(Directiva da Asociación de mestres do Partido de Ribadavia.Vida Gallega, 20 de xuño de 1917, p. 17 )
No mes de xaneiro de 1899 constituíuse na provincia de Ourense a Asociación de Mestres de primeiro ensino cuxos principios e obxectivos, recollidos no primeiro Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza, era a defensa dos intereses do maxisterio ourensán: “Por fin ha llegado la ocasión, que no dudamos en calificar de venturosa, en que el magisterio de la provincia de Orense tenga un periódico exclusivamente destinado a la defensa y fomento de sus intereses”[1]. Tamén demandaba unha lexislación en prol de mellorar a educación e a cultura da sociedade. Polo tanto, a asociación non procuraba en exclusividade a mellora social e profesional dos docentes, tamén solicitaba unha lexislación que servise para cambiar a situación educativa do momento e que situase á educación conforme aos tempos modernos. Non obstante, estas asociacións totalmente apolíticas non exercían unha presión contra as autoridades e eran, apenas, combativas.Desde o comezo da súa creación a Asociación Provincial comezou a recibir inscricións de docentes desde toda a provincia ourensá e as mestras chegaron a ser un 33% do total de asociados. A continuación preséntase a relación das primeiras mestras asociadas por Partidos Xudiciais:
Partido de Ourense | Pilar Pereira Elisa Lamas Veneranda Vieitez Josefa Fernández López Juana Alvarez López Generosa Ferrari Carolina Otero Amalia Vázquez Elisa Salgado Josefa Montero Solle Ramona Díaz Josefa Isaura Silva Francisca Yebra Conde |
Partido de Allariz | Purificación Pazo Prado María c. González Piñeiro María Josefa Álvarez Juana Otero Guede Amalia E. Oubiña Ramona Gómez Carmen Rodríguez Ramona Paradela Avelina Pérez Matilde Quintas María Álvarez Carmen González |
Partido de Bande | Consuelo Sayago |
Partido de Carballiño | Encarnación Quintela Francisca Cendón Socorro Garza |
Partido de Celanova | Faustina Pereira Emilia Alvarez Silva Mercedes Zancada |
Partido de Xinzo | María Burcet Romero Coral Fernández Jovita Casanova M.B. de Morgade |
Partido de Ribadavia | Jacoba Díaz Enriqueta Novoa María Dolores Díaz Carmen Martínez Amalia Ampudia |
Partido de Trives | Leonor Boscossi Julia Agromayor Carmen Lopez Fernández Adelaida Rodríguez Teresa Boente Ludovina López Avelina Moure |
Partido do Barco | Isabel Vázquez López Sofía Antolín Cano Josefa Navarro |
Partido de Viana do Bolo | Amable Estévez Leonisa Salgado Jovita Pavón Sánchez Luísa Álvarez |
Progresivamente fóronse incorporando na Asociación máis docentes e entre eles catorce mestras polo que eran en total de sesenta e nove afiliadas. As mestras que se incorporaron foron Manuela Rey; Josefa Montero Solle; María Dolores Cid Fernández; Francisca Adela Borrajo; Javiera Enríquez; Elena Serrano; Sara Fernández; Josefa Fernández; Preciosa Nogueira Alvarez; Jesusa Armesto; Josefa Franco López; Adelaida Elicia Martínez Senra; Julia Petra Martínez; Concepción Llopis e Genoveva López. Temos que dicir que a afiliación de mestras con ser importante non deixaba de ser unha porcentaxe baixa ao supoñer aproximadamente unha cuarta parte das docentes que estaban exercendo nese momento na provincia[2].
Cabe salientar que as mestras comezaron a formar parte das directivas das diversas asociacións que foron xurdindo nos partidos xudiciais da provincia adquirindo un maior rango de responsabilidade e compromiso. Podían formar parte das direccións tanto mestres como mestras. Na recén creada Asociación de Mestres provincial estaban como vogais Josefa Fernández López que era a mestra da escola de San Andrés de Camporredondo en Ribadavia e Amalia Vázquez que estaba na escola de Canedo, que tiñan o cargo de vogal [3].

Entre as primeiras asociacións comarcais que nomearon a mestras para formar parte das Xuntas de Goberno está a de Ribadavia que contaba con dúas mestras.
