Etiquetas

13 octubre 2009

CARMEN PARDO LOSADA

Naceu en Ourense en 1890 e faleceu en Madrid en 1983. Ocupará na Escola Normal de Mestras de Lugo a Cátedra de Pedagoxía e a súa Historia con rudimentos de Dereito e Lexislación Escolar. Despois desempeñou o cargo de directora dende o 3 de setembro de 1916 ata o 8 de xuño de 1931, ano no que a destituíron do claustro coa chegada da República. Das mil cincocentas mulleres que estiveron pensionadas na Residencia de Señoritas en Madrid cuxa directora era María de Maeztu, Carmen foi unha delas.

A partir de 1939 foi nomeada directora novamente, cargo que ocupará ata a súa xubilación en 1959. Foron corenta e cinco anos desde a súa chegada á Normal de Lugo e debido ao seu labor fíxoselle unha homenaxe o dous de xuño de 1961.

(Fonte: La Noche, 3 de xuño de 1961, p. 6) Galiciana.

O 20 de maio de 1919 foi nomeada socia do Instituto de Estudios Gallegos de A Coruña. O 20 de xuño de 1928 entrou a formar parte da Xunta creada para a Institución da Gota de Leche. Dous anos máis tarde, o 13 de novembro, nomeárona Vogal da Xunta Especial de Autoridades de Primeira Ensinanza.
Foi alumna bolseira da Universidade Internacional de Santander no curso de verán de 1933 e 1935 e da Universidade Católica de Santander no curso de verán do ano 1934.

O 9 de abril de 1935 foi nomeada directora da Escola Elemental do Traballo, cargo que ocupou ata o mes de abril de 1936. Foi, ademais, vogal da Xunta Provincial de Ensinanza.

Foi obra súa a organización e funcionamento das escolas graduadas anexas ás Escolas de Maxiterio de Lugo e formaba parte do Padroado de Cantinas e Colonias, tendo contribuído á súa organización.
Foille concedida a Gran Cruz da Orde de Alfonso X o Sabio e o nomeamento de Directora Honoraria da Escola de Maxisterio Feminina. Unha muller de recoñecido prestixio que impartía conferencias diversas sobre a ensinanza ou disciplina no ensino primario.

A continuación facemos un resumo dunha entrevista  realizada por Alfredo Sánchez Carro para o periódico El Progreso:

(Fonte: El Progreso, 30 de xuño de 1957, p. 3.) Galiciana.

Pregúntanlle na entrevista sobre cantos anos leva na Escola Normal de Lugo e di que lle deron a praza cando se fundou a Normal en Lugo, que foi no ano 1916 e continúa dicindo que toda a súa vida profesional transcurriu nese Centro desempeñando o cargo de Directora, agás nos tempos da República. 
Cando lle preguntan sobre o que se precisa para ser profesora dunha Escola Normal contesta dicindo que nestes anos (anos cincuenta) precísase ter o Título de Licenciado e o de Mestra aínda que o de Mestra poderíase substituír pola aprobación de asignaturas de Pedagoxía na Facultade Correspondente.
Sobre o Plan de estudos de Maxisterio comenta que non está de acordo con el pois considera que son poucos os anos de estudio e porque á idade na que entra o alumnado non ten a madurez necesaria para os estudos especializados da carreira. Segundo ela o plan debera ser que o alumnado estivera dos 14 aos 16 anos recibindo unha cultura adaptada ao seu futuro labor e, a continuación, ata os 19 formalos profesionalmente. Nestas condicións sairían ben preparados.

(Fonte: El Progreso, 21 de Decembro 1960, p.3) Galiciana.

En canto ás partes que debe comprender a carreira, é partidaria de que comprenda unha parte de cultura xeral con toda a amplitude necesaria para as necesidades da vida, e outra parte profesional teórica e práctica da que di :"por desgracia en los planes vigentes está muy poco atendida". Di que a parte profesional, tanto teórica como práctica debe haber un contacto directo coa escola, cos nenos e con todas as institucións "circunescolares" que deben preocupar a un bo mestre. A parte práctica require que se lle dedique moito máis tempo que o plan actual e siñala: "Estas tareas son las que forman al alumno para educar; en ellas se van perfilando sus aptitudes y despertando y plasmando vocaciones".

Sobre as cualidades que debe ter unha mestra di:

"Desde luego son esenciales las de tipo moral, un amor al niño, abnegación y espíritu de sacrificio. Sin estas cualidades no hay posibilidad de que puedan realizar la labor que se les encomienda. El maestro tiene que darse cuenta en todo momento de la responsabilidad que tiene ante Dios, la sociedad y la familia en relación con el futuro de los niños".

(Fonte: El Progreso, 21 de Decembro 1960, p.3) Galiciana.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Vid: De Abel Villela, Adolfo, Cincuenta años de Formación de Formación Profesional en Lugo (1932-1981), Lugo, Xunto de Galicia, Consellería de Educación e Cultura, 1985, páx. 90-92.
Méndez Lois, Mª José (Coord.), Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p. 199-200.
Tamén a autora do blog  empregou a hemeroteca de Galiciana.
Foto entrada: El Progreso, 30 de xuño de 1957, p. 3.. Galiciana.

28 septiembre 2009

AURORA MACEDA LÓPEZ

(Entrada suxeita a publicación)

Naceu en Cancienes, na parroquia do Concello de Corvera en Asturias. Presentouse ás oposicións de Maxisterio en 1917 na provincia de León. Foi destinada á Rúa, en Ourense, en 1923. En 1925 destinárona á escola de Celanova. Inscribiuse ás oposicións á Inspección que se convocaron en maio de 1932 e aprobounas obtendo unha das primeira prazas. Foi nomeada inspectora e destinada a Ourense cun soldo de 5000 pesetas. Tiña baixo a súa responsabilidade a zona seis da provincia que comprendía as escolas do concello de San Ciprián de Viñas e as do partido xudicial de Celanova, menos Pontedeva e Quintela de Leirado. Posteriormente adxudicáronlle a de Carballiño. Seguiu os paos do seu irmán, Manuel Maceda, que era Inspector Xefe da provincia. Realmente a familia ao completo estaba dedicada á docencia pois outros irmáns, doña Divina e Don Clarencio, eran mestres en Madrid e a súa cuñada Concepción Ramón Amat, casada con Manuel Maceda, era profesora e durante algúns anos tamén Directora da Escola Normal de Ourense.

