Era profesora de piano e gozou de grande prestixio na cidade. As dotes para interpretar o piano eran de sobras coñecidas e, entre as pezas que interpretaba, tiña unha especial querenza por tocar música de tradición, música galega. En 1923, cando xa rematara os estudos no Conservatorio de Madrid, contraeu matrimonio co comandante de infantería Franciso Araújo que era o seu cuñado pero que quedara viúvo de Dolores del Pino.
Foi mestra de piano de moitas ourensás que sobreaíron nos exames de Conservatorio, como Pilar Cimadevila que en Santiago obtivo as maiores cualificacións nos seis cursos de estudo. Socorro Santolalla que rematou a carreira no Conservatorio de Madrid en 1913 e obtivo o título de profesora; ou Carmiña Otero Freire que se examinou en 1921 no Consevatorio de Música e Declamación de Madrid. Así mesmo se examinaron no Conservatorio de Madrid Amparo e Pilar García fillas do comerciante Simón García. Todas elas obtiveron grandes eloxios así como a súa profesora.
Dicíase dela que aplicaba uns métodos que resultaban ser moi novidosos e modernos que facilitaban a aprendizaxe do seu amplo alumnado que acababan obtendo moi bos resultados. Era moi querida por eles pola paciencia e vocación.
Elvira Pino, viúva desde 1940, vivía na rúa das Tendas número 11 e cando xa era maior estaba impedida. O matrimonio non tivera fillos polo que Elvira vivíu a vellez ao cargo dunha coidadora. Falecería en torno a 1970.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes).
Vid: La Región, 16 de maio de 1913; 29 de xullo de 1913; 27 de setembro de 1916; 18 de xuño de 1919; 27 de xuño de 1920; 25 de xuño de 1921; 2 de agosto de 1921; 23 de agosto de 1921; 7 de setembro de 1922; 8 de outubro de 1933; Heraldo de Galicia, 27 de agosto de 1922; El Correo Gallego, 4 de novembro de 1923; El Correo de Galicia, 23 de decembro de 1923; El Pueblo Gallego, 17 de xaneiro de 1963.