalmente:

Consecuente a su atenta comunicación número 5.038 de 3 del corriente mes, tengo el honor de informar a V.S. que de antecedentes adquiridos al efecto, resulta que Alfonso Gayoso Frías, vecino que fue del pueblo de la Valenzana en este municipio, vivía con su madre en estado de soltero, de cuyo domicilio desapareció en los primeros días de iniciarse el glorioso Movimiento, sin que desde entonces se hubiese reintegrado al mismo. Durante su permanencia en este distrito ha militado siempre en los partidos de extrema izquierda (se ignora a cual de ellos pertenecía o estaba afiliado), destacándose como activo propagandista, aun cuando no consta hubiese realizado acto alguno de carácter delictivo ni cometido otros excesos. Se desconocen en absoluto la conducta y actividades desplegadas por dicho individuo en relación y con posterioridad a la Cruzada de liberación, por haber permanecido durante toda ella ausente de este municipio...

Tampouco se librou Remedios de ser acusada pois o informe do párroco emitido o 12 de xullo de 1941, afirmaba e confirmaba que tanto Alfonso, como seu irmán e como a nai de ambos os dous, Remedios, foran os principais promotores de todos os acontecementos que houbera na Igrexa Parroquial e tamén na rectoral...e segue dicindo:

...en el Distrito y en todas las propaganda comunistas de la Valenzana, donde su madre (referida a Remedios, nai de Alfonso) tiene una taberna que es centro y reunión de toda esa gentuza indeseable....

As palabras do párroco transmitían esa ansia de que a familia fose detida, de feito ata se atreveu a indicar ao xuíz instrutor (dado que o informe ía a el dirixido) que pechasen a taberna, el di "clausurar dicha taberna por continuar sendo centro de propaganda de ideas disolventes, de blasfemia pública y de bailoteos procaces e inmorales..." . O cura párroco remata dicindo que pide reserva e segrdo polo informe, o que vén a dicir que non quere quedar ante o pobo como o delator.

Outros informes emitidos sobre Alfonso foron a Garda Civil que dixo que Alfonso pertencía ao partido Comunista; a Falanxe de Barbadanes manifestou que supuña que era afiliado do partido comunista e que fora concellal da Fronte Popular aínda que "sin cometer desórdenes". A partir dese momento xa se emitíu unha orde de incautación de bens. 

(Fonte: La Región .1937 xaneiro 30, p. 2)

Por aquel entón, Alfonso xa estaba poñendo terra de por medio. Estivo en Marrocos, os EE.UU., Cuba e Venezuela ata instalarse en Arxentina, en Bos Aires onde levou a cabo un grande labor cultural. Morreu en 1970, en Bos Aires, e o eco do seu falecemento chegou a terras ourensáns, e Ben-cho-Sey en proba da súa admiración polo labor desenvolvido, dedicoulle un bonito panexírico.

(Fonte: La Región .1970 outubro 3, p. 3)

Dous anos antes falecera Remedios, concretamente o 26 de maio de 1968, tiña 89 anos. Seus fillos non puideron asistir ao seu enterro en A Valenzá pois estaban ausentes, fóra do país, fóra da ditadura. 

(Fonte: La Región. 1968 maio 28, p. 4).
(Elaboración propia a partir dos expedientes citados e da hemeroteca.)

28 enero 2025

AS MULLERES NO CÁRCERE DE CELANOVA E BANDE POLA DITADURA

(Fotografía envellecida a partir dunha foto actual publicada en La Voz de Galicia)

Este blog contén o nome dalgúnhas mulleres ourensás que foron encarceradas na Prisión de mulleres de Celanova. O Comité da Memoria de Celanova estivo a traballar a esgalla para sacar á luz a mozas que sufriron a opresión franquista e foron condenadas por axudar aos seus, por protexer aos perseguidos, e, en efecto, polas súas ideas. Imos coñecendo a vida dalgunhas destas mulleres pero hai que seguir pescudando para sacalas á luz e darlle a memoria que se merecen. 