Foi moi participativa nos eventos pedagóxicos que se celebraban nas diversas localidades da provincia. En Ourense adoitaba a celebrarse os Cursillos de Información Cultural y Pedagógico nos que se desenvolvía un amplo programa de conferencias e charlas impartidas tanto polos membros da inspección como polo profesorado. Aurora Maceda participou en maio de 1933 pronunciando unha serie de conferencias interesantes sobre a práctica docente e a pedagoxía. Demostraba que era unha profesional preocupada pola praxis docente e a metodoloxía. Levou a cabo unha experiencia co alumnado do grupo Curros Enríquez comezando a dividir a clase en tres seccións. Ás nenas máis pequenas comezou repartíndolle figuras recortables e mentres o efectuaban inicia coas maiores de segundo e terceiro grupo o estudo das plantas. Examinaron as diferenzas entre as plantas vivas e as mortas e tamén fixo referencia da circulación da sabia e a xeración da mesma. A inspectora falaba con eles con amabilidade e gañando a súa confianza. En relación ás plantas tamén leu composicións, fixeron exercicios de redacción sobre elas. Mentres as nenas maiores redactaban puido dedicarse ás nenas pequenas facendo sinxelos exercicios de cálculo a base de xogos. Despois do recreo seguiu o desenvolvemento da clase a base de exercicios de debuxo, redacción, escritura de cantidades e problemas. A lección resultou ser moi interesante polo que a inspectora foi moi felicitada[1].

A máis diso, dona Aurora interveu nas Conferencias de Pedagogía celebrado en Ribadavia en marzo de 1934 onde a inspectora disertou sobre “La enseñanza del lenguaje”. Nesta conferencia resaltou a importancia que sempre se lle concedeu ao ensino do idioma ocupando sempre un lugar preferente nos programas escolares como medio de robustecer e acrecentar a personalidade. Fixo consideracións sobre as dificultades que ofrecía a ensinanza da materia posto que a linguaxe era o resultado da asociación das ideas de das palabras que serven para a súa expresión. Nesta disertación deu mostras dun grande coñecemento pedagóxico pois era defensora de que o período de aprendizaxe debía anteporse ao ensino sistemático do idioma. Que primeiro se debía atender ao desenvolvemento integral do neno, á formación do seu pensamento, ao desenvolvemento da súa linguaxe, ao exercicio dos sentidos, en especial o da vista, oído e tacto, que tan importante papel ían desempeñar nos exercicios da lectura e escritura. Falou da necesidade dunha ensinanza intuitiva da linguaxe, co fin de conseguir aumentar o número de percepcións na mente infantil, logrando que as palabras tiveran resonancia na súa alma e que respondesen a imaxes claras. Debíase evitar que o neno tivese máis palabras que ideas.

Puxo exemplos de aprendizaxe e aludiu ás opinións de Rousseau e Claparede sobre os perigos que no orden físico e psíquico pode producir o ensino prematuro da lectura. Fixo explicación do método ideovisual que no século XVIII tivo grandes precursores en Nicolás Adán e Jacot e que supuxeron unhas grandes vantaxas e efectos educativos de dito método. Remata dicindo “a la escuela que dice al niño escucha y repite, debe suceder la escuela que sugiere, observa, cuenta, razona y ama”[2].

Moi interesante era o concepto que tiña dona Aurora Maceda sobre a importancia da creatividade e a estética na escola que foi o tema central da súa charla titulada “El arte en la Escuela”. Consideraba que toda a educación debía ser artística antes que científica. Referíndose á Psicoloxía aformaba que o home é un influxo natural do medio e que é máis interesante e instrutivo para un neno contemplar unha bonita paisaxe que unha obra científica. En relación a isto consideraba que a construción das escolas debían estar en lugares con vistas panorámicas de beleza natural. Para cultivar a beleza na infancia era esencial que houbese limpeza no local da escola e que os mapas e láminas que pendían das paredes nalgunhas das escolas eran focos de sucidade e microbios e, polo tanto, deberían desaparecer. No seu lugar falaba de embelecer as escolas valéndose de frisos que puideran facer os propios nenos; de macetas e plantas que eles mesmos puidesen coidar e estatuíñas de barro que o nenos e nenas modelaran[3].

Ilustración 43.- Noticia de prensa

(Fonte: “Pensionadas al extranjero”,  La Región, 17 de abril de 1936, p. 6)

Houbo en Galicia, a comezos de século XX, unha preocupación pola teoría e práctica educativa o que levou a certos intelectuais e profesionais se animasen a pedir pensión noutros países para enriquecer os seus coñecementos. No 1907 creouse a JAE (Junta de Ampliación de Estudios) que era un organismo oficial que promovía os intercambios científicos e culturais que contribuísen á renovación cultural do país para coñecer correntes educativas europeas e americanas. Tanto docentes como inspectores, catedráticos…aproveitaron estadías no estranxeiro para profundar nos coñecementos adquiridos nas normais e na práctica do ensino. Os destinos en países europeos dotaba de privilexio todos estes profesionais. Pois ben, Aurora Maceda Aurora sería unha destas privilexiadas e quixo aproveitar esta oportunidade e en abril de 1936 saíu no expreso con destino a Francia, Bélxica e Suiza onde permanecendo uns meses visitando as escolas o que lle outorgou unhas miras dunha pedagoxía renovadora como logo se deixa translucir cando daba os cursos e charlas. Todo isto é mostra dunha muller que amosaba gran preocupación pola metodoloxía e cunha perspectiva moderna.

Faleceu o 6 de abril de 1951 e na revista La Escuela Española dedicáronlle as seguintes palabras:

Ha sido modelo (ejemplar, ascético si se quiere) de educadoras y su muerte deja un vacío enorme, no sólo en el Magisterio sino concretamente en la Inspección a la que rendía su vida y sus desvelos. En Orense, y concretamente en Celanova, se la quería de verdad[4].

Tamén a prensa local non aforrou palabras o día do seu pasamento:

En la tarde de ayer, a las siete, tuvo lugar la conducción al cementerio de San Franciscmo, del cadáver de la señorita Aurora Maceda López, inspectora de primera enseñanza (…) El dolor producido por su muerte quedó patente en la gran manifestación de duelo que le acompañó hasta la última morada (…)En la presidencia del duelo iban representaciones de la familia, de la Inspección de Primera Enseñanza, de la Delegación Administrativa de Primera Enseñanza, de las Escuelas del Magisterio, de las Asociaciones piadosas de que formaba parte; entre ellas el Patronato de Asistencia a Domicilio del Enfermo Pobre y la Catequesis franciscana y del Instituto de Enseñanza Media.

