Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
Nace en Ourense no ano 1972 e é artista, profesora e crítica de arte. Dedícase á pintura cun estilo moi expresionista e tamén á escultura. Ten un carácter extrovertido que se manifesta a través da súa pintura.