Neste blog aparecen as seguintes mulleres:

Ernestina Grande Borrajo

Jesusa Prado López

Divina Valle

Estrella Alberte

María del Valle Lozano

Rosa Blanco Lamelas

Salud Torres

Remedios Frías Carballo

Teresa Domínguez Prada (na de Bande)

Irene Rodríguez García (na de Bande)

María Fernández Domínguez (na de Bande)

Marcelina Fernández Domínguez (na de Bande)

Maruja González Cudeiro (na de Bande)

Dolores Villamarín Otero (na de Bande)

Luísa González Cudeiro (na de Bande)

Erundina Álvarez Pérez (na de Bande)

Para a súa lembranza e para a nosa Memoria.

15 junio 2011

SALUD TORRES DÍAZ (DÍEZ)

Salud naceu en Ourense ás dez da mañá do 12 de agosto de 1911 e era filla de Silvio Torres Bellido que era de Onil, Alicante, e de profesión cocheiro, e de Julia Díez Borrajo que era de Coia, Allariz. O matrimonio vivía no número 93 da rúa do Progreso. 

Nesa rúa era onde Salud adoitaba a xogar e nunha ocasión, o 15 de febreiro de 1920, cando tiña oito anos, foi atropelada na Ponte Pedriña á saída da rúa do Progreso por un coche conducido polo banqueiro Señor Fuentes. O atropelo causoulle graves lesións polo que foi levada á Casa de Socorro e recoñecida polo Doutor Julio García. Feitas as curas Salud puido regresar ese mesmo día á súa casa. A noticia do atropelo saiu en toda a prensa local e galega pois, certamente, debeu ser alarmante.


(Fonte: Arquivo do Rexistro Civil de Ourense).

En 1926 fixo o ingreso para o Instituto de Segunda Ensinanza de Ourense pero non consta o seu expediente. 

Foi delegada de UXT e militante do Partido Comunista e participou nun mitin organizado polo Comité Provisional de la CGTU celebrado no teatro Principal en abril de 1934 e que estaba presidido polo deputado comunista Bolívar. En dito mitin  interveu xunto con Manuel Pousa, Rafael Ochoa, Benigno Álvarez, Manuel García Filgueira e Francisco Paladini. Asistiron ao evento as  organizacións campesiñas coas súas respectivas bandeiras e ao finalizar o acto cantaron os Coros proletarios a Internacional. 

(Imaxe creada por IA na que se recrea a intervención de Salud Torres no Principal).

Nesa época seu pai estaba delicado de saúde e faleceu en xullo de 1934 mentres Salud e Silvio estaban en plena militancia activa.

Salud foi detida xunto co seu irmán Silvio en outubro 1934 durante a folga xeral dese ano acusada de comunista e por incitar aos soldados á rebelión e foi sometida a un Consello de Guerra. No inicio da Guerra Civil detivérona e levárona ao cárcere de Celanova e o 29 de outubro de 1937 "paseárona" e fusilárona. Tiña vinte e cinco anos. O seu cadáver apareceu no lugar de Lomba de Lamas (Xinzo de Limia). 

(Fonte: «Comunistas detenidos», Galicia, 21 de outubro de 1934, p. 1).

(Fonte: El Compostelano, 22 outubro, 1934. De Galiciana)


(Fonte: «Por hojas subversivas», La Región, 21 de outubro de 1934, p. 5).

Claudio Rodríguez Fer dedicoulle o seguinte poema:

O TERROR EN CARRO DE VACAS

Ata a Lomba de Lamas,
onde os doces prados do outono
son lameiros de regos transparentes
fluíndo baixo a última sombra da noite
espida polas pastoras das brañas
e polas aves canoras na albada,
ata alí mesmo,
tras subir lentamente polo Monte Furriolo,
chegou o terror en carro de vacas

Non se pecharon máis
os ollos das nenas pobres do campo
nin deixaron de ver nunca
o sangue do chedeiro
escorrendo polo cabezallo,
pingando polo eixo,
revirando na roda
flamexante e vermella
como un sol tristemente caído
sobre a lama da lomba

O carro secular e inmóbil,
o alarido interminable
da cantadeira sobre o eixo,
o arrepío dos estadullos en punta
coma se os fungueiros saísen espetados
polas furas das feridas das mulleres mortas,
eran a expresión do medo

Pero non doeron máis a María de Beiro
os balazos que coseron o seu corpo
que os que descoseran antes
a seu fillo Manuel,
que os que descoserán máis tarde
a seu fillo Ricardo

Non magoaron máis a Salud
as balas que acabaron coa súa vida
que as que remataran coa xustiza,
pois a esperanza tiña entón a parálise
dun carro de bois detido sobre o barro
por desfeita cerebral no outono.

