Instalou en 1927 a súa consulta que estaba situada na rúa Pizarro, nº 20. Tamén asistía nos propios domicilios e acudía aos pobos de arredor. Dita consulta tiña un rótulo público concedido polo Concello en abril de 1927 para facilitar a localización.
Unha muller independente que vivía do seu traballo. Na cidade había bastantes mulleres que exercían a profesión de parteiras. Eran profesionais moi solicitadas pois moitos dos partos seguían facéndose nas casas e, como Martina, anunciábanse na prensa local para dar conta da súa formación e dos servizos de atención ás parturientas.
Vid. Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12; Galicia, 20 de novembro de 1930, p. 7..
