O que ocorreu foi que na véspera, ao mediodía, estando no Seixo, o mencionado Juan "aderençara a ella et que a tomara por los cabellos e a levara arrastro por dormyr con ela". O criado non conseguiu o seu propósito pois por alí pasaron o cóengo Roi García e o seu propio criado Gonzalo García, os que evitaron a consumación da violación tal como contou aos rexedores Tareixa Gómez.
O século XV foi unha etapa de incerteza e inestabilidade e as mulleres resultaron ser vítimas de A denuncia de Teresa Gómez pon de manifesto a toma de conciencia por parte da muller e o desexo de que este tipo de agresións sexan totalmente rexeitados pola sociedade.
Vid: Ferro Couselo, Xesús, A vida e a fala dos devanceiros.
Pallares Méndez, Mª Carmen e Portela Silva, Ermelindo, "De Xelmírez aos irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV)" en A gran Historia de Galicia, Tomo V, volume 2, pp. 128-131.