Etiquetas

09 febrero 2025

REMEDIOS FRÍAS CARBALLO

As mulleres, encubridoras durante a guera civil dos seus, recibiron castigos moi duros por parte do réxime. Sentirían o alento na caluga pois eran pezas clave e de chantaxe emocional para os fuxidos pois o obxectivo era dar co seu paradeiro. Tanto era duro o cárcere nas súas casas como o ía ser o cárcere físico onde as condicións e os malostratos serían contínuos.

Remedios foi encarcerada o 23 de febreiro de 1937 no cárcere de Celanova por ser a nai de Alfonso Gayoso Frías dirixente do PC e tamén porque se dicía que ela tamén facía propaganda comunista. Remedios naceu en 1882 e casou con Jesús Gayoso pero este faleceu en 1911. O matrimonio tiña dous fillos, Alfonso e Francisco. No inicio da guerra ela residía en a Valenzá e xunto co seu fillo Alfonso e rexentaba unha taberna.

Foi considerada cómplice do seu fillo Alfonso Gayoso acusado de ser comunista. Este, amáis de ser escritor,  home cultivado, erudito e amante de Galiza, era unha persoa moi comprometida socialmente e xunto con Benigno Álvarez organizou o sindicato da Federación de Traballadores da Terra da UXT e ademais foi fundador da federación campesiña so Partido Comunista Español.

Cando comezou a guerra alistouse no bando republicano pero, de seguida, comezou a súa pescuda e persecución pois as forzas do novo réxime xa o rexistraron como un activista comunista:

(Fonte: Extrato do Expediente de responsabilidades políticas de Secundino Fernández Gómez, Armando Fernández González, Miguel Formigo Vázquez, Ceferino Fuentes Pérez, Cástor Gómez Pérez, José Guede Franco, Ramón Iglesias Mar, Alfonso Gayoso Frías, Julio Navares Castro e José Villar Lafuente. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.1.2.//7204/01. Caixa 7204/01)

O alcalde de Barbadás, envíou o 7 de xullo de 1941 un informe ao Xuíz Instrutor de Responsabilidades Políticas, facendo referencia a que Alfonso era propagandista e que residía na casa da súa nai. Dicía así literalmente:

Consecuente a su atenta comunicación número 5.038 de 3 del corriente mes, tengo el honor de informar a V.S. que de antecedentes adquiridos al efecto, resulta que Alfonso Gayoso Frías, vecino que fue del pueblo de la Valenzana en este municipio, vivía con su madre en estado de soltero, de cuyo domicilio desapareció en los primeros días de iniciarse el glorioso Movimiento, sin que desde entonces se hubiese reintegrado al mismo. Durante su permanencia en este distrito ha militado siempre en los partidos de extrema izquierda (se ignora a cual de ellos pertenecía o estaba afiliado), destacándose como activo propagandista, aun cuando no consta hubiese realizado acto alguno de carácter delictivo ni cometido otros excesos. Se desconocen en absoluto la conducta y actividades desplegadas por dicho individuo en relación y con posterioridad a la Cruzada de liberación, por haber permanecido durante toda ella ausente de este municipio...

Tampouco se librou Remedios de ser acusada pois o informe do párroco emitido o 12 de xullo de 1941, afirmaba e confirmaba que tanto Alfonso, como seu irmán e como a nai de ambos os dous, Remedios, foran os principais promotores de todos os acontecementos que houbera na Igrexa Parroquial e tamén na rectoral...e segue dicindo:

...en el Distrito y en todas las propaganda comunistas de la Valenzana, donde su madre (referida a Remedios, nai de Alfonso) tiene una taberna que es centro y reunión de toda esa gentuza indeseable....

As palabras do párroco transmitían esa ansia de que a familia fose detida, de feito ata se atreveu a indicar ao xuíz instrutor (dado que o informe ía a el dirixido) que pechasen a taberna, el di "clausurar dicha taberna por continuar sendo centro de propaganda de ideas disolventes, de blasfemia pública y de bailoteos procaces e inmorales..." . O cura párroco remata dicindo que pide reserva e segrdo polo informe, o que vén a dicir que non quere quedar ante o pobo como o delator.

Outros informes emitidos sobre Alfonso foron a Garda Civil que dixo que Alfonso pertencía ao partido Comunista; a Falanxe de Barbadanes manifestou que supuña que era afiliado do partido comunista e que fora concellal da Fronte Popular aínda que "sin cometer desórdenes". A partir dese momento xa se emitíu unha orde de incautación de bens. 

(Fonte: La Región .1937 xaneiro 30, p. 2)

Por aquel entón, Alfonso xa estaba poñendo terra de por medio. Estivo en Marrocos, os EE.UU., Cuba e Venezuela ata instalarse en Arxentina, en Bos Aires onde levou a cabo un grande labor cultural. Morreu en 1970, en Bos Aires, e o eco do seu falecemento chegou a terras ourensáns, e Ben-cho-Sey en proba da súa admiración polo labor desenvolvido, dedicoulle un bonito panexírico.

(Fonte: La Región .1970 outubro 3, p. 3)

Dous anos antes falecera Remedios, concretamente o 26 de maio de 1968, tiña 89 anos. Seus fillos non puideron asistir ao seu enterro en A Valenzá pois estaban ausentes, fóra do país, fóra da ditadura. 

(Fonte: La Región. 1968 maio 28, p. 4).
(Elaboración propia a partir dos expedientes citados e da hemeroteca.)