Naceu en Ferreiros, concello de Entrimo, en 1927. Era filla de Domiciano e Isabel. Chamada polo alcume de "A Pasionaria de Ferreiros". Detivérona o 27 de maio de 1938. Após, foi levada ao cárcere de Ourense o 7 de xuño de 1938, cando tiña 21 anos, por auxiliar aos fuxidos que estaban na zona de Entrimo. Ao día seguinte trasladárona á prisión de Bande.
(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos de 1937 a 1940.
ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2237. Libro 2237, p. 263).
(Fonte: Expediente persoal do recluso Irene Rodríguez García. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//26467/029. Caixa 26467/029 (02)).


