Etiquetas

25 mayo 2025

AS RECLUSAS DO CÁRCERE DE OURENSE DESDE 1936 A 1942

(Imaxes elaboradas por AI segundo directrices indicadas por min. Reflicte o que sería o patio do cárcere coas reclusas. Algunhas ían embarazadas ou eran encarceradas cosseus pequenos.)

Presentamos a continuación o listado das mulleres que foron reclusas do Cárcere de Ourense durante os anos da ditadura. Para a súa elaboración consultáronse os Libros de Rexistro do Cárcere de Ourense desde 1936 a 1942. Neles figuran os recadros-fichas de homes e mulleres que ingresan en prisión recollendo datos da súa idade, parentesco, estado civil, resgos físicos, quen ordena a súa detención, cando entran e cando saen ou cando se trasladan. Non se fixo unha estatística do número de encarcerados e encarceradas por ano pero como pode observarse foron numerosas as mulleres que se tiveron que enfrontarse á xustiza.

Observouse que as detencións afectaron a moitas mulleres da provincia de Ourense, rurais, e tamén houbo outras que procedían doutros cárceres de España. As apresadas nos diferentes pobos da provincia eran conducidas nun primeiro momento aos departamentos municipais (Bande, Verín, Xinzo, O Barco...) e logo eran trasladadas ao Cárcere de Ourense. Case a totalidade delas eran mulleres rurais, vivían no seu pobo e traballaban nos labores do campo e da casa e había moi poucas que soubesen ler e escribir, recolléndose no rexistro a condición de analfabetas de grande parte das detidas. E así mesmo, algunhas eran levadas ao cárcere estando embarazadas ou levando aos seus pequenos con elas.

Poderemos extraer certas conclusións acerca da súa detención; nuns casos parece ser debida ao contrabando, asuntos de taxas e monetarios, noutros casos, poucos, a motivos de furto. Logo están as que axudaron aos fuxidos e que tiveron unha participación activa na resistencia. As penas máis graves foron impostas a estas últimas, chegando incluso a seren conducilas a outros cárceres como o de Oviedo, Amorabieta, Bilbao... Algunhas ían ao cárcere levando algún fillo ou filla de meses polo que non dubidamos que a situación anímica das reclusas sería de grande pesarume.

Un pequeno inciso sobre as prisións provinciais. Estas estaban situadas nas capitais de provincia e tiñan a función de reter aos detidas e procesadas durante a tramitación do sumario ata fosen xulgadas. Se eran consideradas acusadas a prisión vai ser o lugar correccional para o cumprimento de penas de arresto maior. Como centro penitenciario provincial e principal vai controlar os centros ou departamentos dos partidos xudiciais.

Dalgunhas das reclusas conseguiuse máis información e por iso aparecen enlazadas coa entrada que se lles dedica neste blog.

Por último, foron consultados os libros de rexistros desde 1936 pero non será ata 1938 cando comecen a aparecer os ingresos das mulleres. O número que aparece entre paréntese correspóndes coa páxina do libro de rexistro.

Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1937 a 1940

Manuela Odriozola Urmeneta
. Era natural de Deva, Guipúzcoa, e os seus pais chamábanse José e Francisca. Tiña 35 anos e Estaba solteira e era modista. Ingresou no Cárcere de Ourense o 30 de maio de 1938 procedente da prisión de San Sebastián. (259)

Purificación Fernández Freire. Era natural de Barbadás e os seus pais eran Severo e Aurora. Tiña 26 anos e estaba solteira cando ingresou no Cárcere de Ourense o 4 de xuño de 1938 e o 8 de xuño trasládana ao Cárcere de Bande. (260)

Flora González González. Era natural de Ferreirós, Entrimo. Seus pais eran Abelario e Asunción e estaba casada e dedicábase aos labores do campo e da casa. Foi encarcerada o 7 de xuño de 1938 e ao día seguinte trasladárona ao Cárcere de Bande. (263)

Irene Rodríguez García. Era natural de Ferreirós, Entrimo. Seus pais eran Domiciano e Isabel. Irene dedicábase aos labores do campo e da casa. Aos 21 anos foi detida e entrou na prisión de Ourense o día 7 de xuño de 1938 e o 8 de xuño trasladárona ao Cárcere de Bande. (263)

Concepción Leboso Pulleiro. Era natural de Barbantes, Ourense. Seus pais eran Manuel e Benita e estaba casada. tiña 29 anos cando a prenderon e o 13 de xuño de 1938 ingresou na prisión de Ourense pero o 15 de xuño trasladárona á Prisión de Bande. (264)

Carmen Caride Iglesias naceu en Parada de Amoeiro e estaba casada e dedicábase aos labores domésticos e do campo. Os seus pais eran Antonio e Dolores. Aos 36 anos foi detida e conducida á prisión de Ourense onde ingresa o 25 de xuño de 1938 máis, dous días despois, puxérona en liberdade. (269).

Estrella Quintela López naceu en San Salvador de Abubal e era viúvda. Seus pais eran José e Generosa foi detida cando tiña 35 anos e conducida ao cárcere de Ourense o día 27 de agosto de 1938. Permaneceu no cárcere da capital ata 10 de setembro do 1938 pois foi conducida á Prisión de Bande. (297)

Dolores Álvarez Caramés naceu en Liñares, Nogueira de Ramuín e era filla de Antonio e Perfecta. Era viúva e tiña 40 anos cando foi detida e o 27 de agosto de 1938 ingresou no Cárcere de Ourense pero 10 de setembro trasladárona á prisión de Bande. (297)

Francisca Pardo Morena naceu en Zamora e residía na Coruña. Seus pais eran Antonio e Isabel. Francisca estaba viúva e con 40 anos foi detida e conducida ao cárcere de a Coruña o 7 de setembro de 1938 pero o 30 dese mesemo mes levárona para a prisión de Bande (302).

Rudesinda Rodríguez Gómez naceu en Requejo e era filla de José Antonio e Antonia Josefa. Era viúva e traballaba na casa e no campo. Foi detida con 50 anos e levada á prision de Ourense o 22 de setembro de 1938. (322).

Carmen Fernández Fernández era natural de a Graña, Covelo e seus pais eran Emilio e María. Estaba solteira e foi detida en Camposancos o 19 de setembro de 1938. Ingresa na comisaría o 7 de outubro de 1938 e o 11 foi posta en liberdade. (326)

Purificación Vázquez Vázquez era natural de Penosiños, Ramirás e era filla de José e Josefa. Foi detida en Ponte de Barxas o 13 de setembro de 1938 e ingresa o 11 de outubro de 1938 no cárcere pero 23 de outubro lévana para Bande. (329)

Deolinda de los Ángeles era natural de Oscas, Portugal. Seus pais eran Marcelino e María de los Dolores. Estaba solteira e dedicábase aos labores do fogar. Foi detida aos 45 anos no lugar de Soutochas o 16 de outubro de 1938 e conducida ao cárcere o 19, permanecendo uns días no cárcere pois foi posta en liberdade o 31 de outubro.(333)

Ludivina Rodríguez Lage era natural de Francos, Maceda. Seus pais eran Felipe e Josefa. Ludivina estaba casada e tiña un fillo. Tiña 51 cando foi detida e conducida á Prisión de Allariz o 20 de outubro de 1938 e o 10 e novembro foi posta en liberdade. (337)

Virginia Sotelo Álvarez era natural de Oimbra e seus pais eran Hipólito e Elvira. Virginia estaba casada  e tiña catro fillos. Foi detida polos carabineiros en San Cibrao o 19 de outubro de 1938 e o 20 é xulgada e o 21 foi posta en liberdade. (337)

Escolástica Fernández López naceu en 1890 e era natural de Cambedo, Portugal. Seus pais eran Pedro e Carlota. Detivérona os carabineiros en Casas dos Montes e ingresou no cárcere o 21 de outubro de 1938 pero foi posta en liberdade o 26 dese mesmo mes. (339).

Clotilde Fernández López naceu en 1898 e era natural de Cambedo, Portugal, e irmá de Escolástica. Seus pais eran Pedro e Carlota. Detivérona os carabineiros en Casas dos Montes o día 20 de outubro de 1938 e conducida ao cárcere o 21 de outubro. O 26 dese mesmo mes foi posta en liberdade. (339)

Cándida Feijoo Plaza naceu en 1922 en Cambedo, Portugal. Seus pais eran José e María e estaba solteira. Detivérona en Casas dos Montes e levárona ao cárcere o 21 de outubro de 1938 e o 26  foi posta en liberdade. (340)

Elisa Pérez López naceu en 1918 en Cambedo, Portugal. Seus pais eran José e Deolinda. Foi detida polos carabineiros en Casas dos Montes e ingresou no cárcere o día 21 de outubro de 1938 e o 26 recobrou a liberdade (340).

Castora Pérez Rodríguez nace en 1915 en Ortás, Sober, Lugo. Seus pais eran José Ramón e María.  estaba casada e tiña tres fillos. Detivérona en Ourense o día 23 de outubro de 1938 e conducírona ao cárcere de Ourense o 24 e o día 29 puxérona en liberdade (341)

Celsa Neira García naceu en Santos, Brasil, o 1917; estaba casada e vivía na Rabaza.  Foi detida o 26 de outubro de 1938 e ingresou no Cárcere de Ourense pero ao día seguinte puxérona en liberdade. (342)

Sara León Armada naceu en Fadralvite, Lobeira en 1915. Seus pais eran José e Dolores e estaba solteira dedicándose aos labores do fogar e do campo. Foi detida o 26 de outubro de 1938 e conducida ao cárcere de Ourense mais o 27 de outubro puxérona en liberdade. (343)

Dolores López naceu en Feces de Cima o ano 1921. Era filla de solteira e súa  nai chamábase María e vivía en Vilardevós. O 26 de outubro de 1938 foi detida e o 28 ingresa na prisión pero o 31 foi posta en liberdade. (345).

Encarnación Domínguez González naceu en Terroso, Vilardevós en 1912. Era filla de Modesto e Luísa e vivía en Terroso. Era solteira e dedicábase ao labores do campo e da casa. Os carabineiros detivérona o 26 de outubro de 1938 e conducírona ao cárcere o 28 mais o 30 puxérona en liberdade. (346).

Marina Grande Casmartiño naceu en Sabadelle, Pereiro de Aguiar, o 1912. Seus pais eran José María e Dolores, estaba solteira e vivía en Sabadelle traballando na casa e no campo. Foi detida o 17 de novembro de 1938 pola Garda e ingresou no cárcere ese mesmo día, aínda que o 20 puxérona en liberdade. (351).

Rosa Estévez González naceu en 1903 en Quintela de Leirado, estaba solteira e vivía cos seus pais Avelino e Ramona dedicándose aos labores do campo. Foi detida en Monterredondo o día 17 de novembro de 1938 ingresando no cárcere o 19. No cárcere de Ourense permanecería uns 18 días pois 6 de decembro de 1938 ingresa no cárcere de Bande. (354).

Basilisa Estévez González era irmá de Rosa e naceu en 1902 en Quintela de Leirado. Seus pais eran Avelino e Ramona e estaba casada e tiña un fillo. Foi detida en Monterredondo o día 17 de novembro de 1938 e, como a súa irmá, levárona ao cárcere de Ourense e o día 6 de decembro ingresa no Cárcere de Bande. (354).

Rosa González Estévez naceu en Queimadelo, Portugal en 1913. Era filla de Delfín e María, estaba solteirra e residía en Queimadelo onde traballaba no campo. Foi detida en Monterredondo o 17 de novembro de 1938 e conducida ao cárcere o 19 de novembro. Permaneceu uns días pois o 6 de decembro foi conducida ao cárcere de Bande. (354).

Palmeira Afonso Fernández era natural de Malagueiros, Portugal e tiña 17 anos cando a detiveron. Súa nai era Rosa Afonso. Palmira era solteira e residía en Malagueiros onde traballaba o campo e facía os labores da casa. Foi detida en Monterredondo o día 17 de novembro de 1938 e conducida ao Cuartel de Carabineiros e logo ao cárcere de Ourense pero o 6 de decembro levárona ao cárcere de Bande. (355).

Adelaida Fernández Fernández naceu en Riós e residía en San Cristobo, tiña 39 anos e era viúva. Seus pais eran Domingo e María. Foi detida o 19 de  novembro de 1938 en San Cristobo e o día 19 ingresa en prisión e o 6 de decembro conducírona ao cárcere de Bande.(355).

Filomena Rodríguez Álvarez naceu en Zabuazas, Lobeira, en 1910; seus pais eran Manuel e Jesusa. Estaba casada e tiña tres fillos e residía en Zabuzas e aquí foi detida o 2 de decembro de 1938 e o 5 lévana ao cárcere de Ourense pero o 7 póñena en liberdade (363).

María Rodríguez Álvarez naceu en Zabuazas o 1914 e era irmá de Filomena. Estaba solteira e vivía Zabuazas onde foi detida cando tiña 24 anos . Como a súa irmá, foi conducida ao cárcere o 5 de decembro de 1938 pero o 7 sae en liberdade (363).

Josefa Iglesias Rodríguez naceu en 1900 Casasúa en Ourense e seus pais eran Manuel e Perfecta. Estaba casada e tiña cinco fillos. Foi detida en Calvos de Randín o día 7 de decembro de 1938 e o 9 levána ao cárcere de Ourense pero tres días despois póñena en liberdade. (365).

Sonsoles Rodríguez González naceu en 1915 en Casasúa e seus pais eran José e Modesta. Residía en Casasúa e estaba solteira. Foi detida en Calvos de Randín e levada ao cárcere de Ourense o 9 de decembro pero o 13 póñena en liberdade. (365).

