Etiquetas

26 abril 2009

ROSA ÁLVAREZ CABO


Naceu en Carballeda de Avia en 1950. Foi membro fundador da Mostra de Teatro de Ribadavia, da Sala Corral de Teatro de Vigo e da compañía de Teatro do Malbarate, presidenta da Agrupación Cultural Abrente e da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (1994-1996), e membro do grupo Teatro Artello. Distínguese como actriz teatral, se ben actuou tamén no cine e na televisión. Traballou no Centro Dramático Galego e no Teatro do Atlántico, Teatro Malbarate, Teatro Artello, Teatro Abrente. En 1984 recibiu o premio á mellor interpretación feminina no Festival Internacional de Teatro de Ribadavia. No eido cinematográfico traballou en películas como Esperanza de Chano Piñeiro, Divinas Palabras, Sempre Xonxa, Martes de Carnaval, etc.

Conta no seu haber cun amplo currículo tanto en teatro como cine. Por toda a súa traxectoria recibiu numerosos galardóns tanto en Galicia como no ámbito estatal.

Premio á mellor actriz secundaria pola interpretación en De Bares; premio nos Festivais de Zaragoza, Jerez, Torrelavega e Guijuelo á mellor actriz principal pola Boa Caligrafía e ademais Premio Mestre Mateo; María Casares e Premio de Honra de Abrente.

Ten unha ampla filmografia ata agora, pódense contabilizar vinteseis filmes nos que Rosa interpretou papeis de forte realismo e dramatismo pero tamén cómicos o que demostra que é unha actriz de grande versatilidade.

O mundo da interpretación é o seu paraíso e por iso mantense activa e con ganas de agasallarnos con magníficos personaxes.

Vid: Cultura Galega

Galegos dixital

La Voz de Galicia