Las alumnas de la Escuela del Magisterio “Concepción Arenal” que rodeaban la carroza fúnebre fueron rezando el Santo Rosario hasta el cementerio…

Figuraban, además, en la comitiva, numerosos maestros de toda la provincia”
[5].

Pero se houbo un lugar onde lamentaron a súa morte ese foi Celanova, pois foi nese lugar onde Aurora comezou a traballar primeiro como mestra e logo como Inspectora:

Ha causado en esta villa un profundo pesar por el inesperado fallecimiento de la señorita Aurora Maceda López, inspectora de Primera Enseñanza. Aquí se le tenía un gran afecto y se le recordaba con cariño, pues había regentado durante varios años una de las escuelas de Celanova hasta que hizo oposiciones a Inspectores; luego tuvo esta zona hasta fecha reciente en que fue nombrada para la zona de Carballiño. También en el cementerio de nuestra villa reposan los restos de su madre con quien convivía durante su estancia entre nosotros. Por eso, Aurora Maceda, como familiarmente le llamábamos, sentía una gran predilección por Celanova de la que conservaba gratísimos recuerdos y uno de sus mayores deseos era hablar de los pormenores de la villa. Sabemos que conservaba con gran cariño un pergamino encerrado en lujoso marco que le habían dedicado los maestros de Celanova cuando obtuvo plaza en las oposiciones de inspectores: con todo ello los maestros de este ayuntamiento no podían olvidarla…[6]

[1] “Desarrollo del Cursillo de Información Cultural y Pedagógico”, El Magisterio Orensano, nº 57, 24 de maio de 1933, p. 1 e 4; [2] “la semana pedagógica de Ribadavia” La Zarpa : diario de los agrarios gallegos: Año XV Núm. 4080 - 12 abril 1934, p. 6; [3] “Desarrollo del Cursillo de Información Cultural y Pedagógico”, El magisterio orensano, 24 de maio de 1933, p. 1; [4] “Necrológicas”, Escuela Española, nº 519, 19 de abril de 1951, p.237; [5] “Necrología”, La Región, 8 de abril de 1951, p. 3; 6] “Celanova”, La Región, 13 de abril de 1951, p. 3.

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes) Vid: El magisterio español, Número 5055, 9 de marzo de 1918, p. 314; El magisterio español: Revista General de la Enseñanza, Número 8984, 17 de maio de 1932, p. 267; El magisterio español : Revista General de la Enseñanza, Número 9084, 7 de xaneiro de 1933, p. 38; El magisterio español: Revista General de la Enseñanza, Número 7964, 20 de febreiro de 1928, p.558; Distrito Universitario: Semanario de 1ª Enseñanza, Número 1088, 13 de setembro de 1923, p.3; El Progreso: semanario independiente, Número 11611, 10 de novembro de 1932, p.13;; El Pueblo gallego: rotativo de la mañana, Número 3115, 23 de marzo de 1934, p. 10; La Zarpa: diario de los agrarios gallegos, Núm. 3503. 13 de decembro de 1932, p. 7; El Pueblo gallego : rotativo de la mañana, Número 3363, 17 de xaneiro de 1935, p. 13; MARÍN ECED, Teresa, La Renovación Pedagógica en España (1907-1936), Madrid, CSIC, 1990, p. 368. COSTA RICO, Antón, Historia da educación e da cultura en Galicia, Xerais, 2004, pp. 996 e 1001.

24 septiembre 2009

MARÍA LAGE RIVAS

María Lage era mestra e residía en Leiro. En 1878 rexentaba unha escola de Obra Pía de nenas no lugar de Rioboó, no centro do Ribeiro (Ribadavia) onde as nenas aprendían lectura, escritura e cálculo. A mestra, xunto coas súas alumnas, participaban en numerosas festividades relixiosas que se desenvolvían no pobo de Osmo.
María Lage xubilou en 1921 polo que a súa vacante saiu publicada na prensa. As mestras que quixeran cubrir a praza debían presentar a folla de méritos ao Presidente do Patronato Don Florentino Temes y Saenz na casa grande de Riobó en Ribadavia reservándose o Patronato o dereito a escoller a candidata oportuna. As mestras disfrutarían dun soldo anual de 2500 pesetas. Debido a que houbo un número considerable de mestras que solicitaron a vacante, o Patronato acordou citalas na escola o 15 de novembro de 1926 para sometelas a un exame escrito e cuxos temas proporcionábanllos no acto. Ocupou o cargo Adelina Martínez Vázquez
María Lage faleceu en Leiro o 6 de xullo de 1946.

(Elaboración propia) Vid: La Región, 17 de marzo de 1911, p. 3; La Región, 11 de xuño de 1913, p. 2; La Región, 10 de outubro de 1926, p. 3; La Rebión, 9 de novembro de 1926, p. 5; La Región, 6 de xullo de 1947, p. 4; Vid: Méndez Lois, Mª J. (coord..) Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2007, p. 137-138.

SOR MARÍA ALMUDENA GONZÁLEZ SÁMANO


En 1926 era directora do colexio La Divina Pastora de Celanova, na rúa Alfonso XIII, nº 11, rexentado pola Comunidade de Relixiosas Terciarias Franciscanas. 




Vid: F.U. Colexios Privados, S.H. 466, Exp. 7 Méndez Lois, Mª J. (coord..) Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2007, p. 122-123.

OTILIA DÓNIZ ÁLVAREZ

Naceu en Ponte Grande (Celanova) en 1915 e estivo casada con Hermógenes González Blanco, que traballaba como perito avícola e tiveron tres fillos. As primeiras leccións recibiunas na escola que había no fondo da eira da súa casa. Non fixo o bacharelato e ingresou directamente na Escola Normal. 

Aprobou as oposicións de maxisterio en 1934 e  foi de mestra para Viveiro. Traballou como docente na Escola unitaria mixta de Olás (A Merca) entre 1938 e 1943, Escola de Formiche Bajo (Teruel) entre 1944 e 1946, Escola de Orga (Celanova) entre 1946 e 1950, Escola unitaria de Viveiro entre 1950 e e 1953 e na Escola unitaria de Xunqueira de Espadañedo entre 1953 e 1983. 

