Etiquetas

12 octubre 2022

CONSTANZA DO PAZO

 Elisa Laguna da Universidade de California di que "Las mujeres a través de la historia han tenindo que vivir en mayor o menor grado bajo el estigma de haber nacido dentro del género femenino" (1). E María José Collantes de Terán de Hera completa "También en el ámbito inquisitorial, empapado, lógicamente de la mentalidad que le rodeaba, resulta evidente cómo el sexo es la causa de diversas peculiaridades que se detectan en distintas fases del proceso, y que se manifiestan muy particularmente en determiandos delitos, tales como el de hechicería y supersticiónes..."(2)

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen  (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados.

É ben certo que na época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.

No libro de Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid  recolle o caso de Constanza do Pazo e di así literalmente:

"Santa María de Lamela, Orense (1602).

En 2 de Marzo del año de 1602 el inquisidor D.Pedro de Gamarra salió á practicar visita en el obispado de Orense, acompañado del secretario Juan Alvarado Palacio, y del portero y alguacil Pedro Perez. Pedro de Gamarra sería, "quizas, aquel gordo bandullo de que nos habla aun el dicho tan popular en Galicia:

"Pedro Pérez é mais ó bandullo van os dous hasta ó cabo do mundo". 

Muy famosos fueron en demasía, inquisidor y portero, que regresaron de su expedición el día dos de Julio, habiendo empleado en ella cuatro meses justos.

Entre las delaciones contra brujas que recibieron en dicho obispado, figura, aunque brevemente, Constanza do Pazo. Era vecina dela feligresía de Santa María de Lamela.

Tres testigos deponen contra esta infeliz mujer soltera, jóven y quizá hermosa y víctima de intrigas de localidad, que era bruja, hechicera y que chupaba los niños.

Todos los testigos son mujeres ignorantes, amigas suyas y casadas, á quienes habían muerto criaturas casi recién nacidas, anémicas o tísicas, ó sin posible desarrollo por el raquitismo, llegando á expresar una de ellas contra Constanza, extremos de celo por la enfermedad (indiferencia ó frialdad) de su marido.

Estas causas fueron numerosísimas durante el poder inquisitorial, quien aparentando creer con el vulgo en la influencia del diablo, en el mal de ojo, y en las mujeres chupadoras de tiernas criaturas, servía los ódios, llenaba las arcas del fisco contínuamente con preciosas alhajas, ropas vestidos y bienes de gran précio, deshaciéndose de las personas de una manera bien fácil, pues nadie pidió á la Inquisición cuenta alguna de sus reos durante los dos siglos y medio que existió en Galicia..." (3)

Pois, en efecto, como moi ben di Bernardo Barreiro, todas estas acusacións eran infundadas e servían para cobrar os tributos e encher as arcas. As persoas delatoras deixábanse levar pola envexa e a superstición. Unha superstición que as levaba a estar cegadas aos feitos atribuíndo os males que lles acaecían a terceiras persoas que viñan sendo normalmente mulleres. Si, as mulleres foron as que máis sufriron os padecementos inquisitoriais.

Hai un artigo moi interesante que se publicou en La Región o 20 de agosto de 1915 titulado "Simbolismo de la Catedral de Orense" asinado por Benito F.Alonso. Nel alude á intercesión da Virxe  a favor de Frai Gil de Santarén, coñecido polo nome de Doutor Fausto, xa que este pactara co demo o seguinte, que lle outorgara moitos coñecementos. Pero logo arrepentiuse e solicitou da Virxe que o librara do pacto. En efecto, a Virxe así fixo. Isto deu lugar a que a arquitectura se interpretase simbólicamente recoñecendo á Virxe nas altas torres das catedrais e igrexas como así recolle Lamperez no seu libro La Arquitectura cristiana. Pois ben, esa interpretación simbólica dos templos, di o autor do artigo, interpretouse de xeito supersticioso o que supuxo o perigo para a súa destrución. Unha superstición, di, que levou a moitas persoas á Inquisión, e entre elas cita a Constanza do Pazo. É unha clara crítica á ignorancia da época. Di así:

"Objetos inanimados, como atrás decimos, fueron muchas veces motivo, aún siendo sagrados, para profanación del culto y menosprecio de la religión, echando mando de cera bendita y diciendo rezos, oraciones y conjuros para llegar á la consecución de algún fin por medio de actos supersticiosos. Si no fuera minucioso, pudiéramos citar aquí los procesos llevados á la Inquisición de Santiago acusando á personas de la provincia de Orense, entre los cuales figura, Constanza do Pazo, vecina de Lamela; Bartolomé Castro, de Verín; Pedro de Pazos, de Vilela, Juan Gómez, de Tameirón; Lucía Mato de Villanueva; Isabel Bella, de Villar de Donas; Gracia García, de Tamaguelos (Verín); Eufemia Cid, de Marzás (Ambía); el Licenciado Pedro Alonso, abogado de Monterrey; Ana Marínez, de Ribadavia, y Sor Bernarda de Novoa y Taboada y Sor Mariana de Montoto, monjas estas dos últimas del Convento de Clarisas de Allariz..." (4)

A Inquisicición, un tribunal férreo e inxusto, actuou implacable contra as mulleres e entre elas algunhas das nosas mulleres ourensas.

(1)Elisa Laguna "La mujer ante la Inquisición", Ensaio no Seminario Subgraduado "Spanish 430" da Universidade de California; (2)María José Collantes de Terán de Hera "La mujer en el proceso inquisitorial: hechicería, bigamia y solicitación", Proyecto de Investigación "Literatura del crimen: doctrina jurídica y crónica social (siglos XVI-XX), DER2015-64627-P); (3) Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid; pp. 16-17; (4) Benito F. Alonso, "El simbolismo de la Catedral de Orense", La Región, 20 de agosto de 1915, p. 1.