Naceu en Barcelona en 1866. Foi a fundadora da Academia- Colexio Inmaculada Concepción e a nai da profesora Concepción Rocafull Usich e cuñada de Concepción Rocafull Priante pois estaba casada con Don Enrique Rocafull, un comerciante de prendas que morrera por suicidio o 2 de xullo de 1916. Consta que solicitou a creación no ano 1902. No Centro impartíanse clases preparatorias para ingreso no Insituto Provincial e a Normal e ofrecían clases especiais para señoritas, de ampliación da primeira ensinanza con mecanografía, música, debuxo e labores útiles e de adorno.
La Región, 8 de setembro de 1910.
La Región, 20 de outubro de 1912.
La Zarpa 4 de novembro de 1927.
O Colexio Academia estaba situado na rúa San Míguel, número 18. Pero houbo que realizar unha serie de reformas no local e por ese motivo o centro trasladouse á rúa Luís Espada.
O centro mantivo a súa actividade ata que en 1933 Dolores Usich se trasladou coa súa filla a residir a Vigo e o 3 de agosto de 1938 faleceu aos 72 anos na cidade olívica pero foi trasladada a Ourense onde descansa no panteón familiar no Cemiterio de San Francisco.
La Región, 5 de agosto de 1938, p 3.
El Pueblo Gallego, 5 de agosto de 1938, p. 7
(Elaboración propia a partir de diferentes fontes. Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso, Carmen, "A participación da muller ourensá nos estudos secundarios" (1900-1930), Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185; El Pueblo gallego, 5 de agosto de 1938; La Región, 7 de xullo de 1937.)