Etiquetas

13 enero 2013

ROSA BLANCO LAMELA

Rosa naceu en 1888. Foi sometida a Consello de guerra por agochar a fuxidos. Era unha muller moi temperamental e de carácter que non dubidaba enfrontarse á garda. Sábese que o 14 de xullo de 1936 increpou a un garda urbano cando levaba a un home detido cara o Concello e tratou de agredilo. Rosa foi
 detida o 4 de abril de 1937 na súa casa a Rúa da Liberdade número 29 acusada por agochar a José González Tesouro, "Machadiña", un dos escapados máis buscados do Concello de Allariz, era directivo da Sociedade de Ousende e un dos homes de confianza de Benigno Álvarez. 

O 23 de xullo de 1937 tivo lugar o Consello de Guerra no Paraninfo do Instituto de Ourense. Ese día ían celebrarse diversos procesos contra: Vicente Iglesias, Aurelio Penelas, Daniel Outeiriño  Araújo para os que se pediu a cadea perpetua. Contra Manuel González Rodríguez para o que se pediu a "última pena". Finalmente, contra José González Tesouro, Etelvino Diz e Rosa Blanco. O fiscal pedíu para José a pena da cadea perpetua, para Etelvino a absolución e para Rosa unha pena de  12 anos e 1 día de cadea. Estivo no cárcere de Celanova.
(Fonte: La Región, 24 de xullo de 1937, p. 3)
(Fonte: AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7209/13)
(Elaboración propia a partir de diferentes fontes)