Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
08 diciembre 2010
SOR DORINDA SOTELO RODRÍGUEZ
FELY MANZANO
Naceu en Ourense no ano 1942. É atriz de recoñecido prestixio dedicando toda a súa vida a crear personaxes no mundo do teatro. O papel máis achegado á xente foi o desempeñado na serie "Pratos combinados". Unha vida enteira dedicada á creación de personaxes, á procura de brindarlle corpo, voz e rostro ás creacións de autores tan disímiles como Vale Inclán, T. Williams, Strimberg, Calderón da Barca, Antón Chejov, Ionesco, Moer, T Bretón, Fassbinder, Sartre. Fely puxo na súa mochila de todo un pouco, teatro en castelán e teatro en galego, longametraxes, curtametraxes, series de televisión, videoclips, dobraxe, publicidade; unha longa lista de títulos, autores e directores de onte de hoxe e de sempre e a todos púxolles a mesma dedicación e o mesmo amor, "todos os fixen con agarimo, todos son trocitos da miña vida" segundo as súas propias palabras, "todos son moi distintos para valorar, non é o mesmo estar a facer unha serie doce anos como foi Pratos combinados, algunhas películas e curtos, e tamén teatro, que para min é o mellor que lle pode pasar a un actor".
Polo seu papel protagónico (Señora Carme) na comedia Pratos combinados (Teleserie de CRTVG) segue sendo admirada e lembrada a señora Fely Manzano Conde polo público galego.
Entre os premios recibidos Fely ostenta o Premio á mellor actriz no Festival de San Telmo (Buenos Aires) en agosto de 2004 outorgado á súa estupenda interpretación de Felicidade, na curtametraxe "As Muxicas", o Premio á mellor actriz na Facultade de Comunicación de Pontevedra en xuño de 2010 pola interpretación de Carmen na curtametraxe "A señora Carmen"; Fely foi ademais nomeada aos premios Mestre Mateo 2007 como Mellor actriz de repartición polo seu papel na película "Un Franco, 14 pesetas"; pero ao meu modo de ver o mellor galardón para esta gran artista é a homenaxe que lle rendamos á súa longa traxectoria, á súa paixón por todo o que fai, á humildade que profesa e ao seu incondicional entrega a unha profesión de sacrificio e inestabilidades chea.
En outubro de 2012 alzouse co Premio a Mellor Actriz Protagonista na curtametraxe "Dulce" de Iván Ruíz Flores, no Nasicae Festival recentemente celebrado en Italia.
Vid: Wikipedia. Vid: Dulce
04 diciembre 2010
TAREIXA TABOADA
PATRICIA SACO
AMPARO RIBEIRO
JOSEFINA ALONSO NOCELO
21 noviembre 2010
ELADIA RAMONA PEDRAYO ANSOAR
Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, naceu o 18 de febreiro de 1859 en Ourense. Nesta mesma
cidade morrerá un 4 de febreiro de 1957 con case 98 anos. LUCÍA CASANOVA
Nacida en Ourense esta moza cursou estudos de Deseño e Moda na Escola Superior de Deseño e moda de Felicidad Duce en Allariz. Realizou tamén o Ciclo superior de Artes plásticas e Deseño de Estilismo na Escola de Allariz. Obtivo varios premios en certames diversos e traballou para Adolfo Domínguez e Pilar Bande.
20 noviembre 2010
ANA MARÍA LEGIDO SOTO
Naceu en Ourense o 21 de marzo de 1939. De ascendencia paterna castelá e materna galega, cursou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, á vez que asistía a clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios da mesma cidade, e de moi nova desenvolveu as súas inquedanzas artísticas. MARÍA DEL CARMEN GONZÁLEZ BOÁN (MANÉ BOAN)
MARÍA PUERTAS FEIJOO-MONTENEGRO
ELENA MALLEIRA
14 noviembre 2010
ADRIANA DOMÍNGUEZ
31 octubre 2010
ELSA FERNÁNDEZ
28 octubre 2010
ROSA MALINGRE PARMANTIER
23 octubre 2010
ABADESA GUNTRODA
22 octubre 2010
CARMEN MALINGRE LUDEÑA
É para min unha satisfación contar coa colaboración de Ana Malingre. Ana proporcionoume información sobre Inés Ludeña e agora faino, de novo, informándome de Carmen Malingre Ludeña. Estoulle moi agradecida.17 octubre 2010
ADELA BOO GALLEGO
Adela realizou o 15 de xuño de 1923 o exame de ingreso ao Instituto ourensán e, posteriormente, matriculouse nos seis cursos para titular no curso 1926-1927. Entre 1926 e 1928 compaxina os estudos en Ciencias e Farmacia e facendo cursos por libre e outros por oficial. No ano 1934 acadou a titulación[1].
Abriu en 1939 a súa farmacia no número 6 da rúa Marcelo Macías de Ourense. Indicaba a prensa da época que pola súa magnífica situación e polos seus avances na montaxe así como polo prestixio profesional de Adela Boo, a farmacia sería un referente na cidade e contaría cunha numerosa clientela[2].
