Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)", Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria. 26, 2007, pp. 430-470; "Solemnidades Académicas", La Región, 2 de outubro de 1927, p. 2; El Compostelano, 14 de novembro de 1934, p. 2; El Ideal Gallego, 7 de agosto de 1947, p. 7; El Ideal Gallego, 23 de setembro de 1949, p. 6; La Región, 18 de febreiro de 1940, p. 2; "Esquela", La Región, 27 de novembro de 1965, p. 14; Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p. 243.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
11 febrero 2024
MARÍA CONSUELO PARÍS VILLAR
Naceu en Santiago o 3 de setembro de 1911 e era filla de Silvio Paris Villar, comerciante, e de María Villar Alonso residentes en Barra de Miño. Consuelo tiña un irmán chamado Silvio que era licenciado en Medicina e Inspector municipal de Sanidade de Santaigo pero faleceu (asasinado) en agosto de 1947. Consuelo realizou os estudos de Bacharelato no Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Ourense onde fixo o exame de ingreso o 29 de setembro de 1921 e inscribiuse ata 1927, ano no que solicitou unha certificación a Instituto de Santiago. A continuación matriculouse na Facultade de Farmacia e tras licenciarse en 1933 inaugurou o día 5 de xullo dese mesmo ano o seu establecemento farmacéutico na Rúa do Progreso número 85 da capital ourensá. Daquelas a Farmacia contaba coas novidades de produtos nacionais e estranxeiros á disposición dos seus clientes. Tamén abriu outra farmacia en Castro Caldelas pero que acabaría vendendo a outro farmacéutico. Casou con Rafael Valcárcel Albizu.