Mostrou interese por arranxar as escolas polas que pasou. Chegou a reunir ao pobo para que se renovasen os bancos da escola de Orga e na escola de Xunqueira, xunto co seu home, instalaron o comedor escolar. Unha vez xubilada, impartiralle clases a un mozo diminuído físico. Solicitou a dirección do Colexio Curros Enríquez de Ourense pero o Inspector Xefe vetouna, pois tras unha operación de cataratas non recuperou a vista. Aínda así foi aprender Braille á ONCE para poder seguir coa súa paixón, a lectura. Manifestou, sempre, gusto pola Literatura e a Historia. 

Entrevista a Otilia Ortiz (MUPEGA)


Vid: MUPEGA, Educadores gallegos: historias de vida profesional: Otilia Dóniz Álvarez, Gravación en DVD (Fondo MUPEGA), Santiago, Xunta de Galicia, 2005. MÉNDEZ LOIS, Mª José, (Coord.), Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p. 94-95.
El Pueblo Gallego, 5 de outubro de 1934, p. 7.

23 septiembre 2009

MARÍA CURROS

Mestra que estableceu en Xunqueira de Ambía unha escola primaria privada en 1910. A escola ocupaba un local de 37 metros cadrados no baixo da vivenca da profesorar e tiña un patio para o tempo de lecer. Vid: Benso Calvo, C. e Cid Galante, R.Mª, A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX, Sarmiento, nº 8, 2004, p. 76. Méndez Lois, Mª J., Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, 2009, 83.

08 septiembre 2009

MARÍA BOUZAS PÉREZ (MARÍA CONCEPCIÓN RAQUEL BOUZAS PÉREZ)


(Entrada suxeita a publicación nun libro.)

María naceu en Allariz ás nove da noite do 28 de maio de 1908 na casa de Allariz e era filla de Antonio Bouzas Alonso que se posesionou como médico forense e tamén da prisión na vila en 1913, e de Aurora Pérez Buján. O pai de María faleceu en febreiro de 1916 aos 41 anos, un feito que conmocionou á localidade pois era un home moi considerado. María tiña 8 anos, aínda era moi nena. A súa nai levou o peso da mantenza familiar e sacou aos fillos adiante.

O día 19 de setembro de 1927 realizou o exame de ingreso na Normal de Ourense no que desenvolveu tres temas:“Venida de los romanos a España” no que indicou da influencia da cultura romana na poboación autóctona. Tamén dedicou un apartado a “Viriato” e a súa resistencia contra os romanos. Finalmente desenvolveu a resistencia de “Numancia” e como a cidade se inmolou antes que concellerlle a gloria aos romanos. 

Superado o ingreso matriculouse pola opción non oficial e con gratuidade da matrícula, por ser orfa de pais, nos catro cursos da carreira ata rematalos no ano 1931. O seu expediente académico foi moi bo destacando con sobresaliente nas materias de Teoría e Práctica da lectura; Costura; Pedagoxía; Historia Moderna dos tres primeiros cursos e levando todo sobresaliente no cuarto curso (1).

Casou en 1926  co médico pediatra Antonio Fernández Carnicero afiliado ao Partido Comunista e que tiña a súa Clinica na Ponte fronte á Estación de Ferrocarril.

María afiliouse ao Partido Comunista e foi unha das dirixentes de ATEO (Asociación de Traballadores de Ensino de Ourense) e por tal motivo sufriu a represión da Comisión Depuradora que determinou o seu cese en agosto de 1936 xunto cos seus compañeiros do sindicato, edito asinado polo comandante militar Luís Soto.

Embarcou o 21 de decembro de 1938 en Francia no buque vapor Orinoco cos seus dous fillos, Antonio de catro anos e Roberto de dous, rumbo ao exilio en Veracruz (México) a onde chegaron o 16 de febreiro de 1939. Levaba unha tarxeta de turista temporal expedida no consultado de México en Marsella e alegou que ía visitar ao seu home que se topaba en Veracruz como exiliado político e que tiña permiso para desempeñar actividades non ilícitas ata outubro de 1939 (2).

(Antonio Fernández Carnicero. Fonte: AGA,RIEM,076,122)

Durante o seu exilio María foi mestra en México e, xunto co seu home, continuou o seu activismo político (3). O 13 de decembro de 1971 consta que María Bouzas viaxou no voo 464 da compañía aérea de Cuba procedente da Habana a México. Tras a morte de Franco, María máis a súa familia retornaron a España.

(Fonte: La Zarpa, 7 de abril de 1936, p. 5)

(Fonte: El Pueblo Gallego, 8 de agosto de 1935, p. 15)



(Fonte: Esta documentación ten como referencia a Caixa 2510, fondo: Dirección Federal de Seguridad (D.F.S.); serie: informes diarios; expediente: único; años: 10/12/1971 al 14/12/1971. Perteneciente a informes diarios según la identificación del Archivo General de la Nación (A.G.N.)

(1)AUVIG. Expedientes Acadécicos . María Bouzas Pérez.
(2)ES.28005.AGA. Signatura. AGA,RIEM,083,100.
(3) dos, C. (2014, February 20). médico e político galego. Wikipedia.org; Wikimedia Foundation, Inc. https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Fern%C3%A1ndez_Carnicero (consultado o 20 de maio de 2024)-


Vid: Méndez lois, Mª José (Coord.), Mulleres na Educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p. 64; Diario de un médico de guardia, e hemeroteca. Portal de Archivos Españoles do Ministerio de Cultura e Deporte.
Foto: Movimientos Migratorios Iberoamericanos. (2024). Pares.mcu.es. https://pares.mcu.es/MovimientosMigratorios/viewer2Controller.form?nid=24391&accion=4&pila=true

NIEVES ÁLVAREZ GONZÁLEZ

Naceu en Maceda (Ourense) o 7 de agosto de 1905 e cursou estudos de bacharelato no Instituto Provincial, actual Otero Pedrayo, ingresando no ano 1917 á idade de 12 anos. No Instituto realizaría tres cursos por oficial ata o ano 1920 obtendo unhas notables cualificacións. O 29 de setembro de 1920 solicitou unha certificación para trasladarse á Escola Normal de Mestras de Ourense. 