No ano 1943 Adela Boo foi autorizada para o despacho na súa farmacia das receitas da Beneficencia Municipal [3].
Adela exerceu a súa profesión con entrega ata a súa xubilación. En efecto, era unha muller apreciada na cidade polo trato coa clientela.
MARÍA DE LA PAZ DELGADO MEIRIÑO
Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense. Tese de doutoramento presentada na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2016, p., 207. (Foto extraída de Fleire Quintas); FAMILIA MEIRIÑO DE PAZOS. (2023, June 15). Blogspot.com. http://lacasadelperu.blogspot.com/2015/07/familia-meirino-de-pazos.html
CONSUELO CASTELAO BERNÁRDEZ
Fixo os estudos no Instituto de Ourense e no ano 1924 acadou o título de Bacharelato e solicitou o certificado de tralado para a Universidade de Santiago.
No ano 1926 comezou os estudos na Facultade de Ciencias en Compostela e alí permaneceu catro anos, logo dos cales pediu un Certificado de Estudos para Madrid e estivo na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu.
O seu expediente académico univesitario foi brillante obtendo premio en Química Analítica.
No ano 1933 preséntase aos cursos para acceder ao Maxisterio aprobando os tres exercicios. Pasou a exercer na escola de Calvelle e, en 1934 déronlle a escola de nenas número 1 da cidade e logo á de Rivera. En 1935 asinaría unha carta que se enviou ao decano de Pontevedra na que se pronunciaron unha serie de profesores, entre eles Angeles Leirós, contra o intrusismo da profesión nos colexios privados. Por necesidade de servizo no Instituto de Ourense, autorizouse a Consuelo que se agregara ao mesmo en 1937 por tal motivo solicitou a excedencia na escola de Rivera.
Autorización:
Por la misma Autoridad, y en atención a las necesidades del servicio, se autoriza a Doña Consuelo Castelao Bernárdez para que siga agregada al Instituto hasta que las circunstancias permitan el traslado de la misma a la escuela que regentaba[1]
MARTINA GALLEGO IGLESIAS
Instalou en 1927 a súa consulta que estaba situada na rúa Pizarro, nº 20. Tamén asistía nos propios domicilios e acudía aos pobos de arredor. Dita consulta tiña un rótulo público concedido polo Concello en abril de 1927 para facilitar a localización.
Unha muller independente que vivía do seu traballo. Na cidade había bastantes mulleres que exercían a profesión de parteiras. Eran profesionais moi solicitadas pois moitos dos partos seguían facéndose nas casas e, como Martina, anunciábanse na prensa local para dar conta da súa formación e dos servizos de atención ás parturientas.
Vid. Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12; Galicia, 20 de novembro de 1930, p. 7..
TAREIXA LOURENZA
ELVIRA RODRÍGUEZ
TERESA GÓMEZ
12 octubre 2010
SARA CÓLEMAN
AUREA RIVELA
08 octubre 2010
LORENA LUACES
02 octubre 2010
TERESA TÁBOAS
Hai un blog interesante denominado mulleres de Vigo. De aí extraín esta información sobre Teresa Táboas. O motivo non é outro que o de considerar a Teresa Táboas tamén ourensá, e supoño que ela tamén o verá así, xa que os seus pais eran de O Carballiño e Beariz. Por tal motivo, e como o as persoas podemos ter vínculos moi próximos con moitos lugares pois a nosa vida así nos fai pertencer a diferentes sitios e cidades, pensei que a ela lle gustaría verse reflectida nun blog de mulleres ourensás.
Teresa Táboas, filla de emigrantes ourensáns, naceu na Cidade de México no ano 1961. Desde o 15 de Maio de 2003, a conselleira de Vivenda e filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz, é decana presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, sendo a primeira muller en acceder a ese cargo.Doutora Arquitecta coa Tese Doutoural dirixida polo arquitecto César Portela Fernández Jardón, titulada “ El Color en Arquitectura “ na que obtivo a cualificación de Sobresaínte ”Cum Laude”Colaborou durante 6 anos no Estudio do Arquitecto Cesar Portela Fernàndez-Jardòn ( Premio Nacional de Arquitectura).Traballou dous anos no Concello de Marín como arquitecto municipal.Funda no ano 1990 o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, desde o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.É conselleira titular do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos do Estado español, sendo a segunda muller que accede a este cargo desde que no ano 1931 se funda tan prestixiosa institución.É membro da Comisión de Vivenda do Consello Superior de Arquitectos do Estado español.Foi nomeada polo Consello Superior de Arquitectos do Estado español no ano 2.003, ante o Consello de Arquitectos de Europa con sede en Bruselas, membro das seguintes comisions: Taskforce for Urban Issues e Taskforce for Enviorment and Sustenaible Architecture.
Vid: http://mujeresdevigo.blogspot.com/2009/01/teresa-tboas.html
RAQUEL DANS LOSADA
ANTONIA AVILÉS DE VEGA
MARÍA DEL CARMEN PADILLA GARCÍA
Fotografía: Vida Gallega, nº 77, 30 de outubro de 1916, p, 17.