María Rivera Padredo naceu en 1905 en Quiroga, Lugo; seus pais eran Antonio e Benita. Residía en Poboa de Brollón, esttaba casada e tiña catro fillos. Foi detida en Quiroga o día 9 de setembro de 1938 e levárona á prisión da Carballeira e de alí pasou á de Ourense o día 18 de decembro pero deixárona en liberdade. (372).

María Miguélez Martínez era de Santa María de Cartelle, Melón, onde naceu en 1900, sendo seus pais Joaquín e Rosa. Residía en Cartelle e estaba casada e tiña tres fillos. Foi detida e levada á prisión de Ribadavia o 19 de decembro de 1938 e o 28 de xaneiro de 1939 conducírona ao cárcere de Bande. (374). O día 3 de outubro de 1940 trouxérona, de novo, ao cárcere de Ourense. (Libro 1940, p. 202)

Emilia González Soto naceu en Esposende, Ribadavia o ano 1888. Estaba casada e tiña 9 fillos. Detivérona o 19 de decembro de 1938 e estivo na prisión de Ribadavia pero o 28 de xaneiro de 1939 levárona ao cárcere de Bande. (374).

Dolores Calvo de León era de Guntimil, Muíños, estaba casada e residía en Riquiás. Tiña 65 anos cando a detiveron os carabineiros en Maus de Salas o 16 de decembro de 1938. O 19 ingresa no carcere de Ourense e o 20 póñena en liberdade. (375).

Aurora Dacal Fernández naceu en Mariñamansa en 1912, estaba casada e residía en Ourense e foi detida o día 17 de decembro de 1938, ingresando no cárcere o 19 mais foi posta en liberdade o día 20. (375).

Felisa Álvarez Barjas foi detida o día 29 de decembro de 1938 en Calvos. Ela era natural de Nogueira de Ramuín e estaba casada e tiña seis fillos. O 24 de decembro ingresa no cárcere de Ourense pero o 28 e xaneiro do 39 lévana ao cárcere de Bande. (376).

Deolinda Correia Almeida era de Mintais, Portugal e estaba casada e con dous fillos. Foi detida o 24 de decembro de 1939 e ao día seguinte foi posta en liberdade. (376).

Pilar González González era de Cenlle. Estaba solteira e aos 34 anos foi detida pola Garda Civil o 26 de decembro de 1938, ingresou no cárcere pero o 1 de xaneiro de 1939 levárona para Bande. (376).

Asunción González López era nai de Pilar e tamén era de Cenlle. Foi detida en Cenlle e conducida ao cárcere o día 26 de decembro pero o 1 de xaneiro levárona para Bande. (376)

Esperanza González Rodríguez era natural de Cenlle e seus pais eran Camilo e Josefina. Estaba solteira e foi detida pola Garda Civil e conducida ao cárcere o 26 de decembro de 1938 e o 1 de xaneiro de 1939 foi conducida ao cárcere de Bande, tiña 20 anos. (376).

Leontina Docampo Pagán naceu en Cenlle en 1908, seus pais eran Jerónimo e Antonia. Foi detida pola Garda Civil en Cenlle o 26 de decembro de 1938 en Cenlle e levárona ao cárcere de Ourense pero o 1 de xaneiro trasladárona á de Bande. Tiña 30 anos e estaba solteira. (379).

Antonia Docampo Pagán era irmá de Leontina. Naceu en Cenlle  en 1916 e tamén a detiveron levándoa ao cárcere de Ourense onde ingresou o 26 de decembro de 1938 e foi trasladada a Bande o 1 de xaneiro. Tiña 22 anos e estaba solteira. (379).

Rosa Álvarez López era de Matamá, Sober. Foi detida en Verne? o día 30 de decembro de 1938. Tiña 54 anos, estaba casada e tiña sete fillos. Puxérona en liberdade o 2 de xaneiro de 1939. (382)

Concepción Sanmamed Poceda era de Atanes e seus pais eran Segundo e Estrella. Ela residiía en Atanes e estaba solteira e foi detida en Vilar de Barrio o 30 de decembro de 1938 pola Garda Civil. Ingresa ese día no cárcere pero o 1 de xaneiro déixana en liberdade. Tiña 25 anos. (383).

María Fernández Sotelo era de Verín e residía en San Cibrao. Foi detida en Vilar de Barrio o día 30 do 12 de 1938 pola Garda Civil. Estaba solteira e tiña 30 anos. Conducírona ao cárcere pero o 2 de xaneiro déixana en liberdade. (383)

Dolores Tein Suárez naceu en Fontao, A Merca. Estaba casada e tiña un fillo. Vivía en Fontao e foi detida pola Garda Civil o 30 de decembro de 1938 e o 2 de xaneiro déixana en liberdade. (383).

Margarita Justo Blanco era natural de A Merca e residía en Suameisce. Estaba casada e tiña 8 fillos. Detivérona en Ourense o 1 de xaneiro de 1939, tiña 39 anos. Ingresa no cárcere ese día e o día 6 póñena en liberdade. (384)

Francisca Vázquez Diéguez era natural de Gustei onde naceu en 1911. Seus pais eran Francisco e Adelaida e estaba casada. Foi detida en Paradela pola Garda Civil o día 13 de marzo de 1939. Ingresou no cárcere e estivo catro meses pois o 2 de agosto trasladárona a Conxo. (418)

Purificación Varela era de Couso, Carballiño. Foi detida en Couso o día 8 de xuño de 1939 por furto Ingresou no cárcere e o 17 de xuño foi desprazada a Bande. (461)

Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1940 a 1941

Teresa Díaz Fernández era do pobo de Louredo, Cortegada e residía en Ponte Vargas, estaba viúva. Foi detida pola policía o día 24 de setembro de 1940, tiña 36 anos. Ingresou o 25 de setembro no cárcere e o día 13 de outubro puxérona en liberdade. (193).

Celia Valle Valle naceu en 1911 era natural de Carballeda de Casaio, seus pais eran Guillermo e Encarnación. Estaba casada con Manuel Álvarez e tiñan cinco fillos. Foi detida o 26 de agosto de 1940 e ingresou na prisión de Ourense co seu fillo Edelmiro Álvarez Valle que tiña 14 meses. Foi posta en liberdade en novembro pero volven detela e encarcerala o 19 de xuño de 1941 e estivo practicamente un ano. Saíu en liberdade o 16 de marzo de 1942. (193).

María Rivera ¿Pechedo? naceu en Poboa de Brollón. Estaba casada con Manuel Álvarez Couzán e tiñan catro fillos. Veu trasladada do cárcere de Lugo e ingresou en Ourense o día 27 de setembro de 1940 e con ela trouxo ao seu fillo Juan Álvarez Rivera de 14 meses. Estivo no cárcere ata 5 de abril de 1941, día que saíu en liberdade.(199)

Divina Valle Fernández naceu no pobo de Canizo, Carballeda, Casaio e era filla de Mateo e Isabel e estaba solteira. Ingresou no cárcere de Ourense, trasladada de Bande, o 3 de outubro de 1940 e o 7 de xuño reingresa en Bande e sae en liberdade o 10 de xuño de 1940.(202)

Manuela Valle Fernández era irmá de Divina e tamén naceu en Casaio. Ingresou no cárcere o 16 de xuño de 1939, tiña vinte anos e levaba con ela unha nena de catro meses. Ingresou no cárcere de Ourense, procedente de Bande, o 3 de outubro de 1940 e 27 de setembro de 1941 recobra a liberdade. (202)
(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1940 a 1941. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2238. Libro 2238. 202)

Estrella Quintela López era natural de San Salvador e residía en Rabo de Galo. Naceu en 1899, seus pais eran José e Generosa e era viúva con tres fillos. Foi detida e levárona a Bande e o 4 de outubro de 1940 foi trasladada ao cárcere de Ourense. Tivo que estar ingresada no Hospital de xuño a agosto de 1941 e en novembro de 1941 foi posta en liberdade. (205).

María da Costa Castro era natural de Braga e foi detida por contrabando. Residía en Ourense, estaba casada con José María Martínez e tiñan un fillo. Primeiramente estivo no Departamento Penal de Bande e foi trasladada a Ourense o 4 de outubro de 1940 e o 6 de novembro concedéronlle a liberdade. (205).

Felismina Márquez de Freitas era de Portugal. Tiña 33 anos cando foi detida. Estaba casada con Manuel Sánchez Rodríguez, residían no barrio do Couto e tiñan cinco fillos. A ela levárona a Bande e o 4 de outubro de 1940 ingresou no cárcere de Ourense levando consigo un neno de tres meses. O 4 de xaneiro de 1941 foi posta en liberdade. (206).

Julia Bello González era de San Miguel, Cenlle e residía en Ribadavia. Estaba solteira e tiña antecedentes penais. Estivo presa no Penal de Bande e o 5 de outubro de 1940, cando tiña 63, levárona ao cárcere de Ourense e a liberdade acadouna catro anos máis tarde, o día 13 de outubro de 1944. (206)

María Villar naceu en 1900 e era natural de Verín pero residía en Celanova. Era filla de solteira, súa nai era Rosa Villar e estaba casada con Ramón Quintana e tiñan seis fillos. Foi detida en varias ocasións. Estivo no Depósito Municipal de Bande e o día 5 de outubro de 1940 levárona para o cárcere de Ourense levando consigo dous fillos de dous e un ano chamados Manuel e Guemersindo. Recobrou a liberdade o 4 de agosto de 1941 pero volveu reingresar o 29 de abril de 1942. O 10 de setembro de 1943 trasládana ao cárcere de mulleres de Amorabieta e regresa ao cárcere de Ourense o 17 de xuño de 1944. (206).

Flora Villar González naceu en O Carballiño e tiña tan só 17 anos cando se veu envolta nun proceso penal que a levou a ser encarcerada. Vivía no Carballiño e os seus pais eran Antonio e María e ela estaba solteira. Estivo detida no Penal de Bande e o 5 de outubro de 1940 ingresou no cárcere de Ourense onde estivo ata o 22 de novembro de 1941 que lle concederon a liberdade. Mais o 27 de marzo de 1942 volveu ingresar no cárcere da capital e en maio desde mesmo ano volveu saír. Pero un mes máis tarde volve ingresar en prisión, en concreto o 17 de xuño de 1942 pero é posta en liberdade. Un ano máis tarde, o 22 de outubro de 1943 volve ser detida e encarcerada e permanecera un mes na prisión. En maio de 1944 reingresa e, definitivamente, o 24 de xaneiro de 1946 foi conducida ao cárcere de mulleres de Amorabieta. (207).

Emilia González Soto naceu en Esposende, Cenlle, e residía en Ventosela, Ribadavia. Seus pais eran Prudencio e Perpetua. Era viúva e tiña 9 fillos. Detivérona e estivo na prisión de Bande pero o 6 de outubro de 1940 trasladárona á prisión de Ourense. Tiña 64 anos. (207).

Amparo Real Fernández naceu en Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras, e seus pais eran Manuel e Benita. Estaba solteira e foi detida e conducida a Bande pero o día 6 de outubro de 1940 conducírona ao cárcere de Ourense e un mes máis tarde puxérona en liberdade. Tiña 23 anos. (207)

Generosa Álvarez Prieto naceu en Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras, e seus pais eran Vicente e Teresa. Foi detida e conducida a prisión de Bande e o 6 de outubro de 1940 trasladárona ao cárcere de Ourense e un mes máis tarde póñena en liberdade. Tiña 22 anos e estaba solteira. (207).

María de Oliveira Fernández naceu en Rozas, Portugal, e residía Bande. Estaba casada con Antonio Blas Franco e tiñan un fillo. Cando a detiveron levárona para o Departamento Municipal de Bande e o día 7 de outubro de 1940 trasladárona ao cárcere de Ourense e poucos días despois foi posta en liberdade. (209).

Ovidia Álvarez Rodríguez naceu en 1912 en Portomourisco, en Petín, e alí residía co seu home, Luís Fernández e o matrimonio tiña un fillo. Foi detida e trasladada a Bande pero o 7 de outubro de 1940 trasladárona a Ourense pero tivo que ser ingresada no Hospital e cando lle deron a alta volveu á prisión o 24 de xaneiro de 1941 e o día 8 de febreiro trasladárona a Oviedo.

Concepción Fernández Rodríguez naceu en Portela de Portomourisco, Petín. Seus pais eran Antonio e Lucía e estaba solteira. Foi detida e conducida a Bande e o 7 de outubro de 1940 trasladárona ao cárcere de Ourense e o 26 de decembro é conducida ao cárcere de Oviedo. Tiña 55 anos. (209). 

Teresa Domínguez Prada naceu no Barco en 1894 e residía no pobo de O Espiño. Estaba viúva e tiña catro fillos. Cando a detiveron destinárona ao Depósito Municipal de Bande pero o 8 de outubro de 1940 levárona ao cárcere de Ourense e botou un ano presa pois o 14 de outubro de 1941 recobra a liberdade. (210).

María Fernández Domínguez naceu en Cuba e residía no pobo de O Espiño, O Barco. Seus pais eran Manuel e Teresa e ela estaba solteira e dedicábase aos traballos domésticos. Foi detid e conducida ao Depósito Municipal de Bande pero o día 8 de outubro de 1940 lévana para a prisión de Ourense, era moi noviña, tiña 18 anos. O 21 de xaneiro condúcena á prisión de Vigo pero reingresa na de Ourense o día 25 de marzo e sete meses máis tarde, o 14 de outubro recobra a liberdade. (210).