Afiliouse ao Partido Comunista en 1931. Durante a guerra civil traballou en Barcelona nunha gardería. Posteriormente, trasladouse á Unión Soviética e seguiu co labor docente en Pirobors Karga, na fábrica "Lijachova" en Kokand, Crimen e Dnepropetrevsk. En 1985 retornou a España.

Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)" en Revista Interuniversitaria Historia de la Educación, 26,2007, pp. 437-470; Costa Rico, Antón, Historia da educación e da cultura en Galicia, Xerais, 2004, p. 1050;  Méndez Lois, M. José, Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p.42; Libro de Rexistro do Centro Español de Moscova (1986) en Publicado en "Repertorio biobibliográfico do exilio galego. Unha primeira achega". I Congreso Internacional. O exilio Galego, 24 29 de setembro de 2001, 32.

28 junio 2009

CORA NOVOA


Cora Novoa irrompeu con forza no panorama electrónico español. Nativa de Ourense e fincada en Berlín, "Henry Saiz", aclama como unha das máis firmes promesas do emerxente e cada vez mellor son. Encheo páxinas enteiras nos foros especializados, catalogándoa mesmo como a "nova raíña" da electrónica nacional.

23 junio 2009

UXÍA CASAL


A escritora Uxía Casal, malia que non naceu en Ourense podemos mencionala neste blog pola vinculación que tivo coa nosa cidade. Tal como ela nos conta: "Nacín en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1957 e alí vivín durante vinte e sete anos, até que marchei a Ourense a traballar no ensino público. Estudiei no único colexio laico e feminino que había daquela na cidade, San Paio, onde entrei con tres anos e saín con dezasete. Gustábanme a historia, a arte e a literatura moi por riba doutras materias, así que, acabado o COU, decidinme pola Facultade de Xeografía e Historia, onde me licenciei en Historia da Arte Moderna e Contemporánea en 1979. A lingua e a literatura seguían chamando por min e comecei Filoloxía Románica ese mesmo ano; en 1981 pasei a Filoloxía Hispánica, e en 1984 licencieime por segunda vez. Ó tempo que estudaba, impartía clase de francés e literatura nas Aulas da Terceira Idade, e de español nos cursos para estranxeiros da USC durante un par de veráns. Semellaba predestinada ó ensino, e ó rematar Filoloxía marchei a Ourense a dar clase de galego na Universidade Laboral. En 1986 aprobei a oposición de ensino secundario de Lingua Galega e ó ano seguinte tomei posesión da praza definitiva desa materia no Instituto As Lagoas. Alí permanecín ata 2003, ano en que me xubilei por problemas de saúde. Actualmente vivo en Ribeira, á beira do mar, gozando dun clima suave, de moita tranquilidade e, sobre todo, deste océano sempre igual, sempre cambiante." Un dos seus libros titúlase "Sede en Ourense" no que se narra que na cidade xa fai quince anos que non chove e o río Miño vai seco e iso fai cambiar as formas de vida, os costumes...A raíz disto prodúcese o tráfico ilegal da auga. Son catro os protagonistas ligados por ese tráfico ilegal.

16 junio 2009

MAITE VÁZQUEZ

Desde o mundo da docencia Maite Vazquez tivo a ocasión de colaborar en actividades creativas como o monicreque e o teatro. En 1970 fúndase a compañía de titeres "Concepción Arenal" no colexio que leva o mesmo nome, que recorreu Galicia durante máis de dez anos, levando á escena contos escritos por Maite, para público infantil. Decorados, paneis, e por suposto marionetas e monicreques saíron das súas mans. Xa en terreo do teatro profesional, colaborou coas compañías "Rúa Viva" e "Marisa Calvo", no deseño e elaboración de de vestiarios, decorados, atrezos.
Nai de Carlos Costoya, un pintor destacado que fixo exposicións en España e estranxeiro.
Vid: http://www.maitevazquez.com/actividad.htm

Hoja Oficial del Lunes : Año XXXV Número 1646 - 1979 enero 8


02 junio 2009

ROSARIO FERNÁNEZ DELGADO

Hoxe, de forma casual, atopei unha páxina web interesante á que accedín a través do blog, tamén moi interesante, chamado "ourensenotempo.blogspot.com", moi recomendable. Pois ben, alí apareceu un enlace á páxina do pobo Alberguería e atopei este testemuño precioso sobre a mestra que impartiu clases neses lugares, alá polos anos 55. Este tema sensibilízame moito por iso o recollo aquí no meu blog sobre mulleres ourensás e, por suposto, porei o enlace ao final para quen queira acceder á toda a información. A fotografía desta mestra tamén se extrae desta páxina. Un resumo sería:

Rosario Fernández Delgado foi a mestra de Alberguería nos últimos anos deste pobo, era a mestra das nenas polo día e das mozas pola noite. Actualmente vive en Ourense e Alberguería foi o seu primeiro destino en 1954, logo estivo no Barco de Valdeorras e finalmente retirouse en Ourense. 

Era moi nova, recentemente aprobada a oposición de mestra cando chegou ao pobo, para quedar a vivir alí. Lembra o seu labor como mestra, á parte da formación humanística típica: ler, escribir correctamente, calcular, coñecementos de historia e xeografía, tamén daba clases un pouco de todo, en particular coser, pasar o ferro, almidonar, bos costumes, dispoñibilidade cara aos demais, etc. Lembra que no pobo había luz eléctrica, a que producía a pequena Central da familia Prada, situada no río Xares, a luz tíñana polas noites pero nunha ocasión dérona de día, e na pequena central eléctrica pasaron o ferro e almidonaron usando a electricidade... Tamén facían teatro na escola; aos pais encantáballe asistir.


01 junio 2009

DOLORES BORRAJO


Naceu en 1913 e foi a segunda muller ourensá que sacou o carnet de conducir. Sacou o carnet en 1958 para repartir o pan na praza de Abastos de Ourense dende a súa panadería de Barbadás. Deixou de conducir aos 87 anos.
O concello, neste ano editou unha revista onde fala de mulleres ourensás pioneiras entre as que se atopa esta muller. Vid: «Xénero humano: Cadernos para a igualdade». Tamén a Voz de Galicia a entrevistou.