Elas eran o leite nutricio
e as mazás da vida
no tempo do leite ardendo gasolina
e da mazá con hemorraxia interna

Ninguén puido comprendelo
na Lomba de Lamas

Fusilaran o leite branco,
fusilaran a mazá vermella,
e o terror viña en carro de vacas
aforcando a dignidade co xugo

Vid: Nomes e Voces e investigación en aquivos. Vid: «Orense», El Pueblo gallego, 8 de abril de 1934, p. 12; «Orense», El Pueblo gallego, 11 de abril de 1934, p. 121; «Notas», El Compostelano, 22 de outubro de 1934, p. 2; «Por hojas subversivas», La Región, 21 de outubro de 1934, p. 5; «Comunistas detenidos», Galicia, 21 de outubro de 1934, p. 1

22 marzo 2009

JESUSA PRADO LÓPEZ

(Entrada publicada no libro O rueiro que queremos feminino e plural.)
Jesusa Prado López naceu en Ourense no ano 1897 e foi unha activista que loitou contra o fascismo e defendeu o socialismo.
Jesusa naceu no seo dunha familia comerciante. O seu pai rexentaba unha peletería en Ourense, negocio que montou despois de fabricar calzado[i]O pai defendía ideas socialistas e Jesusa foi adquirindo pouco a pouco ese mesmo ideal. Foi nena precoz pois comezou a ler aos catro anos e, despois da primaria, fixo os estudos de secundaria no Instituto Provincial da capital.
A familia emigrou a Cuba en 1911, cando Jesusa tiña catorce anos. Son os anos de emigración transoceánica previos á primeira guerra mundial, un período de saída masiva de emigrantes con destino aos países de Sudamérica[ii]Serán os protagonistas da emigración andoriña da que falaba Vicente Risco, composta por aqueles galegos que atravesaban o mar e que rara vez voltaban[iii].
Chegados a Cuba os pais de Jesusa foron afíns ás ideas socialistas o que lle traería grandes desgustos pois chegaron a queimarlle a casa provocando a morte de dous irmáns de Jesusa. Os obreiros da fábrica de ladrillos onde comezara a traballar o pai adoitaban facer asembleas e Jesusa acudía a elas xa que, dende moi nova, abrazaba ideas revolucionarias.
 Ao morrer o pai, Jesusa comeza a traballar na tinturería Lindsay, coñecida en España co cualificativo de “Americana” e que tiña varios negocios abertos en diferentes cidades españolas[iv]Pero a vocación de Jesusa era escribir sobre política, poesía, literatura, arte...Unha muller dunha enorme amplitude intelectual.
Coñecerá a un galego ourensán de Paderne de Allariz, tamén emigrante en Cuba, chamado Donato Figueiral Quintas e casan en 1920. Os dous teñen ideas socialistas e a súa casa convértese nun lugar onde se reunirán galegos. Cada vez é maior o convencemento de  Jesusa polas ideas revolucionarias e marxistas.
Volve a Galiza en 1926 cun médico e dous obreiros e en Ourense vai cimentar as primeiras organizacións do Partido Comunista desempeñando cargos de responsabilidade local e provincial. Ela rexentará na cidade a “Tintorería Alemana” e era coñecida como a “plisadora”, pero deixou de traballar nela en novembro de 1934[v]. As ideas de Jesusa cobran realidade e materialízanse cando ela vai participar nas revoltas obreiras de Asturias de 1934.  Foi apresada e librouse da cadea pero non da represión xa que tivo que permanecer na súa casa sen saír ata as eleccións de 1936.
Cando se produciu o levantamento militar en 1936, Jesusa botouse á rúa e sumouse á revolta dos obreiros que pedían armas para combater o fascismo. Desta vez foi detida e maltratada e encadeada no Convento de Celanova. Estaba condenada á pena capital pero, ao fin, foi trasladada á prisión de Ribadavia.
Afortunadamente, o cónsul de Cuba en Vigo recibe a carta certificada enviada por Donato Figueiral desde Cuba co documento da nacionalidade cubana de Jesusa. Grazas a isto, puido embarcarase en Lisboa para volver a Cuba.
De volta a Habana, Jesusa mantén a súa inquedanza revolucionaria. Montará unha nova tinturería chamada “El buen gusto”. Pero seguiu a loita para axudar aos antifranquistas presos ou fuxidos e tamén encabezar e apoiar o movemento obreiro e revolucionario cubano. Todo isto fíxoo desde o Partido e desde as Asociacións da colonia na Habana.
Comeza a ser respectada pola comunidade galega en Cuba e coa revolución de Fidel Castro cede o seu negocio ao Estado. Logo foi fundadora dos Comités de Defensa Revolucionaria. Coñeceu a Ernesto Che Guevara que lle dá a misión de actuar como mestra no círculo de estudos que el dirixía. Tamén coñeceu a“Pasionaria”, Dolores Ibarruri, cando foi invitada a Habana en 1963 e tamén tería ocasión de coñecer a Santiago Carrillo. Deste xeito, Jesusa era considerada unha muller moi respectada polos máis altos cargos do partido Comunista.
Pero a súa vida en loita non lle saíu gratuíta pois a súa saúde sufriuno. Jesusa padeceu varios infartos e decidiu xubilarse en 1967. Pero a senda política non a abandonou.
Jesusa faleceu en La habana o 15 de abril de 1971. O seu enterro foi unha gran mostra e manifestación de dor dos “camaradas e amigos”. O féretro ía envolto na bandeira vermella do Partido Comunista de España e como dixo o Camarada Jérez, membro do comité executivo do partido, “Os restos da camarada Jesusa descansan na irmán (sic) terra cubana que moito amaba. Pero estamos certos que Jesusa morreu pensando na nosa Galicia pola liberación da cal loitou toda a súa vida. Na nosa lingua, que Jesusa non deixou de falar endexamais, queremos expresar o noso sentimento e a nosa tristura pola desaparición de tan veterana e adnegada militante...¡Que descanse en paz a nosa camarada  Jesusa Prado”[vi].