Generosa Fernández Domínguez naceu en Espiño, O Barco. Tiña 24 anos e estaba solteira cando a detiveron e a conduciron ao Depósito Municipal de Bande. O 8 de outubro de 1940 levárona para a prisión de Ourense pero tan só estivo oito días pois o 16 puxérona en liberdade. (210).

Concepción Escuredo Rodríguez naceu no pobo de San Lorenzo de O Barco de Valdeorras sendo os seus pais Pedro Manuel e Dolores. Tiña 22 anos e estaba solteira e foi detida e conducida a Bande pero o día 9 de outubro de 1940 levárona ao cárcere de Ourense e permanceu un ano e o 17 de decembro de 1941 puxérona en liberdade. Mais o 12 de febreiro de 1944 volve ingresar en prisión e dous meses despois, en abril, recobra a liberdade. (213).

Guadalupe Prieto Pérez era de Mieres, Oviedo, sendo seus pais eran Enrique e María. Estaba casada con Juan Paes e tiñan dous fillos. Foi detida e o Xuíz Militar indicou o seu encerro en Bande e o 10 de outubro de 1940 lévana ao cárcere de Ourense, tiña Guadalupe 34 anos. Un mes despois, o 2 de novembro foi posta en liberdade. (213).

María Candelas Baños era natural de Bande e estaba casada con Manuel Diz e tiñan catro fillos. Foi detida cando tiña 60 anos. Despois duns días no Depósito Municipal de Bande levárona a Ourense o 10 de outubro de 1940 e seis días despois recobra a liberdade. (213).

Felisa Domínguez Blancos naceu en 1885 en Santa Cristina e estaba viúva e tiña un fillo. Traballaba nos labores do campo e na casa. Foi detida e conducida a Bande e o 10 de outubro de 1940 conducírona a Ourense e un mes máis tarde concédenlle a liberdade. Tiña 55 anos. (214)

Matilde Alonso Seoane naceu en Santa Cristina en 1892. Dedicábase ao traballos do fogar e do campo e aos 48 anos foi detida e conducida a Bande e o 10 de outubro ingresou no cárcere de Ourense e un mes máis tarde, o 7 de novembro, puxérona en liberdade. (214).

Pilar Ferreiro Penin naceu en 1889 en Laroá, Xinzo da Limia. Seus pais eran Donato e Generosa. Vivía en Laroá e estaba casada. Foi detida e nun primeiro momento estivo no depósito municipal de Xinzo da Limia e o 19 de outubro de 1940 foi conducida a Ourense e o 21 de xuño de 1941 foi posta en liberdade. Estivo presa oito meses. (220).

Sara Cid Vila era de Silvoso, Tabodadela. Alí naceu en 1914. Seus pais eran José e Constantina. Dedicábase aos seus labores. Foi detida o 17 de outubro de 1940 pola policía de Ourense acusada de dar morte a Marina de Abadín. Conducírona á comisaría o 21 de outubro de 1940 pero o 29 puxérona en liberdade. (224).

Leopoldina Leitos Ferrere naceu en Braga e vivía en Pontedeume, A Coruña. Seus pais eran José e Ana e estaba solteira. Dedicábase aos seus labores e indícase que era analfabeta. O caso é que foi detida pola policía o 22 de outubro de 1940 e conducida desde a Comisaría ao Cárcere de Ourense e en decembro conducírona á fronteira. (224).

Claudia Prieto López era natural de Mumayor, Cudillero, Oviedo. Naceu en 1906 e estaba casada con Licinio Cocado e tiñan dous fillos e seus pais eran Aurelio e Alberta. Foi capturada polos carabineiros o 29 de outubro de 1940 e conducírona ao cárcere de Ourense e un mes despois foi posta en liberdade. (227).

Hortensia Pliego Cinia era de Tras os Montes, Portugal e seus pais eran Manuel e Josefa. Estaba viúva, tiña 60 anos e dedicábase aos labores do campo e máis a casas. Foi detida pola Garda Civil o 15 de outubro de 1940 e estivo no Departamento Municipal de Viana. O 26 levárona ao cárcere de Ourense e o 18 de marzo de 1941 foi posta en liberdade. (229).

Rosa Cruz Baó era de Toén, Ourense e vivía nas Airas. Tiña 24 anos e estaba casada. Seus pais eran Manuel e Teresa. Rosa dedicábase ás faenas da casa e do campo. O 29 de outubro de 1940 foi detida e e conducírona ao cárcere de Ourense e levaba con ela un neno de tres meses. Ao día seguinte recobra a liberdade. (232)

Rosa de Gloria Fernández era natural de Santa María de Boro, Braga, Portugal. Tiña 18 anos e estaba solteira. Seus pais eran Manuel e Ana María e dedicábase aos traballos da casa. O día 30 de outubro de 1940 foi detida pola policía e logo levárona ao cárcere de Ourense. O 23 de novembro de 1940 sae en liberdade. (234)

Aurea Nóvoea Álvarez naceu en Cobas, Pereiro de Aguiar e residía en Leñoá do Camiño. Tiña 34 anos e estaba casada con Antonio Álvarez e tiñan cinco fillos. Foi detida o 8 de novembro de 1940 pola garda civil e ingresa no cárcere pero tres días despois é posta en liberdade. Pero o 24 de febreiro de 1941 volve ao cárcere e permanecerá nela ata o 1 de maio. (237).

Isaura Cid Novoa era de Castro, Pereiro de Aguiar e seus pais eran Antonio e Ramona. Isaura era labradora, estaba solteira e detívoa a Garda Civil o 8 de novembro de 1940, tiña 24 anos. Entrou no cárcere e saíu libre tres días despois, pero o 24 de febreiro de 1941 reingresa e permanecerá tres meses pois o 1 de maio sae libre. (238).

Teresa Otero Rodríguez era de Gustei e vivía en Ponte Canedo. Seus pais eran Manuel e Luísa. Estaba solteira, tiña 20 anos e un fillo. Dedicábase a traballo na casa e foi detida pola Garda Civil o 12 de novembro de 1940 pero tres días máis tarde quedou en liberdade pero o 29 de maio de 1941 volveu ser encarcerada. (242).

Mercedes Lorenzo Collarte naceu en San Andrés, Ribadavia. Seus pais eran Claudio e Manuela. Mercedes estaba casada con Silvio Cougil e tiñan dous fillos. Cando foi detida tiña 28 anos.  Levárona ao Departamento Municipal de Ribadavia e de alí trasladárona ao Cárcere de Ourense onde ingresou o 19 de novembro de 1940. Estivo dous anos no cárcere, recobrou a liberdade o 22 de abril de 1942. (250)

Anuncia Rodríguez Nóvoa naceu en Barra de Miño e vivía en Ponte Canedo. Estaba solteira e dedicábase aos labores da casa. Foi detida o 19 de novembro de 1941, tiña 22 anos, e levárona á Comisaría e de alí ingresou no Cárcere de Ourense. (251).

Luísa Fernández Álvarez naceu en Aldea Terreiro, Celanova. Seus pais eran Manuel e Dolores e estaba solteira. Dedicábase aos labores da casa e do campo. Foi detida  o 21 de novembro 1940 e estivo no Departamento Municipal de Celanova. Trasladárona ao cárcere de Ourense e ía con ela a súa filla de 3 anos. Non recocbrou a liberdade ata o 6 de abril de 1942. (254)

Visita Martínez Domínguez. Naceu en Xacebáns, Celanova en 1875. Estaba casada e dedicábase aos labores do campo. Foi detida polos carabineiros o día 24 de novembro de 1940 e trasladada o 25 ao cárcere da capital. Estivo un mes presa pois foi posta en liberdade o 26 de decembro. Tiña 65 anos. (259).

Purificación Hernández Heredia naceu en Portugal, tiña 40 anos e estaba viúva. Foi detida pola Garda de Seguridade o día 30 de novembro de 1940 e levárono no cárcere de Ourense uns días despois deixárona en liberdade. (262).

Aurora Jiménez Montoya era natural de Pontevedra, tiña 21 anos e estaba casada. Seus pais eran Pablo e Carmen. Foi detida o 30 de novembro de 1940 e levada a prisión pero tres días despois foi posta en liberdade. (262).

María Losada André  nacen en Santo Cristo de Medeiros, Verín e vivía en O Couto, Ourense. Tiña 22 anos e estaba solteira sendo seus pais Gumersindo e Francisca. Ela tiña o oficio de cesteira e o día 3 de decembro de 1940 foi detida polas gardas de Seguridade e conducida ao cárcere de Ourense de onde parece saír en liberdade un mes despois. Pero parece reingresar pois consta que o 24 de xaneiro de 1946 volve recobrar a liberdade. (264)

Consuelo Puga Pérez naceu en Arbo, Pontevedra e vivía en Ourense na rúa Libertad, número 26. Tiña 55 anos e estaba casada con Celso Losada. Entrou en prisión o 9 de decembro de 1940. (341)

Cristalina Lage Fernández era de Calvos de Randín e residía en Ourense, na rúa Hernán Cortes, número 3. Tiña 34 anos e estaba casada con Manuel Gómez e non tiñan fillos. Foi detida o 9 de decembro pero tres días máis tarde foi posta en liberdade, concretamente o día 12 de decembro de 1940. (341)

Mercedes Toza? Díaz era natural de Oviedo pero residía en Ourense na rúa Avenida da Habana número 49. Tiña 40 anos e estaba casada con José Vega. Entrou no cárcere o 14 de decembro de 1940 e estivo dous meses arrestada pois recuperou a liberdade o 14 de febreiro de 1941. (347)

Purificación Puga Pena foi detida pola Garda Civil de Ourense o 22 de decembro de 1940. Era de Maceda e residía na Valenzá. Tiña 82 anos e estaba viúva. Estivo no cárcere de Ourense desde o 22 de decembro de 1940 ata o 5 de f ebreiro de 1941. (352).

Laura Grande Puga era natural de Maceda e alí residiía. Tiña 37 anos e estaba casada. Foi detida pola Garda Civil de Ourense o 22 de decembro de 1940 e estivo seis meses encarcerada. Saíu en liberdade o 5 de xuño de 1941. (353).

Antonia Grande Puga era de Maceda e residía en Toén, Ourense. Tiña 36 anos e estaba solteira. Era irmá de Laura e tamén foi detida o 22 de decembro de 1940 e conducida ao cárcere, recobrando a liberdade tres dous máis tarde, o 5 de febreiro de 1941. (353)

María Anunciada Fernández Veiga nacen en Santa Cristina, era viúva e tiña 22 anos. Seus pais eran José e Teresa e dedicábase aos labores da casa e á facenda. Estivo detida 15 días no cárcere de Ourense, do 27 de decembro 1940 ao 10 de xaneiro de 1941. (356)

Marina Iglesias naceu en Ourense en 1904 e residía en Toén. Foi criada na inclusa, estaba solteira e tiña 36 anos. Foi detida 6 de xaneiro de 1941 pero quince días máis tarde foi posta en liberdade, o 20 de xaneiro de 1941. (360)

Mercedes Sousa Outomuro era de Pereira de Montes, tiña 39 anos cando a detiveron e estaba viúva.  Estivo no cárcere de Ourense do 8 ao 25 de xaneiro de 1941. (382)

Carmen Cabezas García naceu na Coruña e residía en Ourense na rúa Cervantes, 37. Tiña 29 anos e estaba solteira cando a detiveron o día 21 de xaneiro de 1941. Permaneceu no cárcere dous días, do 22 ao 24 de xaneiro de 1941. (370)

Francisca Hermida Durán naceu en Tamallancos en 1894. Estaba viúva e tiña seis fillos. Detivérona o 26 de xaneiro de 1941 pero aos dez días saíu en liberdade, o 5 de febreiro de 1941. (300)

Clementina de Oliveira era de Portugal e residía en Ourense na rúa Estrella número 7. Tiña 30 anos e estaba viúva. Foi detida o 28 de xaneiro de 1941 pola policía e entra en prisión. Sae en liberdade o 9 de febreiro pero reingresa o 21 de febreiro de 1942 e, tras tres meses, sae en liberdade o 10 de maio de 1942. (377)

Isabel Fernández Seoane naceu en A Veiga e residía no pobo de Xares. Era solteira e tiña 28 anos. Foi detida e levada a Cachopol? e de aí trouxérona a Ourense o 4 de febreiro de 1941 e permanceu ata o 10 de marzo de 1941. (386).

Olvido García Rodríguez naceu en Langullo e estaba solteira e tiña 29 anos cando a detiveron. Ingresou no cárcere o 4 de febreiro de 1941 trasladada de Cachopol? e logo o 10 de maio de 1941 parece que foi trasladada a Vigo. (387)

Simpliza Porto Rodríguez naceu en Seijo, A Gudiña e estaba casada con Elisardo Lavandeira e tiña 7 fillos. Detivérona e o 4 de febreiro de 1941 ingresou no cárcere de Ourense e o 6 de maio foi posta en liberdade. Volveu ingresar un mes máis tarde e o 11 de xuño foi posta en liberdade. (389)

Josefa Fernández Prieto naceu en Edreira, A Veiga. Tiña 79 anos, estaba solteira e tiña un fillo. Ingresou no cárcere de Ourense o 4 de febreiro de 1941 e un mes máis tarde puxérona en liberdade. ( 388).

Esperanza Fernández Prieto era da Veiga e vivía no pobo da Edreira. Estaba solteira, dedicábase aos labores da casa e campo e tiña 37 anos anos cando a detiveron. Pasou de Cachopol ao cárcere de Ourense o día 4 de febreiro de 1941 e en marzo, o día 10, puxérona en liberdade. (388).