28 mayo 2009

LEDICIA SOLA

Actriz nacida en Ourense. Estudou Arte Dramático en Madrid e agora dedícase ao Cine, Teatro e televisión. Destacou o seu papel na película "El patio de mi cárcel". Foi Laura Gutiérrez no serial “C.L.A. No somos ángeles” de Antena 3. Participou en series como “Abogados” en Tele 5 no papel de Maica (2001), e “Ana y los siete” de TVE, como Marta (2003). Saiu en telefilmes como “El príncipe enamorado” e “Cala Real”, en series da FORTA como “En buena compañía” e en curtametraxes como “Las tetas más bonitas del mundo”. Tamén traballou en teatro, publicidade e como presentadora na gala do VI Festival de Cine Independente de Ourense.Formación específica: Titulada en Interpretación Textual outorgada pola Escola Superior de Arte Dramático de Madrid (2000). Cursos: Voz (dirixido por Marta Pinillos en 2006), Interpretación audiovisual (New York Film Academy 2007, Mariano Barroso 2006, Roberto Santiago 2003, Eva Lesmes 2001), audition technique (Norma Atallah, Arts Educational School, Londres 2006), técnica Alexander (Perpe Carja 2001), introdución ao verso (Juan M. Navas 2001), expresión do flamenco (Carmen Romero 2000), dobraxe (Carlos Tostado Toledo 1999, Mª Jesús Hoyos 1998), Produción do musical americano e método de interpretación estadounidense (Keith Nagy, Karen Gigly 1998), seminario internacional do teatro (Julián Knab 1996). Coñecementos de danza, flamenco, canto, equitación e esgrima.

17 mayo 2009

DOMNA MAYORE FERNANDI

Tenente da fortaleza de Aguiar dende 1267 a 1272. Non acudían á guerra pero ostentaba un mando militar. Vid: Nash, Mary y Tavera, Susana, Las mujeres y las guerra, Icaria.

DOMNA ELVIRA PÉREZ

Tenente de fortaleza de Aguiar entre 1258 e 1263. Os tenentes de fortalezas eran nomeados polo rei. Xa nesta época comezaban a destacar mulleres ocupabado este cargo. Estas mulleres non acudían á guerra pero exercían un mando militar. Vid: Nash, Mary y Susana Tavera (eds), Las mujeres y las guerras, Icaria.

CARMEN PÉREZ GÓMEZ-NEU

Nace en Ribadavia en 1923. Alí pasa a súa infancia e comeza a destacar e a ser admirada polos seus profesores dada a calidade dos debuxos que realiza. Trasládase a vivir a Vigo onde estuda Comercio no colexio Cluny, alternando clases de debuxo e pintura. 

En 1936 pasa unha tempada en Santiago de compostela onde estuda co profesor Mariano Perico Vázquez. Finalizada a guerra civil, vai a Madrid e dedícase exclusivamente á pintura; copia no Museo do Prado, dá clases con Enrique Cubells e con Eduardo Chicharro. 

En 1941 fai a súa primeira presentación en público na Exposición Nacional de Belas Artes. Neste mesmo ano presenta tamén, por primeira vez, en Galicia, dous cadros na Exposición Rexional de Belas Artes en Compostela. 

En 1943 contrae matrimonio con Joaquín Robla Díez, que foi alcalde de Ribadavia desde 1957 até 1964. Tamén neste ano fai a súa primeira exposición individual na sala Aeollán de Madrid. En 1949 empeza a interesarse polo mundo celta, e cun grupo de amigos de Ribadavia, visita castros, lugares arqueolóxicos; experiencia que máis tarde se verá plasmada en cadros sobre este tema. En 1953, expón en Madrid na Sala do Circulo Cultural Medina. 

En 1956 realiza as pinturas murais da Capela do Colexio Menor Calvo Sotelo de Ourense. En 1959, expón no Liceo Recreo Ourensán. En 1960-62, fai unha exposición rexional de arte no Museo Municipal de Vigo e unha exposición de "Arte Actual en Ourense", celebrada en Madrid. 

Desde o ano 1963 reside en Madrid onde ten o seu estudo, na Praza España, alternando a súa estancia na capital con tempadas na súa casa natal de Ribadavia.

É considerada unha pintora moderna.

Vid: "Carmen Pérez Neu", La Región, 16 de decembro de 1962, número especial, caderno 6.



07 mayo 2009

PILAR OTILIA LÓPEZ

María Pilar Otilia López García foi a primeira muller que asumiu unha alcaldía na provincia de Ourense. Accedeu ao cargo de alcaldesa no ano 1975, catro anos antes das primeiras eleccións democráticas. Pilar Otilia López compaxinou o seu traballo municipal co de mestra aínda que agora xa está xubilada. Politicamente, repetiu maiorías absolutas unha e outra vez.

Naceu en Ramirás en 1939 e estudou a carreira de maxisterio. En 1975 ocupou a alcaldía sustituindo ao seu irmán. Compaxiou a profesión de mestra coa política, de feito, ela xubilouse aos 65 anos como docente pero continuou na política. Con 75 anos aínda continuaba facendo campaña. 

Exerceu a política durante 40 anos.

26 abril 2009

ROSA ÁLVAREZ CABO


Naceu en Carballeda de Avia en 1950. Foi membro fundador da Mostra de Teatro de Ribadavia, da Sala Corral de Teatro de Vigo e da compañía de Teatro do Malbarate, presidenta da Agrupación Cultural Abrente e da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (1994-1996), e membro do grupo Teatro Artello. Distínguese como actriz teatral, se ben actuou tamén no cine e na televisión. Traballou no Centro Dramático Galego e no Teatro do Atlántico, Teatro Malbarate, Teatro Artello, Teatro Abrente. En 1984 recibiu o premio á mellor interpretación feminina no Festival Internacional de Teatro de Ribadavia. No eido cinematográfico traballou en películas como Esperanza de Chano Piñeiro, Divinas Palabras, Sempre Xonxa, Martes de Carnaval, etc.

Conta no seu haber cun amplo currículo tanto en teatro como cine. Por toda a súa traxectoria recibiu numerosos galardóns tanto en Galicia como no ámbito estatal.

Premio á mellor actriz secundaria pola interpretación en De Bares; premio nos Festivais de Zaragoza, Jerez, Torrelavega e Guijuelo á mellor actriz principal pola Boa Caligrafía e ademais Premio Mestre Mateo; María Casares e Premio de Honra de Abrente.

Ten unha ampla filmografia ata agora, pódense contabilizar vinteseis filmes nos que Rosa interpretou papeis de forte realismo e dramatismo pero tamén cómicos o que demostra que é unha actriz de grande versatilidade.

