A familia de Luísa González Cudeiro vivían na rúa Victoria número 30 e os seus membros eran recoñecidos polas súas ideas de esquerda e porque axudaban aos fuxidos acolléndoos na súa casa, entre eles Enrique de Nanín. Fina e Luísa eran alumnas da Escola Laica Neutral cuxos directores Hipólito Luengo e Teresa Roqueta tamén foron represaliados.
O día o alzamento militar arrombaron na súa casa e mallaron no pai de Luísa e Fina. Logo tanto Luísa como Fina vixiaban desde o faiado para ver se voltaban os militares. Finalmente, as dúas irmás e a súa nai estiveron presas no cárcere de Bande durante o ano 1937 e parte do 1938.
(Fonte: la Región, 28 de marzo de 1937, p. 3)
Vid: http://www.vitimas.nomesevoces,.net/ . Para coñecer as testemuñas de Luísa e Fina é moi interesante o libro de Beatriz Graña Pérez, Voces da memoria. Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Concello de Santiago, Univesidade de Santiago de Compostela, 2003.