Preciosa Carballo Piñeiro era natural de Cuntis, Pontevedra, pero residía en Reparade, Muíños. Dedicábase ás faenas domésticas e do campo e foi detida e levada ao Depósito Municipal de Bande. O 12 de febreiro de 1941 conducírona a Ourense e puxérona en liberdade o 9 de outubro de 1941 (390)

Esclavitud Bernarda Aleio naceu en O Irixo en 1893, Carballiño e vivía en Arcos. Estaba casada con José Fernández e tiñan catro fillos. Foi detida pola Garda Civil de Carballiño e estivo no depósito municipal ata que o 19 de febreiro de 1941 trasladárona a Ourense pero aos dous días soltárona. (398)

Angelita Placeres da Costa era de Arcos de Portugal e residía en Mende. Tiña 17 anos e estaba solteira. Foi detida pola policía e conducida á Comisaría e o 14 de febreiro de 1941 entra en prisión recobrando a liberdade un mes máis tarde. pero o 10 de decembro de 1941 volve ingresar en prisión e estivo 20 días pois o 30 dese mesmo mes sae do cárcere. (389).


Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso do ano 1941

Manuela Domínguez Diéguez era natural de Zuje, Viana. Tiña 27 anos, estaba viúva e tiña dous fillos. O 14 de febreiro de 1941 detivérona e foi ao depósito municipal de Viana e de alí ao cárcere de Ourense. Quedou en liberdade o 6 de maio pero reingresou o 21 dese mesmo mes e quince días máis tarde, o 6 de xuño quedou en liberdade. 

María Valle Valle era de Casaio, O Barco. Naceu en 1920, seus pais eran Guillermo e Encarnación e estaba solteira. O 18 de febreiro de 1941 detivérona e levárona ao cárcere o 14 de febreiro de 1941 e o 25 de abril sae en liberdade.

Felisa Pérez Corbillón era do pobo de Vilaverde, A Bola, Celanova, alí naceu en 1897. Seus pais eran José e Cándida, estaba viúva e tiña dous fillos. Dedicábase aos labores do campo e foi detida o 17 de febreiro de 1941 e permaneceu no cárcere de Ourense catorce meses xa que foi posta en liberdade o 12 de abril de 1942 pero o 27 de abril de 1945 foi de novo capturada e reingresou no cárcere de Ourense ata que se decidiu o seu traslado ao cárcere de mulleres de Amorebieta o 18 de agosto de 1945. (103)

Florentina García Fernández naceu en 1920 e era do pobo de Novás, Xinzo da Limia. Estaba casada con Emilio González Fernández e tiña 21 anos cando a detivo a Garda Civil o 18 de febreiro de 1941. Conducírona ao Depósito Muncipal de Xinzo e de alí pasou a Ourense soltándoa un mes despois. (108)

Aurea Fernández Rivero era do pobo de Novás e tiña 39 anos cando a capturaron. Seus pais eran Manuel e Felisa. Estaba casada con Francisco e tiñan seis fillos. Detivérona o 18 de febreiro de 1941 e soltárona un mes despois, o 24 de marzo. (108)

María Sousa Méndez era de Cartelle e vivía en Ourense na rúa de San Pedro, número 18, 1º piso. Estaba viúva e dedicábase aos labores domésticos. Foi detida pola policía o 20 de febreiro de 1941 pero ao día seguinte puxérona en liberdade. (109)

Amparo Sousa Méndez era irmá de María, estaba solteira e tiña 23 anos. Tamén foi detida xunto con maría o día 20 de febreiro de 1941 pero saíu do cárcerre o día 21. (109).

Florentina Pérez Rodríguez era do pobo de Seixo, a Gudiña. Dedicábase aos labores domésticos. Foi detida o 22 de febreiro e soltárona o 27. Tiña 25 anos. (110)

Ángela Fernández Montero era do pobo de Xinzo de Pontedeva. Tiña 27, estaba solteira e tiña unha filla. Foi detida o 6 de marzo de 1941 permanecendo un mes no cárcere. Saiu en liberdade o 6 de marzo. (119)

Marcelina Vázquez Rodríguez naceu en Xacebáns, Quintela de Leirado, Celanova. Tiña 50 anos, estaba solteira e dedicábase aos labores do campo e da casa. foi detida o 8 de marzo de 1941 e recobrou a liberdade o 10 de decembro.
(138).

Carmen Álvarez Buquejo era de Ribadeo, Lugo e residía en Xacebáns, Celanova. Tiña corenta anos e estaba casada. Foi detida o día 8 de marzo de 1941 e tras nove meses en prisión, recobrou a liberdade o 10 de decembro. (138)

Rosa Pena Alonso era de Lobeira, Bande. Estivo encarcerada cinco meses pois foi detida o 10 de marzo de 1941 e saiu en liberdade en agosto. Tiña 41 anos e estaba solteira (138)

Rosa Diéguez Casalte era do pobo de Tamaguelos e Antonio e María eran os seus pais. Tiña 28 anos, estaba casada e tiña un fillo. Detivérona e conducírona ao Departamento de Verín o 12 de marzo de 1941 mais dous días despois quedou en liberdade. (143).

Dolores Couso Domínguez era natural de Ribadavia e seus pais eran Guillermo e Inés. Tiña 45 anos e estaba solteira. Foi detida pola Garda Civil o 15 de marzo de 1941 e conducírona ao Depósito de Ribadavia e aos seis días recobra a liberadade. (146)

Amparo Couso Domínguez era irmá de Dolores e tamén naceu en Ribadavia. Foi detida o 15 de marzo e saiu do encerro o día 21 de marzo de 1941. Estaba solteira e tiña 44 anos. (146)

Matilda Martínez López era de Monforte e foi detida por contrabando en Ourense. Detivérona o 15 de marzo de 1941 pero aos dous días puxérona en liberdade. Tiña 15 anos e estaba solteira. (148).

Florentina Taboada Perez era de San Esteban de Castrelo e residía en Destriz. Tiña 23 anos, estaba casada e tiña un fillo. O 18 de marzo de 1941 detivérona e entrou en prisión cun fillo, máis cinco días despois puxérona en liberdade. (149)

Josefa Real Blanco era de Casaio, estaba solteira e tiña 26 anos. Seus pais eran Evaristo e Ánxela. Josefa foi detida por axuda aos fuxidos o 20 de marzo de 1941 e estivo un ano no cárcere, recobrando a liberdade o 9 de abril de 1942. (152)

Angutias Real Blanco era imrá de Josefa. Naceu en Casaio, tiña 19 anos e estaba solteira. Foi capturada o 24 de marzo de 1941 e posta á disposición do Xulgado Militar de Fuxidos. Foi conducida ao cárcere de Ourense. O 30 de setembro estivo ingresada no Hospital pero regresa ao cárcere onde permanecerá ata a súa posta en liberdade o día 9 de abril de 1942. (152)

Sonina Real Blanco irmá das anteriores, Josefa e Angustia. Tamén naceu en Casaio e tiña 33 anos e estaba solteira. Detivérona e púxose á disposición do Xulgado Militar de Fuxidos. O día 24 de marzo de 1941 metérona no cárcere onde permaneceu un ano, saíndo libre o 9 de abril de 1942 como as súas irmás. (153).

Teresa Fernández Gago era natural de Ourense e seus pais eran Juan e Fosefa. Vivía en Fontadoiro e estaba solteira. Tiña 25 anos e foi detida o 24 de marzo de 1941 e posta á disposición do Xulgado Militar de Fuxidos no Barco de Valdeorras. (152).

Sara Lamas González naceu en 1897 e era de Ponte Canedo e vivía na Rúa San Pedro, 8. Estaba viúva e tiña catro fillos. Tiña 44 anos cando a detiveron o día 13 de abril de 1941 pero recobrou a liberdade un mes máis tarde. (167).

Nadelina Martínez era de Ribadeselle, Asturias. Estaba casada e ingresou no cárcere provincial 19 de abril de 1941 e estivo sete meses presa ata que a soltaron o 8 de novembro de 1941, tiña 27 anos. (175)

Luísa Nóvoa Arce era do Concello de Rairo e residía no Polvorín. Foi detida o 19 de abril de 1941 por un delito que tiña que ver con algún asunto de taxas. En seis días recobra a liberdade. (176)

Juliana Fernández Rodríguez era de Quintela de Odroso en Viana do Bolo. Foi detida o 21 de abril de 1941 e posta á disposición do Xuíz Militar eventual número 2 que acordou o seu encerro durante seis meses e o 20 de outubro dese mesmo ano quedou libre. Tiña 59 anos e estaba casada (178)

Felicidad Fernández (sen segundo apelido), era natural de Rubiá e tiña 22 anos e solteira. Detivérona o día 26 de abril de 1941 quedando á disposición do Gobernador Civil. Estivo presa seis meses  pois o 14 de outubro de 1941 sae en liberdade. (182).

Martina López del Campo naceu en Madrid e residía en Ourense na rúa García Mosquera número 2. Estaba casada con Venerando Otero Gómez. Foi detida e posta á disposición do Xuíz Militar número 8 de Madrid quen ordena o seu encarceramento o 30 de abril de 1941, tiña 20 anos. Estivo presa tres meses, ata o 6 de xuño de 1941. (186)

Celestina Ángel Méndez naceu en Avilés e residía en Villalegre. Foi detida polos carabineros o día 5 de maio de 1941, tiña 30 anos e estaba solteiras, sendo seus pais Juan e Margarita. (187).

Carmen Ogando Blanco era de Pontevedra e residía en Vigo. Foi detida pola policía de Vigo o día 3 de marzo de 1941. Trasladárona de Vigo a Ourense pero un mes máis tarde puxérona en liberdade. Tiña 20 anos de idade e estaba solteira. (187).

María Gayo Regente naceu en Ramirás en 1905. Tiña 37 anos, estaba casada con José Gómez e tiñan dous fillos cando foi detida e trasladaráno ao Departamento Muncipal de Celanova e posta á disposición da Garda Civil. O día 9 de maio de 1941 foi ao cárcere permanecendo un mes. Recobrou a liberdade o 4 de xuño. (193) 

María González Fernández era do pobo de Guntimil, Bande e alí residía. Naceu en 1901 e era filla de Domingo e Rosa. A Garda Civil detívoa e quedou á disposición do Xuíz Instrutor de Bande que determinou o seu encerro o 12 de maio de 1941 pero dous meses máis tarde, o 8 de xullo, quedou en liberdade. Tiña 40 anos e estaba solteira. (196).

Concepción Castiñeiras Villaverde era natural de Santiago pero residía en Lugo. Foi detida o día 13 de maio de 1941 e posta á disposición do Xuíz Instrutor de O Barco. Concepción tiña 59 anos e estaba viúva e tiña catro fillos. (199).

Aurora Saa Rey era de Pesqueira, Lugo, e residía en Ourense na rúa Las Mercedes e era modista. Estaba casada con Serafín Blanco e tiñan nove fillos. Aurora foi detida pola policía armada e posta a disposición do Gobernador Civil que acordou a súa prisión. O delito que cometeu foi o de agregar nomes á cartilla de racionamento e suministrarse individualmente con varias cartillas en diversos fornos e panaderías de Ourense. Ingresou no cárcere o 16 de maio de 1941 e estivo quince días pois o 31 de maio saiu en liberdade. Non obstante, o 17 de xuño de 1942 volveu ingresar estando recluída durante tres días, recobrando a liberdade o día 20 dese mesmo mes. Tiña 40 anos (200).

Gumersinda Fernández Dagar era de Ourense e vivía na mesma rúa que Aurora. Tiña 20 anos e estaba casada con José Blanco cando foi detida polo mesmo delito que Aurora pois as dúas estaban compinchadas. Parmenceu quince días no cárcere pois entrou o 16 de maio de 1941 e saíu o 31. (200)

Concepción Goti Ugalde era natural de Bilbao e vivía en Mirasol. Tiña 27 anos cando o Xuíz Instrutor de Bilbao acordou o 23 de maio de 1941 a súa detención por delito de estafa. De Bilbao foi conducida ao cárcere de Ourense o día 10 de xuño de 1941. (203)

Josefa Javiera Echevarría era de San Sebastián e residía en Verín. Tiña 54 anos e estaba viúva cando foi detida pola Garda Civil e posta a disposición do Gobernador Militar. Entrou no departamento de Verín o 24 de maio de 1941 e logo conducida a Ourense e estivo seis meses presa, saíu o 29 de setembro de 1941. (205).

 María Pérez Fernández era natural de Casafigueira, Ourense, e vivía en Ponte Canedo. Estaba solteira e tiña 35 anos cando foi detida por contrabando. Ingresou en prisión o día 26 de maio de 1941 e estivo case tres meses, quedando en liberdade o 11 de agosto. (207)

Herminda González Zarraza era de Vilar de Barrio. Naceu en 1901 e seus pais eran Francisco e Camila. Foi detida pola Garda Civil e conducida a Avión. Logo foi posta á disposición do Xuíz Militar de Fuxidos que ordenou a súa prisión cunha pena de case seis meses. Ingresou o 27 de maio de 1941 e saiu o 11 de novembro. (209).

Feliciana López (sen segundo apelido) era do pobo de Couso, Bande e residía en Calvos de Randín. Tiña 63 anos e estaba solteira. Detivérona e levárona ao Departamento de Bande e de alí foi ao cárcere de Ourense o 30 de maio de 1941 e non saiu ata o 5 de decembro. (211).

Cándida González Fidalgo era de Sarois, naceu en 1910. Vivía en Sarois, estaba casada e tiña 31 anos cando foi detida e posta a disposición do Xuíz Instrutor de Xinzo. Levárona ao Departamento de Bande  e de alí ao cárcere o día 30 de maio de 1941, recobrando a liberdade o 5 de decembro. (212).

