Naceu en Arxentina en 1906 e era filla de Don Luís García, natural de Ourense afincado en Bos Aires e de Dona Ción R. de García.
Desde moi noviña manifestou unhas dotes excelentes para a interpretación musical e a destreza co piano. Con catorce anos obtivo unhas cualificacións excelentes no Conservatorio Romanello e de aí pasou a ser profesora de piano.
Foi unha notable pianista e concertista que compaxinou coa docencia.
Vid: Nova Galicia, nº 955, 30 de decembro de 1920, p. 3.