O mundo da interpretación é o seu paraíso e por iso mantense activa e con ganas de agasallarnos con magníficos personaxes.

Vid: Cultura Galega

Galegos dixital

La Voz de Galicia

ELISA CARNICERO DEL RÍO

Elisa naceu en  Vilardevós o 16 de novembro de 1864. Era filla de Ángel Carnicero e Encarnación del Río.

Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Mestras de Ourense. Estivo matriculada durante o curso 1881-82 cursando as materias de Lectura, Escritura, Relixión e Moral,  Gramática Castelá,  Aritmética, Xeometría, Xeografía e Historia  e Labores. As súas cualificacións foron entre notable e sobresaliente.
No curso 1882-83 cursou Lectura, Escritura, Relixión Moral, Gramática Castelá; Aritmética; Xeografía e Historia; Pedagoxía,  e Labores. En todas as materias sacou de nota sobresaliente.
Remata os estudos de maxisterio no curso 1883-84 no que cursa Lectura, Escritura, Relixión Moral, Gramática Castelá, Aritmética, Pedagoxía, Hixiene e Economía e Labores. En todas as materias saca sobresaliente e notable en Escritura e Relixión. O expediente está asinado pola directora Nicanora Díaz o 9 de xaneiro de 1985. 

Inscribiuse por libre no Instituto Provincial entre os anos 1884 e 1886 nas disciplinas de Latín e Castelán, Xeografía, Segundo de Latín e Historia de España. No curso 1886 e 1887 faino en Aritmética e Álxebra, Retórica e Poética e primeiro de Francés. Acadou o título de Grao de Bacharel en 1892 polo que foi das primeiras mulleres ourensás en obtelo.

Comezou exercendo de mestra e estivo destinada en 1885 na escola de Leiro e en 1889 na de Allariz. Presentouse ás oposicións de maxisterio para a escola de nenas da capital convocadas para  o 31 de xaneiro de 1887. Optaban á praza praza xunto con Elisa, Carmen Rodríguez Sieiro, Felipa Iglesias, Julia Fernández, Clementina Rodríguez, Ángela Otero, Elisa Lamas, Josefa pascual e Adelaida Nóvoa. O tribunal estaba formado por sete mestres nomeados polo Presidente da Deputación Provincial. Os exercicios que tiveron que realizar as opositoras foron os seguintes:

Análise gramatical: En la niñez la memoria es casi la única potencia que tenemos en ejercicio y la que almacena por decirlo así todos los materiales de nuestros pensamientos venideros.

Gramática: Oracións de infinitivo e de cantas maneiras poden ser. Termos de que constan as primeiras. Idem as segundas oracións de relativo.

Ortoloxía: Que son letras consonantes? Que son letras minúsculas e maiúsculas?

Aritmética: Divisibilidade dos números por 2,3,4,5,6,8,9 e 11.

En canto á parte oral a cada opositora correspondeulle un tema e Elisa tivo que desnvolver La educación y la Instrucción. Su relación y diferencia.

Na parte práctica tocoulle explicar ante unha sección de nenas  os Signos de puntuación. Cuales son los que se usan en castellano. Que indica cada uno en la lectura.

O proceso durou seis días e o día 7 de febreiro o Tribunal procedeu a formar a lista de opositoras por orden de mérito. Elisa quedou de segunda levando a praza Carmen Rodríguez Sieiro.

A publicación "El Porvenir del Magisterio" resaltaba o labor dos docentes e nun dos seus numeros dedicoulle unhas eloxiosas palabras a Elisa:

"No siempre hemos de ocuparnos de Profesores encanecidos en el ejercicio de la enseñanza; también hemos de consagrar algunas líneas a aquellos que, llenos de entusiasmo y ardiente vocación, caminan con paso firme y mirada serena hacia el perfeccionamiento de la sociedad, representada en la Escuela Primaria. Pocas palabras hemos de decir de esta señorita que nació en Villardevós (Orense) en 1868, de inteligencia esclarecida y de aplicación extrema, estudió desde 1881 en la Escuela Normal de Orense la carrera de Maestra de primera enseñanza superior, mereciendo en todas las asignaturas las notas más lisonjeras. Seis meses después ganó en pública oposición la Escuela que actualmente desempeña en leiro y cuando solo contaba con dieciocho años de edad.
Los periódicos hicieron cumplidos elogios de aquellos ejercicios, como no podía menos de suceder. En los años que lleva en dicho pueblo ha mejorado notablemente la escuela; sus discípulas la idolatran y los Inspectores y el párroco, el Alcalde, todas las autoridades, en fin, la alientan en su camino y la colman de merecidos elogios. Posteriormente hizo oposiciones para una escuela de la capital, mereciendo el segundo lugar entre nueve opositoras.
Hoy, feliz y contenta en la pequeña villa de Leiro disfruta al ver a sus 160 alumnas pendientes de sus labios y nosotros nos congratulamos de contarla en el número de buenas Maestras; de las heroínas que, peleando bravamente contra la ignorancia y la ingratitud, guían a la infancia por el camino de la ciencia y el deber" (El Magisterio Gallego, 25 de novembro de 1889 ,p. 3)

En marzo de 1888 convocouse a oposición para cubrir praza en oito escolas de nenas en Pontevedra. O tribunal estaba formado por catro mestres, un inspector e dúas mestras que eran María del Jesús Castro e Regina Martínez Moreira e como presidente do tribunal estaba o Señor Gobernador Civil. O  primeiro día, o 6 de marzo, pasouse lista as opositoras, que eran un total de trinta, e despois tiveron que escribir sobre un papel pautado un alfabeto de maiúsculas e outro de minúsculas. Seguidamente Elisa Carnicero sacou a sorteo o tema para a análise gramatical e saíu: "Una madre no resiste de sus hijos las lágrimas". Despois tiveron que realizar o exame de gramática que consistíu na conxugación do modo infinitivo, indicar as súas tres terminacións, as letras radicais e cantas son as conxugacións. En Doutrina cristiá tiveron que citar e explicar os mandamentos e en que se dividían. En Hixiene tocoulles o tema Necesidad de la alternativa de ejercicios y descanso, como medio de antender a la salud.

Ao día seguinte foron os exames orais e a Elisa tocoulle desenvolver "Métodos verbales o analíticos en la lectura. Ventajas e inconvenientes de los mismos". No exercicio práctico o tema foi  "Cual es la línea de  división en la cuadrícula y para que sirve".