«Á memoria de Jesusa Prado», A voz do pobo ¡Proletarios de todol-os países unídevos”, 25 de maio de 1971 , p. 2.

(Fonte: «Ha muerto una veterana de nuestro Partido Jesusa Prado», Mundo Obrero : Órgano del Comité Central del Partido Comunista de España, 15 de xuño de 1971, p. 10).

A continuación reproduzo parte dunha reportaxe asinada por Manuel Carnero dedicada a Jesusa Prado:

Jesusa Prado era, sobre todo, eso, una revolucionaria y en nuestra ´peoca el más alto grado del revolucionario es ser comunista. Jesusa Prado era, y de ello se honra el Partido, miembro del Partido Comunista de España y envuelta en su bandera fue a la tumba.

Es bueno y provechoso, cuando muere un camarada entrañable, hacer balance de su vida, para tomar ejemplo y transmitirlo a otros lo más valioso, lo más aleccionador. En la vida de Jesusa hay mucho de lección y de enseñanza.

Nació en Orense, el 20 de noviembre de 1897. Su padre, Ramón, era dirigente socialista, obrero de la industria del calzado, que reiteradamente pasaba temporadas en la cárce. Su madre, Rosa, era campesina. Esta confluencia de orígenes determinó en Jesusa sus sentimientos y sus afanes.
El padre tuvo que instalar un pequeño cinchal de zapatería, pues la presión policíaca le impedía trabajar en las fábricas del giro. Y en ese chinchal, mientras Ramón daba forma, con su maestría artesana, a zapatos o botas se reunían obreros de distintos oficios que inquirían de él opinión y orientación sobre los más palpitantes problemas de la actualidad de aquellos días del inicio del siglo.
Colaboradora con su padre en esa obra era Jesusa, con sus pocos años de edad. De inteligencia precoz, y aunque pareza extraño, ella, a esa edad temprana leía en alta voz en los periódicos, artículos o noticias, que se comentaban en la tertulia obrera del tallercito de Ramón.

