Casou con José Rodríguez Pavón e tiveron cinco fillos, Rolindes, Aníbal, Raida, Álvaro e Modesto, este último era da sociedade da Mercería El Encanto e faleceu prontamente en 1945 con 31 anos.
Ramona Seijo foi unha das moitas mestras sancionadas durante a ditadura, de feito o castigo foi duro pois, segundo rubricou José Núñez Martín o 24 de abril de 1940, foi separada definitivamente do servizo e baixa do escalafón. Estaba exercendo en Santiago da Rabeda.
En 1941, estando sancionada emitiu unha instancia á Dirección de Primeira Ensinanza para solicitar a xubilación que lle correspondía por ter máis de vinte anos de servizos e foille concedida.
Ramona faleceu aos 87 anos, en 1973.
Vid: Boletín oficial de la provincia de La Coruña: Número 149, 4 de xullo de 1910, p.3; El Correo de Galicia ,3 de Outubro de 1905; El Correo de Galicia, 13 de marzo de 1911;El pueblo gallego, 15 de xullo de 1943; La Región, 7 de abril de 1941.