Elisa González Fidalgo era irmá da anterior. Naceu en Sarois en 1919 e vivía no pobo dedicándose aos labores domésticos e do campo. Estaba casada con Manuel Feijóo e foi detida pola garda civil. Levárona ao departamento de Bande e ela ía embarazada. O 10 de xuño de 1941 entrou no cárcere de Ourense e o 20 levárona ao Hospital do que regresou o 30 de agosto. Estivo no cárcere ata 5 de decembro de 1941. (222).

Obdulia Álvarez Pérez era do pobo de Bandarín, Cartelle. Naceu en 1909 e dedicábase ao labores da casa. Estaba casada con Jesús Álvarez e tiñan unha filla. Detivérona e entrou no cárcere de Ourense procedente de Celanova o día 9 de xuño de 1941, entrou coa filla de dez meses,  Obdulia tiña 32. (220).

Isabel Sierra Rocabado era natural de Bilbao pero residía na rúa Villar de Ourense. Era meretriz e e foi detida o día 31 de maio de 1941 e saíu en liberdade o día 29 de xullo. Tiña 26 anos e estaba solteira. (212).

María Pérez Fernández era de Ferrol e residía en Ourense na rúa Padilla, número 10. Estaba casada con Miguel Pérez e tiñan tres fillos. Ela foi detida pola policía o 12 de xuño de 1941 levándoa ao cárcere durante 13 días, o 26 de xuño foi posta en liberdade, tiña 37 anos. (224)

Veneranda Rodríguez Fernández naceu en 1904 en Xinzo. Estaba casada con José Méndez. Foi detida cando tiña 37 anos e permanceu quince días en prisión, entrou o 13 de xuño e saíu o 1 de xullo de 1941. (227)

Carmen Fernández Álvarez foi detida por axuda aos fuxidos. Era do pobo da Coba, Trives. Tiña 47 anos e estaba casada con Martín Rodríguez e tiñan 7 fillos. Detivérona o 17 de xuño de 1941 e puxérona á disposición do Xuíz Instrutor de Fuxidos. Saíu en liberdade en outubro pero reingresou ao cárcere o día 20 de maio de 1942 permanecendo un ano. Saíu en liberdade o 25 de maio de 1943. (229).

Carmina Novoa Novoa naceu en Cuba e residía en Ourense. Tiña 22 anos, estaba casada e tiña unha filla. Foi detida pola policía o 17 de xuño de 1941 e posta en liberdade o 1 de xullo. (238)

Dolores Munhet Comilla naceu en Vich, Barcelona e residía en Conde del Asalto (a actual Rambla). Tiña 49 anos e estaba solteira. Ingresou no cárcere de Ourense trasladada o 17 de xuño de 1941 e puxérona en liberdade o 1 de xullo. (238).

Josefa Añel Rodríguez naceu en Rubiás, Xinzo, e alí residía. Estaba solteira e tiña 48 anos. Foi detida pola Garda Civil e posta á disposición do Xuíz de delitos monetarios o 19 de xuño de 1941e o 2 de xullo foi posta en liberdade. (239).

Matilde Rodríguez Araújo naceu no pobo de Quintela de Canedo e alí residía. Tiña 17 anos e dedicábase ao labores do campo e da casa. Foi detida según deciciu o Xuíz Instrutor e conducida desde a comisaría ao cárcere de Ourense o día 21 de xuño de 1941. Permaneceu un mes no cárcere pois saíu en liberdade o 28 de xullo. (252)

Julia González Barreiro naceu na Granxa en Ourense e residía na Praza do Ferro. Tiña 22 anos e estaba solteira. O suplicatorio da Policía Armada decide o seu arresto o 23 de xuño de 1941 e queda á disposición do fiscal. O 7 de xullo sae en liberdade. (245).

Hortensia Jardón Rúa era do pobo da Cerdeira, Ourense. Tiña 28 anos e estaba casada con Antonio Rodríguez. Estivo detida no departamento de Xinzo da Limia e de alí conducírona ao cárcere de Ourense o día 24 de xuño de 1941. Sae en liberdade o día 8 de outubro pero reingresa o 4 de xaneiro de 1946 e quince días máis tarde recobra a liberdade, o 19 de xaneiro de 1946. (246)

Felisa Pazos (sen segundo apelido) era do pobo de Meirás, Ourense. Tiña 44 anos e estaba solteira. É detida pola Garda Civil e conducida a Celanova o 24 de xuño de 1941 e queda en liberdade o 22 de xullo dese mesmo ano. (246)

Emilia Costa Bouveta? era de Meirás, Ourense. Tiña 28 anos e estaba solteira. Tamén foi detida e conducida a Celanova o día 24 de xuño de 1941 para saír en liberdade o 22 de xullo. (247)

Rosa Cibeira Rodríguez residía na rúa Santo Domingo. Tiña 25 anos e estaba solteira. A policía detena o 28 de xuño de 1941, tan só botou dous días no cárcere. (251)

Hermitas Chaos Alonso era de Vilameás, Viana do Bolo. Tiña 35 anos e estaba solteira. A Garda Civil detena a Garda Civil o 30 de xuño de 1941 e púxose á disposición do Xuíz de Fuxidos. (253)

Carmen Rodríguez Pérez era natural de Sober e residía en Lugo. Tiña 32 anos e estaba casada con Ricardo Seijo. Detivérona o 1 de xullo de 1941 e conducida a Ribadavia e o 17 de setembro quedou en liberdade. (254)

Concepción Domínguez Iglesias era de Loira do Monte e residía en Ourense na rúa Viriato. Tiña 20 anos e estaba casada con Cástor Iglesias. Foi detida pola policía por furto o 3 de xullo de 1941 e non saíu ata o 27 de febreiro de 1943. Entre medias tivo que ir ao hospital dúas veces. En definitiva estivo presa un ano e medio. (257)

Dolores Fernández Álvarez era do pobo de Langoreiro, Ourense. Tiña 27 anos e estaba casada con Amando Pérez e tiñan dous fillos. Ela foi detida e conducida ao cárcere o día 9 de xullo de 1941, levou con ela á súa filla que tiña dous meses. Tres meses máis tarde recobrou a liberdade. (257)

Joaquina Fernández Rivera naceu en Camawey, Cuba e residía en Ourense na rúa Villar. Tiña 23 anos e estaba solteira. Estivo detida nove días por prostitución. Saíu libre o 15 de xullo de 1941. (259)

Asunción Martínez Moya era de Vilagarcía, Pontevedra. Tiña 23 anos e estaba solteira cando a detivo a Garda Civil. Estivo do 6 ao 15 de xullo de 1941 no cárcere de Ourense. (259)

María Martínez Domínguez residía na rúa Cisneros de Ourense, tiña 17 anos e estaba solteira. Foi detida pola policía armada e o xuíz de instrución decida encarcerala e estivo do 9 de xullo de 1941 ao 20 de outubro pero o 31 de decembro reingresa en prisión. (263)

Teresa Petra Gómez Gil  era de Santiago e residía na rúa Cisneros de Ourense. Tiña 23 anos e estaba casada con Julio Rodríguez e tiñan un fillo. Foi encarcerada o 9 de xullo de 1941 ata outubro pero o 5 de marzo de 1942 volven encarcerala e botará un ano, recobra a liberdade en marzo de 1943. (263)

Manuela Gómez (sen segundo apelido) era natural de Allariz e residía en Montederramo. Seus pais eran Bernardo e Nieves, tiña 19 anos e estaba solteira. Foi detida pola Garda Civil e posta á disposición do Xuíz de Trives o 11 de xullo de 1941. (365).

Ángela Sánchez Murados? era natural de A Rúa. Tiña 42 anos e estaba casada. A autoridade que ordena o seu ingreso é o Fiscal de Taxas de León. O 14 de xullo de 1941 ingresa en prisión e o 30 trasládana a León. (239).

Joaquina Iglesias natural de Torres Vedres de Portugal e residía no barrio de O Couto. Tiña 45 anos e estaba casada. Foi detida e ingresou na comisaría o 16 de xullo de 1941 quedando á disposición do xuiz instrutor. (271).

Benigna González Gil era de Cortegada e residía en O Carballiño. Tiña 24 anos e estaba solteira cando foi detida o 18 de xullo de 1941 e non saiu do cárcere ata o 30 de xaneiro de 1942. (272).

Fermina Rivera Vicente era de Maceira, Ourense, e residía en Castrelo do Miño. Tiña 27 ano e estaba solteira. Detéñena o 19 de xullo de 1941 e do Departamento de Ribadavia lévana a Ourense onde permanece no cárcere ata o 12 de febreiro de 1942. (274).

Argentina Dopazo Fernández naceu en Santa María de Melias en 1901 e foi detida pola Garda Civil o día 22 de xullo de 1941 e estivo presa tres días. (277).

María Álvarez (se segundo apelido) era filla de Tomasa. Naceu en Santigoso, O Barco de Valdeorras. Estaba casada e traballaba no servizo doméstico. Foi detida pola Garda Civil e conducida ao Departamento de O Barco o día 27 de xullo de 1941. Tras esta detención volve a ingresar 25 de xuño de 1943 e en setembro condúcena ao cárcere de Bilbao.(281)

Manuela Álvarez Suárez era de Avilés e residía en Molleda. Tiña 60 anos e estaba casada. Detivérona e foi trasladada ao cárcere de Ourense o 20 de xullo de 1941. (282)

Virginia Feijóo Moreiras naceu en Celanova, tiña 48 anos e estaba viúva. Residía en Barcelona foi detida eo 29 de xullo de 1941. (283)

Palmira Fernández López era natural de Asturias e residía en Avilés. Tiña 40 anos e estaba casada con José Evia e tiñan tres fillos. O 29 de xullo de 1941 ingresa en prisión e cinco días despois recobra a liberdade. (283).

María Vidal Rodríguez naceu en Ourense en 1883 e residía en Ribadavia e era mendiga. Foi detida 2 de agosto de 1941 e tras un mes no cárcere quedou en liberdade. (286).

Contemplación Álvarez Carrera naceu en Casaio. Tiña 37 anos, estaba casada con Pedro Fernández e tiñan cinco fillos. Foi detida pola Garda Civil e levárona ao depósito de O Barco. Logo ingresou no cárcereo 5 de agosto de 1941 e alí permaneceu dous anos pois o 18 de setembro de 1943 foi conducida ao cárcere de Bilbao. (289)

Dolores Fernández Estévez naceu en A Garda e residía no pobo da Chapela, Redondela. Estaba casada con Joaquín Dalseu e non tiñan fillos. Foi detida pola Garda Civil e conducida ante o xuíz instrutor de Ribadavia que acordou encarcerala o 12 de agosto de 1941 e o 2 de setembro foi posta en liberdade. Tiña 34 anos. (296)

María Domínguez Afonso estivo detida un mes. Era de Lapela e residía nun pobo de Padrenda. Estaba solteira e tiña 60 anos ando a colleu a Garda Civil. Quedou presa desde o 13 de agosto de 1941 ata o 4 de outubro. (298)

Luzdivina Vas Estévez tamén residía en Padrenda. Naceu en Cela de Abaixo. Tiña 53 anos cando a detiveron e estaba casada con Manuel Vas e tiñan tres fillos. Estivo presa desde o 13 de agosto de 1941 ata o 4 de outubro. (298).

Camila Deber Fernández naceu en Santa Cruz o ano 1892. Estaba casada con José Pérez e tiña tres fillos. Foi detida o 20 de agosto de 1941 e o 10 de setembro puxérona en liberdade pero volveu entrar no cárcere o 10 de outubro de 1944 e permaneceu sete días pois saíu o 17. (303)

Ana Seoane Rodríguez tiña 26 anos e era de Casa dos Montes, Ourense. Foi detida e o Presidente da Audiencia acordou o ingreso en prisión o 23 de agosto de 1941 no departamento de Verín e estivo ata o 9 de outubro de 1941. (305).

Carmen López Gil era de Soutelo de Cartelle. Tiña 24 anos cando a Garda Civil e quedou á disposición do Capital  Xeral do 8º rexemento que acorda o seu encerro. Entrou no cárcere o 25 de agosto de 1941 e saiu en liberdade o 28 de marzo de 1942. (306).

María Fernández (sen segundo apelido) era da Fonsagrada. Aos 20 anos foi detida durante seis dias, do 26 de agosto de 1941 ao 1 de setembro.(309)

María Fernández López era de Outeiro de Rei en Lugo. Tiña 27 anos cando foi detida e estivo catro días no cárcere. Entrou o 26 de agosto de 1941 e saíu o 30. (309)

Cándida Ferández González era de Monforte de Lemos, tiña 33 anos e estaba viúva. Foi detida e o xuíz instrutor de Ourense manda encerrala tres días, do 26 ao 29 de agosto de 1941.

Enriqueta Delgado Núñez naceu en Carregáns de Vilamartín e dedicábase aos seus labores e ás faenas do campo. Seus pais eran Joaquín e Concepción. Enriqueta tiña 26 anos e estaba casada cando a detivo a Garda Civil o día 26 de agosto de 1941 e púxoa á disposición do Xuíz Especial de Fuxidos quen manda encerrala uns meses desde o 26 de agosto ata o 31 de outubro. (310).

Rosario Delgado Núñez era irmá de Enriqueta. Naceu en Carregáns, tiña 23 anos e estaba solteira. Como Enriqueta, tamén foi detida o 26 de agosto e permaneceu no cárcere ata o 31 de outubro por orde do Xuíz Especial de Fuxidos. (310)

Antonia Delgado Fernández tamén era de Carregáns, Vilamartín de Valdeorras e tiña 60 anos e estaba viúva e tiña un fillo. Foi detida pola Garda Civil e posta á disposición do Xuíz Especial de Fuxidos que determinou o encerro. Entrou no cárcere o 26 de agosto de 1941 e puido saír o 31.

Isaura Ramos (sen segundo apelido) era do pobo de Couso, Melgaço do Minho e residía no pobo de Portela en Bande. Tiña 21 anos e estaba solteira cando foi detida pola Garda Civil e o Xuíz Instrutor de Bande mandouna presa o 31 de agosto de 1941 en Bande e quedou en liberdade o 7 de setembro de 1947 pero logo volveu entrar no cárcere e estivo ata o 16 de febreiro de 1948. (314).
(p. 55)

Rosaura Rodríguez Rodríguez Era de Entrimo. Seus pais eran Constante e María. Tiña 35 anos e estaba casada con Manuel. Dedicábase aos seus labores e non sabía ler e escribir. Foi detida pola Garda Civil o 2 de setembro de 1941 e posta en liberdade o 26 de xaneiro de 1942 pero volveu ser detida e encarcerada o 8 de maio de 1946 (315). 

Camila Alvarado González era de Val de Marzas de Lugo e residía en Coles. Foi detida durante catorce días, desde o 8 ao 22 de setembro de 1941. Tiña 62 anos e estaba viúva. (322).

Encarnación Luma? López era do pobo de Fea, Toén, e residía no pobo de Puga. Tiña 37 anos e xa estaba viúva e con seis fillos. Foi detida pola Garda Civil e o Xuíz Instrutor de Ourense ordenou o ingreso en prisión permanecendo tan só dous días, do 9 ao 11 de setembro de 1941. (323).

Catalina Sánchez Prieto era do pobo de Xares, A Veiga. Seus pais eran Clemente e Tomasa. Estaba viúva e tiña tres fillos. Dedicábase aos labores da casa e do campo. Foi detida cando tiña 57 anos por colaboradora cos fuxidos. O Xuíz de Instrución de Presentados e Fuxidos determinou o ingreso en prisión. Catalina estivo no cárcere desde o 10 de setembro de 1941 ata o 4 de febreiro de 1942. (324)

Mercedes Fontela González era de Paradela de Abeleda, Porqueira, Ourense. Tiña 47 anos e estaba casada con José Gándara Quintas. A Garda Civil detívoa e estivo presa durante 12 días, do 12 ao 24 de setembro de 1941. (326).

Bernardina Salgado era do pobo de Rivera, Bande. Tiña 25 e estaba solteira. Foi detida pola Garda Civil e o xuíz instrutor determinou o seu encerro no departamento de Bande o día 12 de setembro de 1941. (326)

Concepción Castro García era de Mieres, Oviedo, e alí residía. Tiña tan só 15 anos cando foi detida pola Garda Civil que determinou o seu encerro no Departamento de o Barco de Valdeorras desde o 12 ao 27 de setembro de 1941. (329)

Lucía Rodríguez Vega tamén era de Mieres, Oviedo. Tiña 18 anos cando foi detida e conducida ao Barco onde estivo presa desde o 12 ao 27 de setembro de 1941. (329)

Felisa Lorenzo Collarte era do pobo de San Andrés, Ribadavia. Seus pais eran Claudino e Manuela. Tiña 17 anos e estaba solteira e dedicábase aos labores do campo e casa. Foi detida pola Garda Civil o 17 de setembro de 1941 e quedou á disposición do Xuíz Eventual Militar número 2. Estaría presa uns meses recobrando a liberdade o día 15 de xaneiro de 1942. (334)

Peregrina Rodríguez Comeselle? era do pobo de Lavadores, Vigo. Tiña 25 anos e estaba casada. Foi detida pola Garda Civil e conducida a Xinzo o 18 de setembro de 1941 e recobrou a liberdade o 11 de outubro. (335)

Jacinta Alonso Sánchez era de Villalpando, Lugo, e residía alí, na rúa Montero Ríos. Estaba casada con Ángel Riaño, tiña 36 anos e cinco fillos cando foi detidao 20 de setembro de 1941 e estivo sete días presa. (340)

Pura Ferradas Santiago naceu en O Carballiño en 1901. Vivía na Rúa Villar, número 48, en Ourense. A súa ocupación eran os labores domésticos. Foi detida cando tiña 40 anos pola policía armada e levárona á comisaría o 4 de outubro de 1941, quedando á disposición do Xulgado Militar número 6 que determinou sete meses prisión, polo que quedou en liberdade o 18 de maio de 1942, pero o 23 de febreiro de 1946 volveu ao cárcere. (353)

María Morán García era de Sigüeya, León. Tiña 22 anos e estaba solteira. Foi capturada pola Garda Civil de O Barco e levada ao Departamento de O Barco o día 16 de outubro de 1941 para ser conducida á Prisión de Ourense. Estaba detida por auxilio a fuxidos e colaboración coa rebelión a man armada, polo que a puxeron á disposición do Xuiz Militar de Fuxidos. Determinouse a prisión incondicional por tratarse de causa sumarísima. O 22 de setembro de 1942 establécese a prisión atenuada debendo establecer a residencia en Sigüeya, Benuza, León. A Pena concluiría o 6 de febreiro de 1945. (364) (Vid tamén: Expediente persoal da reclusa María Morán García. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25083/047.Caixa 25083/047)

Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1941 a 1942

Elisa Nóvoa Fernández naceu en Ourense en 1907 e seus pais eran Manuel e Carmen. Residía na rúa Villar, número 48 e estaba solteira e dedicábase aos labores domésticos. Foi detida o 21 de outubro de 1941 quedando á disposición do Xuíz Militar número 5 que determinou o encarceramento ata o 12 de decembro de 1941. (6).

Manuela López Campos era do pobo de Trapa, Oviedo e residía en O Barco. Seus pais eran Manuel e Laura. Estaba casada con Pastor Diéguez e no tiña fillos. O suplicatorio da Garda Civil decidiu detela o 26 de outubro de 1941 e quedou á disposición do Xuíz Instrutor de O Barco. Permaneceu encarcerada ata o día 23 de abril de 1942 pero volveu reingresar o 28 de agosto de 1945. 

Dolores Araújo Vázquez naceu en Cornoces, Ourense, e residía en Quintela de Canedo. Estaba casada con José Rodríguez e tiña catro fillos. O suplicatorio da Garda Civil ordena o seu ingreso en prisión o día 27 de outubro de 1941, quedando á disposición do Xuíz Instrutor de Ourense que determina a prisión ata o 29 de xaneiro de 1942.

Ifisema Fernández Alonso era do Brasil pero residía en Vilar de Castrelo. Tiña 25 anos, estaba solteira e tiña un fillo de peito. Foi detida e o Presidente da Audiencia determina que ingrese no cárcere e lévana ao Departamento de Verín o 8 de novembro de 1941. Recobra a liberdade o 20 de decembro. 

Carmen González Ríos era de Moreiras. Tiña 16 anos, estaba solteira, e tiña o oficil de leiteira. Foi detida polo Fiscal de Taxas o 15 de novembro de 1941 pero saíu ao día seguinte. 

Herminia Bóveda Doforno era de Piñor de Barbadás. Tiña 22 anos e tamén era leiteira. Foi detida polo Fiscal de Taxas e estivo dous días retida, do 15 ao 17 de novembro de 1941.

Hortensia Navas López era de Cudeiro, tiña 19 anos e estaba solteira. Tamén era leiteira e o Fiscal de Taxas ordenou o seu encerro durante un día, do 17 ao 18 de novembro de 1941.

Pastora Iglesias (Sen segundo apelido)era de Ourense e residía en Costela, Nogueira de Ramuín. Tiña 23 anos e estaba solteira e dedicábase aos labores domésticos. O Xuíz instrutor determinou o seu encerro durante uns días, entrou o 18 de novembro e saíu o 22. 

Trinidad Cadayas Pérez era natural de Toén. Tiña 25 anos e estaba casada con José Domínguez. Era labradora. O fiscal de Taxas retívoa un día, o 18 de novembro de 1941. (31)

Consuelo del Río Caride naceu en Castadón e residía en Pereiro de Aguiar. Era labradora. Tiña 76 anos e estaba solteira. O Fiscal de Taxas determinou o seu encerro durante catro días do 18 de novembro ao 22.(31)

Obdulia Prieto Feijóo estivo retida un día por determinación do Fiscal de Taxas. Era de Mugares e residía en Meaba. Era leiteira e tiña 15 anos cando o fiscal determinou recluíla un día, o 19 de novembro de 1941. (32)

Saladina Fernández Prieto era de Ponte Noalla e estaba solteira. Tiña 36 anos cando o Fiscal de Taxas determinou tres días de encerro para ela, do 19 de novembro ao 22. (32)

Casilda Babarro Iglesias era natural de Ourense e vivía nas Mercedes. Tiña 45 anos e estaba casada con Benito Cruz e tiña un fillo. O Fiscal de Taxas determinou cinco días de prisión, do 19 de novembro de 1941 ao 24. (33).

Francisca Rodríguez Rodríguez era natural de Correxáns, O Barco de Valdeorras. Estaba casada con Alfonso Núñez e tiña catro fillos. Foi detida pola Garda Civil e conducida ao departamento de O Barco quedando ao cargo do Xulgado Especial de Fuxidos. Este determinou a súa prisión desde o 19 de novembro de 1941 ata o 20 de febreiro de 1942. (33).

Emilia Verez(?) Álvarez era de Parada de Piñor e estivo trece días detida por decisión do Fiscal de Taxas. Tiña 27 anos e estaba solteira. (35)

Concepción Varela López era de Cartelle. Estaba solteira e tiña 35 anos. Foi detida e estivo dous días presa por decisión do Fiscal de Taxas. (35)

Rosario Pérez Álvarez era de Sober e residía en Barbadás, Ourense. Tiña 28 anos e estaba casada con Ramón Enríquez e tiñan catro fillos. O Fiscal de Taxas acordou a súa detención durante seis días do 23 ao 29 de novembro de 1941. (37)

Clotilde Blanco Santamaría era de Vilariño e residía en Santa María de Melias. Tiña 40 anos, estaba casada con Luís Méndez e tiñan 2 fillos. O Fiscal de Taxas acordou apresala durante 1día, desde o 2 novembro de 1941 ata o 3. (37)

Argentina Álvarez Sotelo era natural de Toén. Tiña 32 anos e estaba casada con Eduardo Prados. O Fiscal de Taxas mandou apresala o 24 de novembro de 1941, logo saíu o 3 de decembro. Reingresou o día 11 de decembro e tivo que estar ata o 24. (38).

Julia González Borrajo tamén era de Toén. Tiña 17 anos e estaba solteira. O Fiscal de Taxas detívoa e estivo un mes presa, desde o 4 de novembro de 1941 ata o 3 de decembro. (38).

Celia Fernández Fernández  era de Pousa, Pontevedra, tiña 22 anos e estaba solteira. Foi mandada deter polo Xulgado de Instrución e estivo no cárcere do 24 de novembro de 1941 ata  28 de febreiro de 1942. (38).

Remedios Fernández Álvarez era de A Peroxa, tiña 35 anos e estaba solteira. O Fiscal de Taxas mandou encerrala dez días, do 24 de novembro de 1941 ao 3 de decembro. Reingresou o 11 de decembro e estivo 13 días, ata o 24. (39)

Balbina González Álvarez era de A Peroxa, tiña 30 anos e estaba casada con Eugenio López. O Fiscal de Taxas mandouna deter e encerrar desde 24 de novembro de 1941 ao 3 e decembro pero o 16 volveu reingresar e estivo outros tres días. (39).

Filomena Fernández Álvarez era de Vilarchao, Fonsagrada, Lugo. Tiña 36 anos e estaba casada con Francisco Figueiras e tiñan un fillo. O fiscal de taxas mandouna deter durante seis días, do 21 ao 26 de novembro de 1941. (41)

María Blanco Carballo era de Vilarchao, tiña 65 anos e estaba casada e tiña 6 fillos. O fiscal de taxas ordenou a súa detención durante seis días, do 21 ao 26 de novembro de 1941. (41)

Manuela Iglesias Figueras era de Cambeo e aos 54 foi detida e e o Fiscal de Taxas acordou nove días de encerro, do 25 de novembro ao 3 de decembro de 1941. (45)

Aurora Figueras Iglesias era de Gustei tiña 30 anos e un fillo cando foi mandada deter polo fiscal de taxas. Estivo dous días presa, do do 25 ao 27 de novembro de 1941. (45).

Isabel Iglesias (se segundo apelido) era de Vilarchao, Ourense. Tiña 39 anos e estaba viúva e catro fillos. O fiscal de taxas ordenou a súa detención e prisión desde o 25 de novembro ao 12 de decembro de 1941 (45).

Ángela Vázquez Taboada, Pilar Vázquez Ribero, Manuela Iglesias Fernández, Paz Fernández Feijóo, Asunción Casas Prados, Carmen Bande Iglesias, Dolores Fernández Segade, Juana González Santos, Aurora Lloves Cordero, Rosa Camiñas? Cordero, Delfina Domínguez Sierra, Herminia Barandela Borrajo, Rosa Deza Amor, Dolores Laje Nóvoa,  Ramona Gómez Feijóo, Aurora Rodríguez Blanco, Aurora Fernández Requejo, Carmen Riestra Fernández, Antonia Portomeñe Balbo, Rosa Pereiro Mariño, estiveron detidas uns días entre 1941 e 1942 por orde do Fiscal de Taxas . (46 e seguintes).

Concepción Berdelle Díaz era de Gustei e residía en Vilamor en Ourense. Tiña 66 anos e estaba viúva de Lucas Soto e tiña dous fillos. Estivo detida un día, do 2 ao 3 de decembro de 1941. (53)

Concepción Leiro Santiago, era da Póboa do Caramiñal e tiña 39 anos. Estaba casada con Santiago Marín e tiñan 3 fillos. Foi detida pola Garda Civil e estivo presa 20 días, do 10 ao 30 de decembro de 1941 (53)

Hortensia Vázquez Fernández era de Lavadores, Vigo. Tiña 43 anos cando foi detida polo Gobernador Civil e permaneceu encerrada vinte días, do 10 ao 30 de decembro de 1941. (54).

Emilia Quintela Aparicio era de Fornelo do Monte, Pontevedra. Estaba solteira e tiña 40 anos cando o gobernador civil a mandou deter estando presa 18 días, do 12 ao 30 de decembro de 1941. (54).

Eudosia Pérez Ferreiro era de Monterredondo, Bande. Estaba solteira e tiña 27 anos cando foi detida pola garda civil de Celanova e o Xuíz ordena o seu encerro o 12 de decembro de 1941 estando presa ata o 5 de xaneiro de 1943,  pero volveu ao cárcere o 24 de xullo de 1943 e puxérona en liberdade o 6 de agosto. Parece ser que o motivo era o furto.

Celia Fernández Rodríguez era de Rubiás, Bande. Estaba casada con José Fernández e tiñan tres fillos. Foi detida cando tiña 40 anos e conducida o 16 de decembro de 1941 ao departamento de Bande. Quedou en liberdade o 22 de decembro. (70)

Manuela Rodríguez Iglesias estivo detida  dous días, do 24 ao 26 de decembro de 1941 por roubo. Era de A Peroxa, tiña 27 anos e estaba solteira. (77)

Preciosa Boo Plaza naceu en 1910 e era Oímbra. Estaba casada con Felipe García e tiñan un fillo. foi detida por delitos monetarios e condenada a dous meses de prisión. Entrou no cárcere o día 29 de decembro de 1941e saíu o 27 de febreiro de 1942. (83)

Josefa Porto Alonso era de Faramontaos, Xinzo, e vivía en Ourense na rúa San Francisco, número 23. Tiña 42 anos cando a detivo a Garda Civil o 8 de xaneiro de 1942. Estaba casada con Adolfo Fernández. (87)

Carmen Silva Díaz era de Ourense e residía na rúa San Francisco número 23. Tiña 36 anos e estaba casada con Ignacio Ríos e tiñan catro fillos. Foi detida pola Garda Civil o 8 de xaneiro de 1942 e quedou en liberdade o día 23 dese mesmo mes. (88).

Arminda Freire Torneiro, Julia Outomuro Carrera, Concepción Conde Rodríguez. Digna Rodríguez Justo, Latina Comesaña Rodríguez  estiveron no cárcere de Ourense e/ou Celanova uns días en xaneiro de 1942 por delitos monetarios 

Ángela Lamas Novoa estivo detida entre xaneiro e febreiro de 1942 por roubo.

Marcelina González Díaz era de Oviedo, estaba casada, pero foi detida e levada a Verín o 6 de febreiro de 1942.

Olga Fernández Iglesias naceu en Alongos, Toén, e residía na Coruña. Tiña 23 anos, estaba solteira e dedicábase a servir. Estivo nove días no cárcere de Ourense, do 12 ao 21 de febreiro de 1942. (130). 

Adela González Cid presenta un longo historial carcelario. Naceu en Pereiro de Aguiar e residía na Rúa Pizarro de Ourense. Dedicábase aos seus labores e o concello de Ourense manda detela e é conducida ao Departamento de Verín o 13 de febreiro de 1942, quedando á disposición do Gobernador Civil . O 13 de marzo queda en liberdade pero volve ingresar catro días despois, o 18 de marzo. Permanecerá no cárcere ata o 23 de setembro, día no que sae libre. Pero o 14 de abril de 1943 volve ser encerrada e en xullo sae. Pero o 9 setembro encarcérana de novo e o 18 de agosto de 1945 trasládana ao cárcere de Amorabieta. (330)

Clara Francisco González, Dosinda Gil Francisco e Pilar Treitas González, Obdulia Afonso Francisco, Carmen Martínez Rivero e María Treitas Afonso, María Rosa Afonso Treitas eran todas labradoras e foron detidas en Verín e encerradas no depósito de Verín quedando á disposición do Gobernador Civil. Permanecerán encerradas tres días, desde o 13 ao 16 de febreiro de 1942. (131-133)

Isabel Álvarez (sen segundo apelido), Laura de Jesús, Esperanza Alfonso e e Olineda Domínguez , Francelina Álvarez Domínguez, Emilia González Domínguez eran de Portugal, da zona de Melgaço. Detivéronas o 14 de febreiro e conducíronas a Celanova o 14 de febreiro de 1942 saíndo en liberdade o 12 de marzo. (133)

Pilar Setién Fernández era de de Solares, provincia de Santander. Tiña 32 anos e estaba solteira cando foi detida por roubo. Ingresou no cárcere o 16 de febreiro e foi posta en liberdade o 16 de maio de 1942. (137).

Otilia Fernández Rodríguez era de Mormentelos, Vilariño de Couso. Tiña 22 anos e estaba solteira cando a Garda Civil a conduciu ao departamento de O Barco o día 17 de febreiro de 1942. Aos cinco días foi posta en liberdade. (138).

Rosa López Souto naceu en Ourense pero residía en Valladolid. Foi detida aos 22 anos pola Garda Civil e conducírona ao cárcere de Valladolid. O 18 de febreiro de 1942 ingresa no cárcere de Ourense. En abril tivo que acudir ao hospital e o 28 de xullo de 1942  conducírona ao cárcere de Valladolid. (139)

Encarnación Álvarez (sen 2º apelido), Virginia Rodríguez Domínguez, María Castro (sen 2º apelido), María Silva Cerqueira,  eran do pobo de Illa, Entrimo, Bande, María Rodríguez Incógnito que era de Bouzadrago, Bande, María González Bernarado, Hortensia Estévez Gallego, Francisca Rodríguez Estévez que eran de Pereira, Entrimo. Foron detidas o 21 de febreiro de 1942 e conducíronas ao departamento de Bande. Aos catro días deixárona en liberdade.

Herminda Borrajo Fernández era de Santa Mariña de Augas Santas e vivía en Pazos da Raveda. Estaba casada e tiña un fillo. Foi detida polo Gobernador Militar e conducida ao cárcere o 24 de febreiro de 1942 quedando á disposición do Xulgado Militar. Permaneceu un mes no cárcere, o 24 de marzo recobra a liberdade. (140)

Flora Gómez Carballo era de Pereiro e residía na rúa dos Fornos de Ourense. Estaba casada con Manuel Gil e tiñan un fillo. Foi detida pola Garda Civil o día 5 de marzo de 1942 e permaneceu no cárcere ata o 1 de maio. (156)

Felisa Folgueira Díaz era natural de Asturias pero residía en Ourense na rúa Villar. Tiña 31 anos e estaba solteira. Foi detida e conducida á comisaría o día 6 de marzo de 1942, quedando en liberdade o 20 de marzo. (156).

Nieves Rodríguez Araújo era de Celanova e residía en San Francisco. Tiña 23 anos, estaba viúva e tiña un fillo. Foi detida o 10 de marzo de 1942 por contrabando "tráfico de artículos intervenidos". Quedou en liberdade o 17 de marzo pero reingresou o 10 de novembro de 1945. (161)

Olimpia Vázquez Bernárdez era de Valongo, Cortegada. Tiña 18 anos, estaba solteira e residía en Celanova. Foi detida pola Garda Civil e posta á disposición do Xuíz de delitos monetarios. Estivo presa do 12 de marzo ao 29 de abril de 1942. (162)

María Cendón Fernández, Elvira Fernández Costal, María Vidal Rodríguez,  Amelia González Cachaldora, María Rodríguez Veloso, Remedios Rodríguez Iglesias, María del Rosario Rodríguez Cuevas; Isabel Gil Rodríguez, Mercedes Rodríguez Fernández, Estrella Atrio Fernández, Luísa Novoa Arce,  Esperanza Friozas Fernández, María Martínez Domínguez, Cándida Seijo Da Silva, Isabel Prieto Pérez,  Justa Lorenzo Lorenzo, Camila Cuíña Ramos, Felisa Salgado Estévez, Gracia Díaz Grande, Aurora Fernández Dacal,  Purificación González Rodríguez, estiveron detidas en 1942 por uns días por un delito de infración de taxas e delitos monetarios ou estafas. (162)

Carmen Delgado López estivo un día detida en Verín. Era de Oímbra, tiña 15 anos e estaba solteira. (168)

Mercedes Pérez Vázquez era de Canedo. Tiña 37 anos, estaba casada e tiña catro fillos. Estivo detida un día, do 17 ao 18 de marzo de 1942 por roubo. (173)

Dolores Iglesias Yañez era de San Xoan do Río e residía en Pousa, Trives. Tiña 53 anos e estaba viúva. Foi detida por mandamento do Gobernador Civil e levárona ao departamento de Trives o día 25 de marzo de 1942 e puxérona en liberdade o 22 de maio. (179)

Pilar Rodríguez Carrasco era de Casás, Xinzo da Limia. Tiña 65 anos, estaba viúva e tiña catro fillos. Foi detida por paso de fronteira e conducida á Prisión de Zamora o 25 de marzo de 1942. Quedou en liberdade o 4 de abril de 1942. (180)

Soledad Fernández Rivero tiña 35 anos, estaba viúva e tiña cinco fillos. Era de Novás, Xinzo da Limia. Foi detida o 12 de marzo de 1942 por paso clandestino de fronteira e foi conducida á Prisión de Zamora. O 4 de abril de 1942 saíu en liberdade. Reingresa en maio de 1945, logo o 8 de febreiro de 1946, queda en liberdade o 22 de febreiro pero volve ingresar en maio para saír en liberdade o 1 de xuño de 1946. (180)

Alejandrina Rodríguez Fernández era de Casás, Xinzo da Limia. Tiña 32 anos e estaba casada. Tamén foi detida por paso clandestino de fronteira o 12 de marzo de 1942. Foi á prisión de Zamora e o 4 de abril de 1942 quedou en liberdade. (180).

Carmen Nóvoa Nóvoa, Clamores Castro Fernández,  estiveron no cárcere uns días por delito de furto. (181)

Francisca Martínez Garrido era do pobo de Vilar, Viana do Bolo. Tiña 66 anos e estaba casada con Ángel Núñez e tiñan dous fillos. Foi detida o día 17 de abril de 1942 pola Garda Civil e posta á disposición do Xuíz Militar de Fuxidos. Estivo encarcerada catro meses, saíu en liberdade o 18 de agosto de 1942. (201).Tribunal Militar Territorial 4 | Ourense | Causa 92 de 1942, Caja 119, Orden 1286

Rosario Álvarez Herrera era natural de Sosas, León. Tiña 33 anos, estaba viúva e tiña catro fillos cando foi detida pola Garda Civil por levar moedas falsas. Estivo no cárcere un mes, do 19 de abril ao 19 de maio de 1942. (201).

María Rodríguez Teijeiro era de Vigo. Tiña 60, estaba solteira cando foi detida polo Suplicatorio Comisarios e posta á disposición do Gobernador Civil. Entrou no cárcere o 20 de abril de 1942 e saíu o 5 de maio pero reingresou o 20 de xuño. (202).

Concepción Míguez Rodríguez naceu en Entrimo en 1913. Residía en Ourense na rúa Santo Domingo 33. Seus pais eran Andrés e Aurora, estaba casada con Manuel González e tiñan tres fillos. Foi detida por ocupación de postos militares o 21 de abril de 1942 e quedou á disposición do Gobernador Militar. O 23 de abril queda en liberdade.(203).

Carmen Martínez Villar era de Monforte, Lugo. Tiña 25 anos e estaba solteira. Foi detida o 1 de maiod e 1942 por roubo e o 10 de setembro de 1943 foi trasladada á prisión de Bilbao. (211).

Rusedinda Rodríguez Gómez era de Requeixo, Nogueira de Ramuín. Tiña 55 anos es estaba viúva. Estivo detida catro días, do 5 ao 9 de maio de 1942. (213).

Josefa Díaz Árias era de Lugo e foi detida por contrabando de tabaco. Estivo dous días no cárcere, do 7 ao 9 de maio de 1942. (214).

Encarnación Mata Francos era de Castro Urdiales, Santander, e residía en Allariz. Tiña 58 anos e estaba solteira. Detivérona o 14 de maio de 1942 e o 12 de xuño trasladárona á prisión de Cádiz. (220).

Carmen Patiño Blanco era de Pontevedra, tiña 46 anos e estaba solteira. Estivo detida do 18 de maio ao 1 de xuño de 1942. (223).

Delfina Álvarez Valle naceu en Carballeda de Valdeorras o ano 1920. Residía en Casaio. Seus pais eran Fermín e Faustina e estaba solteira e tiña un fillo. O Suplicatorio da Garda Civil ordenou a súa detención, quedando á disposición do Xuíz Instrutor de O Barco. O 21 de maio de 1942 ingresa no Depósito de O Barco. Logo é conducida ao cárcere de Ourense onde permanecerá ata o 11 de xullo. Tiña 22 anos.  (327)

Felisa Salgado Estévez era natural de Xendive, Lobios. Residía en Ourense, na rúa Santo Domingo, estaba solteira e tiña 26 anos cando foi detida o 22 de maio de 1942 e posta á disposición do Xuíz Insttrutor de Bande. Permaneceu dous meses no cárcere, saíu libre o 22 de xullo. (229).

Anuncia Pérez Feijóo foi detida por furto. Era de Blancos e tiña 40 anos. Estivo un mes no cárcere, do 25 de maio ao 20 de xuño de 1942. (230) 

María Martín Alonso era de Oviedo. Tiña 35 anos e estaba casada, tiña dous fillos. Ingresou no cárcere de Ourense o 28 de maio e o 9 de xuño trasladárona. Pero reingresa en xuño de 1945 e o 18 queda en liberdade. (233).

Juliana Escuredo Fernández era da Edreira, Viana do Bolo, e estivo detida e mandada encerrar polo Xuíz Instrutor de O Barco no departamento de O Barco durante un mes, do 5 de xuño ao 3 de xullo de 1942. (245).

Elena Cid Novoa era de San Vicente, San Ciprián. Residía en Ourense, na rúa da Paz, número 23. Tiña 25 anos e esta viúva. O xuíz instrutor ordenou a súa detención e encarceramento e entrou en prisión o 9 de xuño de 1942 e saíu sete días despois. Pero reingresou o 21 de marzo de 1946. (253).

Adela Selas Prado era de Santa Marta de Velle pero residía tamén na rúa da Paz, número 35. Estaba solteira e tamén entrou no cárcere o 9 de xuño de 1942 e saíu o 16 dese mesmo mes, reingresando o 21 de marzo de 1946. (253).

María Rosa Pereira Limais era de Portugal pero residía en Untes, Canedo, Ourense. Estivo catorce días detida na prisión de Ourense, do 10 ao 24 de xuño de 1942. (253)

Evangelina Gómez Fernández, era natural de Untes. Tiña 26 anos e estaba solteira. Entrou en prisión o 15 de xuño de 1942. 

María Agonía Sousa era de Viana do Castelo. Foi apresada por delito de contrabando?. Tiña 45 anos e estaba casada. (257).

Carmen Gallego Barrio era do pobo Outeiro de Laxe, era labradora, estaba solteira e tiña 27 anos cando o Xuíz Instrutor de Bande ordena a súa detención. Entra no cárcere o 16 de xuño e foi posta en liberdade o 23 de xuño de 1942. (257)

María Vieiras Vilasboa era de Lisboa era solteira e tiña 24 anos e o Gobernador Civil ordena o seu encarceramento. Entra en prisión o 19 de xuño e o 19 de outubro foi posta en liberdade. (259).

Carmen Martínez Dobaño era de Fonte Arcada e residía en Requeixo de Allariz. Tiña 37 anos e estaba viúva e tiña catro fillos cando foi detida por orde do Goberrnador Civil. Permaneceu no cárcere oito días, do 22 de xuño ao 30 de de 1942 (260).

Rosa López Núñez de Rubiá. Tiña 42 anos, estaba casada con Víctor Núñez e tiñan tres fillos. Foi mandada e quedou á disposición do Xuíz Instrutor de o Barco de Valdeorras. Condúcena desde o Departamento de O Barco ao cárcere de Ourense o día 7 de xullo de 1942 e sae en liberdade o 30 de decembro. (281)

Gumersinda Rodríguez Blanco era de Portela de Vilamartín, O Barco. Tamén foi detida e conducida ao cárcere o 7 de xullo de 1942. Tiña 50 anos, estaba casada con Antonio Quiroga e tiña tres fillos. (282)

Amor Gutierrez Rodríguez era de Oviedo pero residía no Barco. Tiña 36 anos e estaba casada con Antonio Silva e era modista. Foi detida o 7 de xullo de 1942 e permaneceu ata o 29 de setembro de 1945 no cárcere. (282)

Manuela López Campos era de Oviedo pero residía no Barco de Valdeorras. Tiña 45  anos e estaba casada con Casto Diéguez. Ingresou o 7 de xullo de 1942 e saíu o 11 de decembro. (282)
(páx. 262)

Ana Seoane Rodríguez de Oímbra. Tiña 28 anos e estaba solteira. Fora detida xa en 1941. Entra no cárcere o 14 de xullo de 1942 e sae o 25 de xullo. (286).

María Prada era de Ourense e residía na rúa Villar. Tiña 32  anos, estaba solteira e tiña dous fillos cando foi detida. Entrou no cárcere o 22 de xullo de 1942 e saíu o 26 de agosto de 1942 (294).

Mercedes Formoso Pérez é de Pontevedra pero residía en Barcelona. Tiña 30 anos e estaba casada. Veu ao cárcere de Ourense desde o Departamento de Barcelona o día 1 de agosto de 1942. Saíu en liberdade o 4 de agosto pero no ano 1943 volve ingresar en prisión e estivo desde o 2 ao 9 de febreiro de 1942 no cárcere.

María Feijóo Borrajo era de Allariz e vivía en Ourense. Foi detida o 10 de agosto de 1942, saíu un liberdade dous días despois pero reingresa o 28 de agosto. Tiña 32 anos e estaba casada (300).

Francisca Abadín Amor era de Ponte Noalla en San Cibrán das Viñas. Estaba casada e tiña 33 anos cando a detiveron o 13 de agosto de 1942. Soltárona aos poucos días pero o 3 de outubro de 1943 volveu ingresar no cárcere e permaneceu ata o 11 de marzo de 1944. (311)

Rosario Álvarez Nóvoa era de Vilamarín, Poboa de Trives. Tiña 19 anos e estaba solteira cando a madou deter o Gobernador Civil. Entrou no cárcere o 17 de agosto de 1942 quedando á disposición do Presidente da Audiencia. (314)

María Conde Cid era do pobo de Valverde, Allariz, e residía en Ponte Canedo. Tiña 37 anos, estaba solteira e tiña catro fillos. Ingresou no cárcere o 17 de agosto de 1942 e o 10 de setembro de 1943 trasladárona a Bilbao. (315)

Carmen Álvarez Rodríguez era de Nogueira de Ramuín e residía en Ponte Canedo. Tiña 30 anos, era viúva e tiña un fillo cando foi detida o 18 de agosto de 1942 e permaneceu no cárcere ata o 10 de marzo de 1943. Reingresou no cárcere o 21 de xuño de 1943 e  o 10 de setembro dese ano foi trasladada ao cárcere de Bilbao. (316).

María Núñez Castro era de Ponte Caldelas. Tiña 60, estaba viúva e tiña cinco fillos. Foi detida durante catro días, do 18 ao 22 de agosto de 1942. (317).

Virginia Javier Bernardo era de Entrimo. Seus pais eran Domingo e María. Virginia tiña 55 anos, estaba casada con Manuel Barroso e tiñan dous fillos. O Xuíz Instrutor de Bande mandou detela. Foi conducida ao departamento de Bande  e o día 19 de agosto de 1942  conducírona á prisión de Ourense onde estivo ata o 13 de febreiro de 1944, día en que obtivo a liberdade condicional. (317).

Pura González Rodríguez era de Monforte e alí residía. Tiña 35 anos estaba casada con Antonio Castelo e tiñan cinco fillos. Encarcerárona en Ourense o día 21 de agosto de 1942 e puxérona en liberdade o 2 de outubro dese mesmo ano. (320).

Consuelo Sueiro Martínez era de Souto Penedo, Ourense, pero residía en Barcelona. Tiña 30 anos, estaba casada e tiña dous fillos. Foi traída ao cárcere de Ourense o 21 de agosto de 1942 permanecendo ata o 5 de setembro. (320).

Carmen Rodríguez Rodríguez era natural de Meiral, o Barco de Valdeorras. Tiña 18 anos e estaba solteira cando o Xuíz Militar de Ourense ordena o seu ingreso en prisión o 22 de agosto de 1942 permanecendo ata setembro dese mesmo ano. (320)

Clarisa Rodríguez Rodríguez  era natural de o Meiral e era a nai de Carmen Rodríguez Rodríguez. Tiña 42 anos e estaba viúva de Nicolás Rodríguez cando a detiveron. Foi conducida ao cárcere o 22 de agosto de 1942 e foi posta en liberdade o 28 de xuño de 1943. (320)

Lucía Álvarez Conde era de Vila de Rei, Trasmiras. Tiña 23 anos e estaba solteira cando foi detida e levada ao cárcere de Ourense o 23 de agosto de 1942, quedando libre o 16 de setembro. (328)

María Copa Torres,  era de Laioso, Xinzo. Residía en Ourense na rúa Liberdade, nº 4. Tiña 34 anos e estaba casada cando o Xuíz Instrutor de Ourense mandou detela. Levárona ao cárcere o 31 de agosto de 1942 e estivo ata o 13 de maio de 1943. (329).

María Almeida Ferreira era de Portugal e residía en Ouense na rúa Pelaio. Tiña 27 anos e estaba solteira cando foi detida durante trece días, do 2 ao 15 de setembro de 1942 (329)

Francisca Quemada Perales era de Madrid e residía en Basurtu, Bilbao. Foi traída ao cárcere de Ourense o día 3 de setembro de 1942 e permanceu un ano, saíndo libre o 4 de setembro de 1943. Tiña 33 anos e estaba casada con  José Martínez e tiñan un fillo. (331)

Felisa Martínez Seligrat era natural de Madrid pero residía en Basurto, Bilbao. Seus pais eran Alejandro e Estefanía.  Tiña 25 anos e estaba casada con José López e tiñan un fillo. Foi detida por estar implicada en asuntos políticos e trouxérona ao cárcere de Ourense o día 3 de setembro de 1942. (331)

Aurora Novas Fernández era de Pontevedra e alí residía. Aos 34 anos foi detida e conducida ao cárcere de Ourense o día 14 de setembro de 1942 e aos dez días puxérona en liberdade. (331)

Felicidad Mera González era de A Merca pero residía en Ourense na rúa Colón. Tiña 26 anos cando foi detida e conducida ao cárcere de Ourense onde permaneceu do 10 de setembro ao 24 de decembro de 1942. (344)

Celia Fernández Fernández era de Pontevedra e tiña 18 anos, estaba solteira cando foi detida e conducida ao cárcere de Ourense o día 19 de setembro de 1942 permanecendo ata xuño de 1943. Estaba embarazada. (346).

Benigna Pozo Pérez era de Vilar de Santos e residía en Celanova. Tiña 56 anos e estaba viúva de José Álvarez. Foi traída desde Badajoz ao cárcere de Ourense onde ingresou o día 19 de setembro de 1942 e permaneceu ata o 24 dese mesmo mes. (346)

María Dolores Vento López era de Viana do Castelo e foi detida cando tiña 28 anos permanecendo no cárcere desde o 2 de setembro de 1942 ata o 8 de outubro. (350).

Cándida Pérez Corvillón era de Vilavderde, A Bola, Ourense. Seus pais eran Lisardo e Felisa.Tiña 22 anos e estaba solteira  cando entrou en prisión o 24 de setembro de 1942. Aínda permanecía no cárcere en 1945 sendo levada ao Hospital o 30 de abril de 1945. (351).

Sira Lamas López era de Blancos, Xinzo. Tiña 26 anos e estaba casada con Domingo Díaz e tiñan dous fillos. O gobernador militar mandou detela e o 6 de outubro de 1942 ingresou no cárcere permanecendo ata xullo de 1940. (367).

Carmen Carballo Fernández de Santa Marta de Ourense estivo detida un día, do 7 ao 8 de outubro de 1942. (367).

Martina Ruíz López del Campo era de Madrid pero residía en Ourense na Praza do Ferro. Estaba casada con Benerando Otero. Estivo presa cinco días no cárcere de Ourense, do 15 ao 20 de outubro de 1942. Tiña 20 anos. (374).

Emilia González Castro era de Vigo e residía na Praza do Ferro de Ourense. Estivo detida durante cinco días no cárcere de Ourense, do 15 ao 20 de outubro de 1942. (375)

María Cabanes Rosa era de Lugo pero residía no barrio de O Couto de Ourense. Tiña 49 anos e estaba casada. O Delegado de Facenda mandou detela e estivo no cárcere desde o 16 de outubro de 1942 ao 18 de outubro de 1943. (376).

Ana Pomareda Batlle era de Calella, Barcelona e alí residía. Tiña 25 anos e estaba solteira. Foi detida por represión política e estivo no departamento de Verín e de alí ingresou no cárcere o 16 de outubro de 1942 e o 31 dese mesmo mes trasladárona a Madrid. (378).

Aurora Nogueira Viñas era dun pobo de Allariz e residía na rúa Cervantes de Ourense. Foi detida durante seis días, do 20 ao 26 de outubro de 1942. Tiña 29 anos e estaba solteira. (382)

María Guerra Barrios era de Parada  de A Gudiña, Viana do Bolo. Súa nai chamábase Juana e o seu pai era descoñecido. Tiña 26 anos e estaba solteira. A Audiencia de Ourense determina a súa detención e ingresa no cárcere o día 21 de outubro de 1942 e o 10 de setembro de 1943 trasladárona ao cárcere de Bilbao. (390)

María González Martínez era de Francelos, Ribadavia. Tiña 60 anos e estaba viúva. O Xuíz de Instrución de Ourense mandou encarcerala e entrou en prisión o día 23 de outubro de 1942 e saíu o 18 de xaneiro de 1943. (393).

Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos de 1937 a 1940. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2237.Libro 2237.
Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1940 a 1941. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2238.Libro 2238.
Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso do ano 1941. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2239. Libro 2239.
Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso do ano 1941. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2240. Libro 2240.
Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1941 a 1942. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2241. Libro 2241.