Era unha especialista en danzas do folclore galego e dirixiu a agrupación "Bazar". A agrupación levou o terceiro premio no Concurso Nacional que se celebrou durante doce días no Teatro María Guerrero de Madrid. Outra das súas aficións sería o baloncesto do que lle apaixoaba a técnica.
No aspecto artístico, preparouse na Escola de Artes e Oficios para entrar na Escola de Bellas Artes de San Fernando, aínda que abandonou o proxecto ao casar. Destacou de primeiras na pintura e comezou a levar premios de cartelería de Nadal xunto co presitixioso Conde Corbal.
Dicían dela que non era unha pintora cerebral, senón que era intuitiva, cunha visión manierista da pintura chea do seu propio lirismo. Pintora nada amanerada e moi natural e inqueda.
Pintaba ao óleo cunha técnica impresionista cunha pincelada rotunda, ás veces aplicada con espátula, con cores vibrantes e ben equilibrados. Traballou temáticas variadas como maternidades, paisaxes naturais e urbanos, escenas de Ribadavia (a xudería) e de Ourense; escenas nocturnas nas que captaba a noite e as luces intensas.
Realizou diversas exposicións que tiñan grande repercusión social.