Era difícil en aquella época la vida en la Galicia que ha dado sus mejores hijos para la emigración. Se iban cerrando las posibilidades y la persecución se acrecía. En 1910 Ramón emigra a Cuba con la única compañía de Jesusa que tenía que abandonar su tierra a los 13 años. Más tarde se unieron al nuevo hogar la madre y dos hijos más.

El movimiento obrero cubano, incipiente, estaba bajo la influencia anarco sindicalista. Los gallego trabajaban fundamentalmente en el alcantarillado de la Habana. la dirección era anarquista. Jesusa recordaba las reuniones que se celebraban en el paradero de los cocheros del Vedado. Fue su bautismo de lucha una Asmablea, la primera a que ella asistió en compañía de su padre. También recordaba Jesusa las reuniones de los tabaqueros en donde el predominio era igualmente anarquista.
Ramón murió de cáncer, Jesusa tenía entonteces 16 años.

Jesusa, huérfana, tuvo que empezar a  trabajar para ayudar al sustento de la familia. Conoció la primera explotación en la Tintorería Lyndsay en el Cerro. Allí trabajaban como modistas dos hermanas de José Martí, con las que Jesusa trabó gran amistad....

Pero la gran pasión de esta gallega que se forjó culturalmente sola, era la escritura. Escribía sobre todo, sobre política, literatura, arte y también versos. Una vez, en época de persecución en Cuba poco antes de regresar a España, la familia le quemó un baúl de artículos y poesía. Era infatigable para esa tarea y estamos seguros que en los armarios y baúles de su casa se encontrarán muestras felices de su ingenio y de su afán político.

(Jesusa con Santiago Carrillo e o seu fillo Donato).

En 1920 se casó con Donato Figueral, cubano, hijo de españoles, que se había educado en España. Era cochero de caballos y su unión con Jesusa era entrañable no sólo por el amor, sino por la consideración justa que tenía de la capaciad superior de la mujer que le acompañaba en la vida. En la década del 20 la casa de Jesusa y de Donato era una especie de consulado gallego. Si a la casa del padre en el Orense natal acudían los obreros a recibir orientación y consejo, a la casa de Jesusa en la Habana acudían, con el mismo fin, los paisanos que habían tenido que abandonar la tierra amada.

En 1925 marca el momento del encuentro de Jesusa con las ideas comunistas. Es curioso que en ese momento fuese para oponerse a ellas en encidada polémica. Todavía estaba influenciada por el anarcosindicalismo y en alguna ocasión recordaba que entonces escribió y recibió respuesta en ardiente diálogo público con dos grandes figuras de las ideas marxistas en Cuba, con las que más adelante tuvo firme amistad: Juan Marinello y Gustavo Aldereguía.

Jesusa era inteligente y afanosa en la búsqueda de las soluciones más certeras. No era fácil, y esa era su características predominante, que dijese a todo que sí. Sólo lo decía cuando le convencía plenamente de que era justo. Las ideas marxistas fueron penetrando en ella poco a poco, así insensiblemente. Quizás ni ella misma supiese el momento en que la influencia anarquista dejó paso a las ideas de Marx y de Lenin. Pero esas ideas fructificaron rápidamente.

A finales de 1933 sale de Cuba, con su hija Solita, para España. En el mismo barco van dirigentes comunistas, de origen español que son expulsados hacia la tierra que los vio nacer. Solita recuerda ese viaje en que esos comunistas las trataban como si fuesen de su propia familia.

En 1934 se desarrollan en España grandes luchas que culminan con la huelga revolucionaria de Asturas. En ese año, Jesusa Prado entra a formar parte de la gran familia comunista. Es el paso decisivo de su vida. Desde ese entonces esta gallega es miembro y miembro bien activo del partido Comunista de España. A ese Partido, a la propagación de sus ideas, a la defensa de su línea política y de su unidad dedica el resto de su vida.

En Orense, recordando sus tiempos de Lyndsay pone un negocio de tintorería. Pero militante del Partido Comunista, dedica a él, a su organización, a la propagación de sus ideas lo fundamental de su actividad. A raíz de la huelga de Asturias, es detenida. Llevó a la cárcel a su hija Solita. Sale en libertad en agosto de 1935. Casi un año de prisión. En estos tiempos llega a España su marido. Su libertad no fue total. No la dejoron incorporarse a su tintorería que estaba situada frente al Instituto de Orense. En realidad su casa fue su prisión hasta las elecciones de 1936. En la puerta de ese domicilio siempre había un policía. Las autoridades reaccionarias temían a la audacia y al trabajo propagandístico y organizador de esta gallega singular.

