En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados. É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
24 septiembre 2023
EUFEMIA CID DE MARZÁS
En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados. É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.