Era unha cantante canzonetista que adoitaba actuar no Café Moderno da capital en horario de tarde e de noite. O público acollía con gratitude a súa actuación e eran moi aplaudidas.
Eran tempos nos que polo Café Moderno pasaban numerosas artistas de recoñecida fama e prestixio e Obdulia Rodríguez foi unha máis do elenco das canzonetistas da época.
(Fonte: La Zarpa, 3 de setembro de 1924, p. 2. Galiciana)
(Elaboración propia). Vid tamén: La Región, 31 de agosto de 1924, p. 5.