A de Xinzo que na inauguración da Asociación o 14 de xuño de 1906 nomeou como vocais da directiva a Dona Adelaida E. Martínez e Dona Rosa Cuquejo. Na renovación da directiva comezaba a ser
habitual que figurasen mestras da localidade, por exemplo, en 1918 nomeouse como vicepresidenta a Encarnación Pousa Otero que o título superior de maxisterio e desde 1915 estaba
exercendo na escola de Xinzo. Ela comezou a traballar de interina en 1894 e
traballou na escola de Tameirón en A Gudiña. En 1912 presentouse ás oposicións restrinxidas que se
convocaron e foi destinada á escola de Seoane de o Carballiño e logo
trasladouse á vila limiá. Estaba casada con outro mestre e faleceu en 1933.O mesmo ano que Encarnación escolleuse de vogal
a Asunción Conde Álvarez que tiña o
título superior e comezou a traballar en 1908 e estaba destinada na escola de
Blancos [4] .
No Partido de Ourense nomeouse tesoreira a Dona Antonia Fernández Quintela en 1934 da que se sabe que en 1909, recén aprobada a
oposición, adxudícanlle a auxiliaría de Ourense e que en 1921 casa cun tenente do
exército. Será unha mestra destacada no seu facer profesional recibindo o
premio das mutualidades así como recoñecementos varios. Faleceu en Ourense no
ano 19[5].
Na Asociación de Celanova figuraban xa en 1907 unhas cantas mestras, dun total de vinte e
cinco asociados, que asinaron os acordos da xunta celebrada en Gomesende o 16
de xuño. Na reunión exerceron de vogais Encarnación Suárez que era a mestra na escola de nenas de
Gomesende e Josefa Franco, a mestra
de Trasportela, e como asistentes estaban Serafina Nieves Veloso; Jesusa Armesto e
María Isabel Quiroga. Na nova directiva escollida en 1935, nomeouse como vogal a Concepción del Caño que era a mestra da graduada de nenas[6].
E na de Valdeorras estaban Sofía Antolín, Julia Fernández e Consuelo Hervella que asinaban as convocatorias de reunión periódicas[7]. Consuelo Hervella Nieto era e secretaria da Asociación de Valdeorras, de espírito activo. Participou nas xornadas culturais organizadas pola Asociación de Carballiño o 28 de agosto de 1912 e aproveitou a ocasión para facer unha crítica sobre a situación da escola primaria e describiu a precaria situación económica do maxisterio:“Sumaos a nosotros, compañeros en la desgracia, ayudad a los educadores de vuestros hijos” [8].
Na agrupación de Viana nomeouse en 1911 como
vogal á mestra Elodia Frade da
escola de O Bolo. [9]
Non obstante, eran poucas as mestras que ocupaban os cargos directivos, pero de ningún xeito eran relegadas. Probablemente preferían participar máis como asociadas que como cargo representativo, pero este non se lles negaba. O que é algo a salientar, dando mostras de que o asociacionismo do maxisterio estaba nun plano de igualdade de xénero.
(Elaboración propia a través de diversas fontes. Esta entrada forma parte dun artigo publicado)
[1] Arquivo BCS (Arquivo da Deputación Provincial de Ourense), Boletín de la Asociación de Primera Enseñanza, nº 1, 15 de xuño de 1899, Caixa nº 7.
[2] Estes datos foron calculados mediante o Boletín do Maxisterio no que figura o listado de mestras que exercían na provincia en 1906 contabilizándose 275. Se temos en conta que en 1899 habería aproximadamente ese número de mestras podemos calcular a porcentaxe das asociadas. Vid: “Junta Provincial de Instrucción Pública, Boletín del Magisterio, 5 de setembro , 15 de setembro, 25 de setembro de 1906, e 5 de outubro de 1906.
[3] ASOCIACIÓN DE MESTRES DA PROVINCIA DE OURENSE, Reglamento de la Asociación del Magisterio de la provincia de Orense, Imprenta La Editorial, Ourense, 1897, p. 12.
[4] “Asociación de maestros del Partido de Ginzo”, Boletín del Magisterio, 15 de agosto de 1906, p. 2. “Junta Provincial de Instrucción pública de Orense”, El Magisterio gallego, 674 (1898): 3; “Universidad Literaria de Santiago”, Boletín Oficial de la provincia de Lugo, 35 (1908):2; “Orense”, El Correo de Galicia, 29 de marzo de 1913, p. 2; “Conclusión del Concurso de Traslado”, El Noticiero gallego,1057 (1915): 2; “Universidad literaria de Santiago”, Boletín Oficial de la provincia de La Coruña”, 62 (1911): 3.[5] “Asociación de maestros del Partido de Orense”, La Zarpa, 3 de xaneiro de 1934, p.1.
[6] “Asociaciónd e maestros del partido de Celanova”, Boletín del maestro, 42 (1907): 3; “Asociación de maestros del partido de Celanova”, La Zarpa., 23 novembro de 1935, p. 9.

[9] “La del partido de Viana
del Bollo”, Boletín del Magisterio,
218 (1911):3.