Pero se hai algo que caracteriza a esta Coral, que nos atinxe como fito histórico, é que foi a primeira en ter voces femininas. Deste feito deu boa conta Emilio Portabales, Vicepresidente da Coral e a persoa que máis investigou sobre a mesma, e actual vogal. Del teño recollido no blog un artigo que publicou na prensa local onde fala, precisamente, de que foi a Coral de Ruada a primeira que deu entrada ás voces de mulleres.
Pois ben, outro paso máis nesa igualdade de voces foi o de nomear á Primeira Presidenta de Coral recaendo tan relevante cargo en Fátima Malingre. Fátima leva sendo compoñente da Coral desde anos. É unha distinción que merece pois desde o seu porte e elegancia representa a pureza da esencia da Coral.
Fátima naceu en Ourense en 1970 e polo seu apelido deseguida nos decatamos que estamos ante unha descendente máis da familia dos Malingre, familia que tanto contribuíu en Ourense traendo modernidade e innovacións.
Ela é xerente de seguros e traballa na empresa familiar. Ocupou durante uns anos a presidencia da Asocación de veciños a Follateira e foi aí onde comezou a súa afición a cantar en coro. Posteriormente fixo a proba de entrada na Coral de Ruada e desde entón non falla á cita da súa Coral. Non en balde obstenta a Medalla Marcial del Adalid pola súa constancia musical. Agora desde o seu novo cargo xa ten en mente ampliar a proxección da Coral, que sa non é pouca. Un dos seus obxectivos é volver traspasar os océanos e poder acudiro á Galicia emigrada e poder cantar nos Centros Galegos.
Estamos no momento de felicitar á Coral que con 104 anos de existencia outorga a presidencia a unha muller e, por suposto, hai que felicitar á Fátima Malingre e tamén a María Belén Vázquez que será a Vicepresidenta e Elena González a Secretaria. Así pois, a directiva vai estar encabezada por tres mulleres.