Cóntase na reportaxe que Jesusa tiña un gran afán de aprender e cando estivo en liberdade trabou amizade cun alemán antifascista que fuxira de Alemaña e con el aprendeu o alemán achegándose máis a Heine e a Marx. Seguen contando:

El júbilo que a Jesusa le produjo la victoria del 16 de febrero de 1936 que le había otorgado libertad de movimientos y de acción, la impulsó a un mayor trabajo en el seno de las organizaciones del Partido. Llega el día fatal de julio en que los generales se sublevan contra el pueblo. Jesusa se lanza a la calle. Arenga al pueblo para la lucha a muerte contra el fascismo. Acude, al frente de los obreros, al gobierno civil para pedir armas. Como en tantos otros sitios la máxima autoridad republicana tiene más miedo al pueblo que a los sublevados. Las armas no son entregadas. Solita recuerda aquella jornada terrible. Ella iba con su madre. El ejército se lanzó a la calle. Hubo muchos disparos y bastantes muertos. Jesusa fue detenida.

Jesusa podía haber esquivado esa detención. Algunos amigos, al producirse la sublevación le aconsejaron que se refugiase en el consulado cubano de Vigo. Pero ella se negó. Quería estar con su pueblo, con los camaradas de su Partido, en esos momentos decisivos para la historia de la patria.

Fue encerrada en la cárcel de Celanova. Eran los días...de las sacas y de los fusilamientos sin juicio. Ese destino se la había marcado a Jesusa. Pero el encargado de cumplir la orden no lo hizo y la llevó a la cárcel de Ribadavia.

En Galicia se recuerda todavía esta etapa de la vida de nuestra camarada. En esos tres años de cárcel, siempre bajo la amenaza de la muerte, fue el alma de la prisión. Con sus pasión encendida era aliento organizador de las mujeres, mantenía su firmeza con el ejemplo de su fortaleza moral y política...
En noviembre de 1939 la policía española lleva a Jesusa hasta Valencia de Miño y la entrega a la policía portuguesa que la traslada a Lisboa. Su hija Solita va con ella. Llega a cuba, el 22 de diciembre de ese mismo año.

De su estancia en Cuba, desde entonces hasta este día aciago de su muerte, 15 de abril de 1971, podría escribirse un libro. Trabajó con los pescadores en los viveros. Trabajó en las organizaciones gallegas, en las que logró sólido prestigio. Trabó contacto con los primeros dirigentes comunistas exiliados que arribaron a estas costas, Santiago Álvarez y Luís Delage. Con ellos participó en la organización de los grupos de comunistas españoles en Cuba. participó activamente en todas las tareas solidarias. Fue factor decisivo en el movimiento gallego antifranquista...[vii]

[i]Nydia Sarabia, “Jesusa Prado. Jesusa e a memoria dun pobo”, http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=23, consultado o día 19 de marzo de 2020. Nesta biografía consta que Jesusa naceu en 1887 pero noutra fonte que eu consultei fala de que naceu en 1898VV.AA.: Repertorio bibliográfico do exílio galego: unha primeira achega, Santiago de Compostela, Arquivo da Emigración Galega, (2001).
[ii] Antonio Eiras Roel, “La emigración gallega a América en los siglos XIX y XX. Nueva panorámica revisada”, Aportaciones al estudio de la emigración gallega. Un enfoque comarcal,  Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, 1993, p. 191;
[iii] Vicente Risco, “Orense”, Francesc Carreras y Candi (dir), Geografía Xeral do Reino de Galicia, Tomo V, (Barcelona, Ed. Alberto Martín, 1928), 93.
[iv] La voz , 9 de xaneiro de 1935.
[v] El Pueblo gallego , 14 de novembro de 1934.
[vi] “Á memoria de Jesusa Prado”, A voz do pobo ¡Proletarios de todol-os países unídevos”, 25 de maio de 1971.
[vii] «Jesusa Prado», Manuel Carnero E.R., Administración de Galicia. (2016). Galiciana: Arquivo Dixital de Galicia. Galiciana.gal. https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/