Por último, e para finalizar, realizaron o exame de labores para o que foron convocadas ás nove e media da mañá do día seguinte.

Rematado todo o proceso Elisa Carnicero aprobou quedando en cuarta posición segundo a puntuación pero non lle adxudicaron praza porque protestou polo fallo do tribunal, solicitando exame de comparación coas opositoras que quedaran nos tres primeiros postos. 

En 1890 volveu a presentarse ás oposicións para a escola de párvulos de Pontevedra. Nesta ocasión eran dez opositoras e nesta ocasión quedou de primeira coa cualificación de sobresaliente dicindo a prensa dela:"que tanto dio que hablar cuando los ejercicios de oposición". O tribunal acabou adxudicándolle a praza a Elisa e acabaría afincandose na cidade pontevedresa onde tivo unha intensa vida social pois era socia do Liceo-Casino e era moi apreciada.

Elisa tamén destacou como escritora, dotes que tamén a levaron a ser presidenta de xurado nos numerosos concursos literarios que se convocaban patrocinados pola publicación Revista Popular. En Pontevedra calificábana como "grande escritora". Publicou na revista Galicia Literaria na que tamén había colaboracións de Alfredo Brañas, Filomena Dato, Emilia Pardo Bazán... Tratábase dunha publicación que se editaba en Ourense nos 1883 e 1884 e tomou o seu nome dunha entidade literaria formada por galegos residentes en Madrid. Pero maiormente publicou na Revista Popular, que se editaba en Pontevedra. No número 1 publicou o artigo titulado "La mujer" na que fixo unha exaltación dos valores tradicionais das mulleres.No número 2 desta revista fixéronlle unha entrevista titulada "Declaraciones íntimas" na que expresou que lle gustaba viaxar e coñecer xente culta; sobre as mulleres opinou que lle gustaba que fosen modestas e humildes; declarou que lle gustaba a tranquilidade e do matrimonio contestou dicindo que non pensaba nel nin lle prestaba atención. Outros artigos asinados por ela foron "La modestia"; "La Primavera", "¿Quién es feliz?", "Efectos que produce la pena", "La virtud"...En xeral, todos na liña dos valores tradicionais pero escritos cunha elegante prosa. En maio de 1893 encargouse, por un tempo, da dirección de La Revista Popular. 

Outra das revistas nas que publicaría era El Porvenir del Magisterio destacando o artigo "Necesidad de la educación para el porvenir de la mujer".

A carreira de Elisa estaba sendo brillante pero faleceu de xeito repentino en Ourense en novembro de 1894 cando ainda tiña trinta anos. A prensa recolleu a triste noticia.

Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "A participación das mulleres ourensás no ensino secundario (1900-1930), Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185. Consulta do seu expediente no Ministerio de Cultura, Arquivo da Administración Central. Completada con outras fontes consultadas en Galiciana. El Correo gallego, 23 de xullo de 1893; Diario de avisos de La Coruña, 30 de marzo de 1893; El Diario de Pontevedra, 27 de marzo de 1916; El eco de Galiciad 22 de marzo 1885; Gaceta de Galicia, 21 de novembro de 1894; Gaceta de Galicia, 1 de decembro de  1890; El Magisterio gallego, 5 de marzo de 1887; El Magisterio gallego, 15 de marzo de 1888; El Magisterio gallego, 25 de marzo de1888; El Magisterio gallego, 5 de novembro de 1890; El Magisterio gallego, 25 de novembro de 1890; El Magisterio gallego, 15 de abril, 1891; Boletín de primera enseñanza de la provincia de Gerona, 11 de xuño de 1889; La revista popular 15 decembro 1892; La revista popular, 20 abril 1893; La revista popular, 10 maio 1893

19 abril 2009

DOLORES USICH DE ROCAFULL

Naceu en Barcelona en 1866. Foi a fundadora da Academia- Colexio Inmaculada Concepción e a nai da profesora Concepción Rocafull Usich e cuñada de Concepción Rocafull Priante pois estaba casada con Don Enrique Rocafull, un comerciante de prendas que morrera por suicidio o 2 de xullo de 1916. Consta que solicitou a creación no ano 1902. No Centro impartíanse clases preparatorias para ingreso no Insituto Provincial e a Normal e ofrecían clases especiais para señoritas, de ampliación da primeira ensinanza con mecanografía, música, debuxo e labores útiles e de adorno. 

La Región, 8 de setembro de 1910.

La Región, 20 de outubro de 1912.

La Zarpa 4 de novembro de 1927.

O Colexio Academia estaba situado na rúa San Míguel, número 18. Pero houbo que realizar unha serie de reformas no local e por ese motivo o centro trasladouse á rúa Luís Espada.

O centro mantivo a súa actividade ata que en 1933 Dolores Usich se trasladou coa súa filla a residir a Vigo e o 3 de agosto de 1938 faleceu aos 72 anos na cidade olívica pero foi trasladada a Ourense onde descansa no panteón familiar no Cemiterio de San Francisco.

La Región, 5 de agosto de 1938, p 3.

El Pueblo Gallego, 5 de agosto de 1938, p. 7
(Elaboración propia a partir de diferentes fontes. Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso, Carmen, "A participación da muller ourensá nos estudos secundarios" (1900-1930), Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185; El Pueblo gallego, 5 de agosto de 1938; La Región, 7 de xullo de 1937.)


18 abril 2009

DEBORA VUKUSIC


Naceu en Ourense en 1979. Metade galega e metade croata. Percorre os Balcáns nos anos 80 e 90. Xa maior de idade, viaxa de Ourense até Alcalá de Henares onde se licencia en Filoloxía Hispánica. Pisa Toulouse durante un ano e posteriormente finaliza a carreira de Interpretación na Real Escola Superior de Arte Dramático. Traballa de actriz con tipos como Ernesto Filardi, Ernesto Caballero ou Fabrice Melquiot. Escribiu dous poemarios aínda inéditos: Del escuro -un percorrido sobre a tradición do amor cortés descontextualizado- e Me llamo Deborah Vukusic... -poema testemuño no que a autora en primeira persoa traza recordos persoais coa guerra dos Balcáns- Guerra de identidad, Baile del Sol, Tenerife, 2008; Poesía Capital, Pepe Ramos (ed.), Sial, Madrid, 2009; 23 Pandoras: poesía alternativa española, Vicente Muñoz Álvarez (ed.)