Estas escolas cumprimentaban ás públicas e eran de pago e, igual que as públicas, estaban supervisadas pola inspección. Para solicitalas había que enviar a documentación ao Reitor de Santiago que consistía nun documento que acreditase a boa conduta, o proxecto da escola conformado polo plano da escola e lugar de apertura, ensinanza, material e a declaración da titulación do solicitante.
Antonia realizou todos os trámites e indicou que a escola comprendía unha entrada, corredor, seis pequenas aulas e o material era bastante limitado a dúas mesas, tinteiros e bancos. Unha vez presentada a documentación o Reitorado consinte a implantación da escola.
Logo duns anos exercendo na rúa de Luis Espada, en 1909 trasladou a escola á rúa Reza coa esquina O Progreso. Alí permaneceu durante moitos anos formando a nenos e nenas de Ourense. En novembro de 1935 concedéuselle o premio de 250 pesetas no II Certame Rexional do Traballo pola súa dedicación pedagóxica e labor social.
A escoliña na esquina Progreso podería tratarse da casa número 1 da rúa Reza: